Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

2022

Materiais de
Formación Cristiá

7
Catequese de Xuventude Actividade
ABECEDARIO DA IGUALDADE:
atrévete e segue preguntándote

l Elixir dúas preguntas, responder e xustificar a elección na reunión do grupo.

w A quen ves como irmáns teus?


w Buscas modos e maneiras de coñecelos mellor?
w Crees no traballo de cada un para mellorar o mundo?
w Dás (da) túa parte –interese, tempo, sentimento, coñecemento diñeiro, etc
para que cambie a situación?

w En que aspectos crees ti que hai máis esquecemento e inxustiza?


w Faltan, auga, alimentos, materias primas ou máis ben comercio xusto e vontade?
w Xeras paz e concordia á túa ao redor ou provocas hostilidades,
desavinzas vinganzas?

w Hai camiños e medios para coñecer a situación do mundo,


compartir máis e crear xustiza?

w Imaxinas un médico para cen mil habitantes?


1
Catequese de Xuventude Actividade

w Xulgas sen misericordia as debilidades, pecados, inxustizas… dos demais?


w ”Ke” (que) pregunta farías ti aos do teu grupo?
w Levantas a voz algunha vez en defensa de débiles e indefensos?
w Miras a Deus como Pai e Nai de todos e a todos como irmáns teus?
w Non che asombra que sendo creada a terra para todos,
estea tan mal repartida?

w Observas, xulgas, actúas? ou inhíbeste e descúlpaste,


ante a inxustiza do mundo?

w Pos a túa palabra en conversacións sobre isto, coméntalo ás veces,


ou o calas por pasividade?

w Que irmáns nosos parécenche hoxe os máis abandonados en España?


E no mundo?

w Rompes barreiras, prexuízos, diferenzas, discriminacións, diversidades?


w Sabes ti - comparte algún exemplo - cantas persoas morren cada día
no mundo por desnutrición?

w Tes claro o lugar que no Evanxeo ocupan o amor e a solidariedade?


w Utopía? Si, grazas.

l Esta reflexión:

w Prodúceche desasosego?
w Intranquilízate?
w Moléstate?
w Desagrádate?
w Ponte á defensiva?
w Aclárache sentimentos?
w Convídate a tomar decisións?
w Agrándache o corazón?
w Anímate e refórzate?
w Faiche crecer en fe e en humanidade?

l Podes engadir outras reaccións túas.

You might also like