Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 7

2.

-A COMUNICACIÓN
A comunicación é o fundamento da vida social. Consiste no contacto que uns
individuos estabelecen con outros para transmitírense algún tipo de información. Non
podemos falar de sociedade sen comunicación nin de comunicación sen sociedade.
1.-Elementos que interveñen no acto de comunicación
No acto de comunicación interveñen elementos de diferente natureza:

 Emisor.
 Receptor.
 Mensaxe.
 Código.
 Canle.
 Situación.
 Contexto.
2.-Funcións da linguaxe
A función da linguaxe é a comunicación.

 Función representativa ou referencial. A comunicación céntrase no referente


da mensaxe. A través da linguaxe transmítense ideas ou conceptos. Ex.
Ramón Cabanillas naceu en Cambados.
 Función expresiva. Adquire maior importancia o emisor. Os sentimentos,
estados emocionais, matices afectivos do falante dominan a comunicación.
Esta función aparece en estado puro en exclamacións como: buf!, ai!; e
mesturada coa función representativa en enunciados como: Que cansa estou!
Nestes enunciados é fundamental a entoación para completar o sentido da
mensaxe.
 Función poética. Destaca a forma da mensaxe sobre os demais elementos da
comunicación. A literatura, e dentro dela a poesía, é exemplo deste
predominio. Tamén na linguaxe publicitaria destaca a miúdo esta función.
 Función fática. Ten a finalidade de verificar que a canle funciona e que nada
impide a comunicación. Deste xeito, cando asentimos á información que nos
esta a transmitir a persoa que fala connosco por teléfono, confirmándolle que a
comunicación se realiza con éxito, estamos facendo uso desta función.
 Función metalingüística. A información ou referente da mensaxe é o propio
código. Predomina esta función nos textos relacionados cos estudos
lingüísticos. Exemplos desta función atopámolos en enunciados como: O seseo
é unha característica dialectal propia das áreas máis occidentais.

Estas funcións non se presentan en estado puro nos actos de comunicación.


Un mesmo acto comunicativo pode conter unha intención expresiva, poética e
representativa ao mesmo tempo. Non sabes canta frustración tiven que beber
por non te ver durante todo este tempo. Por iso temos que falar de predominio
dunha función sobre as outras, e non de mensaxes cunha única función.
3.-Signo lingüístico
O signo lingüístico é a asociación dun significante cun significado. O significante está
constituído por fonemas. O significado é o que entendemos ao recibir o significante.

1
Ex. /l/i/b/r/o é o significante e “agrupamento de páxinas impresas, suxeitas por un dos
seus lados e protexidas por unha cuberta” é o significado.
4.- A comunicación escrita
O nacemento da escritura é un feito recente. O primeiro sistema de transcrición
lingüística naceu hai 5.300 anos no Oriente Medio. Para levar un control de
mercadorías, propiedades e xentes naceu a escrita.
O primeiro alfabeto estendeuse e foi empregado para representar diversas linguas. Na
época do imperio romano acadou unha espectacular difusión. Na actualidade o
alfabeto latino é o máis estendido, pero existen outros como o cirílico e o árabe.
A cultura escrita tenlle permitido á humanidade unha acumulación de saberes
anteriormente impensable.
Características que singularizan a comunicación escrita fronte á oral

 Emisor e receptor están presentes.


 É perdurable, xa que permanece no tempo.
 Planifícase. A persoa emisora elabora reflexivamente a mensaxe,
seleccionando a estrutura, o vocabulario etc.
 Teñen pouca relevancia o contexto extralingüístico e os códigos non verbais.
Estes quedan reducidos á presentación do texto (soporte, tipo de letra etc.).

