Download as doc, pdf, or txt
Download as doc, pdf, or txt
You are on page 1of 24

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Material para
a formación profesional inicial

Familia profesional IFC Informática e comunicacións


Ciclo formativo CSIFC01 Administración de sistemas informáticos en rede
Grao Superior
Módulo profesional MP0375 Servizos de rede e Internet
Unidade didáctica UD01 Configuración automática de rede. DHCP.
Actividade A01 Introdución ao servizo DHCP.
Autor Óscar Núñez Aguado
Nome do arquivo CSIFC01_MP0375_V000101_UD01_A01_Servizo_DHCP
© 2014 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Este traballo foi realizado durante unha licenza de formación retribuída pola Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria e ten licenza Creative Commons BY-NC-SA (recoñecemento -
non comercial - compartir igual). Para ver unha copia desta licenza, visitar a ligazón
http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/es/.

Páxina 1 de 24
Índice

A1. Introdución ao Servizo DHCP......................................................................................4


1.1 Introdución..................................................................................................................... 4
1.2 Actividade...................................................................................................................... 4
1.2.1 Introdución e características............................................................................................................................. 4
Función principal e uso...................................................................................................................... 4
Ventaxas e Inconvenientes................................................................................................................ 4
Protocolos.......................................................................................................................................... 5
1.2.2 Compoñentes do servizo DHCP........................................................................................................................ 6
Servidores DHCP............................................................................................................................... 6
Clientes DHCP................................................................................................................................... 6
Protocolo DHCP................................................................................................................................. 6
Outros compoñentes.......................................................................................................................... 6
1.2.3 Terminoloxía..................................................................................................................................................... 7
1.2.4 Tipos de Asignación.......................................................................................................................................... 7
1.2.5 Funcionamento.................................................................................................................................................. 7
Obter unha concesión........................................................................................................................ 8
Renovar unha concesión................................................................................................................... 9
Liberar unha concesión.................................................................................................................... 10
Actualizar parámetros de configuración........................................................................................... 10
Tipos de Mensaxes.......................................................................................................................... 10
Parámetros de configuración........................................................................................................... 11
Formato da mensaxe DHCP............................................................................................................ 12
1.3 Tarefas......................................................................................................................... 12
Regras xerais de entrega de tarefas................................................................................................ 13
1.3.1 Tarefa 1. Características dos servizos de configuración automática de rede..................................................13
1.3.2 Tarefa 2. Preparación do contorno de prácticas.............................................................................................. 14
Introdución....................................................................................................................................... 14
Contorno de prácticas xeral do módulo........................................................................................... 16
Versións do software....................................................................................................................... 16
1.3.3 Tarefa 3. Clientes DHCP. Comandos e contorno gráfico................................................................................17
Cliente DHCP Windows................................................................................................................... 17
Cliente DHCP Linux......................................................................................................................... 19
1.3.4 Tarefa 4. Análise do tráfico do protocolo DHCP.............................................................................................. 21
Sobre o Wireshark........................................................................................................................... 22
2. Materiais.....................................................................................................................23
2.1 Textos de apoio ou de referencia.................................................................................23
2.2 Recursos didácticos.....................................................................................................23

Páxina 2 de 24
Páxina 3 de 24
Páxina 4 de 24
A1. Introdución ao Servizo DHCP.
1.1 Introdución
Nesta actividade realizarase unha exposición introductoria aos servizos de configuración
automática de rede, centrándonos no servizo DHCP, o máis extendido nas redes actuais.
Estes servizos permiten a configuración automática da interfaz de rede dos equipos sen a
intervención do usuario nin do administrador, o que simplifica o proceso de conexión e
comunicación.
Ao longo da actividade aprenderemos as características e funcionamento do servizo
DHCP e dos seus principais compoñentes. Xa a un nivel máis práctico configuraremos
clientes DHCP en distintos sistemas operativos. E por último analizaremos con detalle o
tráfico xerado nas distintas operacións do protocolo DHCP.

1.2 Actividade

1.2.1 Introdución e características

Función principal e uso

Os servizos de configuración automática de rede teñen como función principal permitir aos
equipos dunha rede obter os parámetros necesarios para a configuración do interfaz de rede
de xeito dinámico, é dicir, sen a intervención do usuario nin do administrador, evitando a
súa configuración manual e simplificando o proceso de conexión á rede.
Estes servizos úsanse amplamente en moitos contornos tanto domésticos como
empresariais, redes cableadas ou inalámbricas, públicas ou privadas, etc. para asignar
parámetros como a dirección IP, máscara de rede, porta de enlace, servidores DNS e moitos
outros.
Á hora de configurar os parámetros de rede dos equipos dunha rede, o administrador ten
dúas posibilidades:
 Configurar e manter manualmente a configuración de rede dos equipos.
 Utilizar un servidor para asignar e manter a configuración de xeito dinámico.
A configuración manual presenta as seguintes dificultades e inconvenientes:
 Aumento das tarefas de administración da rede. Hai que configurar manualmente a rede
de cada equipo e sistema operativo.
 Posibilidade de cometer erros ao introducir a información
 Se un equipo cambia de ubicación haberá que modificar manualmente a súa
configuración. Isto sucede especialmente a miúdo no caso de equipos Wi-Fi.
 Se a rede crece e precisa reestruturarse haberá que actualizar manualmente a
configuración de todos os equipos.

