U.D 1 ANTIGO REXIME

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 9

U.D 1.

A FIN DO ANTIGO RÉXIME


Por Antigo Réxime se coñece ao período previo á Revolución Francesa (1789), e estivo
caracterizado polo predominio do ABSOLUTISMO , como sistema político, e por unha
ECONOMIA RURAL e unha SOCIEDADE ESTAMENTAL.

No s. XVIII unha serie de transformacións que provocan o desenrolo do comercio e das nanzas
e polo ascenso da burguesía , coma nova clase social, así coma pola difusión das ideas
reformistas precipitaron a n do Antigo Réxime.

Tamén se produce unha revolución no pensamento e a ciencia, ademáis dunha nova forma de
entender a natureza e a sociedade que inspiraron o modelo político e social do s.XIX.

1.1 Qué é o Antigo Réxime?


O termo foi usado pololos revolucionarios franceses para proclamar o nacemento dunha nova
época baseada nas ideas do liberalismo. As características do Antigo Réxime son:

- Políticamente baseado na MONARQUIA ABSOLUTA, no cal todo o poder está en


manos do rei.

- A sociedade dividida en ESTAMENTOS con desigualdades políticas e scais entre eles.

NOBREZA E CLERO eran os PRIVILEXIADOS e TERCEIRO ESTADO os NON


PRIVILEXIADOS.

- Económicamente se caracteriza por un predominio do sector agrario que ocupaba a


maior parte da poboación. A artesanía e o comercio estaban organizados e regulados
por gremios.

1.2 Monarquia Absoluta


Dende o s. XVI e XVII a autoridade dos
monarcas europeos se impuso
progresivamente sobre a nobreza hasta
desembocar no ABSOLUTISMO.

O poder era considerado de orixe divino


polo que os reis concentraban en eles todas
as atribucións do Estado.

O maior representante desta tendencia foi


LUÍS XIV de Francia ( O Rei Sol). O seu lema
era: “O Estado son eu”, e simboliza o
carácter absoluto do rei.

O rei nomeaba e cesaba por vontade propia


a secretarios, ministros e demáis
empregados. Ainda que había institucións
que representaban a todo o reino coma as
Cortes en España ou os Estados Xerais en
Francia, na prática a penas se convocaron,
e a súa capacidade para in uir nas decisións
dos monarcas foi a menos.

Neste sistema político a participación dos habitantes en asuntos políticos era inexistente.
Soamente a alta nobreza tiña certa in uencia a través do exercicio das función políticas, para as
que eran nomeadas polo rei.

fi
fl
fl
fi
fi
1.3 As excepción parlamentarias
As excepcións ao absolutismo europeo forno países nos que rematou por imporse o
parlamentarismo:

-Gran Bretaña: Froito da revolución iniciada no 1642 e que culminou en 1688 coa
aprobación da Carta dos Dereitos (Bill of Rights) de 1689, pola cal o rei quedaba sometido ao
Parlamento.

- Provincias Unidas: Trala separación da Monarquía Hispánica no ano 1579, o territorio


quedou constituido coma unha república formada por varias provincias. Todas elas tiñan unha
asemblea na que o estatúder era o xefe do Estado.

1.4 Os defensores e críticos do absolutismo


Defensores:

- Hobbes: Na súa obra Leviatán (1651) defendia o poder do monarca


frente ao Parlamento

Para el o home e egoísta (“o home é un lobo para o home”) e para evitar
que a sociedade caiga na anarquía necesítase un poder que manteña a
orde. a súa concepción do absolutismo se atoran na natureza do ser
humán e non nun orixe divina ( Iusnaturalismo).

- Bossuet: Na súa obra Política sacada das Sagradas Escrituras (1709),


de ne o absolutismo coma unha consecuencia da providencia divina.

Críticos:

- John Locke: Foi o principal defensor do parlamentarismo no s. XVII.


No seus Tratados sobre o goberno civil sostén que o home ten u nha
serie de defeitos inalienables coma a vida, a propiedades e a felicidade.
Para el a soberanía reside nos indivíduos e para evitar a
arbitrariedade do goberno sostén a separación de poderes entre o
Legislativo o Executivo e o Xudicial.

2.- A ECONOMÍA DO ANTIGO RÉXIME


No Antigo Réxime predominaba unha economía de Base Agraria, de baixa productividad e e
dependente do ciclo agrícola co que os anos dede malas colleitas traían hambrunas. Nas cidades
o traballo artesanal e o comercio eran as principais actividades.