4.-HISTORIA DA LINGUA
DO LATÍN AO GALEGO
A lingua galega comeza cando os colonizadores romanos trouxeron o latín ao
noroeste da Península Ibérica. Os pobos que habitaban estas terras sufriron un
proceso de asimilación cultural, ao tempo que se producía a substitución lingüística
convertendo o latín en lingua dos habitantes de Gallaecia. Así e todo, as linguas
prerromanas deixaron a súa pegada sobre o idioma dos colonizadores.
A ruptura da unidade política do Imperio Romano vai favorecer o fenómeno de
diversidade lingüística. Ao non existir un modelo de lingua o latín foise disgregando e
adquirindo características diferentes nos distintos territorios. A este fenómeno hai que
engadir a influencia das linguas que se superpuxeron ao latín sen desprazalo. Estas
linguas posteriores á romanización e anteriores á formación dos idiomas romances
denomínanse linguas de superestrato. A súa achega deuse fundamentalmente no
plano léxico e podemos atopala non só no vocabulario común senón tamén na
toponimia e antroponimia.
O SUBSTRATO PRERROMANO
Os romanos acabaron coa civilización castrexa existente nesta zona, que eles
bautizaron co nome de Gallaecia. No momento da súa chegada, falábanse diferentes
linguas.
Podemos distinguir varios estratos lingüísticos previos á latinización. Aínda que se lle
concede máis importancia á influencia do substrato celta.
As linguas dos pobos indoeuropeos, constitúen o substrato prerromano con máis
repercusión no galego, sobre todo, nos ámbitos do léxico, a toponimia e a fonética.
A ROMANIZACIÓN

2
A administración romana perdurou na Gallaecia desde o século I a. C. ata o século V
d. C. A provincia romana da Gallaecia ocupaba un territorio moito máis extenso do que
é hoxe Galicia. O latín acabou por substituír as linguas indíxenas existentes na
Península, debido ao dominio político dos romanos e á súa enorme superioridade
cultural.
O proceso de romanización e a posterior latinización foi longo e lento. Adoita dividirse
en tres fases: a) toma de contacto dos indíxenas co latín vulgar dos funcionarios e
soldados romanos; b) asimilación do latín por parte das elites indíxenas; c) aceptación
total e uso do latín como lingua cotiá.
A finais do século IV e comezos do V, a Gallaecia goza dun período de esplendor
sociocultural. Nesta época o proceso de substitución das linguas indíxenas polo latín
vulgar estaba xa practicamente consumado.

OS SUPERESTRATOS XERMÁNICO E ÁRABE

Nos superestratos do galego debemos distinguir dous compoñentes principais: o


xermánico e o árabe.
No século V, tras a caída do Imperio Romano e a invasión dos bárbaros, os suevos
estableceron a súa monarquía na antiga provincia romana da Gallaecia. A relativa
independencia da Gallaecia durante os tres séculos do período xermánico tivo
especial importancia para a formación dunha identidade lingüística galaica.
Así e todo, a influencia directa das linguas xermánicas na formación do galego foi
superficial e a súa contribución limítase ao campo da toponimia, a antroponimia e a
algúns termos do vocabulario común.
No ano 711 os árabes entran na Península, pero a súa presenza en Galicia foi escasa.
De aí que a maior parte dos arabismos que atopamos no galego entrasen de xeito
indirecto, a través do castelán e o portugués.
O ESPLENDOR MEDIEVAL
Co paso dos séculos, a evolución do latín dá lugar a diferentes linguas, denominadas
linguas románicas ou neolatinas: na Península Ibérica o galego-portugués, o ástur-
leonés, o castelán, o aragonés, o catalán e as variedades mozárabes. Podemos datar
o nacemento destas linguas no século IX, cando o seu afastamento con respecto ao
latín era xa moi amplo. O latín vulgar evoluciona de xeito diferente nas distintas zonas
debido á influencia dos substratos e superestratos.
Durante un longo período, no territorio da antiga Gallaecia, o galego, ou galego-
portugués, conviviu co uso do latín, de xeito que esta seguía sendo a lingua da
Administración e da Igrexa, se ben o galego era a lingua da comunicación oral
espontánea. Pero no século XIII o galego convértese en lingua escrita: pasou a ser a
lingua habitual dos ámbitos administrativo e xudicial. Neste período histórico a nosa
lingua viviu unha situación de plena normalidade, como lingua común de todos os
galegos.