Ventaxas e Inconvenientes

O uso dun servizo de configuración automática de rede aporta múltiples ventaxas:


Páxina 5 de 24
 Simplificación da administración de rede. O servidor asigna automáticamente a
configuración necesaria aos equipos. Os novos equipos poden conectar coa rede sen
intervención humana.
 Facilidade de configuración. A configuración destes servizos é relativamente sinxela.
 Administración centralizada da asignación de direccións e outros parámetros de rede.
O servidor almacena a configuración correcta que se asignará aos clientes nun único
punto.
 Mellor aproveitamento das direccións IP. O servidor permite reutilizar as direccións
de rede cando non se usan, o que permite a conexión dun maior número de clientes. O
número de IPs dispoñibles só limita o número de equipos simultáneamente conectados.
 Maior flexibilidade nos servizos de rede. Simplifícanse os cambios nos servizos de
rede. Non será necesario voltar a configurar cada equipo cliente, senón que bastará con
modificar a configuración que lles envía o servidor.
 Maior mobilidade dos clientes. Os equipos clientes poden cambiar de ubicación e
conectarse á rede automáticamente, o que é especialmente útil en equipos inalámbricos.
Pero tamén existen algúns posibles inconvenientes a ter en conta:
 Non resulta recomendable configurar automáticamente os servidores da rede (DNS, FTP,
Web, etc.) xa que un fallo no servizo de configuración podería deixalos inutilizados.
 Fallos no servidor. Se existe un único servidor de configuración automática, este
convírtese nun punto crítico xa que o seu fallo impediría que os equipos clientes se
conecten á rede.
 Problemas de seguridade. Existen riscos de seguridade que poden permitir ataques de
suplantación de identidade (spoofing) e intermediario (man in the middle).
 Se a rede consta de múltiples subredes ou segmentos poden ser necesarias configuracións
adicionais.
Outras consideracións:
 Dificultades de trazabilidade. Pode ser máis difícil atopar a ubicación física dun equipo
que recibe a configuración automáticamente.
 Aumento de tráfico de rede? Hai quen alega que estes servizos incrementan en exceso o
tráfico de difusión na rede, mais a realidade é que este aumento de tráfico apenas é
relevante.
 Problemas de actualización da información do servidor DNS. Soluciónanse utilizando
DNS dinámico.

Protocolos

DHCP (Dinamic Host Configuration Protocol - Protocolo de Configuración Dinámica de


Host) é o protocolo de configuración automática de rede máis extendido en redes TCP/IP e
polo tanto en Internet, e no que se centrará esta unidade didáctica.
DHCP é un protocolo de capa de aplicación baseado no protocolo BOOTP. Foi
especificado por primeira vez en outubro de 1993. A especificación actual está recollida no
RFC 2131 de marzo de 1997.
Outros protocolos relacionados coa configuración automática de rede son:
 RARP (Reverse ARP). Protocolo obsoleto que se utilizaba para que os equipos puideran
consultar a dirección IP que lles correspondía a partir da súa dirección MAC.
Páxina 6 de 24
 BOOTP (Bootstrap Protocol). Protocolo en desuso utilizado en redes IP para asignar
automáticamente direccións IP aos equipos dunha rede.
 DHCPv6 (DHCP version 6). Versión do protocolo DHCP para asignar configuración de
rede aos clientes usando direccións IPv6. Definido por primeira vez en xullo de 2003 no
RFC 3315, e ampliado en RFCs posteriores.

 Realiza a 1ª parte da Tarefa 1: Protocolos e RFCs.


1.2.2 Compoñentes do servizo DHCP

Servidores DHCP

Asignan a configuración de rede aos clientes cando estes o solicitan.


Exemplos de servidores DHCP son:
 ISC DHCP, orientado a sistemas Linux/Unix.
 Servidor DHCP de Microsoft.
 Servidores DHCP integrados en routers, puntos de acceso Wi-Fi e outros dispositivos de
rede.
 Servidores DHCP virtuais, incluidos en software de virtualización. (Virtualbox,
VMware, etc.)

Clientes DHCP

Os clientes realizan peticións ao servidor DHCP e configuran os parámetros TCP/IP coas


opcións que reciben do servidor.
O software cliente DHCP atópase integrado nos sistemas operativos actuais
(GNU/Linux, Windows, iOS, Android, etc.) e, en xeral, en todos os dispositivos que poden
recibir unha dirección IP (televisións, consolas, etc.)

Protocolo DHCP

O protocolo DHCP establece o conxunto de regras e normas que regulan o diálogo entre
clientes e servidores.

Outros compoñentes

 Axente de retransmisión DHCP (DHCP relay agent). Escoitan peticións de clientes


DHCP no seu segmento de rede e retransmítenas aos servidores DHCP situados noutras
redes. Utilízanse para centralizar un servizo DHCP ofrecido a múltiples redes.
 DHCP Failover Protocol. Protocolo desenvolto pola IETF que permite a
intercomunicación entre dous servidores DHCP que dan servizo a unha mesma rede,
proporcionando tolerancia a fallos e balanceo de carga.

