Repaso

You might also like

Download as odt, pdf, or txt
Download as odt, pdf, or txt
You are on page 1of 4

Repaso de Morfoloxía (I): substantivo e adxectivo.

1.- Ponlles o artigo correspondente aos seguintes substantivos para indicar o seu xénero.

..... aramado ..... fraude ..... omoplata ..... salitre ..... trabe ..... labor
..... bile ..... legume ..... paradoxo ..... sangue ..... velame ..... cume
..... contrasinal ..... lentes ..... pelame ..... síncope ..... vertixe ..... eme
..... cute ..... libido ..... pube ..... síndrome ..... xiz ..... árbore
..... diadema ..... masacre ..... reuma ..... síntoma ..... dor ..... cal

2.- Pasa a feminino os sseguintes termos:

ferrolán vacún americano


heroe polo cirurxián
escritor urbano xudeu
doutor ladrón pailán
sandeu irmán xornalista
bailarín catalán aldeán

3.- Forma o plural das seguintes palabras e indica a categoría gramatical dos seus
constituíntes.

maleducado bulebule peixe espada vaivén


tentemozo escola taller herba de namorar xirasol
vacaloura quitamanchas lucecú branquiazul
tiraliñas aqueloutra benvida portavoz

4.- Pasa aplural as seguintes oracións. Repara nos verbos e noutros elementos que teñas
que modificar.

- O cónsul do Brasil regaloulle un lapis coa nadeira do país.


- Dóeme o cadril porque esvarei coa pel dun limón e caín pola escaleira.
- Foron na barca e pescaron un ollomol e un xurelo antes de que lles rompera a rede.
- A súa irmá vive nese dúplex que se ve desde o túnel.
- Na película o mísil colide contra a torre un mes despois do naufraxio do acoirazado onde
o capitán disparara cun revólver ao polisón.
- O sapoconcho que tes no xardín é un lacazán, nunca sobe máis dun chanzo o pobre do
réptil.
- O luns sempre é igual: hai que comezar a semana e levar o rapaz ao doutor.
- Sara ten unha foto do dolmen que visitamos no álbum.
5.- Substitúe a secuencia que aparece en cursiva por un adxectivo ou substantivo, como
no exemplo:

Teño varais amigas de Muros. → Teño varias amigas muradás.


Barcelona é a capital de Cataluña. →
A rapaza medrou moito e está feita unha muller robusta. →
Gústame a noite de Compostela. →
Cada vez son máis valorados os produtos elaborados artesanalmente. →
Eles tamén se emocionan cos solpores de Arousa. →
Come pouco pero é moi amiga das lambonadas. →
Teu irmán está feito un rapaz moi alto para a súa idade. →
É ela a que recibe os invitados. →
Moitos poemas de Uxío Novoneyra e María Mariño Carou cantan as terras do Courel. →
Os produtos da horta son saborosos e sans. →

6.- Suliña os adxectivos cualificativos do texto. Explica o significado de neuróticas (liña 5)


e vizoso (liña 8).

O pan e o viño dividen en mil anacos o carácter xeográfico e humano do chan galego, non
separados, senón penetrándose e dividíndose en complicadas figuras. Para nós o pan é o
centeo, e o viño, o da cepa vella, de cepa torta, coma osatura dun patriarca. En Ourense
inda miramos as “americanas” como un fato de damiselas neuróticas, víctimas do
surmenage e necesitadas de todas as drogas para botar o viño. O centeo, cereal de
inverno, pasa por tantas calamidades como o paisano que o procura. Aguanta xiadas,
neves, chuvias, nace entre il, se chove moito, un lameiro de xaramagos, serradelas e
gramas; cando está vizoso e alto, tremando co vento en ondas conmovidas, o paisano,
sempre pesimista, di: “pasa moitas noites fora”. Recólleo con cariño especial, porque é o
recurso da facenda doméstica, xa polo gran que se garda na arca tradicional coma pola
palla que serve para tapar a chouza, anoar o fachico e facer o leito para a paridura da
porca. O paisano tenlle máis lei ao centeo que ao millo. Antes vivía de pan, castañas e
viño. As castañas e o pan caracterizan os altos chans graníticos, abertos, de inverno duro,
onde o cuco chega máis tarde, e a vida só vai ben na horta do cura ou nos abrigos do
pazo. O millo simboliza a alianza atlántica. Petulante, guapo, co seu pompón dominador e
a sua exaltación sexual, contrasta coa castidade e modestia do centeo. É o presente das
Américas ás terras húmidas de Europa: o seu ouro parente daquil lendario asolagado nas
augas de Vigo.
O labrego do pan e do viño son moi diferentes; a agricultura das cepas require unha
coñecencia fonda das leis atmosféricas, un enxeño e unha técnica oportunistas: ao
contrario do cultivo do centeo, máis suxeito a leis invariables.
Otero Pedrayo, 1947 [La Noche, 23-XII-1947]
7.- Completa as frases coas formas do comparativo que teñan sentido e xustifica o porqué
da túa escolla:

- O descoñecido sempre será ......... interesante ......... o coñecido.

- Hoxe en día as cousas xa non son ………. cando eramos novos.

- Os perigos son ......... grandes ......... pensabamos.

- Están ......... abraiados ......... vós.

- As rendas son ......... pequenas ......... esperabades.

- Santiago era ......... divertido ......... os compañeiros.

- Comía ………. quen nunca probara bocado.

- Irimia ten ......... forza ......... vostede.

- Paulo é ......... trasfego ......... Alba.

- Recollemos ......... fabas ......... contabamos.

- Penso que ten ......... poderes ......... ti.

- Rubén era ......... fedello ......... o seu curmán.

- Miguel obtivo resultados ......... bos ......... pensaba.

- Lémbrase dos seus anos mozos ……… se fose onte.

- Durmir é ……… san ……… traballar.

8.- Explica nestas frases extraídas da novela de Darío Xohán Cabana Galván en Saor se
o uso da conxunción comparativa é correcto en todos os casos e se algúns admitirían
máis posibilidades.

- Mellor historia cá vosa non pode haber para unha noite de inverno.
- Erguédevos e mostrade se valedes máis a pé que a cabalo.
- Viron un gran edificio á beira dunha encrucillada do camiño, rodeado de muros moi altos
para ser de curral, pero non tanto nin tan fortes que parecesen ben de Castelo.
- Bebía moi ben o arrieiro, máis ca ningún.
- Cabaleiros noveis que pensan moito máis no ceo ca na terra.
- Gustábame ver ese voso Merlín adiviño, e a ver se sequera é capaz de prever coma min
se aumentará o prezo da lá para o ano.
- No que non sei por min mesmo creo tamén, e máis ca en nada na volta do rei Artur.
- Se os señores queren algunha outra cousa, non teñen máis ca pedila.
9.- Le os seguintes enunciados comparativos. Indica se se poden empregar outros nexos
comparativos. Xustifica a túa resposta.

- Non é tan ignorante como aparenta.


- Levaba na cabeza unha cesta coma un mundo.
- Sempre actúa coma se non fose con ela.
- Supoño que ti andarás máis ocupada ca min.
- Ti fai coma quen que non te dás de conta.
- Pois eu non fixen máis que comezar.
- Agardaba máis do que recibín.
- Era coma un pozo sen fondo.

You might also like