Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

Le este fragmento pertencente ao capítulo III do libro de Julio Verne, “A volta ao

mundo en 80 días”, e fai as tarefas que se indican. (Nesta ligazón podes atopar o libro
en formato pdf e nesta outra podes lelo online. Nesta podes ver un resumo da viaxe
en fermosas ilustracións):
Pero o 29 de setembro as cousas foron moi distintas. Un gran feixe de billetes
desapareceu, e cando o reloxo da oficina deu as cinco, a hora do peche, o Banco de
Inglaterra non tivo máis remedio que cargar cincuenta e cinco mil libras na conta de perdas.
Segundo o Morning Chronicle, o día do roubo algúns clientes e empregados fixáronse nun
cabaleiro de boa presenza que ía e viña da sala de pagos, o lugar onde se cometeu o
roubo. A descrición do gentleman foi enviada a todos os detectives do Reino Unido e do
continente. Algúns, como o subgobernador Gauthier Ralph, crían que grazas a estas
medidas o ladrón non escaparía. Outros, como o seu amigo Andrew Stuart, non compartían
esa opinión. Os cabaleiros sentaron á mesa de xogo, Stuart fronte a Flanagan e Fallentin
fronte a Phileas Fogg. Os xogadores non falaban durante a partida, pero nos descansos
continuaban a conversación.
—Eu digo que o ladrón debe de ser un home hábil e é probable que teña éxito —dixo
Andrew Stuart.
—Veña xa! —contestou Ralph—. Non hai un só país no mundo onde poida refuxiarse. —
Ah, non? —Onde quere vostede que vaia?
—Non o sei —contestou Andrew Stuart— pero, á fin e ao cabo, a Terra é moi grande. —
Iso era antes —dixo Phileas Fogg con voz suave mentres poñía as cartas diante de
Thomas Flanagan, e engadiu—: Tócalle cortar, señor.
A discusión quedou interrompida mentres xogaban a baza. En canto acabou esta, Andrew
Stuart dixo:
—Como que antes? É que a Terra encolleu?
—Sen dúbida —contestou Gauthier Ralph—.
Opino o mesmo que míster Fogg. A Terra é agora máis pequena, porque na actualidade
podemos percorrela dez veces máis rápido que fai cen anos. E por iso a procura será máis
rápida.
—Pero o ladrón tamén poderá escapar máis rápido.
—Tócalle xogar, señor Stuart —repuxo Phileas Fogg.
Stuart non estaba convencido e dixo:
—Hai que recoñecer, señor Ralph, que esa ocorrencia súa de que a Terra encolleu ten
graza. Ou sexa, que como agora podemos dar a volta á Terra en tres meses...
—En só oitenta días —afirmou Phileas Fogg. —En efecto, señores —confirmou John
Sullivan—, oitenta días. Este é o cálculo que fixo o Morning Chronicle:
De Londres a Suez por Mont Cenis e Brindisi, ferrocarril e vapor: 7 días
De Suez a Bombai, vapor: 13 días
De Bombai a Calcuta, ferrocarril: 3 días
De Calcuta a Hong Kong (China), vapor: 13 días
De Hong Kong a Yokohama ( Xapón), vapor: 6 días
De Yokohama a San Francisco, vapor: 22 días
De San Francisco a Nova York, ferrocarril: 7 días
De Nova York a Londres, vapor e ferrocarril: 9 días Total = 80 días
—Si, oitenta días! —exclamou Andrew Stuart—. Pero iso sen contar o mal tempo, os
naufraxios, os descarrilamentos, etcétera.
—Todo incluído —dixo Phileas Fogg.
Tarefas:
1. Completa a primeira táboa coas etapas, a súa duración en días e os medios de
transporte que hai que empregar, mencionadas no itinerario do Morning
Chronicle. Despois localiza e marca cun punto vermello no mapa as cidades
nas que fará escala Phileas Fogg na súa viaxe (tes as coordenadas na segunda
táboa debaixo do mapa).

Etapa Orixe Destino Medios de Duración en


transporte días

1 Londres Suez Ferrocarril/Vapor 7

Total:
Cidade Latitude Lonxitude Cidade Latitude Lonxitude

Londres 51º 30’ N 0º 7’ O París 48° 51' N 2° 20'E

Turín 45° 4' N 7° 42' E Bríndisi 40° 38' N 17° 56'E

Suez 31º 15’ N 32º 17’ E Adén 12°47' N 45° 1' E

Bombai 18º 57’ N 72º 49 E Allahabad 25° 26' N 81° 50' E

Calcuta 22º 35’ N 88º 20’ E Singapura 1° 17' N 103° 50 E

Hong-Kong 22º 18’ N 114º 11’ E Yokohama 35º 28’ N 139º 37’ E

San Francisco 37º 49’ N 122º 29’ O Salt Lake City 40°45' N 111° 53' O

Omaha 41°15' N 95°56' O Chicago 41° 52' N 87° 38' O

Nova York 40º 42’N 74º O Cork 51°53' N 8°28' O


(Queenstown)

Dublín 53° 20' N 6° 14' O Liverpool 53°24' N 3° O

Londres 51º 30’ N 0º 7’ O

2. A continuación, empregando a escala do mapa, calcula a distancia aproximada


en liña recta que recorrerá Phileas Fogg en cada unha das etapas e no
conxunto da viaxe.

Etapa distancia en distancia en Km na


cm no mapa realidade

Total: Total:

You might also like