 Realiza a 2ª parte da Tarefa 1: DHCP relay agent.

Páxina 7 de 24
1.2.3 Terminoloxía
 Ámbito (scope). Agrupación de clientes dunha subrede con parámetros de configuración
comúns. O administrador deberá configurar un ámbito por cada rede física que deba
servir.
 Rango (range). Conxunto consecutivo de direccións IP. Por exemplo desde a IP
192.168.0.200 ata a 192.168.0.250. Por cada ámbito, o administrador deberá definir o
rango ou rangos de direccións IP que poderán ser asignadas aos clientes.
 Exclusión (exclusion). Dirección ou rango de direccións que non se asignarán a clientes
DHCP. Normalmente se exclúen as direccións dos equipos que precisan unha IP fixa,
como servidores, routers, etc. e que se configurarán manualmente.
 Reserva (reservation). Asignación dunha dirección IP fixa a un equipo. Utilízase para
asignar sempre a mesma IP a servidores ou equipos concretos, pero sen configuralos
manualmente. Para iso o administrador deberá asociar esta dirección á dirección física do
equipo, e non incluíla en ningún ámbito ou rango.
 Tempo de concesión (lease time). Período de tempo durante o que os clientes poden
utilizar unha dirección IP. Pode ser limitado ou ilimitado.
 Binding. Conxunto de parámetros, incluída a dirección IP, que o servidor proporciona a
un cliente.

1.2.4 Tipos de Asignación


Existen tres tipos de asignacións de configuración a un cliente por parte dun servidor
DHCP:
 Asignación manual ou estática: consiste en asignar configuracións concretas a
máquinas concretas. Para iso o administrador asocia cada dirección IP coa dirección
MAC do equipo ao que lla vai asignar. A dirección IP é preasignada “manualmente” polo
administrador. Utilízase para controlar a asignación de IPs e pódese utilizar tamén para
evitar que se conecten clientes non identificados.
 Asignación automática: Cando un cliente solicita unha configuración de rede o servidor
DHCP asígnalla de xeito permanente. Neste caso o tempo de concesión é ilimitado, e só
remata cando o cliente libera a dirección de xeito explícito. Utilízase cando o número de
clientes non varía demasiado.
 Asignación dinámica: O servidor asigna a dirección ao cliente durante un tempo
limitado. Cando o tempo de concesión expira, ésta pode renovarse ou ben a dirección IP
pode reutilizarse e asignarse a outro equipo. Utilízase cando o número de clientes é
elevado ou variable. Permite a reutilización das IPs dispoñibles.

1.2.5 Funcionamento
DHCP é un protocolo TCP/IP de nivel de aplicación. A nivel de transporte os clientes
utilizan o porto 68/UDP para realizar as peticións que os servidores escoitan polo porto
67/UDP.
Mediante este protocolo, clientes e servidores DHCP intercambiarán mensaxes para realizar
distintas operacións. As máis habituais son:
 Obter unha concesión.
 Renovar unha concesión.
Páxina 8 de 24
 Liberar unha concesión.
 Actualizar parámetros de configuración.

Obter unha concesión

O proceso para obter unha concesión segue os seguintes pasos:


1. Descubrimento DHCP (DHCP DISCOVER).
Cando un cliente DHCP se conecta á rede envía unha mensaxe (DHCP DISCOVER) para
detectar se hai servidores DHCP presentes na rede. O cliente utiliza o porto de orixe
68/UDP e o porto de destino 67/UDP.
Dado que o cliente non coñece a IP nin a MAC do servidor (se é que sequera existe)
utiliza como dirección de destino do paquete IP a dirección de difusión (255.255.255.255).
Como dirección de orixe utiliza a dirección 0.0.0.0 xa que aínda carece de dirección de IP.
A nivel de enlace a trama vai dirixida a toda a subrede (dirección MAC de destino =
FF:FF:FF:FF:FF:FF) e como dirección de orixe o cliente coloca a súa propia MAC para que
o servidor que escoite a mensaxe saiba a quen respostar.
Como parte desta solicitude, o cliente pode incluir a última IP que lle concederon, de
xeito que, se segue sendo válida, o servidor só terá que confirmala.
Cómpre lembrar que as tramas de difusión non se enrutan, polo que a mensaxe DHCP
DISCOVER nunca sairá da propia subrede do equipo. O servidor DHCP, por tanto, tamén
deberá estar na mesma subrede.
2. Oferta DCHP (DHCP OFFER).
Os servidores DHCP que reciban a mensaxe anterior respostan ao cliente coas súas
respectivas ofertas de configuración (IP, máscara, porta de enlace, DNS, tempo de
concesión, etc.), e ao mesmo tempo reservan a IP ofrecida para non ofrecerlla a outro
cliente.
A dirección IP ofrecida selecciónase dun rango de direccións IP dispoñibles baseándose
na dirección MAC do cliente e na configuración do propio servidor DHCP.
3. Solicitude DHCP (DHCP REQUEST).
O cliente recibe as distintas ofertas, elixe unha delas (por orde de chegada, por dirección IP,
etc.) e envía unha mensaxe solicitando a configuración asignada e indicando o servidor
DHCP elexido.
O cliente envía esta mensaxe por difusión (IP de destino = 255.255.255.255) de xeito que
os outros posibles servidores DHCP non elexidos poderán escoitar esta mensaxe e liberar as
direccións que tiveran reservadas para o equipo.
4. Confirmación DHCP (DHCP ACK).
Finalmente o servidor enviará ao cliente unha mensaxe de confirmación:
– Confirmación positiva (DHCP ACK). Se a dirección IP aínda está dispoñible o
cliente recibirá unha confirmación positiva, verificará que a IP é válida e non está
duplicada, e configurará o interfaz de rede cos datos proporcionados polo servidor. Se
o cliente atopa algún problema coa dirección asignada enviará ao servidor unha
mensaxe declinando a oferta (DHCP DECLINE) e voltará ao paso 1 para comezar de
novo o proceso.
– Confirmación negativa (DHCP NACK). Se a dirección IP xa non está dispoñible ou
non é válida. Neste caso o cliente liberará a dirección IP e voltará tamén ao paso 1.

