Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

SOCIOLINGÜÍSTICA PREGUNTA Nº 2

Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e


desviacións da norma.

A variedade estándar é aquela se se escolle como modelo de lingua común e que é aceptada polos
falantes como o uso correcto e normativo do código lingüístico. Corresponde ao nivel medio ou culto
e ao rexistro formal.
A normativización lingüística consiste na elaboración dunha variedade estándar fixando a norma
ortográfica, a fónica, a morfosintáctica e a léxica que sirva como modelo de corrección e referencia
para tódalas demais variedades. No proceso de normativización hai unhas tarefas a cumprir:
- Estandarización: é a fixación da variedade de lingua escrita, por riba das variantes da lingua
oral.
- Grafización: consiste en crear unha norma ortográfica.
- Modernización: é o proceso que capacita á lingua para ser usada en todos os ámbitos.

O proceso de normativización ten dúas fases:

A. Selección e fixación: trátase de concretar unha norma.


B. Expansión e cultivo: preténdese estender o uso da lingua a tódolos ámbitos.

As etapas deste proceso de normativización son:

Galego popularizante (ata finais XIX) Empregado polos autores do Rexurdimento,


caracterízase por ser un galego que reproduce a lingua oral (vulgarismos,
castelanismos…)
Galego enxebrizante (ata 1936) Utilizado polas Irmandades e o Grupo Nós,
predomina a tendencia diferencialista con respecto ao castelán para marcar a súa
identidade propia (cultismos, arcaísmos, hipergaleguismos…) . Nesta etapa é cando
xorde unha certo intento de estandarización do galego coa proposta das Normas pra
a unificazón do idioma galego que publicou en 1933 o Seminario de Estudos Galegos.
Galego protoestándar (ata finais 70) que se caracteriza pola simplificación
ortográfica e o purismo.
Galego estándar (ata hoxe) que procura un galego supradialectal. A RAG publicou as
Normas Ortográficas da Real Academia Galega e creouse o Instituto da Lingua Galega
(institución fundamental para que o labor de normativización se poida levar a cabo).
Esta foi a base sobre a que a RAG e o ILGA elaboraron estándar actual, recollido nas
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. A Xunta de Galicia declarounas
oficiais en 1982, despois de acadar o galego o status de lingua cooficial de Galicia no
Estatuto de Autonomía de 1981.

INTERFERENCIAS E DESVIACIÓNS DA NORMA

As interferencias lingüísticas son cambios que se producen nunha lingua autóctona e propia dun
pobo por influenza dunha lingua allea e dominante. Son préstamos innecesarios.

As interferencias do castelán no galego afectan a tódolos planos:


Interferencias fónicas
 Redución do sistema vocálico: eliminación das vogais abertas /Ɔ / e /ɜ /
 Substitución do j castelán polo x galego: *antoxo
 Cambio de grupos semicultos: cambio de br-, cr-,pr- por bl-, cl-,pl-: *clavo
 Perda da última sílaba en voces rematadas en –ade, -ude: *libertá, *xuventú

Interferencias morfolóxicas
 Cambio de xénero nos substantivos: * o viaxe
 Uso do artigo masculino en substantivos que empezan por a-: *o aguia
 Teísmo non dialectal: * xa te contei.
 Uso do pronome persoal eu por min: *É máis alto ca eu
 Uso dos demostrativos *esos no canto de eses.
 Utilización da forma indefinida *calquer en vez de calquera.
 Utilización de tempos compostos:*había feito
 Pronominalizar verbos como *casarse.

Interferencias sintácticas
 Colocación do pronome átono ao comezo de oración: * Che dixen que non
 Utilizar a preposición a na perífrase ir+infinitivo: *vou a estudar

Interferencias léxicas
 Substitución da forma galega pola castelá: *acera, *rodilla
 Restrinxir o significado en palabras como billa/*grifo, utilizando esta para a da casa e a
primeira para as cubas.
 Presión de voces coincidentes: usar máis lágrima que bágoa, ao coincidir a primeira co
castelán.

DESVIACIÓNS DA NORMA

Son voces que non se axustan á normativa oficial do idioma.


 Arcaísmos: *cor por corazón.
 Dialectalismos: irmao por irmán
 Vulgarismos: *arradio por radio
 Hiperenxebrismos: *primaveira por primavera
 Lusismos: *proprio por propio
 Castelanismos: *acera por beirarrúa.

Lembrar que os dialectalismos son correctos na lingua oral.

You might also like