Baixa Limia e Serra Do Xurés

You might also like

Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 3

Baixa Limia e Serra do Xurés

Creado por Daniel Vázquez González da clase 3 ESO B

1
Baixa Limia e Serra do Xurés 05/04/2023
Índice
Neste traballo falaremos dun dos parques naturais protexidos de Galicia,
O traballo vaise estruturar da seguinte forma:
 Introdución
 Especies vexetais e animais.
 Importancia turística do lugar
 Ameazas e perigos que afectan ao espazo protexido.
 Formas de protexer o parque fronte ás ameazas e perigos.

Introdución:
No día de hoxe vou falar sobre o espazo protexido de Baixa Limia e Serra do Xurés que
se atopa en Ourense nas seguintes coordenadas: 41°52′41″N 8°05′42″O.
Este espazo foi denominado Reserva da Biosfera na 21ª reunión do Consello Internacional de
Coordinación do Programa sobre O Home e a Biosfera (MAB) celebrado o 25 de maio
de 2009 na illa de Jeju.

Especies:
Flora: bosque caducifolio con carballo, bidueiro e elementos mediterráneos como o
amorodo e o acivro en altura. Tamén ten especies endémicas como o loureiro e o loron.
Fauna: podemos encontrar anfibios e réptiles entre os que atopamos o lagarto ibérico e a
serpe viperina. Respecto a aves atopamos aguias reais, azores cucos e pito real.
Ademais das especies clásicas como o xabaril atopamos lobos, turóns, gatos salvaxes e
nos ríos atopamos lontras.

Importancia turística:
Este lugar é moi importante respecto ao turismo polas especies tan singulares que ten e
porque ten servizos de aloxamento e comer o que fai un lugar perfecto para pasar uns
días buscando especies fantásticas e sacar fotos a todas as paisaxes e especies que
atopes.

Ameazas e perigos:
Cerca deste espazo protexido houbo un incendio en 2020 o cal tardou 3 xornadas en ser
controlado e arrasou con 3000 hectáreas de territorio protexido.
Pode haber residuos vertidos polos turistas nas zonas de acampada. Nesta zoa hai un
conxunto de serras graníticas o que pode producir un interese no granito.

2
Baixa Limia e Serra do Xurés 05/04/2023
Formas de protexer este espazo:
 Ser responsable coa natureza e non ferir animais e plantas.
 No verter lixo no bosque, se non tiralo nas zoas de descanso ou acampada.
 Acampar so nas zoas especializadas para non molestar aos animais.
 Non secuestrar animais, xa que pode producir una baixada de poboación.
 Non plantar especies que estorben ou quiten auga as demais especies.

Bibliografía:
Información sacada das seguintes páxinas web:
 https://www.turismo.gal/que-visitar/espazos-naturais/parques-naturais/parque-
natural-baixa-limia-serra-do-xures?la
 https://es.wikipedia.org/wiki/
Parque_natural_de_Baja_Limia_y_Sierra_del_Jurés
 https://www.campogalego.es/como-conservar-lo-que-se-salvo-de-los-incendios-
del-parque-natural-xures/

Grazas por ler.

3
Baixa Limia e Serra do Xurés 05/04/2023

You might also like