Páxina 9 de 24
 Preguntas: Que pasa se o servidor IP non está dispoñible? Que pasa se un equipo
cunha concesión activa cambia de subrede?
Se ningún servidor DHCP resposta ao cliente, este envía mensaxes DHCP DISCOVER cada
certo tempo. Se pasado 1 minuto non recibe resposta hai dúas posibilidades:
1. Se o cliente usa APIPA (Automatic Private IP Addressing), autoconfigurará o seu
interfaz de rede cunha IP.
2. En caso contrario o interfaz de rede non se inicia (IP 0.0.0.0/0)
Nos dous casos enviarase unha nova mensaxe DHCP DISCOVER cada 5 minutos.
Nota: este comportamento pode ser configurable nos clientes.

 Realiza a 3ª parte da Tarefa 1: Autoconfiguración IPv4.

Renovar unha concesión

En función do tipo de asignación, o cliente manterá a súa configuración mentres non


desactive a interfaz de rede (asignación automática) ou expire o tempo de concesión
(asignación dinámica).
Os clientes tratarán de renovar a concesión:
 Cando arrancan (ou cando se reinicia a máquina ou o interfaz de rede) para comprobar se
poden seguir usando a dirección IP que tiñan asignada anteriormente ou, se non é así,
solicitar outra.
 Antes de finalizar o prazo de concesión para garantir que a información de configuración
está actualizada. Os clientes tentan renovar a concesión a intervalos específicos, por
defecto á metade do prazo de concesión, aínda que este parámetro é configurable.
 Renovación manual. O administrador pode solicitar manualmente unha renovación da
concesión. Por exemplo, usando o comando ipconfig /renew.
Unha vez expira o tempo de concesión o servidor pode renovar a información, asignar unha
nova ou extender o prazo, mantendo a mesma información. En outro caso, liberarase a
dirección IP.
Para levar a cabo a renovación lévanse a cabo os seguintes dous pasos:

Páxina 10 de 24
1. Solicitude DHCP (DHCP REQUEST). O cliente difunde unha solicitude indicando a
dirección a renovar na opción Requested IP Address.
2. Confirmación DHCP (DHCP ACK ou DHCP NACK). O servidor confira positiva ou
negativamente.

 Preguntas: Que ocorre cando un equipo se retira da rede? Que tempo de concesión
será o máis axeitado para cada tipo de rede? Que ocorre ao reiniciar un equipo?

Liberar unha concesión

O cliente pode liberar a dirección IP antes de que finalice o prazo de concesión. Esta
situación pode darse, por exemplo, cando imos cambiar o cliente de subrede e queremos
liberar a súa dirección IP para que poida ser usada inmediatamente por outro cliente.
Para liberar a dirección IP asignada, o cliente iso deberá enviar unha mensaxe DHCP
RELEASE ao servidor. Esta operación non precisa unha resposta do servidor, e o cliente
deixa de usar a dirección IP asignada inmediatamente.

 Consulta no texto de apoio do IES San Clemente o apartado “Estados del Cliente
DHCP”: http://informatica.iessanclemente.net/manuais/images/0/05/DHCP_-
_Configuraci%C3%B3n_din%C3%A1mica_de_la_red.pdf

Actualizar parámetros de configuración

O uso dun servidor DHCP permite actualizar os parámetros de configuración dos clientes
cada vez que estes contacten con él. Esta operación utilízase, por exemplo, se cambia a
dirección dun servidor DNS na rede.

