Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

POBO SAMI

INTRODUCIÓN

Os samis, que reciben tamén o nome de lapóns, aínda que con certa connotación despectiva xa
que sign ca “xente da fronteira” ou “esfarrapados” son unha poboación indíxena, considerada a
única de Europa, que habita na rexión de Laponia ou Sápmi , a cal comprende o norte de
Noruega, Finlandia, Suecia e unha parte de Rusia que é a Península de Kola . Estímase que o
número de persoas que pertencen a esta poboación ronda entre as 70 000 persoas.

Distribuidos en porcentaxes de 60% en Noruega, 28% en Suecia, o 10% en Finlandia e o 2%


restante en Rusia.

Conforman un pobo que ten a súa propia cultura, que ademais é moi característica, a súa propia
lingua, forma de vida e historia.

Parte deles, continúan coa tradicional cría de renos, unha actividade transhumante con gran
relevancia para a comunidade.

Hoxe en dia, os dereitos dos samis están recoñecidos en Noruega, Suecia e Finlandia, onde
mesmo teñen certo autogoberno, un parlamento elixido polos votantes samis que ten como
obxectivo protexer a súa lingua, cultura e cuestións relacionadas coa súa condición de pobo
indíxena.

A día de hoxe o pobo sami continúa a loitar pola supervivencia da sua cultura e identidade,
moitas veces ameazada pola explotación dos territorios nos que viven pola minería, explotacións
forestais ou a construción de parques eólicos.

As linguas samis pertencen as linguas indíxenas europeas e forman parte da familia das linguas
urálicas, estando moi emparentadas co húngaro, o nés e o estonio. O Sami ten arredor de
30000 falantes e fálase en Finlandia, Suecia, Noruega e nunha pequena parte de Rusia, a
Península de Kola.

A maior parte dos samis teñen a capacidade de falar dúas linguas, a súa respectiva lingua sami e
a que sería a lingua de prestixio do territorio no que vivan, xa que existe unha situación de
diglosia en todos os lugares nos que se fala o sami, nos que este sempre é a lingua B.

Ademais case todos os falantes son nativos primarios e só moi poucos nativos cultivizados,
xeralmente os falantes do sami setentrional e nalgúns casos os falantes do sami lule ou kildin.

Dentro das linguas sami existen distintas variantes, en concreto 10, as cales non son sempre
intelixibles entre sí xa que algunhas teñen as suas propias normas gramaticais e incluso hai
algunhas que utilizan alfabetos diferentes, uns escríbense o latino e outros co nírico
Hoxe en día hai tres grupos dialectais diferentes, o meridional, o oriental e o setentrional, os cales
comprenden 10 linguas sami distintas
As variantes que se distinguen na lingua sami son o meridional, o ume, o pite, o lule, o
setentrional, o inari, o skolt, o akkala, o kildin e o ter

A maior parte dos samis falan a variante sami setentrional, que conta con 25 000 falantes,
aproximadamente, que están distribuidos entre Finlandia, Suecia e Noruega. Ademais esta
funciona practicamente como koiné, é dicir, a lingua común empregada para que todos os
falantes poidan entenderse sen di cultade.

LINGUAS SAMI EN SUECIA

No ano 2000, o Sami foi recoñecido como unha lingua minoritaria o cialmente en Suecia e ten
status o cial en 4 municipios nos que pode ser usado en asuntos do goberno, xuzgados, escolas
e demais. Dende aquela o goberno deulle ao Parlamento Sami maior in uencia e recursos
nancieiros para preservar as linguas sami.

fi
fi
fi
fi
.

fi
fi
fl
fi
.

Na educación, o sami comezou a ser unha materia nalgunhas escolas suecas dende 1962 e hoxe
en día só hai unha escola de secundaria sami no norte de Suecia que ademais de ensinar as
linguas sami ten tamén actividades sobre a vida tradicional indíxena coma a ganderia de renos.

Ademais existen moitas máis escolas de primaria que ensinen o sami en Suecia o que axuda a
pasar esta lingua as seguintes xeracións.

Tamén hai un centro de investigación Sami, que coordina a búsqueda sobre a cultura, a historia,
as comunidades e as linguas sami.

LINGUAS SAMI EN NORUEGA

Dende 1988 en Noruega o sami é unha lingua o cial do estado, recoñecida principalmente na
área administrativa para a lingua sami, que inclue 8 municipios

Na área sami os alumnos teñen o dereito de estudar dita lingua ademais de cursar outras
asignaturas tamén en sami e fora de esta área requiririase un número mínimo de alumnos para
ensinar a lingua. Grazas a esto os últimos anos incrementouse o número de alumnos que estudan
en lingua sami.

LINGUAS SAMI EN FINLANDIA

En Finlandia existen tres dialectos da lingua sami con status o cial dende 1992 , o do norte, o
inari e o skolt, sendo o do norte o máis extenso que se estima que ten uns 2000 falantes en
Finlandia.

O Sami Inari fálase unicamente en Finlandia e a variante Skolt fálase tamén en Rusia, cada un
destes conta con 300 falantes aproximadamente en Finlandia.

A ensinanza de lingua sami comeza nos primerios anos de educación primaria e a lei establece
que os alumnos falantes do sami residentes no territorio sami reciban a maior parte da ensinanza
básica en sami e ademais esta pode actuar como lingua principal da educación, unha asignatura
de lingua materna ou unha optativa.

LINGUAS SAMI EN RUSIA

En Rusia, o pobo sami é recoñecido como indíxena pola federacion rusa ainda que o sami non
ten ningun status de o cialidade nin é recoñecido como unha lingua minoritaria.

fi
fi
fi

You might also like