2.1 As actividades agrarias


A principal fonte de recursos era a agricultura que ocupaba a maioría da poboación ( o 80% dos
europeos dependia de ela ou estaba vinculada as súas actividades). Recordar que os propietarios
da maior parte da terra eran as clases PRIVILEXIADAS.

A nobreza e o clero arrendaban as súas propiedades ás familias campesiñas a cambio dunha


renda. Os concellos posuían terras comunais, pertencentes a todos os veciños. Unha parte
arrendábana ós máis pobres a cambio dunha pequena suma e a outra servía para que os veciños
obtivesen abono vexetal, leña ou pastos para o gando. Gran parte das terras da nobreza, todas
as do clero e as dos municipios non se podían dividir, vender nin mercar. A isto chamábaselle
vinculación ou amortización

Era unha agricultura de baixa produtividade, tradicional, con técnicas moi antigas, aperos
rudimentarios que aplicaba o barbeito en campo aberto. As terras comunais eran un
fi
complemento fundamental para a economía das poblacións rurais ao
abastecer lles de leña e pastos para o escaso gando.

Os cultivos máis extendidos eran ( trigo, cebada e centeo), os legumes, e a


pataca. O regadío quedaba reducido a zonas húmedas e nas riveiras dos
rios.

A maioría da gandería estaba en mans de estamentos Privilexiados e


pastaban en campos abertos e terras comunais.

A partir do s.XVII se produciron uns cambios profundos na agricultura


favorecidos por: .FISIOCRACIA ( doctrina económica que considera que a
riqueza dunha nación se fundamenta no sector primario. Defendida por F.
Quesnay)

. A rotación cuadrienal, a proliferación de novos cultivos coma pataca


( Turgot e Partmentier) o maiz, o tomate e a remolacha, a mellor a nos útiles de labranza ou a
selección de sementes que permitiron unha mellor alimentación

Os resultados destas innovacións foron:

• Forte incremento da productividade da terra, co conseguinte aumento na produción de


alimentos e a desaparición das fames que, ciclicamente, asolaban Europa (permitiu alimentar a
máis poboación).

• Éxodo rural: as novas formas de propiedade e a mecanización trouxeron consigo a emigración


de familias campesiñas que buscaron traballo en actividades industriais.

• Aumento de rendas dos propietarios e tamén dos xornaleiros, co paso dunha agricultura de
autosu ciencia e policultivo a outra especializada e comercial.

• Creación dun novo modelo agrícola no que se empregaron abonos e regadío, pasando dun
cultivo extensivo e de baixos rendementos a outro intensivo e de elevados rendementos.

• Aumento na demanda de bens de consumo (os campesiños compraron máis).

• Subministro de capital para as industrias (as ganancias puideron investirse noutros negocios).

A importancia das transformacións que vimos de apuntar xo que moitos historiadores manteñan
a tese de que foron os cambios no campo os que posibilitaron a Revolución Industrial.

En Gran Bretaña se levou a cabo un proceso de privatización e cerramento das terras


denominado Enclousures, que favoreceu que os propietarios buscasen u nha maior rentabilidade
introduciendo novas técnicas e intensi cando os cultivos.

Pero non só en Inglaterra había preocupación por estes temas. Tamén en Galicia, aínda que máis
tarde, se manifestaban así dous membros da nobreza:

"Cómpre recoñecer que o actual estado é insostible e que camiñamos rapidamente a unha
completa decadencia que ha dar por resultado que queden incultos a meirande parte dos terreos,
e deste grave mal xa se están notando os primeiros síntomas. Desde principios de século a
agricultura non se perfeccionou pero estendeuse considerablemente antes de que se xeneralizase
a emigración nos últimos quince anos. A poboación sobrante dedicábase á rotura de terreos
incultos, e isto explica o aumento da produción de trigo, por ser o máis adaptable ás terras altas,
e que alternaba coas patacas que suplían a rotación do millo; pero por esta mesma causa viñeron
a empobrecerse as dos fondos que desde vello estaban cultivándose, pois ao reducirse os pastos
e os lugares de onde podía collerse o toxo para os abonos, estes minguaron... É certo, polo tanto,
o dito dos nosos labregos que din que as terras producen menos que antes, o que ten por causa
a sinxela explicación que vimos de expoñer... É indubidable, tamén, que desde últimos do século
pasado a gandería diminuíu en moitos puntos polas novas roturacións....
Para conxurar esta decadencia dos campos, cremos que os medios de os facer máis produtivos é
o de mellorar os seus métodos de cultivo e aproveitamento, reconcentrar o de grans, estender a
cría de gando, aforrar brazos por medio dos procedementos e máquinas adaptables ao mediano e
pequeno cultivo, e xeneralizar a instrución agrícola co exemplo. ¿Poderá conseguirse isto con
consellos, con artigos de periódico, con teorías en n, mellor ou peor explicadas?".
CONDE DE PALLARES e J. PARDO BAZAN: Memorias sobre la necesidad de establecer
escuelas de agricultura en Galicia.
fi
fi
fi
fi
2.2 As actividades industriais
O aumento da demanda de produtos estimulou a artesáns e comerciantes a buscar outros
sistemas de producción, a marxe dos gremios para escapar do seu control, e comezaron a se
estender dúas formas de producción:

