Francisco Aguiar: Nome Grupo Data

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA NOME GRUPO DATA

francisco aguiar
BETANZOS
DEPARTAMENTO DE ARTES PLÁSTICAS

EPVA. 3º ESO

A arte abstracta é unha forma de expresión artística que prescinde de toda figuración e propón
unha nova realidade distinta da natural, usando unha linguaxe visual de forma, cor e liña para
crear composicións que poden existir con independencia de referencias visuais do mundo real.
Abrangue movementos como o expresionismo abstracto, o suprematismo, o action painting, De
Stijl ou o construtivismo.

En particular, o Neoplasticismo (coñecido en Holanda como “De Stijl”) foi un movemento artístico
que pretendía integrar todas as artes, baixo unha estética moi xeométrica de liñas rectas,
superficies planas e cores puras e uniformes. Algúns dos seus representantes máis destacados
foron Theo van Doesburg, Gerrit Rietveld e Piet Mondrian.

Neste exercicio deberás buscar información


sobre a vida e obra de Piet Mondrian, elaborando
un resume que podas desenvolver nunha soa
páxina do teu caderno, polo que deberás
centrarte nos feitos e obras máis significativos da
súa vida.

Como complemento, e noutra páxina do caderno, debes realizar unha interpretación persoal
dunha obra de Mondrian que elixas. Podes tamén escoller con liberdade a técnica coa que a
realices (reprodución en cor ou en branco/negro, colaxe, deformación da imaxe, elaboración
dunha imaxe nova baseada na obra de Mondrian...)

You might also like