Tipos de Mensaxes

Mensaxes DHCP máis utilizadas:


 DHCP DISCOVER: mensaxe de difusión enviado polo cliente para detectar servidores
DHCP na subrede .
 DHCP OFFER: mensaxe dun servidor, en resposta a un DHCP DISCOVER, facendo
unha oferta de configuración a un cliente.
 DHCP REQUEST: mensaxe de difusión dun cliente a un servidor para (1) aceptar a
oferta de configuración dun servidor, DHCP OFFER, confirmando a exactitude da
información asignada, ou (2) solicitar a renovación da concesión dunha IP determinada.
 DHCP ACK: Mensaxe dun servidor a un cliente, en resposta a un DHCP REQUEST,
para confirmarlle a configuración asignada.
 DHCP NACK: Mensaxe do servidor ao cliente, en resposta a un DHCP REQUEST, para
indicarlle que non lle pode asignar os parámetros de rede solicitados, ou que a dirección
IP solicitada é incorrecta (por exemplo, porque o cliente cambiou de subrede) ou que a
concesión expirou.
 DHCP DECLINE: Mensaxe do cliente ao servidor indicando que atopou un problema
coa dirección que lle foi asignada, por exemplo, porque a IP que se lle ofreceu xa está
sendo usada na rede.

Páxina 11 de 24
 DHCP RELEASE: Mensaxe do cliente ao servidor para indicarlle que cancela a
concesión e que libera a a dirección que tivera asignada.
 DHCP INFORM: Mensaxe do cliente para solicitar máis información ao servidor. Por
exemplo para solicitar parámetros adicionais de configuración de rede (non recibidos con
anterioridade ou recibidos e solicitando unha actualización).

 Consulta máis parámetros de configuración por DHCP na web da IANA:


http://www.iana.org/assignments/bootp-dhcp-parameters/bootp-dhcp-
parameters.xhtml#message-type-53

Parámetros de configuración

Parámetros de configuración máis habituais. Recollidos no RFC 2132.


Parámetros obrigatorios:
 Dirección IP do cliente.
 Máscara de subrede.
 Tempo de concesión (lease time).
 Tempo de renovación da concesión (renewal time).
 Tempo de reconexión (rebinding time).
Parámetros opcionais:
 Porta de enlace.
 Servidores DNS.
 Nome DNS.
 Sufixo DNS ou dominio de procura.
 Dirección de broadcast da rede.
 MTU do adaptador de rede.
 Tempo máximo de espera ARP.
 Servidores NTP.
 Servidor SMTP.
 Servidores POP3.
 Servidores WINS.
 etc.

 Consulta máis parámetros de configuración por DHCP na web da IANA:


http://www.iana.org/assignments/bootp-dhcp-parameters/bootp-dhcp-
parameters.xhtml

 Realiza a Tarefa 2 de preparación do contorno de prácticas segundo as explicacións do


profesor.

 Realiza a Tarefa 3 sobre manexo de clientes DHCP en sistemas operativos libres e


Páxina 12 de 24
propietarios.

Formato da mensaxe DHCP

O formato de mensaxe de DHCP está baseado no do protocolo BOOTP e especifícase no


RFC 2131. Ten unha parte fixa que aparece en todas as mensaxes, aínda que non se utilizan
todos os campos, e unha parte variable onde irán as opcións específicas de DHCP.
 op: indica se se trata dunha solicitude ou dunha resposta.
 htyte: tipo de hardware. No caso de Ethernet terá o valor 1.
 hlen: lonxitude da dirección hardware (6 para direccións MAC).
 hops: saltos.
 xid: identificador da transacción para relacionar peticións e respostas.
 secs: tempo en segundos desde que o cliente iniciou o proceso.
 flags: o bit máis significativo utilízase como flag de difusión.
 ciaddr: dirección IP do cliente, a que teña xa asignada ou 0.0.0.0 se aínda non ten IP.
 yiaddr: dirección IP que o servidor ofrece ao cliente.
 siaddr: dirección IP do servidor que ofrece a conexión. Cando o cliente aínda non
coñece a dirección do servidor, por exemplo no DHCP DISCOVER, envía 0.0.0.0 neste
campo.
 giaddr: utilízase para DHCP relay. O valor deste campo establéceo un router coa súa IP
cando a través del se atopou un servidor que lle fai unha oferta a un cliente.
 chaddr: dirección física do cliente. Utilízase para identificar ao cliente na asignación
manual ou reserva de IP.
 sname: nome do servidor DHCP.
 file: nome do ficheiro a descargar para arrancar con él.
 options: neste campo de loxitude variable e composto de subcampos especifícanse os
parámetros u opcións de configuración solicitados polo cliente e ofertados polo servidor.
O campo de opcións contén información de configuración variada intercambiada por
servidor e cliente. Cada opción ten varios subcampos:
 option code: indica o tipo de opción.
 option length: indica o tamaño dos datos.
 option data: datos da opción.
Por exemplo, unha mensaxe DHCP OFFER víría definida por:
 option code = 53. Código para establecer o tipo da mensaxe.
 option length = 1.
 option data = 2. Código que indica que se trata dunha mensaxe DHCP OFFER.

 Realiza a tarefa 4: Análise do tráfico do protocolo DHCP.


