Formación Do Plural Das Palabras Rematadas en - L

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

FORMACIÓN DO PLURAL DAS PALABRAS REMATADAS EN -L.

A) Monosílabas. Mel-meles, sol-soles...


B) Compostas rematadas nun monosílabo cunha única vogal no núcleo da sílaba.
(son do tipo dos do apdo. A). Chuchamel-chuchameles// xirasol, xirasoles...
C) Graves. Difícil, difíciles//dátil, dátiles...

D) Agudas polisílabas, agás as do apdo. B. Azul, azuis//papel, papeis...


E) Monosílabos con dúas vogais como núcleo de sílaba. Cruel, crueis// fiel, fieis...

FORMACIÓN DO FEMININO DAS PALABRAS REMATADAS EN -N.

A) Substantivos e adxectivos en -ÁN.

A.1. Ancián, anciá// alemán, alemá.. ................................. -Á

A.2. Os caracterizadores negativos e despectivos. Folgazán, folgazana//paspán,


paspana//brután, brutana... ................................ -ANA

B) Os rematados en -ÓN.

B.1. León / leoa// campión, campioa// ladrón, ladroa (ladra)// anglosaxón,


anglosaxoa... ................................ -OA

B.2. Aumentativos, pexorativos e caracterizadores en xeral. Lambón, lambona//


cabezón, cabezona... ................................ -ONA

C) Acabados en -ÍN.

C.1. Bailarín, bailarina// benxamín / benxamina... .............................. -INA

C.2. Excepción de ruín :un viño ruín / unha terra ruín. ............................ invariable

D) Rematados en -ÚN.

D.1. Os adxectivos cabrún, cervún, vacún forman o feminino patrimonial cabrúa,


cervúa, vacúa ................................ -ÚA

D.2. Común é invariable ............................ invariable

D.3. Euscaldún, euscalduna. ................................ -UNA

E) Un nome en -ÉN.

un refén americano / unha refén americana ............................ invariable

You might also like