Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 4

3. Crise da Restauración.

En 1885 morre Alfonso XII. A súa muller dá a luz a un neno, Alfonso, que é proclamado rei,
que reinara de 1885-1931 pero o recén nacido non pode gobernar así que será a raíña nai,
Ma Cristina, quen asuma a REXENCIA, de 1885 ata 1902 en que o seu fillo Alfonso sexa maior
de idade.

No Pacto do Pardo, asinado por Cánovas e Sagasta ante a rexente, os dous partidos acordan
continuar co turno pacífico, é dicir, coa quenda.

Pero será durante esta etapa cando se produza unha importante e produnda crise en España,
o desastrede 1898.

A perda das últimas colonias, Cuba, Puerto Rico e Filipinas, é un acontecemento que debe
situarse no contexto máis amplo do Imperialismo colonial. España era unha potencia de
segunda orde, pero aínda posuía certas colonias estratexicamente situadas e cun notable
interese económico para as potencias de finais do século, especialmente Estados Unidos,
que controlaba gran parte da industria azucreira da illa.

En 1895, tras uns anos de calma, reanúdase a guerra en Cuba.

En 1897 Cánovas é asasinado e Sagasta ocupa o goberno. Este toma medidas de amnistía e
concede certa autonomía á illa, pero xa é tarde para revertir a situación. Estados Unidos
envía o acorazado “Maine” para protexer os intereses dos norteamericanos na illa. O barco
resultou atacado e afundido. Convenientemente utilizado, este feito serviu para decidir o
goberno norteamerincano sobre asúa participación no conflito, o que desemboca na derrota
española.

Coincidindo coa insurrección cubana, produciuse a sublevación de Filipinas o alzamento foi


duramente reprimido, o seu líder executado; pero os seus seguidores continúan coa
rebelión.

En agosto de 1898 polo Tratado de París, España renuncia aos seus dereitos sobre Cuba,
Puerto Rico e Filipinas.

A perda das colonias foi máis que unha simple derrota militar e unha perda territorial.
Provocou o afundimento moral do país, a toma de conciencia da situación real de España e a
ruína política, económica e social que se vivía. Esta actitude viuse reflectida na literatura da
Xeración do 98, así como na aparición dunha tendencia rexeneracionista.

O rexeneracionismo fai referencia á actitude dunha burguesía media que está disconforme
co sistema e co funcionamento da Restauración, sendo a personalidade máis destacada
desta corrente Joaquín Costa. O seu principio fundamental sería o cambio na política da
Restauración, que protexía os intereses da oligarquía, por unha xestión do Estado baseada
na moralidade, fomento económico do país e un impulso do ensino público.

Por outro lado, en 1902 Alfonso XIII é considerado maior de idade, o cal pon fin á rexencia e
comeza o seu periodo de goberno. A situación que se atopa o rei é complexa e vén definida
por varios aspectos.

En canto á situación política o sistema bipartidista e de quenda pacífica é un sistema


corrupto e non un verdadeiro sistema representativo. É un sistema que só representa á clase
alta e media da sociedade, que ve os seus intereses protexidos polos dous partidos pero
deixa fóra a grupos sociais e políticos.

A sociedade española é unha sociedade polarizada, na que se distinguen claramente


dousgrupos antagónicos.

Unha minoría rica: compoñen a clase alta, terratenentes, burguesía comercial, elite política…
Seguida dunha clase media, funcionarios, oficiais do Exército, clero…

Por outro lado, unha maioría pobre na que destaca, campesinado, pequenos propietarios,
arrendatarios, xornaleiros; campesinado; proletariado industrial.

As grandes diferenzas sociais e económicas, que chocan sistemáticamente xerarán en España


un movemento obreiro especialmente reivindicativo.

Auxe dos nacionalismos periféricos (catalán, vasco e galego). As reivindicacións nacionalistas


chocan coa intransixencia do goberno central, isto fortalece o nacionalismo e ante isto son
cada vez máis os que consideran esta ideoloxía un perigo para a unidade da Nación.

O Exército. O sistema da Restauración afasta ao Exército da vida política, pero ademais tras a
derrota de Cuba o Exército síntese humillado porque se lle considera único culpable da
derrota, cando o Exército considera que nesa derrota tamén tiveron moito que ver os
gobernos liberal e conservador.

Esta é a difícil situación que atopa Alfonso XIII cando asume as tarefas de goberno. Unha
tarefa que aínda se ve complicada por un factor máis, as crises internas que viven os dous
partidos maioritarios, os da quenda.

No caso do Partido Conservador, Cánovas é asesinado en 1897. A partir dese momento a


principal figura política deste partido será Antonio MAURA.