3
Desde o século IX ata o XIII Galicia vive un período de esplendor económico e político,
ademais de cultural. No século IX, o descubrimento do suposto sartego do Apóstolo
Santiago condiciona a historia posterior de Galicia ao converter Compostela nun dos
eixos de peregrinación do cristianismo europeo. Desde este século a poboación
galega medra de maneira notable e a agricultura coñece un proceso de expansión. Ata
o século XIII, a importancia de Galicia é enorme, e a cultura galega ocupa un lugar de
preeminencia en occidente. Este esplendor da Galicia medieval vese reflectido tamén
na produción literaria. A música e a poesía das cantigas medievais marcan unha
época de ouro da literatura galega e converten o galego nunha das linguas
internacionais da lírica trobadoresca, como testemuñan as cantigas de amigo, de
amor, e de escarnio e maldicir, recollidas nos cancioneiros profanos, ou o cancioneiro
relixioso das Cantigas de Santa María.
A separación das falas do norte e do sur do Miño ten a súa orixe nesta época. Na
primeira metade do século XII, a nobreza portuguesa únese ao redor de Afonso
Enriques e consegue a independencia de Portugal. No século XIII a reconquista cara
ao sur está xa moi avanzada e Lisboa convértese na capital do novo estado. Mentres,
Galicia queda integrada na monarquía castelá-leonesa e esta separación política
acentuará a separación lingüística.
Nos últimos séculos da Idade Media (XIV e XV) iníciase unha progresiva decadencia
política de Galicia, con consecuencias para a cultura e a lingua galegas. Con
Fernando III e Afonso X xa comezara o envío de forasteiros descoñecedores do
galego a ocupar cargos de poder en Galicia, pero a situación agravouse no século
XIV, cando se produce a primeira loita dinástica pola coroa de Castela. A nobreza
galega apoia a Pedro I, quen perde o trono a favor de Henrique II de Trastámara. No
reinado deste, como castigo, a nobreza galega comeza a ser substituída por nobres
casteláns. Ao mesmo tempo, nese século XIV prodúcese o inicio do declive da vella
escola literaria galego-portuguesa.
No século XV repetiuse unha situación histórica semellante: Isabel a Católica sae
vitoriosa da súa loita dinástica con Xoana a Beltranexa. De novo a nobreza galega
tomará partido pola perdedora. O posterior reinado dos Reis Católicos infrinxe un
severo castigo a Galicia: os postos clave da administración e da Igrexa pasan a ser
ocupados por xente de fóra, que só fala castelán. Con todo, segue sendo a lingua da
maior parte da poboación e seguirá séndoo durante moito tempo.

5.-A LÍRICA MEDIEVAL


Tras a formación dunha lingua romance diferenciada, o galego coñece un
momento de esplendor literario no século XIII. A literatura galega do período
corresponde á Baixa Idade Media non se distingue da portuguesa: cultivada por
poetas dos dous lados do Miño, a lírica galego-portuguesa nace e
desenvólvese nos mesmos séculos en que Portugal inicia a súa formación
como reino independente, pero é anterior á división lingüística entre galego e
portugués.

Despois da invasión árabe, comeza a progresiva feudalización da sociedade


galega. Trátase dunha sociedade na que existen dous estamentos ben
diferenciados: o dos señores e o dos labradores, sobre os que os primeiros

4
teñen dominio e xurisdición. E nesta época, nos primeiros séculos da
Reconquista, vaise perfilando unha lingua diferente das outras peninsulares,
que coñecerá, a partir do século XII, un extraordinario esplendor literario no
campo da lírica.
Precisamente, nos séculos XII e XIII, Galicia atravesa unha etapa histórica de
gran desenvolvemento, e os seus efectos maniféstanse no crecemento da
poboación, na expansión da agricultura e na difusión do fenómeno urbano, que
impulsa unha nova clase social: a burguesía.
Os señores eclesiásticos serán os principais beneficiarios desta revitalización e
impulsarán fenómenos culturais de resonancia universal como o Camiño de
Santiago, a literatura galego-portuguesa e a arte románica. Compostela
convértese nunha das principais cidades da Europa do século XII.
O século XIII supón a idade de ouro da lírica medieval galego-portuguesa.

