Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

Os seguintes documentos deben servirche para facer unha composición de texto

histórico sobre a Guerra Fría. Debes abordar o papel das superpotencias na


creación dos bloques, a evolución das relacións entre eles e o protagonismo do
bloque soviético no fin da etapa.

DOC 1. Discurso no Congreso. 1947

Un dos obxectivos fundamentais da política exterior dos Estados Unidos é a creación de


condicións nas que nós e outras nacións poidamos forxar unha maneira de vivir libres de
coacción [...]. Sen embargo, non alcanzaremos os nosos obxectivos se non estamos dispostos
a axudar aos pobos libres a manter as súas institucións libres e a súa integridade nacional
fronte aos movementos agresivos que tentan de imporlles réximes totalitarios [...]. Creo que a
nosa axuda debería efectuarse primordialmente mediante a asistencia económica e financeira
que é esencial para a estabilidade económica e o desenvolvemento de procedementos
políticos disciplinados [...].Os pobos libres do mundo miran cara a nós en busca de axuda para
conservar a súa liberdade. Se dubidamos na nosa misión de condución podemos poñer en
perigo a paz do mundo e, sen lugar a dúbidas, arriscaremos o benestar da nosa propia nación.

Harry S. TRUMAN.

DOC 2. Cara a un mundo novo. 1968

Os acontecementos das últimas semanas non se revelan tan só como unha traxedia, senón
tamén como unha lección que leva implícita algunhas verdades básicas:
Primeira: Que unha vitoria militar total nin se albisca nin está tampouco á volta da esquina;
que, en realidade, está fóra do noso alcance e que todo esforzo encamiñado a alcanzar unha
vitoria deste tipo non dará outro resultado que unha maior carnicería [...].
Segunda: Que tal pretensión dunha vitoria total non é esencial para os nosos intereses
nacionais e que, incluso, chega a prexudicalos [...].
Terceira: Que os progresos que nos atribuímos en relación co aumento do control que
exercemos sobre o país e sobre a defensa da súa poboación son, a todas luces, ilusorias [...].
Sexta: Que o compromiso político non é tan só o mellor camiño para a paz, senón tamén o
único .
Novena: Que hai que dicir a verdade sobre esta guerra á nosa nación, con toda a súa
espantosa realidade.
Robert KENNEDY

DOC 3. Charla sobre a caída da URSS. 1998

Os intereses separatistas se incuban desde o mesmo momento en que triunfou en Rusia a


Revolución Bolxevique, porque con ela tamén brotaron as aspiracións nacionalistas. Tanto
Lenin como Stalin para gañarse as simpatías das nacionalidades que poboaban o imperio
zarista, prometeron dar certa autonomía a cada pobo que habitaba zonas extensas do país,
así xurdiron as Repúblicas e cada unha empezou a adquirir practicamente todos os atributos
dun Estado independente.
Cara a 1990 xa cobrara impulso a idea de converter á Unión Soviética nunha Confederación.
Así se chega á etapa final: a ruptura da Unión Soviética.
Foi entón que un grupo de influentes políticos, entre eles o Vicepresidente, o Ministro de
Defensa, o Ministro do Interior, o presidente da KGB, todos en contra do tratado que
preparaban Gorbachov e os líderes nacionais, tentaron deter, nunha especie de parodia de
complot, este proceso de desintegración.
Departamento de Xeografía e Historia
Av de Mac Mahón s/n 15403 Ferrol
Tfno 881 930 225 – 881 930 221
ies.saturnino.montojo@edu.xunta.gal
www.xunta.es/centros/iessaturninomontojo/ CTH 1º BAC Guerra Fría 22 23.Prof.Luis Bergantiños
E así, un día antes da firma do novo tratado que convertería á Unión Soviética nunha
Confederación, produciuse aquel errado encontrón de agosto de 1991. Chamárono ‘putsch’,
pero non foi nin putsch nin nada, porque non houbo emprego de forza. Foi só un xesto de
anciáns, de exhibición nada máis.
Cando Gorbachov foi obrigado a deixar o cargo de Presidente da Unión Soviética, o primeiro
que fixo Yeltsin foi irse ao bosque de Bielorrusia e asinar aquel papel que poñía termo á Unión
Soviética. Foi un acto absolutamente ilegal, arbitrario. Porque cando se creou a Unión
Soviética, no ano 1922, estiveron presentes no Kremlin, en Moscova, 4.000 delegados de
todas as futuras repúblicas. Eles discutiron e deliberaron sobre o problema de crear un Estado
único, votaron en favor deste e así se legalizou a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas.
A disolución foi asinada só por representantes de tres republicas (Rusia, Ucraína, Bielorrusia),
as outras 12 quedaron á marxe. Os seus deputados estaban en Moscova esperando o
desenlace e non saíron do Kremlin durante dúas semanas porque non podían crer que a Unión
Soviética fora disolta sen consultalos. Cando tiveron que aceptar o inevitable, abandonaron o
Kremlin case chorando. Foi unha independencia imposta.

Nikolai LENOV, Xeneral Soviético. Vicedirector da KGB entre 1983 e 1991

Departamento de Xeografía e Historia


Av de Mac Mahón s/n 15403 Ferrol
Tfno 881 930 225 – 881 930 221
ies.saturnino.montojo@edu.xunta.gal
www.xunta.es/centros/iessaturninomontojo/ CTH 1º BAC Guerra Fría 22 23.Prof.Luis Bergantiños

You might also like