Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 14

ARQUITECTURA BARROCA EN GALICIA

A TORRE DO RELOXO FACHADA DO FACHADA DA IGREXA


Identificación da obra: OBRADOIRO DE SANTA CLARA
Autor: Domingos de Identificación da obra: Identificación da obra:
Andrade Autor: Fernando de Autor: Simón Rodríguez
Cronoloxía: 1676-1680 Casas e Novoa Cronoloxía: 1719
(último terzo do XVII) Cronoloxía: 1738-1750 (primeira metade do S.
Localización: Santiago (primeira metade do S. XVIII)
de Compostela (España) XVIII) Localización: Santiago
Estilo: arquitectura Localización: Santiago de Compostela (España)
barroca compostelá, ou de Compostela (España) Estilo: arquitectura
Barroco galego. Estilo: arquitectura barroca compostelá, ou
barroca compostelá, ou Barroco galego.
Barroco galego.

Contexto xeral (historia, xeografía, cronoloxía...).

A arte barroca esténdese dende principios do século XVII ata mediados do XVIII
sendo, como no Renacemento, o seu lugar de orixe a Península Itálica.
Roma, convértese no centro de referencia do novo estilo artístico. Ao longo da
primeira metade do S.XVII vaise impoñendo nos restantes estados europeos.

O S. XVII representa para España unha etapa de decadencia económica, política e


militar. Quedan lonxe os anos dourados do reinado de Carlos I e Felipe II. Os
Habsburgo do S. XVII levarán a dinastía á decadencia, deixando o poder en mans
dos validos. No S.XVIII a Guerra de Sucesión supón o ascenso da Casa de Borbón
ao trono español na figura de Felipe V.

1
A situación económica e social é calamitosa: As continuas guerras no exterior
diminúen a poboación sobre todo en Castela. As pestes, as crises agrarias, a
industria anticuada... son bos exemplos desta crise.

Aínda que desde o punto de vista político e militar España está en franca
decadencia, o S. XVII é unha época de esplendor no cultural: o chamado Século de
Ouro. Ante a crise da monarquía, o protagonismo ideolóxico e cultural recaerá
nunha poderosa Igrexa que vai utilizar a arte para afianzar a súa
Contrarreforma.

As razóns do auxe construtivo en Galicia estriban nas boas condicións económicas


do momento: expansión agrícola, aumento de poboación, aumento das rendas
percibidas pola fidalguía e o clero. Isto permitirá a restauración de vellos edificios
relixiosos ou a construción doutros novos, do mesmo modo que os fidalgos levantan
pazos e vivendas urbanas de grandes dimensións. Particularmente importante
será a reordenación urbana de Santiago de Compostela, coa construción dun
elevado número de edificios, prazas, fontes...

Características do estilo en xeral


A denominación “Barroco” foi dada a posteriori cun sentido despectivo -barrueco,
perla irregular- como se o novo estilo fose unha dexeneración do Renacemento.
Trátase dun estilo ampuloso e recargado, pero orixinal e de gran personalidade.

O Barroco é unha arte, aberta e dinámica, onde arquitectura, pintura e escultura


se funden nunha verdadeira simbiose.

Vai ter unha importante función propagandística: o Papado, defensor da


Contrarreforma: utiliza a arte como propaganda católica, as Monarquías absolutas:

2
como exaltación da autoridade, e en Holanda, a exaltación da clase burguesa.
A arquitectura, non se concibe illada do marco urbano no que se insería, senón
como un elemento máis.
Entre as principais características da arquitectura barroca hai que destacar:
• A sensación de movemento dos edificios (mediante os frontóns curvos e
rachados, o emprego da liña curva ou a utilización da columna
salomónica); a combinación de elementos cóncavos e convexos nas
fachadas (provocando contrastes lumínicos e mobilidade).
• O uso de efectos ilusionistas (espellos e teitumes pintadas con profundas
perspectivas).
• A profusión de cúpulas de enormes dimensións.
• A utilización da orde xigante.
• O incremento da ornamentación ata o punto de chegar a ocultar os
elementos estruturais.

A escultura busca rachar co equilibro clásico e procura acadar a liberdade


absoluta:
• Conecta con Miguel Anxo e co Helenismo.
• Domina a expresividade, procura captar a fugacidade do instante,
preferentemente o momento de maior tensión dramática, e manifestalo a
través do movemento e da forma -escorzos, torsións, roupaxes ó vento, de
composicións abertas e asimétricas dominadas por liñas diagonais ou
espirais.
• Mestura de todo tipo de materiais -mármore, bronce, estucos- pois as súas
distintas calidades táctiles axudan á teatralidade e incrementan os efectos
visuais.