A POESÍA GALEGO-PORTUGUESA E O LIRISMO


PROVENZAL
Hai numerosos indicios que proban a existencia en Galicia dunha tradición
popular oral desde tempos moi antigos, dun tipo de canción de carácter ritual.
Pero o motivo determinante de que naza a literatura galega escrita a comezos
do século XIII é a chegada do lirismo provenzal. Os primeiros trobadores
comezan imitando unha moda literaria que vén de Provenza, pero
inmediatamente incorporan ao seu repertorio cantigas de tipo tradicional
galego, a imitación das que cantaba o pobo e que se viñan conservando por
tradición oral. Na nosa lírica medieval hai, polo tanto, un tipo de cantigas que
responden á adaptación da lírica provenzal e outro tipo que é autóctono e que
reflicte unha tradición oral anterior.
A CHEGADA DO LIRISMO PROVENZAL
O xénero máis importante da lírica provenzal, a cançó, é a concreción literaria
do amor cortés: toda unha filosofía do amor que floreceu naquelas terras de
Francia a partir do século XI. A teoría do amor cortés supón unha concepción
platónica e mística do amor, que podemos resumir nos seguintes puntos:
-Total submisión do namorado á dama; o namorado rende vasalaxe á súa
señora.
-A amada, sempre distante e admirable, é un compendio de perfeccións físicas
e morais.
-O amoroso é unha especie de estado de graza que ennobrece a quen o
practica.
-Os namorados son sempre de condición aristocrática.
-O namorado pode chegar á comunicación coa súa inaccesible señora despois
dunha progresión de estados que van desde o suplicante ao de amante.
-Trátase frecuentemente dun amor adúltero.
A cultura trobadoresca converteuse nunha moda que traspasou os Perineos e
chegou a Galicia, onde entrou en contacto coa tradición poética existente. A
principal vía de penetración da cultura trobadoresca foi o Camiño de Santiago.
CRONOLOXÍA DA LÍRICA GALEGO-PORTUGUESA MEDIEVAL
Pódese dividir nos seguintes períodos:
Etapa primitiva. Comprende as composicións máis antigas das conservadas,
ata o primeiro terzo do século XIII.
Esplendor ou idade de ouro. Adoita subdividirse en dous períodos:
a)Período afonsino

5
b)Período dionisíaco
Decadencia. Finais do século XIV e século XV. Comprende dúas escolas:
a)Escola galego-castelá: forman parte dela os derradeiros trobadores que
empregan o galego. Todos eles son poetas bilingües.
b)Escola castelán-portuguesa.

OS POETAS
Trobador Era o compositor das cantigas.
Xograr Era o intérprete de composicións alleas.
Segrel Era un trobador profesional, que aceptaba paga polas interpretacións
Menestrel Eran os instrumentistas.
Soldadeiras Mulleres que danzaban durante as representacións.

6.1.-A DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA NO ESTADO ESPAÑOL

O Estado español
conviven sete linguas.
é multilingüe. Nel

A actual Constitución (1978) no seu artigo terceiro establece o seguinte:


- Castelán é a lingua do Estado. Todos teñen que coñecela e usala.
- As demais serán oficiais nas suas comunidades autónomas.
- As distintas linguas de España son obxecto de respecto e protección.
6.1.- O catalán
Fálase en: Cataluña, Baleares, a Comunidade Valenciana, Aragón e Murcia, Andorra,
unha parte de francia, e en Sardeña. É oficial en Andorra e cooficial en Cataluña,
Comunidade Valenciana e Baleares.
No século 18 empezou a ser perseguido o seu uso. No século 19, a Renaixença
literaria puxo en marcha o proceso de normalización. Padeceu durante o franquismo
persecución. Co Estatut de Autonomía recuperou o carácter de lingua oficial.
Na actualidade o catalán é unha das linguas minorizadas con maior prestixio en toda
Europa, aínda que varía en función dos distintos territorios en que se fala.
O proceso de normalización lingüística ten logrado que se empregue na práctica
totalidade de ámbitos, tanto públicos como privados. As políticas de integración tiveron
como resultado a catalanización de amplísimos sectores.
Existe unha polémica sobre o valenciano, considerado pola maioría como unha
variedade do catalán, mais defendido por outros como unha lingua distinta.

6.2.-O vasco
Falase en: País Vasco, Navarra, Burgos e Iparralde.

6
É a única que sobreviviu na Península ibérica á implantación do latín.
Usado pola metade da poboación no século 19, sufriu un retroceso provocado pola
represión do seu uso durante o réxime franquista e pola inmigración de castelán-
falantes. Estivo en perigo de desaparición.
6.3.-O ástur-leonés ou asturiano
O asturiano foi minorizado polo castelán.
Falábasé en: Cantabria, norte de León e Zamora. Está en perigo de desaparición.
6.4.-O aragonés
Falase en: Aragón. Está en perigo de desaparición.
Foi marxinado polo castelán.
Está practicamente ausente dos medios de comunicación e do ensino.

6.5.-O aranés
Falase en: o val de Arán e en Lleida.
É lingua cooficial en cataluña.

You might also like