1.3 Tarefas
Páxina 13 de 24
As tarefas propostas son as seguintes.
 Tarefa 1. Características dos servizos de configuración automática de rede.
Conxunto de pequenas subtarefas que o alumnado irá levando a cabo a medida que o
profesor avanza na exposición, coa finalidade de ampliar información sobre as
características dos servizos de configuración automática de rede.
 Tarefa 2. Preparación do contorno de prácticas. A meirande parte das prácticas que se
farán no módulo levaranse a cabo nun contorno de máquinas virtuais que deberá cumplir
uns requisitos para facilitar a realización das tarefas e o seu seguemento por parte do
profesor. Nesta tarefa o alumnado preparará o contorno de prácticas seguindo as
explicacións do profesor.
 Tarefa 3. Clientes DHCP. Comandos básicos e contorno gráfico. Windows e Linux.
Nun cliente Windows consulta os datos da concesión de forma gráfica e usando o
comando ipconfig /all. Nun cliente Linux? Curiosidade: APIPA, Avahi, Bonjour.
Actividade 2.1. APIPA y Avahi. Os parámetros establecidos manualmente no cliente
sobreescriben aos recibidos a través de DHCP.
 Tarefa 4. Análise do tráfico do protocolo DHCP. Usando a utilidade Wireshark,
capturar e analizar tráfico DHCP: obter, liberar e renovar concesións.

1.3.1 Tarefa 1. Características dos servizos de configuración automática


de rede
Esta tarefa consiste nun conxunto de pequenas subtarefas que o alumnado irá levando a
cabo a medida que o profesor avanza na exposición dos servizos de configuración
automática de rede. Trátase de investigar e ampliar información sobre diferentes aspectos e
ir compoñendo un informe con diferentes informacións que se solicitan. A tarefa divídese en
partes que plasmarán en distintos apartados do informe.

A tarefa consta das seguintes partes:

1. Protocolos e RFCs. Realiza un esquema relacionando os principais protocolos de


configuración automática de rede: RARP, BOOTP, DHCP, DHCPv6. Indica o ano de
aparición de cada tecnoloxía e as súas características principais, ventaxas e limitacións.
Indica para cada un os RFC’s máis importantes e unha frase resumindo o seu contido,
incluíndo ligazóns aos mesmos. Presenta a información en forma de táboa e o máis
esquemática posible.
2. DHCP relay agent. Amplía información sobre os axentes de retransmisión DHCP.
Cando son necesarios? Como funcionan? Que software permite implementalos? Inclúe
un pequeno diagrama de rede de exemplo.
3. Autoconfiguración IPv4. Investiga e explica que sucede coa configuración de rede dos
equipos clientes DHCP cando falla ou non existe o servidor DHCP. Investiga os
términos Zeroconf, APIPA, Avahi e Bonjour e indica a que se refire cada un deles.

Páxina 14 de 24
1.3.2 Tarefa 2. Preparación do contorno de prácticas.

Introdución

Cada alumno e alumna dispón dun equipo con arranque dual (Linux/Windows) e cunha
partición no disco local para datos voluminosos (Ex. Imaxes de sistemas operativos,
máquinas virtuais, etc.). Dispoñen asemade de espacio en carpetas compartidas de rede,
acceso a Internet controlado polo profesor, conta na Aula Virtual do centro, etc.
Como sistema operativo base o alumnado poderá utilizar tanto Windows como Linux, se
ben haberá pequenas diferenzas entre eles.
Ao longo das tarefas a realizar nas distintas UDs utilizaranse distintas máquinas virtuais,
servidores e clientes, con sistemas operativos tanto libres como propietarios.
Para a realización das tarefas prácticas utilizarase o software de virtualización VirtualBox.
As máquinas virtuais que utilice o alumnado poderán gardarse na partición de datos local ou
nun medio extraíble do propio alumnado que teña capacidade suficiente.
Como regra xeral, o alumnado administrará en cada actividade o seu propio sistema
informático de prácticas, independente dos sistemas dos outros alumnos e alumnas. O
profesor especificará o diagrama de rede que o alumnado debe manexar en cada caso
incluíndo as máquinas implicadas e a súa configuración.

O alumnado disporá de distintas máquinas virtuais en formato OVF con sistemas operativos
preinstalados e actualizados que poderá importar no seu sistema. A finalidade é axilizar a
posta en marcha das actividades, omitindo operacións que xa se ven noutros módulos, e
facilitar a posta ao día do traballo en caso de fallos. Poderanse consultar as características e
detalles de instalacións destas máquinas, así como acceder á ligazón de descarga dos
ficheiros OVF, no anexo correspondente.

