Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 3

O século XIX é o momento no que se consolida o Liberalismo, pero non só na súa

vertente política e social, senón tamén económica.


A nivel económico a implantación do liberalismo ao longo do s. XIX vai afectar ás
diferentes actividades económicas, sendo especialmente importantes as medidas
que afectan á agricultura a través das desamortizacións.
O pundo de partida era unha situación crítica na agricultura que viña dada non só
polo atraso das técnicas e a escasa produtividade, senón tamén polo réxime de
propiedade existente. A maioría das terras está concentrada nunhas poucas mans.
Os maiores propietarios de terras son a nobreza e a Igrexa
As terras son traballadas por arrendatarios que pagan unha renda ao propietario,
ademais de impostos ao Estado e á Igrexa. Os arrendatarios carecen dos recursos
necesarios para modernizar as explotacións e aumentar o rendemento.
Pero o máis significativo é que eses donos non teñen a plena e libre propiedade das
terras.
• As terras da nobreza están vinculadas, esto é, unidas á familia que se debe
preocupar de manter o patrimonio para deixalo en herdanza. Precisamente para
asegurarse da integridade das terras, que se manteñan na familia, na maioría de
España e na maioría das familias nobres, as terras están sometidas a morgado:
pasan íntegramente en herdanza ao fillo maior.
• En canto ás terras da Igrexa: parroquias, mosteiros, catedrais,… están amortizadas,
é dicir, pertencen á Igrexa e os seus titulares non poden dispoñer libremente delas:
non as poden partir, nin vender, porque non lles pertencen.
• Ademais hai terras de propiedade comunal que son disfrutadas por todos os
veciños do municipio, pero ningún deles ten a súa propiedade privada e polo tanto o
concello xestiónaas pero tampouco pode dispoñer delas.
A esta situación engádese outro problema: no caso da nobreza e do clero posúen
tantas terras que moitas delas non están traballadas, o cal agrava o problema da
pouca produtividade agraria.
Os políticos liberais, sobre todo os progresistas, entendían que era necesario cambiar
a estrutura da propiedade para permitir a modernización agrícola, de aí as súas
medidas desamortizadoras. Estas medidas consisten en desamortizar ou desvincular
as terras dos seus donos, é dicir, o Estado expropia aos propietarios aquelas terras
que non están traballadas. Esas terras pasan a mans do Estado e este véndeas.
O reinado de Isabel II, 1833 – 1868, comeza coa rexencia da súa nai, María Cristina,
1833 – 1840. Ante o carácter moderado do Réxime, os progresistas recorreron a
numerosos levantamentos. Como resultado desta presión e ante o temor do avance
carlista, María Cristina nomeou un novo goberno presidido polo progresista
Calatrava, pero foi Mendizábal quen desde a carteira de Facenda e Mariña puxo en
marcha o proceso de desmantelamento do Antigo Réxime e organizou o exército
liberal que derrotou ao carlismo.
Mendizábal puxo en marcha un amplo programa de refomas de carácter económico:
abolición do décimo (1837), abolición definitiva da Mesta (1836) e dos señoríos
xurisdicionais, supresión das aduanas interiores e a extinción dos gremios que se
opoñían ao libre exercizo da industria e o comercio; pero a medida de maior
trascendencia será a desamortización eclesiástica.
A desamortización de Mendizábal tiña uns obxectivos xerais: ingresos para o Estado,
aumentar a superficie cultivada, pero esta desamortización persegue unha serie de
obxectivos concretos: - Para poder gañar a guerra contra os carlistas é necesario
poder financiala e a venda destes bens é unha importante fonte de ingresos.
- Crear un grupo de propietarios que dependa do triunfo liberal e o apoie: aqueles
que se beneficien da desamortización, é dicir, se convertan en propietarios
converteranse tamén nun firme apoio da raíña Isabel e do Liberalismo.
Para levar a cabo a desamortización ditáronse tres decretos polos que se suprimían
toda as ordes relixiosas do clero regular, excepto as que se adicaban á beneficencia;
