Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

As Cantigas de Santa María 

1.A corte literaria de Afonso X


A súa corte foi un foco de irradiación cultural e un centro de traballo onde
especialistas nas máis diversas materias e de diferentes relixións compilaron o
saber da época a través de traducións de textos gregos e latinos, hebreos e árabes.
A obra promovida pola corte de Afonso X abrangue o dereito, as ciencias, os xogos
e o entretemento e a historia.
Afonso X tamén foi o máis destacado e fecundo poeta en lingua galega da Idade
Media.
Esta aparente contradición de ser o promotor do castelán como lingua de Estado e
de cultura e de escribir en galego unha obra das dimensións das Cantigas de Santa
María explícase polo prestixio que o galego tiña naquela época como lingua máis
apropiada para a composición lírica.

2. Autoría das cantigas de Santa María


Afonso X non escribiu a totalidade das 427 composicións, foi autor dalgunhas pezas
pero a maioría foron compostas polo seu equipo de colaboradores.

3. Fontes e motivacións das cantigas de Santa María


Distintas​ fontes​:
- Coleccións de milagres da Virxe escritas en latín e en linguas romances.
- Coleccións de milagre relacionados con algún santuario
- Lendas de tradición oral que narraban feitos marabillosos da Virxe
- Sucesos presentados como episodios persoais do rei ou dos seus familiares
en que a Virxe acudira a axudalos.
Motivos:
De tipo ​político​:
- Para​ prestixiar ​a corte castelá como centro cultural
- Para reforzar ​a ideoloxía e o modelo social do ​feudalismo cristián​, fronte
aos árabes e xudeos.
- Para ​restarlles influencia​, riqueza e poder á cidade e á Igrexa de Santiago
de Compostela -e, con iso, ao reino de Galicia, en favor da primacía de
Toledo- desviando os peregrinos cara aos santuarios marianos.
De tipo ​relixioso​:
- A devoción sincera do rei á Virxe
- O afán de contribuír a espallar a devoción mariana

4. Códices conservados das Cantigas de Santa María


As Cantigas de Santa María consérvanse en catro códices diferentes: o ​códice
Toledano​, que está na Biblioteca Nacional de Madrid, ​dous códices ​conservados
na biblioteca do mosteiro do Escorial, e un cuarto que se garda na Biblioteca
Nacional de Florencia (Italia). Parecen compostos na segunda metade do século XIII
(entre os anos 1264 e 1284).
A colección de cantigas levan texto, notación musical e máis de ​1500 miniaturas​.

5. Tipos de cantigas
Agrúpanse en dúas clases: cantigas narrativas (milagres) e ​cantigas líricas
(loores)
As ​cantigas narrativas son maioría e relatan milagres atribuídos á Virxe, cunha
intención didáctica. Case sempre se axustan ao mesmo esquema:
- Introdución
- Presentación do protagonista nun perigo ou loitanto contra a tentación.
- Intervención sobrenatural da Virxe.
- Ensinanza moralizante e loanza final da Virxe.
As ​cantigas líricas loan as calidades da Virxe en termos moi parecidos a como os
trobadores facían cas súas damas nas cantigas de amor profanas.

 
A prosa e o teatro medievais 
1. A prosa medieval: condicionantes históricos
A prosa literaria medieval galega é menos copiosa, máis tardía e ten un carácter
menos orixinal ca o da lírica. Os primeiros textos literarios en prosa son de finais do
século XIII e comezos do XIV.
A abundante documentación de carácter non literario que se conserva (escritos
notariais, ordenamento xurídico, regulamentos, libros de contas, foros particulares
dados a vilas ou cidades, etc.), evidencia que o galego asumía con normalidade
todas as funcións comúns a calquera lingua romance da época.

******Saber máis --- A prosa non literaria:


- Textos xurídicos: ​fragmentos de traducións ao galego, entre elas as Sete
Partidas da corte de Afonso X
- Textos técnicos ou científicos: Tratado de Albeitaría, unha tradución ao
galego dunha obra escrita en latín sobre a cría e as enfermidades dos
cabalos. É unha das poucas mostras de léxico científico do galego medieval
que conservamos.
Causas ​de que os​ textos literarios en prosa​ que conservamos ​sexan tan poucos​:
- O galego funcionaba como unha lingua asociada ao xénero lírico
- A ​prosa​, cultivada na corte de reis e señores, serviu en gran medida como
ferramenta ao ​servizo do poder político​: os reis promovían determinadas
crónicas dos seus reinados, versións e traducións de certas obras, etc. Os
reis de Castela e Portugal promoveron o uso dos respectivos romances
(castelán e portugués) en lugar do latín. Por quedar o reino de Galicia dentro
da órbita de influencia da coroa de Castela, o galego non chegou a
constituírse en lingua de Estado.
- Diferentes causas puideron determinar a súa desaparición: as revoltas
medievais, que destruíron fortalezas e castelos, o abandono e as malas
condicións de moitos arquivos, etc.