A pintura barroca resulta de grande variedade. O punto común, como na

3
arquitectura ou na escultura, segue a ser o movemento, a teatralidade, o
efectismo. Plasticamente son trazos da pintura:
• O dominio da cor aplicada en grandes manchas.
• A profundidade conseguida cos escorzos, planos de luz e de sombra,
converxencia de liñas.
• As composicións asimétricas, abertas e organizadas a través de
diagonais que cruzan violentamente o lenzo.
• Os estados de ánimo apaixonados e as esaxeradas expresións para
subliñar o dramatismo.
• Xunto coa temática relixiosa e mitolóxica, estendese o bodegón, as
naturezas mortas, os retratos colectivos e os autorretratos, a paisaxe e as
escenas da vida cotiá.

En España a temática ten un marcado carácter relixioso. Outra característica é a


pobreza dos materiais, sendo moito máis frecuente o ladrillo ca pedra ou o
mármore, e na escultura, a madeira empregase case en exclusiva.

En Galicia, especialmente en Santiago, onde encontramos as mellores mostras


da arquitectura barroca. Sendo trazos comúns deste Barroco galego:
• O emprego do granito.
• As fachadas-telón superpostas a modo de pantallas visuais;
• A procura de efectos teatrais a través da luz con xogos de vans e masas,
entrantes e saíntes; ornamentación de tipo estrutural por medio de grandes
volutas, esaxerados entaboamentos, frontóns curvos e partidos; a suma de
acios e froitos, grilandas, escudos e, na última fase, recortes de pedra con
formas xeométricas (Barroco de placas).

4
En xeral o Barroco compostelán tende a unha
progresiva decoración.
• Podemos falar de tres etapas que se
corresponden con tres xeracións de
arquitectos:
o A primeira a finais do s. XVII con
Domingo de Andrade.
o No XVIII, a segunda con Casas e
Novoa.
o Terceira con Simón Rodríguez.

A TORRE DO RELOXO

Domingo de Andrade é a gran figura do barroco galego no S. XVII, é cabeza da


escola que denominaremos Barroco Pleno
ou Xeración de 1640.
En 1666 entra a formar parte do equipo de
arquitectos da catedral, e ao morrer Pena de
Toro sucédelle no posto de mestre de obras
da Catedral.
Entre as súas obras destacan a fachada de
Santo Domingo de Bonaval e a súa famosa
escaleira helicoidal. Tamén recibiu
encargos civís como a casa da Parra na
Praza da Quintana

Materiais e plan xeral


É a primeira obra de pedra (granito) realizada por Andrade, unha torre de corpos
prismáticos superpostos de orixe italiano.

5
Descrición. Corpos
Levántase sobre un corpo cuadrangular preexistente ao que Andrade engadiu
unhas bandas verticais simulando contrafortes.

Neste corpo inferior abriu un vano cara á Quintana con arco de medio punto. É
un miradoiro ou balconada a fin de reducir a sensación de masa. O arco está coroado
con dous anxos que sosteñen o escudo da catedral.

Encima tres corpos superpostos que se alixeiran e estreitan a medida que


ascende.
• No primeiro corpo de planta rectangular observamos unha balaustrada que nas
catro esquinas abraza uns templetes circulares, cubertos por un cupulín con
pináculo e oito vans rectangulares entre pilastras con decoración vexetal. En
cada unha das caras do corpo da torre e superpostas á balaustrada as enormes
esferas caladas do reloxo, apoiada cada esfera nunha gran carantamaula
(careta de monstro) da que arrinca unha ampla decoración vexetal. Sobre cada
reloxo un vano, un balcón similar o descrito anteriormente, entre dobres
pilastras percorridas por unha abigarrada decoración. Por riba de entaboamento
discorre unha cornixa voada sobre a que se alza outro corpo máis.

• O segundo corpo, octogonal, con catro templetes calados nas esquinas e vans
con arcos de medio punto con anxos nas claves e con balaustrada.

• Finalmente un último corpo, rodeado tamén de balaustrada, neste caso


octogonal. Componse dun tambor circular que soporta un gran anel con oito
volutas engarzadas no seu perfil. Por encima unha cúpula lixeiramente
bulbosa e con ornamentación vexetal serve de asento a unha lanterna con

6
pilastras recubertas de froitos que enmarcan oito vans. Na cima un pináculo
con bóla e cruz.

Decoración, volumes, dinamismo e emprazamento.


Trátase dunha verdadeira obra de orfebrería feita en granito. A decoración
superponse por todas partes: sartas de froitas como símbolo de recompensa aos
vencedores, volutas, máscaras, trofeos militares (a Igrexa triunfante) e motivos
xacobeos (cunchas, estrelas, cruces…).

A superposición de corpos, a multiplicación de pequenas cúpulas, a utilización de


elementos curvos, fálanos do novo estilo (barroco) que quere impresionar con estas
formas magníficas.