O Domestic System, que consistía en dar traballo ás familias campesiñas. Un comerciante


distribuía a materia prima e os instrumentos de traballo que os campesiños se comprometían a
elaborar nun tempo. O traballo era pagado por peza feita, e o comerciante encargábase de
recoller o produto e comercializalo.

A Manufactura que se difunde no século XVIII. Eran establecementos subvencionados


impulsados polo Estado en Europa ou a iniciativa privada en Inglaterra onde se elaboraban
produtos de luxo, moitas veces destinados ao mercado internacional. Agrupaba a un grande
número de traballadores que cobraban un salario, pero cada traballador ou traballadora facía a
peza completa. As manufacturas son o antecedente das fábricas.

2.3.- As actividades comerciais


O comercio interior se realizaba por caminos, ríos e cáñeles mediante carruajes e barcos de vela
ou remo. Destacaba o comercio do gran debido a súa importancia para a alimentación.

dende o s.XVI, o comercio ultramarino se véu favorecido pô-la reapertura das rutas con oriente e
o establecemento de novas zonas comerciais en América e África. A loira polo control das
principais rutas comerciais enfrontou ás potencias europeas, sobre todo á monarquía Hispánica
contra Inglaterra e Holanda.

As transformación do sector comercial.

Durante o s.XVIII viviese unha notable expansión do comercio. as mellor as na construcción de


caminos canales e a progresiva eliminación de aduanas internas permitiron a mellor a do
comercio interior.

O desenrolo do comercio exterior se debe á creación de novos portos e aos avances nas
técnicas de navegación, á construcción de navíos e a expansión de sociedades mercantis
protegidas polas monarquías.

O capitalismo comercial se baseou no comercio triangular entre Europa, África e América que
converteu a GB na principal potencia marítima. Este país exporta a África todo tipo de productos(
manufacturas, alcohol, armas...) a cam,Bio de escravos con destino ás plantacións de América
do Norte onde os cambiaban por azúcar, tabaco, plata....

A expansión do comercio ultramarino deu lugar á acumulación de capitais que favoreceu ás


actividades manufactureras que terminaron por impulsar a REVOLUCIÓN INDUSTRIAL.

A política mercantilista consistía en que os monarcas estaban convencidos de que a riqueza dun
país dependía da cantidade de metais preciosos dos que se dispoñía e polo tanto, debíase
protexer a exportación e frear a importación. Era a única maneira de acumular ouro e prata en
grandes cantidades.

3.- A SOCIEDADE DO ANTIGO RÉXIME

A sociedade do Antigo Réxime defínese como unha sociedade estamental: os nobres e o clero
(os dous estamentos privilexiados) gozaban da inmensa maioría das rendas e non tiñan que
pagar impostos, mentres que os campesiños, que constituían a gran maioría da poboación, e os
burgueses, dedicados ao comercio e á producción artesanal, tiñan que pagar tanto os impostos
estatais como os dereitos señoriais e os décimos.

A sociedade estamental baseábase na existencia duns grupos de persoas (nobres e


eclesiásticos) que gozaban de determinados privilexios perpetuos, tanto xurídicos como
económicos , cuxa orixe remontábase á Idade Media cando a sociedade organizouse segundo as
funcións que desempeñaban: a nobreza aconsellaba e defendía ao rei; os eclesiásticos rezaban
polo benestar espiritual do reino e o terceiro estamento traballaba. A burguesía, desde nais da
Idade Media, fora adquirindo cada vez maior importancia gracias á acumulación de riquezas e
propiedades. A súa importancia viuse recoñecida, nalgúns casos, co dereito a ser os
representantes das cidades nos Parlamentos ou Cortes estamentais, onde representaban ao
Terceiro Estado, pero que a penas tiñan poder.