 Presúmese que o alumnado está familiarizado co manexo de máquinas virtuais con


VirtualBox. En calquera caso recoméndase repasar conceptos básicos de
virtualización, por exemplo, revisando as partes I e II do curso de Simulación de redes
locais con máquinas virtuais creado polos profesores Antonio de Andrés Lema e
Carlos Carrión Álvarez.
http://informatica.iessanclemente.net/manuais/index.php/Curso_Formaci
%C3%B3n_Profesorado:_Platega:_Simulaci%C3%B3n_de_redes_locais_con_m
%C3%A1quinas_virtuais
Procedementos na xestión do contorno de prácticas en VirtualBox:
 Configuración inicial do Virtualbox.
– Carpeta predeterminada de máquinas. (Preferencias > General). Antes de crear ou
importar as máquinas virtuais é importante definir a carpeta onde se almacenarán.
Recoméndase crear unha carpeta de nome SRI/MVs na partición local de datos.
Páxina 15 de 24
– Configuración de redes NAT. (Preferencias > Red). Para que as MVs de cada
alumno se poidan comunicar entre sí e ao mesmo tempo dispoñan de conexión a
Internet, os seus interfaces de rede deberán configurarse nunha mesma rede NAT.
Determinarase a rede IP e daráselle un nome. Tamén se activará ou desactivará o
soporte DHCP e IPv6 segundo o caso, e se configurará o reenvío de portos para
acceder desde o contorno real a servizos do contorno virtual.
 Importar máquina. (Archivo > Importar servicio virtualizado...). Utilizarase este
procedemento para incorporar unha instancia dunha máquina virtual preinstalada ao
contorno de prácticas do alumnado. Segundo o caso marcarase a casilla para
Reinicializar a dirección MAC de todas as tarxetas de rede. Unha vez importada a
máquina:
– Poderán axustarse as capacidades hardware da MV en función dos recursos
dispoñibles da máquina real.
– Comprobarase que a configuración de rede no VirtualBox é a correcta.
– Arrancarase a máquina e axustarase a súa configuración básica segundo o uso que se
lle vaia dar, modificando polo menos o nome e a configuración de rede.

 Nota: Se ao importar a MV eleximos reinicializar a dirección MAC do adaptador de


rede, pode ser que teñamos que realizar axustes posteriores:
http://informatica.iessanclemente.net/manuais/index.php/Par%C3%A1metros_b
%C3%A1sicos_para_configurar_%C3%A1s_tarxetas_de_rede_nas_m
%C3%A1quinas_virtuais#Cambio_do_enderezo_MAC_dunha_tarxeta_de_rede
 Uso de instantáneas. Recoméndase para probar configuracións ou para, en caso de
erros, poder voltar a un estado anterior da máquina sen necesidade de importar unha nova
e comezar de novo.
 Iniciar, parar, reiniciar e gardar estado da máquina. Operacións de xestión básica
das máquinas. En particular recoméndase apagar ou gardar o estado das máquinas que
non se precisen en cada momento para facer un uso máis eficiente dos recursos.
 Exportar máquina. (Archivo > Exportar servicio virtualizado...). Este procedemento
pode ser útil para o alumnado que desexe transportar unha copia das súas máquinas,
aínda que hai que ter en conta que pode ser un proceso longo no tempo.

Contorno de prácticas xeral do módulo

Ao longo do módulo utilizaranse repetidamente 4 MVs: dúas con sistema operativo libre e
dúas con sistema operativo propietario; dúas para o seu uso como servidores e dúas como
clientes.
MVs (Sistemas Operativos) Libres Propietarios

Servidores Debian Windows Server

Clientes Ubuntu Windows

Cada alumno incorporará estas 4 MVs ao seu contorno de prácticas, ben instalándoas ou ben
importándoas a partir do arquivo OVF proporcionado polo profesor. Cada alumno deberá
personalizar o contorno de prácticas (nome das MVs, configuración da rede, etc.) utilizando
o seu número de alumno ou de posto na aula, en lugar da letra X (cando apareza) ou do
número 0 que será o reservado para o profesor, tal e como se indica a continuación:
Parámetro Ubuntu Debian Windows Windows Server

Nome ubuntuX debianX windowsX wserverX

Páxina 16 de 24
IP 192.168.X.11 192.168.X.10 192.168.X.21 192.168.X.20

Haberá que ter en conta esto para configurar a rede NAT en VirtualBox. Ollo! Se se traballa
coas mesmas máquinas en distintos equipos ou en distintas instalacións de VirtualBox,
haberá que configurar a rede NAT en cada unha delas.

Ao longo do temario poden puntualmente utilizarse outras MVs con outros sistemas
operativos que deberán axustarse de xeito similar (cambiar nome e configuración de rede).

Versións do software

Sempre que sexa posible utilizaranse as últimas versións dispoñibles de 64 bits de cada
software, incluídos os sistemas operativos. No momento de elaborar este material:
 VirtualBox: 4.3.12.
 Debian: Wheezy 7.4.0.
 Ubuntu Desktop: 14.04 LTS.
 Windows Server 2003.
 Windows Windows 8.1 Enterprise Update.

1.3.3 Tarefa 3. Clientes DHCP. Comandos e contorno gráfico.


Trátase de familiarizarse co uso de clientes DHCP, tanto en sistemas operativos libres como
propietarios, usando comandos ou a través do contorno gráfico. Configuraremos os
interfaces de rede para obter a configuración automáticamente, analizaremos a información
obtida e liberaremos e renovaremos as concesións.

Para esta tarefa utilizaremos o soporte de servidor DHCP que ven integrado na función de
rede NAT de VirtualBox. Utilizaranse as MVs clientes que se indican no diagrama:

Páxina 17 de 24
O alumnado deberá realizar as operacións que se indican e ao mesmo tempo elaborar un
informe con capturas de pantalla e descricións das operacións realizadas e o seu resultado.

Cliente DHCP Windows

Comezamos arrancando o cliente Windows. A tarefa consta dos seguintes pasos:

1. Comprobamos que o interfaz de rede está configurado para obter a configuración


automáticamente por DHCP.
“Centro de redes y recursos compartidos > Cambiar configuración del adaptador >
Propiedades”

2. Visualizamos a configuración obtida por DHCP.


– Recoñecer a seguinte información:
– Parámetros de configuración de rede concedidos polo servidor.
– Datos do servidor DHCP que concedeu a configuración.
– Data de obtención da concesión e data de expiración.

