Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 1

Galicia na Guerra Civil e na ditadura

- Consecuencias da guerra:
 Políticas: ditadura até 1975, represión das persoas, prohibición das linguas.
 Sociais: vulneración dos dereitos humanos, supresións dos dereitos adquiridos dos
traballadores, das mulleres e outros colectivos.
 Económicas: crise e involución económica, escaseza de produtos básicos.
- Posguerra:
 Prohibición de sindicatos e partidos políticos (esquerdas e nacionalismos).
 Peche de xornais e revistas e aparición da censura.
 Limitación das liberdades individuais.
 Clausura de editoriais, fusilamento ou exilio de persoas relacionadas coa cultura galega.
Outras foron apartadas do seu traballo, permaneceron en silencio ou mesmo apoiaron
o réxime ditatorial.
 Co paso do tempo xorde algún poemario en galego con temática que non moleste o
franquismo.
- A oposición ao franquismo:
 Exterior: inxente traballo tanto cultural coma político. Creación de editoriais, xornais,
revistas, programas de radio, etc. As iniciativas políticas decaeron coa morte de
Castelao en 1950.
 Interior: despois dunha década de silencio podemos falar de :
-Resistencia cultural: artellada ao redor de Galaxia
a partir de 1950. Asociacións culturais a partir
dos anos 60.
-Rexistencia política: xorden nos anos 60 partidos
nacionalistas galegos de esquerdas. (no ano 63
fúndase o PSG e suspéndese a prohibición de que
os xornais publiquen textos en galego. Celébrase
por 1ª vez o Día das Letras Galegas).

https://es.slideshare.net/Socri/a-situacin-da-lingua-baixo-a-ditadura
https://www.slideshare.net/trafegandoronseis/a-poesa-galega-durante-a-ditadura-32102359

You might also like