Tamén é importante polo lugar en que está emprazada, con belas perspectiva, todas
elas distintas segundo os diversos puntos desde os que se contemple.

Conclusión
A Torre do Reloxo é coñecida popularmente como A Berenguela, igual ca campá que
acolle, xa que a torre gótica sobre a que se levanta foi construída polo arcebispo
Berenguel de Landoria.

En canto as súas orixes, Schubert deriva dos minaretes musulmáns (en concreto da
Xiralda), mentres que Bonet relaciónaa máis coas torres renacentistas. As sartas de
froitas, un dos motivos decorativos predilectos do barroco galego, quizás toma
como modelo o barroco hispanoamericano que as introduciu na decoración de
retablos imitando aos altares decorados con flores e froitas que dos indíxenas
centroamericanos. Os trofeos militares (cascos, espadas, escudos...) foron moi
utilizados na arquitectura renacentista francesa e italiana.

7
O modelo inaugurado con esta torre adquire un profundo éxito en Galicia (Poio,
Bastabales, A Coruña...) e fóra de Galicia.

A FACHADA DO OBRADOIRO DA CATEDRAL DE SANTIAGO

Fernando de Casas e Novoa é a gran


figura do barroco galego en xeral, e do S.
XVII en particular, é cabeza da Segunda
Xeración do Barroco galego ou Xeración
de 1670. Continuou a labor de Andrade na
catedral coa Fachada do Obradoiro, cun
acusado xogo de luces e sombras e co
característico realce da pedra chamados
placas.
Outras obras destacadas deste arquitecto sería a capela da Nosa Señora dos Ollos
Grandes (Lugo).

Proxecto. Funcións.
Trátase dunha fachada tipo telón ou pantalla.
Esta obra tivo como obxectivos:
• Protexer ao pórtico da Gloria das inclemencias do tempo.
• Integrar a escaleira barroca xa iniciada ( lembra á escaleira dourada de Gil de
Siloé na Catedral de Burgos )
• Integrar o edificio na estrutura urbanística da cidade.

Materiais
Para a súa construción elixiuse o granito gris, moi abundante en Galicia, que obrigou
a que os motivos decorativos se xeometrizarán, e o vidro.

8
Descrición. Corpos.
A estrutura e de tipo H, simétrica e composta por tres corpos: o
central, moito máis ancho, e as dúas torres que o flanquean. Mentres
que nas torres predomina o muro, no corpo central, concédese máis
importancia aos vans.

O corpo central divídese por un acusado entaboamento en dous


niveis e remátase coa espadana de estrutura piramidal ou triangular
que crea efecto de verticalidade. Por outra banda este corpo central divídese en tres
rúas mediante columnas xigantes de orde corintia e fuste estriado que sobresaen do
muro contribuíndo a crear claroscuro e tamén dinamismo.

No nivel inferior existen tres portas. A porta central, a de maiores dimensións, é


alintelada, dividida por un parteluz ou mainel e enmarcada por un arco de medio
punto . Entre o dintel e o arco, un espazo ou tímpano acristalado e na clave do arco e
as enxoitas, decoración de tipo heráldica. As portas laterais son pequenas e
alinteladas e sobre elas, ventás de arcos de medio punto acristalados. Desta forma
ilumínase o Pórtico.

No nivel superior na rúa central dúas xanelas unha de arco de medio punto e a
superior de arco escarzano. Nas rúas laterais sendas xanelas de arcos de medio
punto.

Culmina o corpo central da


fachada unha espadana cuberta
de esculturas. Na parte
superior a hornacina está
perforada con bóveda de medio
canón que acolle ao apóstolo

9
Santiago representado como peregrino. Encima un frontón curvo partido. Está
rodeado esta hornacina de anxos co símbolo da Orde de Santiago Debaixo dúas
hornacinas con discípulos do apóstolo e no centro unha urna , recordo do sepulcro,
rodeada de anxos, e unha estrela como símbolo das luminarias que sinalaron o lugar
no que estaba enterrado o apóstolo . Campus stellae ( campo de estrelas ).

Para separar o corpo central das torres volve utilizar columnas xigantes idénticas ás
descritas anteriormente, e para que os elementos estivesen harmonicamente
enlazados, usa unhas formas cóncavas que fan de unión entre eles.

Nas torres realizase un proxecto similar o levado a


cabo por Andrade na torre do Reloxo. Ambas as
torres ( a das campás xa afora realizada por Peña de
Toro, no S. XVII) son idénticas na súa estrutura, e
levántanse sobre un corpo cuadrangular preexistente
de época románica, engádense unhas bandas verticais
simulando contrafortes que chegan ata o
entaboamento.
No segundo nivel o corpo das campás con decoración
escultórica como Salomé ou os pais de Santiago.
Coroa a torre, chapiteis moi dinámicos, que ademais contribúen para o efecto de
verticalidade.