En canto ao Partido Liberal, Sagasta morre en 1903. José canalejas, siguiente figura
importante.

Os anos de goberno de Alfonso XIII pasan por diferentes momentos e cada un deles vén
definido por un problema ou crise mentres os partidos Conservador e Liberal intentan, con
grandes dificultades, manter a alternancia pacífica.

No momento en que Alfonso XIII asume as tarefas de goberno, en 1902, ocupa o goberno o
Partido Conservador, pero en 1905 é a quenda do Partido Liberal. Será neste momento
cando estoupe unha crise.

En 1905 celébranse eleccións MUNICIPAIS en toda España, concellos.

En Cataluña, en moitos concellos, acadaron a vitoria os nacionalistas. Esto desatou a euforia


catalanista e nese contexto varias publicacións lanzaron ataques contra a nación, o Exército
e o rei.

As críticas ao Exército víñanse producindo desde anos atrás, en concreto desde que en 1898
se perden as últimas colonias e o Exército cada vez estaba máis molesto por ser considerado
o culpable do desastre. Un grupo de oficiais da gornición de Barcelona decidiu actuar
asaltando estes semanarios.

O estamento militar esixiu e Amadou unha Lei de Xurisdicións, pola cal os delictos contra a
Patria e o Exército quedaban baixo xurisdición militar. Esto significaba a primacía do poder
militar sobre o civil. En lugar de ser castigados, fortaleceronse, se crean tribunais integrados
por militares que van ser quen de xulgar estes delictos.

Tras este momento de crise, a alternancia continúa, dando paso a un novo periodo, 1907 –
1912. Este será un periodo cun amplo programa de reformas, tanto por parte dos
conservadores como dos liberais.

Maura, novo líder conservador, intenta: Acabar co caciquismo cunha reforma da


administración local, que non se chegou a votar, unha reforma social mediante a creación do
Instituto Nacional de Previsión, lei de descanso dominical, lei do dereito de folga, reforma a
lei electoral para regular a composición das xuntas do censo electoral, mellora do exército.

O seu labor contou cunha gran oposición e houbo medidas que nos se chegaron a aplicar.
Ademais o seu goberno tivo que facer fronte a unha grave crise derivada da presenza
española en Marrocos.

Desde o último terzo do s. XIX desenvólvese o Imperialismo colonial: as principais potencias


europeas ocupan territorios no continente africano e convértenos en colonias, territorios
sometidos e explotados economicamente.

España nun primeiro momento queda fóra do reparto de África, pero a principios do s. XX
decide intervir. Motivos varios: En primeiro lugar, o expansionismo francés en Marrocos fai
perigar as posicións de Ceuta e Melilla, esto é, témese perder estes territorios. Algúns
sectores do exército pretendían refacer o seu prestixio tras o desastre de 1898 e Alguns
sectores políticos pretendían explotar os recursos.

España chegará a un acordo con Francia para repartirse o territorio de Marrocos. Ese reparto
aseguráballe o control de Ceuta e Melilla

Pero a presenza española en territorio marroquí provoca o inicio de ataques por parte da
poboación marroquí. Ante estes ataques, o goberno de Maura movilizou tres levas de
reservistas, o que provocou unha hostil reacción popular. A protesta pacífica dexenerou
nunha revolta incontrolada ao xeneralizarse os asaltos e os incendios a edificios relixiosos,
non só en Barcelona, senón en outras localidades. Por fin as tropas enviadas polo goberno
poñen fin á revolta con mortos econventos ou igrexas queimadas, de aí que se coñeza como
a “semana tráxica”, pero remata aquí a traxedia.

En 1909 Moret e Canalejas anuncian que o Partido Liberal rompe relacións co conservador e
iniciaba unha campaña de boicot total ao gobernó, o rei acepta e formación dun novo
gobernó.

o goberno a Canalejas, que se convertera no principal líder do Partido Liberal. Este presentou
un programa político verdadeiramente rexeneracionista: Lei de mancomunidades, que
concede un certo autogoberno ás agrupacións de concellos.

- No ámbito social: ampla lexislación laboral coa lei de xornada laboral de 9 horas nas minas,
lei de contratos de aprendizaxe, lei de prohibición do traballo nocturno para as mulleres,
arbitraxe do Estado nos conflitos laboráis, lei do Cadeado, que non permite implantar novas
ordes relixiosas.

A morte de Canalejas, asasinado, freou todo o seu labor reformista e dá paso a un novo
periodomarcado polo estalido da Primeira Guerra Mundial: 1912 – 1917, quenda 17-23
Primo de rivera comeza a sua ditadura.

You might also like