Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

ACENTO ORTOGRÁFICO (´)

Acentúanse
1. Palabras agudas: polisílabas rematadas en vogal, -n, -s, -ns
2. Palabras graves: as rematadas en consoante distinta de –n ou -s, e en grupos consonánticos distintos de –
ns. Tamén se acentúan as graves rematadas en ditongo decrecente (amábeis).
3. Palabras esdrúxulas: acentúanse sempre.
Nas letras i, u en hiato cando son tónicas e van inmediatamente antes ou despois doutra vogal átona, se
pertencen a sílabas distintas e non forman ditongo. Ex) roía

Non se acentúan
1. As palabras monosílabas se non é con función diacrítica. Ex. el
2. As palabras agudas rematadas en ditongo decrecente (s). Ex. ademais
3. Os adverbios rematados en –mente. Ex. rapidamente
4. Non se mantén o acento gráfico no primeiro termo das palabras compostas. Ex. Riotorto
5. Os demostrativos nunca levan acento.
6. Nas interrogativas e exclamativas directas cal, cando, canto, como, onde, que e quen non se acentúan. Nas
interrogativas e exclamativas indirectas os pronomes tampouco se acentúan a non ser que dea lugar a
confusións (xa sabes canto/cánto lle custou).

Acento diacrítico. Este acento gráfico mantense cando as palabras (formas verbais) van seguidas dunha
forma átona do pronome ou da segunda forma do artigo.
á (a+a artigo, ala) a (letra, artigo, pron., prep.) má (mala) ma (me+a)
ás (a+as artigo, carta, alas) as (artigo, pron.) más (malas) mas (me+as)
bésta (arma) besta (animal) máis (adv. e pron.) mais (conx.)
bóla (esfera) bola (peza de pan) nó (subst.) no (en+o)
cá (ca+a) ca (conx.) nós (pron. Tónico, pl. nó) nos (pron. átono, en +os)
cás (ca+as) cas (prep.) ó (a+o) o (letra, artigo, pron.)
chá (plana) cha (che+a) ós (a+os) os (artigo, pron.)
chás (planas) chas (che+as) óso (do corpo) oso (animal)
có (ca+o) co (con+o) pé (parte do corpo) pe (letra)
cós (ca+os, subst.) cos (con +os) póla (rama) pola (galiña, por+a)
cómpre (é mester) compre (merque) pór (poñer) por (prep.)
cómpren (son mester) compren (merquen) présa (apuro) presa (prendida, presada, encoro)
dá (pres. e imp. dar) da (de+a) sé (eclesiástica, imp. ser) se (conx., pron.)
dás (pres. dar) das (de+as) só (adv. e adx.) so (prep.)
dó (compaixón, n ot a musical) do (de+o) té (infusión) te (pron., letra)
é (pres. ser) e (conx.) vén (pres. de vir) ven (pres. de ver, imp. de vir)
fóra (adv.) fora (antepret. de ser e ir) vés (pres. de vir) ves (pres. de ver)
vós (pron. tónico) vos (pron. átono)

Non levan acento gráfico a P4 e P5 do copretérito, antepretérito e futuro do pretérito (andabamos, andabades,
andaramos, andarades, andariamos, andariades) , ademais dos seguintes substantivos:
acne atmosfera diocese (e der.) radon ciclope omoplata
esexese chofer pentecoste medula xenon paxaro
parasito reuma meteoro epizootia quefir
cripton elite argon traquea conclave
heroe hemacia pelicano vertixe neon

Levan acento gráfico a P4 e P5 do pretérito de subxuntivo (andásemos, andásedes), ademais dos seguintes
substantivos:
cénit auréola álcali alvéolo áloe cepelín espécime
anódino período bálano téxtil bérber óboe térmite
prénsil mísil rícino rubéola endócrino ágar-ágar carácter
olimpíada perístilo támil lígur réptil anémona dínamo
gladíolo cardíaco ostíolo termóstato amoníaco amálgama réxime
hemiplexía megálito tríscele cóengo madía petróglifo

Os estranxeirismos seguen as mesmas regras de acentuación que as palabras galegas (accésit, hábitat...).

You might also like