Verticalidade, profundidade e dinamismo. Decoración.


A verticalidade, case gótica, ven subliñada polo claro eixo central que vai dende o
parteluz pasando polas ventás superpostas e o escudo, a hornacina ata rematar no
cupulín. Busca o dinamismo xogando con distintos niveis de profundidade,
adiantando notablemente a liña de soportes, o que tamén produce fortes xogos de
luces, claroscuros.

10
Todo se recubre de elementos
decorativos, tanto coas formas ríxidas
propias
do
barroco
de placas
como as
grandes
volutas, os escudos ou os trofeos militares, como a
ornamentación minuciosa, por exemplo sobre as
columnas, pero ó non desbordar a estrutura
arquitectónica non chega a resultar excesiva.

Conclusión.
• A fachada do Obradoiro é moi singular.
• Criticada polos contemporáneos xa que non eran partidarios de “esconder” un
templo románico tras un “retablo” barroco.
• O paso do tempo converteu a fachada do Obradoiro en icona da arquitectura
barroca española e símbolo da cidade.
• Foi chamada así pola súa afililigranada lixeireza, que lle da unha dimensión etérea
comparable a labor dun orfebre.

FACHADA DA IGREXA DE SANTA CLARA


Simón Rodríguez é unha das grandes figura do barroco
galego en xeral, e do S. XVIII en particular. Ademais, é o
introdutor, xunto a Fernández Sarela, é o mellor
representante do "Barroco de placas".

11
Naceu en 1679, en Santiago de Compostela, nunha familia humilde, a súa formación
e comezos están vinculados á fábrica da Catedral de Santiago, nese momento en
mans de Andrade, o que podemos considerar o seu mestre.

Proxecto. Funcións.
Responde ó gusto do barroco galego polas fachadas-telón que teñen como única
finalidade pechar espazos ou prazas a fin de embelecer a cidade e lograr deste xeito
as máis fermosas perspectivas urbanas.

Neste caso ademais é unha fachada ficticia pois non se trata senón da portería do
convento que dá a un pequeno xardín desde o que realmente se accede ó recinto
conventual.
O conxunto resulta totalmente anticlásico: retrae a fachada con respecto ó muro do
convento para conseguir un efecto de sorpresa e proxecta a escaleira en busca do
paseante.

Materiais
Para a súa construción elixiuse o granito gris, material aspero e duro, e moi
abundante en Galicia.

Descrición. Corpos.
A fachada enmárcase por dúas xigantescas pilastras de festón vertical refundido (unha
sobre a fachada e outra sobre o muro do convento, máis adiantado, de modo que
rompe a simetría), que a percorren ata a cornixa.

Divídese en tres rúas, moito mais decorada a central, especialmente na parte alta, e en
tres corpos e altura.

12
Na rúa central, moi destacada, situase a porta enmarcada por un groso baquetón con
enorme molduraxe e orelleiras, nos lados dúas placas de molduras elípticas de gran
volume.

No segundo nivel, un nicho rectangular cegado


(posiblemente proxecto dun balcón) seguido doutro
de medio punto coa imaxe da Santa titular, detrás
dela unha fiestra, a modo de transparente, unha
solución moi barroca. Ambos elementos quedan
encadrados entre grandes volutas, en forma de C ou
grampas, conectadas unhas coas outras e
sobrepostas a un conxunto de placas rectangulares e
circulares dispostas en distintos planos.

O terceiro corpo sitúase sobre unha cornixa


moi voada que se rompe con profundos cortes
para dar cabida ó escudo de San Francisco
coas cinco chagas. Este corpo remata con un
frontón curvo e quebrado sobre dúas grandes
pilastras nas que destacan as pequenas sartas
de froitas colocadas no fuste. No alto asentase
tres enormes cilindros (o central máis grande),
un por rúa, apoiados sobre rectángulos en
marcada sensación de movemento e
inestabilidade.

Elementos, decoración, luz e inestabilidade.


Hai que sinalar:
• O carácter xeométrico dos elementos ornamentais,

13
• A concentración dos mesmos na rúa central
• O incremento da súa volumetría a medida que ascendemos, así como tamén
van saíndo do plano da fachada.
Trata o artista de sacar o máximo partido á pedra. Todo consegue producir magníficos
efectos de luz e sombra e gran sensación de inestabilidade.

Conclusión.
Con esta obra Simón Rodríguez convértese no mellor representante do denominado
estilo de placas. Nas súas mans o granito se xeometriza en placas e adquire unha
categoría volumétrica que semella desafiar a estática da propia construción.

14

You might also like