2. A prosa literaria
Tipos de textos ​da prosa literaria medieval: prosa ficcional, prosa historiográfica,
prosa haxiográfica.

2.1A prosa ficcional.


Desenvolven asuntos relacionados con dous ciclos temáticos: o ciclo artúrico ou
materia de Bretaña e o ciclo clásico ou troiano.
O ​ciclo artúrico ou materia de Bretaña recrea as aventuras do rei Artur e dos
cabaleiros da Táboa Redonda na procura do Santo Grial. A orixe destes temas
parece remontarse a unha serie de lendas célticas, refundidas a partir do século XII,
con temas do amor cortés e elementos do cristianismo. A maior parte das obras
deste ciclo son versións e traducións de textos franceses.
Desenvolven basicamente ​tres lendas​: a do rei Artur, a do Grial e a de Tristán e
Isolda.
- A lenda do Grial. ​O Grial relacionado na súa orixe co caldeiro máxico dos
druídas celtas, aparece en todas as variantes como en un recipiente
enigmático e máxico que sera obxecto dunha incesante busca polos
cabaleiros da Táboa Redonda. Nas sucesivas versións, este símbolo foise
cristianizando e identificouse co cáliz empregado por Xesucristo na
Derradeira Cea.
As obras son o ​Libro de Xosé de Arimatea​, a ​Demanda do Santo Grial e o
Libro de Merlín.​
O primeiro narra a orixe e o significado da copa sagrada e o translado do
Grial por parte de Xosé de Arimatea desde Xerusalén deica a Bretaña.
O segundo narra as aventuras dos cabaleiros da Táboa Redonda á procura
do vaso sagrado.
O Libro de Merlín refire os encantamentos e as profecías do mago, en que
anuncia a chegada de novos tempos.
- A lenda de Artur, lei magnánimo polo que espera o seu pobo para
conquistar un futuro glorioso cando el regrese.
- A lenda de Tristán e Isolda refire os amores tráxicos dos amantes máis
famosos da Idade Media.

O ciclo clásico ou troiano inclúe textos que recrean as lendas derivadas do asedio
e destrución da cidade de Troia, e o destino dalgúns dos heroes que participaron
nesa guerra. Desta obra fixéronse dúas traducións ao galego: A ​Crónica Troiana​, o
romance en prosa máis importante dos que se conservan en galego. ​A Historia
Troiana é a recreación dos epidodios da guerra de Troia; ten carácter bilingüe, pois
intercala episodios en castelán e outros en galego.

2.2 A prosa haxiográfica


Foron frecuentes as obras en prosa centradas na narración dos milagres e dos
prodixios realizados por un santo.
Os ​Milagres de Santiago​, de finais do século XIV ou principios do XV. Trátase
dunha tradución ao galego de certas partes dunha obra anterior en latín: ​Liber
Sancti Jacobi​. Esta é unha das súas versións máis completas, elaborada a finais do
século XII, consérvase na Catedral de Santiago e coñécese co nome de Códice
Calixtino. Contén sermóns, rezos, cantos, etc.; milagres realizados por Santiago; a
translación dos restos do Apóstolo ata Galicia; Carlomagno conquista España; e
guía para peregrinos desde Francia que inclúe unha descrición da cidade de
Santiago e da súa catedral.

2.3 A prosa historiográfica


As obras historiográficas foron elaboradas ao amparo do poder, co obxectivo de
lexitimar determinados feitos ou determinadas persoas, destacando o seu papel no
conxunto de sucesos que se relatan. Incorporan ao relato dos feitos históricos certos
elementos lendarios e fantásticos.
Os​ textos ​máis importantes:
- Crónica Xeral Galega
- Crónica de Santa María de Iria​. ​Historia da sé (sede) episcopal de Iria
(Padrón).

3. O teatro e as representacións medievais


Non se conserva ningún texto dramático medieval escrito en galego. Puido existir
nesta etapa algún tipo de representación ou espectáculo teatral. Esta afirmación
apóiase en indicios:
- Existe noticia da celebración de representacións ligadas á liturxia en Europa
e no territorio peninsular
- As tenzóns, as cantigas dialogadas, as bailadas, etc. Apuntan ao recitado por
parte de xograres con acompañamento musical e danza de soldadeiras
invitan a pensar nun espectáculo de perfil case teatral.

You might also like