Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS Teorı́a Global de Superficies

FACULTADE DE MATEMÁTICAS 2022-2023


Universidade de Santiago de Compostela

Exercicios 01
1. Calcula as curvaturas de Gauss e media do catenoide e o helicoide

x(t, θ) = (cosh t cos θ, cosh t sin θ, t); y(u, v) = (u cos v, u sin v, v),

e comproba que son superficies minimais (H = 0).

(a) Mostra que se unha superficie contén unha recta, entón a curvatura de Gauss nos puntos desa
recta é menor ou igual a cero. Como consecuencia, mostra que se S é unha superficie regrada,
entón K ≤ 0 en tódolos puntos.

2. Calcula a curvatura de Gauss dun toro de revolución

x(t, θ) = ((R + r cos t) cos θ, (R + r cos t) sin θ, r sin t) ,


de radios 0 < r < R.
En que puntos a curvatura de Gauss vale cero?

(a) Mostra que se unha superficie é tanxente a un plano ao longo dunha curva, entón a curvatura
de Gauss é cero nos puntos desa curva.
(b) Se dúas superficies arbitrarias son tanxentes ao longo dunha curva, teñen a mesma curvatura
de Gauss nos puntos desa curva?

3. Dadas as superficies S1 e S2 parametrizadas por

x(x1 , x2 ) = (x1 cos x2 , x1 sin x2 , x2 ) , y(u, v) = ((2 + sin v) cos u, (2 + sin v) sin u, v) ,

pode existir algunha isometrı́a local entre elas?

(a) Se dúas superficies son localmente isométricas, entón as súas curvaturas medias son iguais en
puntos correspondentes?
4. Comproba que o helicoide parametrizado como x(u, v) = (u cos v, u sin v, v) e a superficie de revolución
determinada pola función logaritmo

y(u, v) = (u cos v, u sin v, ln u)

teñen a mesma curvatura de Gauss


1
K(u, v) = − .
(1 + u2 )2

Mostra que non existe ningunha isometrı́a local entre


ambas superficies.
5. Sexa S unha superficie con primeira forma fundamental

g11 (u, v) = 1 + v 2 , g12 (u, v) = uv, g22 (u, v) = 1 + u2 .

Calcula a súa curvatura de Gauss.

6. Razoa se pode existir algunha superficie regular parametrizada por x(u, v) de forma que

(a) a primeira forma fundamental (gij (u, v)) está dada por

g11 (u, v) = 2, g22 (u, v) = 5, g12 (u, v) = 6.

(b) a primeira e segunda formas fundamentais (gij (u, v) e Lij (u, v)) veñen dadas por

g11 (u, v) = 1, g12 (u, v) = 0, g22 (u, v) = u,


L11 (u, v) = u, L12 (u, v) = 0, L22 (u, v) = v.

You might also like