Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 12

ACTIVIDADES 4º ED. INFANTIL.

LETRAS GALEGAS 2023 1


FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
Francisco Fernández del Riego naceu en Vilanova de Lourenzá, Lugo, o 7 de
xaneiro de 1913. Era o primeiro dos once fillos e fillas que tiveron Vicente e
Amada.
Os estudos primarios e os primeiros cursos de bacharelato fíxoos en Louren-
zá e rematou o bacharelato como interno nun colexio de Monforte de Lemos
(Lugo).
Aos dezasete anos Francisco marchou cos seus pais e irmáns a Madrid e
matriculouse na facultade de Dereito da Universidade Complutense.
Cando voltou a Galiza rematou os estudos de Dereito, deu clases en dous Francisco con Vicente e
Amada, seus pais.
colexios de Vigo e traballou nun bufete de avogados desta mesma cidade.
Foi un gran traballador polo idioma galego: escribiu en moitos xornais e revis-
tas, fundou a Editorial Galaxia, presidiu a Fundación Penzol, dirixiu a revista
Grial, traballou na BBC, emisora inglesa, facendo programas en galego, foi
membro da Real Academia Galega e presidiuna durante catro anos, recibiu as
Medallas de Ouro de Galicia e a de Castelao.
Propuxo a creación do Día das Letras Galegas, para homenaxear ás persoas
que defenderan o idioma e a cultura galega.
Escribiu moitos libros: Danzas populares galegas, Historia da literatura gale-
ga, Galicia no espello, O Camiño de Santiago, A pesca galega de mar a mar...
e unha chea de libros máis. Vestido cunha co-
Este ano 2023 a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas. roza tradicional de
palla.

ACTIVIDADES 4º ED. INFANTIL. LETRAS GALEGAS 2023 2


FRANCISCO ESTUDOU PRIMARIA NUNHA ESCOLA DE LOURENZÁ.

ARRODEA AS LETRAS QUE INDICAN ONDE ESTUDOU FRANCISCO.


ACTIVIDADES 4º ED. INFANTIL. LETRAS GALEGAS 2023 3
FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO ESCRIBIU EN MOITOS XORNAIS E REVIS-
TAS. TAMÉN FUNDOU A EDITORIAL GALAXIA.

FAI UNHA SERIE CON GOMETS PARA UNIR OS LIBROS COA EDITORIAL GALAXIA.

ACTIVIDADES 4º ED. INFANTIL. LETRAS GALEGAS 2023 4


DA DORNA Á PESCA EN PARELLA
Francisco Fernández del Riego

A embarcación máis corrente era a dorna. Viña a


ser o tipo galego de nave pequena de máis bravu-
ra, vencedora de tormentas e ventos. Tratábase
dunha construción especial de madeira. Quizais
fose a máis antiga das populares embarcacións
pesqueiras de Galicia.

ACTIVIDADES 4º ED. INFANTIL. LETRAS GALEGAS 2023 5


A DORNA ERA UNHA NAVE PEQUENA DE MADEIRA TÍPICA DE GALICIA.

QUE CAMIÑO TEN QUE PERCORRER O MARIÑEIRO PARA CHEGAR Á DORNA?

ACTIVIDADES 4º ED. INFANTIL. LETRAS GALEGAS 2023 6


A DORNA É UNHA NAVE PEQUENA DE MADEIRA QUE USAN OS MARIÑEIROS
GALEGOS PARA PESCAR.

ARRODEA E COLOREA A DORNA.

ACTIVIDADES 4º ED. INFANTIL. LETRAS GALEGAS 2023 7


A DORNA É UNHA EMBARCACIÓN TRADICIONAL MOI USADA NAS RÍAS BAIXAS
GALEGAS.

UNE OS PUNTOS E COLOREA A DORNA.


ACTIVIDADES 4º ED. INFANTIL. LETRAS GALEGAS 2023 8
PEIXES, CRUSTÁCEOS E MARISCOS
Francisco Fernández del Riego

De todas as especies do mar era quizais a sardiña a máis importante. A súa pesca foi
en Galicia, desde tempos inmemoriais, o principal recurso de vida das poboacións
mariñeiras.

ACTIVIDADES 4º ED. INFANTIL. LETRAS GALEGAS 2023 9


A SARDIÑA É UNHA DAS ESPECIES DE PESCA MÁIS IMPORTANTES DE GALICIA.

I A A

S RD Ñ

COMPLETA COAS VOGAIS E COLOREA.

ACTIVIDADES 4º ED. INFANTIL. LETRAS GALEGAS 2023 10


NAS COSTAS DE GALICIA, ADEMAIS DE SARDIÑAS, HAI OUTROS MOITOS PEIXES
E ESPECIES MARIÑAS.

ARRODEA AS SARDIÑAS E COLOREA.


ACTIVIDADES 4º ED. INFANTIL. LETRAS GALEGAS 2023 11
A SARDIÑA É UN PEIXE QUE VIVE NO MAR, NA AUGA SALGADA. HAI OUTROS
PEIXES, COMO A TROITA, QUE SON DE AUGA DOCE E VIVEN NOS RÍOS E NAS
LAGOAS.

1 2 3 4
CONTA AS TROITAS QUE HAI EN CADA CÍRCULO E ESCRIBE O SEU NÚMERO.

ACTIVIDADES 4º ED. INFANTIL. LETRAS GALEGAS 2023 12

You might also like