declarábanse todos os conventos e propiedades da Igrexa bens nacionais e poñíanse
en venda mediante poxa.
Os resultados desta desamortización eclesiástica foron o éxito relativo na obtención
de créditos e suministros para a guerra e a adhesión de grandes propietarios á causa
liberal, xa que compraron grandes lotes a prezos moi ventaxosos.
Pero a reacción moderada da rexente cara ao liberalismo moderado freou o proceso
desamortizador ata que o xeneral Espartero durante a súa rexencia, 1840 – 1843, lle
dá un novo pulo. A nova rexencia seguiu a liña progresista de desmantelamento do
réxime señorial e desamortización eclesiástica, cunha nova desamortización que
afectaba aos bens do clero regular pero taméndo clero secular ou parroquial e na
cal, ademais dos obxectivos desta medida, tamén se percibe a intención de
Espartero de castigar á Igrexa polo seu apoio ao carlismo durante a guerra.
A caída de Espartero significou a fin do periodo de rexencia e marca o momento en
que a raíña asume xa personalmente as tarefas de goberno. A partir dese momento
Isabel II amosa unha clara preferencia pola tendencia liberal moderada o cal
paralizou o proceso desamortizador ata o seguinte periodo progresista do reinado
de Isabel II, o bienio progresista de 1854 a 1856.
En 1855 o ministro Pascual Madoz porá en marcha un novo proceso de
desamortización, a chamada “desamortización xeral”: centrarase nas terras
comunais, de ordes militares, institucións de caridade e segue coa venda de terras
eclesiásticas. Esta será a medida máis ambiciosa pola extensión das terras afectadas
e terá como obxectivo concreto conseguir financiación para a construcción da rede
ferroviaria.
A pesar da curta duración deste periodo progresista e a volta ao moderantismo que
o sucedeu, as medidas desamortizadoras mantivéronse nos anos posteriores, no
último perido do reinado de Isabel II, 1856 – 1868.
De forma xeral pódense sinalar varias consecuencias do proceso desamortizador
diferenciando entre os que se viron beneficiados por el e aqueles aos que
prexudicou:
Beneficiados:
- O Estado resultou beneficiado polo proceso porque a venda das terras significou
efectivamente a redución da débeda así como contar con ingresos que se investiron
na loita contra os carlistas (rexencia de Mª Cristina) ou na construción do ferrocarril
(bienio progresista).
Prexudicados:
- A Igrexa foi a máis prexudicada polas diferentes leis de desamortización porque foi
afectada por todos os procesos desamortizadores. Esto non só significou que a
Igrexa perdese terras, senón tamén bens inmobles e un rico patrimonio histórico e
artístico que atesouraba.
- A venda de bens non se levou a cabo seguindo un principio de equidade, senón coa
fin de maximizar os ingresos. Para isto empregouse como método de venda das
terras a poxa, é dicir, fíxase un valor para os lotes de terra que se sacan á venda e a
partir de el os interesados en compralos van ofrecendo un prezo cada vez máis alto.
Esto significou que en realidade non houbo un aumento do número de propietarios,
xa que a maioría das terras á venda quedaron en masn de aqueles que tiñan máis
cartos para poxar. Así a gran beneficiada foi a alta burguesía que decide investir os
seus capitais na compra de propiedades, pero quedaron prácticamente excluídos do
proceso os campesiños por carecer de cartos suficientes para poxar.
- Os novos propietarios van explotar as súas terras, pero as condicións de vida e de
traballo dos arrendatarios que realmente as traballan non van mellorar senón que
ás veces pola contra aínda son sometidos a unhas condicións máis duras e
desfavorables.
- As terras comunais significaban para moitos campesiños, arrendatarios e
xornaleiros, un importante complemento económico para os seus ingresos. A venda
e privatización destas terras significou polo tanto un importante prexuízo e un
empeoramento da situación de moitos campesiños xa que evidentemente agora non
poden acceder a elas.

You might also like