A burguesía foise concienciando do seu poder económico e aspirou tamén ao poder político, ao
goberno do Estado e a eliminación dos privilexios propios da sociedade estamental do Antigo
Réxime.

As clases populares (campesiños, traballadores das cidades...) estaban máis preocupados pola
escaseza e carestía dos alimentos que por reclamar liberdades políticas.

Os campesiños querían algo máis inmediato: que se repartisen as terras para chegar a ser
propietarios, e que se suprimisen as rendas señoriais. Cando as malas colleitas e a crise
económica se cebaban nas clases populares, favorecendo a rebelión, a burguesía soubo atraelos
ao seu bando con promesas, despois incumpridas, de reparto das terras e aumento dos salarios.

fi
4.- A ILUSTRACIÓN
O s.XVIII é coñecidos coma o SÉCULO DAS LUCES ou ILUSTRACIÓN e fundamentaba o
coñecemento na razón.

Este movemento protagonizado por lósofos e que logrou conquistar ás minorias cultas. Contaba
co apoio de algúns monarca as que para acrecentar o seu poder apoyaron á ciencia, ao
desenrolo económico e á promoción cultural das ideas ilustradas.

4.1.- Os rasgos da Ilustración.

As seguintes características:

- Racionalismo: Inspirados en Descartes, consideraban que coa razón se comprendería o


mundo e sería a base do pensamento cientí co.

- Empirsimo: Sostén que o fundamento do coñecemento era a experiencia adquirida


mediante os sentidos. Destacaron Francis Bacon e David Hume.

- Cienti smo: Se extender a certeza de que a ciencia moderna era capaz a de descifrar as
leis da natureza para poñelas ao servizo da humanidade.

- Libertad de pensamento: Os ilustrados criticaban o poder absoluto e o poder da Igresia,


sobre todo do papado.

- Progreso: Según os ilustrados a humanidade seguía unha liña ascendente que lle levaría
a alcanzar a felicidade.Esto derivo na formulación da teoría do progreso, de Concordet ( Doc.7).

- Educación: O progreso da sociedade se vinculaba á


instrucción pública. Se fundaron sociedades e academias como a
Royal Society de Londres (1660) e a Academia de Ciencias de Francia
(1666).

- Crítica social: Criticaron intensamente á sociedade do Antigo


Réxime polo excesivo protagonismo da religión, a pervivencia da
superstición o peso da tradición e a perpetuación dos privilexios

- Reformismo: Para eles o n do Estado era garantir o bem-


estar e procurar a felicidade dos cidadáns.

Os ilustrados utilizaron a razón para propoñer un modelo de goberno


a partir da idea de que as sociedades humanas (os Estados, os
gobernos, os países...) existen porque responden ao interese da xente
que as integran, e os Estados teñen a súa orixe na asociación
voluntaria dos individuos. En consecuencia, loxicamente o interese do
goberno (a razón do Estado) non debía ser máis que a suma das
vontades das persoas, e a prosperidade e a riqueza dun país (a
«felicidade») non eran máis que a suma das riquezas e benestar dos
cidadáns, e polo tanto o Estado tiña que intentar satisfacer a maioría
dos intereses individuais e non só os dunha minoría privilexiada (os nobres, e máis o clero). Un
dos primeiros en formular estas ideas foi o inglés Locke, a nais do século XVII; cos seus escritos
quixo apoiar a revolución da burguesía e da pequena nobreza en contra dos privilexios do Rei de
Inglaterra.

Os ilustrados, aínda que mantiñan a idea de que todas as persoas son iguais, dábanse conta de
que aínda que cambiase a maneira de gobernar, seguirían existindo a pobreza e as
desigualdades. Eles crían que a orixe da pobreza, da desigualdade ou da inxustiza era a
ignorancia, a carencia de «ilustración», polo que propuxeron estender a educación a tódolos
niveis. A educación da masa de poboación ignorante só se podía facer "desde arriba", desde o
poder, polo que apoiaron aos gobernos que practicaron o chamado «Despotismo ilustrado».

Para os lósofos ilustrados non era contradictorio cos seus principios políticos apoiar sistemas
absolutistas xa que consideraban que se trataba dunha etapa transitoria, porque cando a
Ilustración fose universal (cando todo o mundo fose culto e tivese coñecementos amplos),
necesariamente desaparecería o despotismo.

