Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

BASES DO XXXVI CERTAME DE POESÍA

MARÍA SOLIÑO
En colaboración coa Biblioteca do I.E.S. Mª Soliño

1-Haberá dúas categorías:


A-Para alumnado de primeiro e segundo ciclo de ESO
B-Para alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e Ciclos de grao medio.

2-Concederanse tres premios na categoría A


-Primeiro premio-150 euros.
-Segundo premio- 75 euros.
-Terceiro premio- 50 euros.
3- Concederanse dous premios na categoría B
-Primeiro premio-200 euros.
-Segundo premio- 125 euros.
4-Os poemas deberán estar escritos en lingua galega.

5-Cada participante presentará un mínimo de tres poemas, e un máximo de cinco.

6-Presentaranse tres copias, mecanografadas, dos poemas.

7-Remitiranse ao I.E.S. María Soliño (Monte Carrasco, nº 14 / 36940 CANGAS) nun sobre
no que constará unicamente un seudónimo e a categoría á que pertence. Dentro dese sobre
introduciranse os poemas e unha plica cos seguintes datos: nome, enderezo, teléfono, centro
no que cursa estudos e certificado de estar matriculado no centro.

8-Realizarase unha publicación cos poemas gañadores, da que a organización se reserva


todos os dereitos.

9-O prazo de entrega rematará o día 9 de Xuño.

10-A composición do xurado e o seu fallo faranse públicos no acto da entrega de premios,
que terá lugar o 21 de Xuño no IES María Soliño, acto ao que se comprometen a asistir
as persoas premiadas.
Cangas, 28 de abril de 2023

You might also like