Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 2

2.

Movemento Obreiro

A penetración en España do movemento e ideoloxías obreiras foi tardía e lenta polo atraso
económico.

A orixe do movemento obreiro en España sitúase no reinado de ISABEL II, 1833 – 1868,
concretamente na aparición de Asociacións de axuda mutua, a partir de 1830. Trátase de
caixas comúns ás que os obreiros achegan pequenas cantidades de cartos para axuda
económica dos seus membros en casos de especial gravidade e urxencia.

En xeral estas Asociacións estarán prohibidas xa que non se lles recoñece aos obreiros o
dereito de asociación.

Entre os anos 40 e 50, a pesar da prohibición, unha organización de asociacións de axuda


mutua que, desde 1855, estará dirixida pola Xunta Central de Directores da Clase Obreira.
Esta Xunta será a que coordine as diferentes sociedades obreiras, encárgase da relación coas
autoridades e media nos conflitos entre obreiros e patronos.

Foi esta organización a que fixo posible a folga xeral desde o 2 ao 10 de xullo de 1855 nas
zonas fabrís de Cataluña. Reivindicábase: Liberdade de asociación, horario laboral estable,
crear unha xunta mixta de obreiros e patróns para discutir os conflitos laboráis e limitación
ao despedimento libre.

Outra das manifestacións de protesta levadas a cabo polo movemento obreiro nestes anos
de orixe enmárcanse dentro do ludismo. Este é un modo de protesta empregado polos
traballadores caracterizado pola destrución de máquinas, xa que as culpan de perder os seus
empregos así como do empeoramento da súa situación laboral.

Foi un movemento que xurdiu en Gran Bretaña que logo se estendeu a outros países que
viven o seu proceso de industrialización e que deste xeito chegará a España. Destaca a
destrucción dunha das fábricas textil dos irmásn Bonaplata.

O non recoñecemento dos dereitos de reunión e asociación e a represión por parte das
autoridades dificultan o desenvolvemento do movemento obreiro, pero esa situación
cambiará durante o sexenio revolucionario, 1868 – 1874, coincidindo tamén cun auxe do
movemento obreiro a nivel internacional.

En 1864 inaugúrase en Londres, baixo o liderado de Karl Marx, a I Internacional invítase aos
obreiros españois a asociarse e a unirse á Internacional obreira.

En España en 1868 créanse os primeiros núcleos españois da I Internacional, O que se ve


impulasado ola aprobación da Constituc de 1869 que xa recoñece os dereitos de reunión e
asociación.

Prodúcense diferentes enfrontamentos os cales chegan a súa máxima expresión e producen


a expulsión dos anarquistas da Internacional. Esta ruptura terá o ser reflexo en toda Europa
e no movemento obreiro, tamén en España onde o movemento obreiro se divide en
socialistas e anarquistas.

O Congreso reunido en Córdoba opta polo Anarquismo, predominante en Cataluña, Valencia,


Andalucía e Aragón mentres que o Congreso reunido en Madrid decántase polas teses
marxistas, é dicir, polo socialismo. Predomina en Madrid, Bilbao, Cantabria e Asturias.
O pulo que vive neste periodo o movemento obreiro tradúcese nun aumento das protestas e
conflitividade social, especialmente durante a I República, 1873 – 1874.

A fin do Sexenio democrático dá paso a un novo periodo, a Restauración, concretamente o


reinado de ALFONSO XII e a rexencia de Ma CRISTINA durante a minoría de idade do seu fillo
Alfonso XIII, 1885 – 1902, no que o movemento obreiro continúa a súa evolución.

Seguindo a tese de Marx da necesidade de fundar partidos obreiros, fúndase 1879 o Partido
Socialista Obreiro Español, PSOE.

Este será un partido que se separe dos partidos burgueses e que redacta un programa con
tres claros oxbectivos: abolición das clases para chegar a emancipación da clase obreira,
transformación da propiedade individual en propiedade social, posesión do poder político
pola clase traballadora.

Ademais reclaman os dereitos de coalición, folga; redución da xornada laboral, prohibición


do traballo de nenos menores de 9 anos; prohibir certos traballos ás mulleres.

O seu verdadeiro impulso e crecemento chega coa Lei de asociacións de Sagasta que permite
ao partido saír da clandestinidade e a fundación da Unión Xeral de Traballadores, un
sindicato en 1888.

Na década de 1890 comezan a organizarse as chamadas casas do pobo: centros de reunión


con fins doutrinais, culturais e formativos e xornal propio “O Socialista”

En canto ao anarquismoa principal reforma, formación de sindicatos, unión directa mediante


folgas e manifestacións e rexeitaban os partidos políticos.

En 1881 rexorde tras a clandestinidade a Federación de Trabajadores de la Región Española


A súa gran expansión indica a actividade do movemento obreiro.

A súa gran expansión indica a actividade do movemento obreiro.

Na década de 1890, en Barcelona, o movemento anarquista inclinouse a actuar mediante a


acción directa para avanzar na loita pola emancipación da clase traballadora. O resultado
fonon numerosos atentados terroristas. Debido a isto, a lexislación contra o anarquismo
endureceuse e chegáronse a crear corpos especiais de policía para acturar contra os seus
membros.

You might also like