Por esta razón, houbo escritores como Voltaire que era amigo e colaboraba cos reis. En España
no século XVIII tamén houbo un rei que practicou o Despotismo ilustrado, Carlos III.

Os ilustrados re exionaron sobre as bases do Antigo Réxime: a sociedade estamental


opoñéndose claramente a unha sociedade organizada segundo a pertenza a un grupo social por
nacemento; criticaron o poder político con gurando as bases dunha nova doutrina política, o
liberalismo; iniciaron un novo pensamento económico, a siocracia procedente de Quesnay e o
liberalismo inglés (Escola de Manchester). Oporíanse ao mercantilismo e polo tanto ao
fi
fi
fl
fi
fi
fi
fi
fi
fi
intervencionismo do Estado. Os siócratas a rmaban que era a agricultura e as actividades
produtivas a principal fonte de riqueza. Defenderon sempre a liberdade económica.

As reformas do despotismo ilustrado (corrente asumida por algúns monarcas europeos que
pudieron en marcha poklíticas reformistas. Non era unha renúncia ao absolutismo nin puña en
cuestión os privilexios da sociedade estamental: pretendia incrementar o poder e a in uencia dos
reis mediante o desenrolo económico, cultural e militar. os reis se apoyaron en secretarios ,
ministros e altos cargos con ideales incluidos pô-la ilustración baixo o lema “TODO PARA O
POBO PERO SEN O POBO”, re ictían a súa intención de aplicar reformas pero sen introducir
cambios de signo liberal) non foron moi importantes pero xeron posible que se difundisen
opinións contrarias ao Antigo Réxime. Os burgueses aceptaron cada vez de peor grao as
imposicións que se lles facían desde arriba e comezaron a reclamar un sistema plural no que se
tivesen en conta as diferentes opinións presentes na sociedade.

4.2.- Os ilustrados. Locke, Montesquieu, Rousseau e Voltaire


A mediados do século XVII (1642-1648) houbo un enfrontamento entre o Parlamento británico e o
Rei que desembocou nunha guerra civil. Mentres a maioría dos reinos europeos consolidaban o
poder do rei, as monarquías absolutas, en Inglaterra foron derrotados os partidarios do
absolutismo e consolidouse o poder do Parlamento, é dicir, a dos deputados que eran elixidos
pola nobreza e os propietarios (burgueses). John Locke, un lósofo inglés desta época escribiu o
seguinte texto naquelas circunstancias:

“A liberdade do home na sociedade consiste en non verse sometido máis que ao poder lexislativo,
establecido de común acordo no Estado, e non recoñecer ningunha autoridade nin ningunha lei
fóra das creadas por ese poder... Resulta evidente que a monarquía absoluta, considerada por
algúns como o único goberno do mundo, é incompatible coa sociedade civil... Todo persoeiro no
poder que abuse da autoridade concedida pola lei e se sirva da forza de que dispón para impoñer
aos súbditos obrigacións non previstas na lei, deixa de ser maxistrado. Y desde ese momento no
que actúa sen autoridade, se lle pode opoñer resistencia...”
John Locke, Dous tratados sobre o goberno civil (1689)

Locke (1632-1704) defendía que a soberanía, a capacidade lexítima de decidir nun Estado,
procede da vontade da xente e non da vontade de Deus como mantiñan os partidarios do
absolutismo. Consideraba que os dereitos máis importantes dos individuos eras o da propiedade
privada e as liberdades de opinión, de expresión, de reunión... e que a obriga principal do Estado
era garantir eses dereitos; tamén sostiña que o goberno debía depender do Parlamento. Locke foi
dos primeiros pensadores que sostivo que o poder lexislativo e o xudicial habían de estar
separados. E que os gobernantes, fosen reis ou non, tiñan que someterse ás leis acordadas por
representantes libremente elixidos.

Nunha época na que en moitos Estados se prohibía calquera relixión que non fose a o cial, que
existía a Inquisición e as persecucións por pensar diferente, Locke avogou por unha sociedade
plural e tolerante, na que os individuos podían manifestar diferentes opinións e defender intereses
distintos; isto, sen dúbida, daría lugar a desacordos polo que a obriga do Estado, de autoridade
política, sería a de resolver eses con ictos.