Páxina 18 de 24
3. Obtemos a información de configuración desde a consola co comando ipconfig /all e
recoñecemos a mesma información.

4. Liberamos a configuración actual co comando ipconfig /release

Páxina 19 de 24
5. Solicitamos unha nova IP (ou renovamos a actual) co comando ipconfig /renew

6. Desconectamos o cable de rede e tratamos de renovar a concesión DHCP. Que sucede?


Que IP establece o adaptador?

Cliente DHCP Linux

Utilizaremos a MV cliente Linux. O normal é que o cliente DHCP xa veña instalado coa
distribución.
En caso de ser necesaria, a instalación en sistemas Ubuntu ou Debian realizaríase co
seguinte comando:
sudo apt-get install dhcp3-client

1. Comprobamos usando o contorno gráfico que o interfaz de rede está configurado para
obter a dirección IP e o resto de parámetros de xeito automático por DHCP.

Páxina 20 de 24
Opcional: Investiga a diferencia en Ubuntu entre o Método “Automático (DHCP)” e “Só
enderezos automáticos (DHCP)”
2. Comprobamos a configuración de rede obtida por DHCP:

Quen proporciona esta configuración? O soporte DHCP da rede NAT de VirtualBox. A rede
é a que se definíu previamente 192.168.0.0/24 e a dirección proporcionada para o camiño
predeterminado (ou porta de enlace) é a do router NAT virtual que permite á MV saír a
Internet.
3. Comprobamos a configuración de rede desde a consola utilizando o comando ifconfig
para consultar a dirección IP e a máscara e o comando route para consultar a porta de
enlace.
Páxina 21 de 24
4. Para borrar a configuración DHCP e liberar a dirección IP:
sudo dhclient -r

5. Para renovar a nosa dirección IP:


sudo dhclient

1.3.4 Tarefa 4. Análise do tráfico do protocolo DHCP


Trátase de utilizar a utilidade Wireshark para analizar o formato e o contido das mensaxes
DHCP que se intercambian cliente e servidor nas operacións de obter, liberar e renovar
concesións.
A tarefa pódese levar a cabo usando a MV cliente Linux, a MV cliente Windows, ou as
dúas. Como servidor DHCP utilizarase a funcionalidade correspondente da rede NAT do
VirtualBox.
Desde o cliente elexido, o alumnado realizará as operacións indicadas que xa tivo
oportunidade de practicar na tarefa anterior. Ao mesmo tempo, utilizando o Wireshark,
capturará o tráfico que intercambian cliente e servidor como resultado desas operacións. As
capturas de tráfico gardaranse en disco en ficheiros co formato PCAP para unha posible
análise posterior.
Para cada unha das operacións levadas a cabo, o alumnado analizará o formato e o
contido das mensaxes DHCP intercambiadas, desde as direccións IP de orixe e destino dos
paquetes IP do nivel de rede, pasando polo protocolo e os portos utilizados no nivel de
transporte, ata o tipo de mensaxe DHCP e o significado dos seus campos principais no nivel
de aplicación.
Como resultado, elaborarase un informe describindo as operacións realizadas e o
resultado da análise, ilustrado con capturas de pantalla que aporten información
significativa.

Páxina 22 de 24
Sobre o Wireshark

 Trátase dunha ferramenta probablemente xa coñecida e utilizada no módulo PAR de 1º


curso. En caso contrario o profesor pode facer unha exposición introductoria sobre o seu
uso, ou pódese consultar algún da multitude de titoriais accesibles en Internet (por
exemplo vídeos en inglés na web oficial).
 No caso de ser necesaria a súa instalación nas MVs clientes, pódese descargar desde a
web oficial (http://www.wireshark.org/) ou desde os propios repositorios de software da
versión de Linux que se utilice.
 Para filtrar o tráfico DHCP recoméndase utilizar os seguintes filtros:
– Filtrar por protocolo de nivel de aplicación (bootp)
– Filtrar por portos (bootpc=67 ou bootps=68) e protocolo de nivel de transporte (udp)

Páxina 23 de 24
2. Materiais
2.1 Textos de apoio ou de referencia
 Wikipedia
 IETF: http://www.ietf.org
 IANA: http://www.iana.org
 Sitio oficial VirtualBox: https://www.virtualbox.org/
 Sitio oficial Wireshark: http://www.wireshark.org/
 Informática IES San Clemente: http://informatica.iessanclemente.net
 ÁLVARO GARCÍA SÁNCHEZ e outros. Servicios de Red e Internet. Editorial Garceta.
Ed. 2011.
 FRANCISCO J. MOLINA ROBLES e EDUARDO POLO ORTEGA. Servicios de Red e
Internet. Editorial Ra-Ma 2011.

2.2 Recursos didácticos


 Ordenador,
 Internet,
 Virtualbox,
 MVs en formato OVF,
 Wireshark,
 Apuntes e enunciados

Páxina 24 de 24

You might also like