Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 1

TEMA 7: O RÉXIME FEUDAL E A SOCIEDADE ESTAMENTAL

Durante a Reconquista os reinos cristiáns impuxeron sobre os territorios


incorporados o seu modelo político e socioeconómico, configurando na península un réxime
de tipo feudal que se estendeu pola Península tras unha rápida implantación na Marca
Hispánica.

Dende o punto de vista político os reinos cristiáns conformáronse como monarquías


feudais. Nestas, o reino considerábase propiedade do rei, quen o legaba en herdanza aos
seus fillos varóns (carácter patrimonial e hereditario).
A soberanía real xustificábase por dereito divino, pero a ausencia dun poder
centralizado do Estado polas dificultades do monarca para exercer a súa autoridade en
todos os dominios (fragmentación política) levou ao fortalecemento da nobreza laica e
eclesiástica: os monarcas cedían territorios (feudos) á nobreza a cambio de apoio político e
militar. A Igrexa tamén se integrou neste sistema mediante as doazóns reais ao clero (como
os mosteiros ou as Ordes Militares).
Pero a concepción da soberanía foi diferente en cada Coroa: na de Castela
predominou unha concepción autoritaria na que as leis e os foros tendían a ser comúns en
todos os reinos que a compoñían, mentres en Aragón asentouse unha concepción pactista,
pola que o rei establecía pactos cos distintos reinos, que lle cedían o goberno sempre que o
monarca xurara os seus privilexios forais.

Orixinouse unha sociedade estamental e unha pirámide feudal en razón dos


diferentes lazos de dependencia persoal: as relacións de vasalaxe implicaban un xuramento
de fidelidade polo que os campesiños eran vasalos do seu señor feudal, que á súa vez era
vasalo doutros señores ou do propio rei. A sociedade medieval era reflexo desas
dependencias: estaba dividida en estamentos, que eran grupos sociais pechados marcados
polo nacemento e aos que lles correspondía unha función.
Os privilexiados incluían a nobres e eclesiásticos, que posuían honores e títulos
xunto cunha serie de privilexios como a exención do pago de impostos, leis e tribunais
especiais e a capacidade para exercer a xustiza nos seus señoríos. Os non privilexiados
eran pecheiros ou pagadores de impostos e non gozaban de vantaxes xurídicas.
Constituían a maioría da poboación, incluíndo campesiños, artesáns, comerciantes,
burgueses,...
Completaban a sociedade os grupos marxinais, normalmente por cuestións étnicas e
relixiosas, coma os xudeus (vítimas dun crecente odio popular que derivou en persecucións
e matanzas) ou os mudéxares (musulmáns que permaneceron en territorio cristián). Ambos
grupos adoitaban vivir en barrios separados (xudarías e mourarías).

You might also like