Montesquieu:(1689-1755) A separación de poderes

A mediados do seguinte século no XVIII, o nobre francés Montesquieu inspirouse no modelo


inglés para formular a teoría da separación de poderes que acabaría sendo a base dos modelos
políticos do mundo contemporáneo. Segundo este lósofo ilustrado, o poder executivo (o que se
encarga de aplicar as leis), o lexislativo (o que fai as leis) e o xudicial (o que se encarga de
interpretar as leis cando xurde algún co ito)non deben estar concentrados nunhas mesmas
mans, senón que deben exercerse por persoas e institucións diferentes (o executivo polos
gobernos, o lexislativo polos Parlamentos e o xudicial polos xuíces e tribunais de xustiza), de
maneira que cada un deles sirva de contrapeso e equilibrio aos outros.

As propostas de Montesquieu xéronse moi populares e foron asumidas polos intelectuais e


políticos que querían cambiar o sistema de goberno propio do Antigo Réxime e construír un novo
modelo de Estado

Rousseau:(1712-1778) o poder político debe basearse no libre consentimento dos cidadáns

fi
fl
fi
fl
fl
fi
fi
fi
fi
fl
fi
Outro dos lósofos ilustrados do século XVIII que tivo unha grande in uencia nas ideas políticas
contemporáneas foi Jean Jacques Rousseau. Rexeitaba por ilexítimo o poder do máis forte,
senón que para el o único sistema lexítimo de poder era o que derivaba da libre vontade das
persoas que vivían nunha sociedade: os individuos delegan na comunidade, integrada por todos,
a súa capacidade de decidir. Esta proposta de sociedade baseada en persoas libres e iguais que
aceptan libremente participar nunha comunidade política sería, no futuro, un dos fundamentos da
participación democrática na época contemporánea.

“O que perde o home polo contrato social é a súa liberdade natural e un dereito ilimitado a todo o
que intenta e pode acadar; o que gaña nel mesmo é a liberdade civil e a propiedade a todo o que
posúe.” “...poderiamos sumar a adquisición do Estado civil e a liberdade moral, que só fai ao
home verdadeiramente dono de seu; porque actuar só polo instinto é escravitude, e guiarse pola
lei que cada quen se marcou a un mesmo é liberdade.”
J. J. Rousseau: O Contrato Social (1762)

Voltaire (1694-1778) Nas súas Cartas inglesas criticaba as institucións francesas. A súa principal
aportación foi o Ensaio sobre a historia general e sobre os costumes e o carácter das nacións
onde denunciaba o poder do clero.

5.- A CIENCIA E A CULTURA ILUSTRADAS


5.1 A ciencia moderna
Se substituirá a concepción geocéntrica do universo por unha
concepción heliocéntrica gracias ao traballo de Copérnico, Galileo e
Kepler.(Doc.12)

5.2 Os descubrimientos xeográ cos (Doc.13)

Ao longo do S.XVIII se levaron a cabo numerosas exploracións, como


Bering e J.CooK.

As rivalidades entre compañías comerciais impulsaron expedición cara


territorios inexplorados. En África o mercado de esclavos alentó as
incursión cara o interior.

En España destacou a expedición de Alejandro Malaspina que en 1789


emprender unha viaxe político-cientí co por América, Asia e Oceanía.

fi
fi
fi
fl
5.3 O neoclasicismo
Foi o movemento artístico que representou o espírito da Ilustración. Se inspirou na Antigüidade
clásica, que era o período histórico co que se identi cou.

Foi importante o descubrimento das cidades romanas de Pompeya e Herculano en 1/2 s.XVIII.
Dende estos achádegos as viajes a Italia e Grecia para visitar restos arqueolóxicos se converte
ron en algo obrigado. A publicación de J. Winckelmann de Historia da arte na Antigüidade
foi transcendental na a rmación dos rasgos estéticos do estilo neoclásico.

En pintura destacou Jacques-Louis David e o alemán Antón Raphael Mengs que traballou no
Palácio Real de Madrid e in uiu en pintores como Francisco Bayeu ( mestre de Goya).

Goya , é mención aparte, que traballou durante o reinado de Carlos IV e, a pesar de formarse no
estilo neoclásico, superou dito estilo e in uiu a outros estilos como o realismo, e incluso o
impresionismo e mesmo o expresionismo.

En arquitectura, a exuberancia decorativa barroca foi reemplazada pola sobriedade formal do


canon clásico. Ejemplos: Panteón de París, Porta de Brandemburgo en Berlín e Capitolio de
Washington. En España: Palacio Real de Madrid, Basílica do Pilar en Zaragoza, Museo do Prado
en Madrid.
fi
fl
fl
fi

You might also like