Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 19

TAREFAS

REFORZO/AMPLIACIÓN

4 ESO

Xeografía e
Historia

1
TAREFAS DE REFORZO/AMPLIACIÓN

Unidade 1.
O pensamento político absolutista ............................................................................................ 3
Unidade 2.
A época borbónica.................................................................................................................. 4
Unidade 3.
A Francia de Napoleón ............................................................................................................ 5
Unidade 4.
A máquina de vapor ................................................................................................................ 6
Unidade 5.
O liberalismo en España .......................................................................................................... 7
Unidade 6.
A Primeira Guerra Mundial ....................................................................................................... 8
Unidade 7.
A arte no século XIX ............................................................................................................... 9
Unidade 8.
Totalitarismos na época de entreguerras ............................................................................................ 10
Unidade 9.
O inicio da Segunda República ................................................................................................. 11
Unidade 10.
A descolonización ................................................................................................................... 14
Unidade 11.
O Tratado de Roma ................................................................................................................ 16
Unidade 12.
O desenvolvismo económico .................................................................................................... 17
Unidade 13.
A nova orde mundial ............................................................................................................... 18
Unidade 14.
Os dereitos humanos e a globalización ...................................................................................... 19

2
Unidade
TAREFAS: REFORZO/AMPLIACIÓN

O pensamento político absolutista


1
1. Nicolao Maquiavelo foi un político e historiador florentino. Nas súas obras reflexionou sobre o poder e defendeu
que os gobernantes debían exercelo de maneira autoritaria. Le estes fragmentos da súa obra e responde as
preguntas.

Un tal príncipe non debe, con todo, crer con lixeireza no mal do que o avisan senón que debe sempre obrar con gravidade suma e sen el
mesmo atemorizarse. A súa obrigación é proceder moderadamente, con prudencia e aínda con humanida- de, sen que moita confianza
se faga confiado, e moita desconfianza o converta nun home insufrible. E aquí preséntase a cuestión de saber se vale máis ser temido
que amado. Respondo que conviría ser unha e outra cousa xuntamente, pero que, dada a dificultade deste xogo simultáneo, e a necesidade
de carecer dun ou doutro de ambos os beneficios, o partido máis seguro é ser temido antes que amado.
En xeral, pode dicirse que os homes son ingratos, volubles, disimulados, fuxidores de perigos e ansiosos de ganancias. Mentres lles
facemos ben e necesitan de nós, ofrécennos sangue, caudal, vida e fillos, pero rebélanse cando xa non lles somos útiles. O príncipe que
confiou neles áchase destituído de todos os apoios preparatorios, e decae, pois as amizades que se adquiren non coa nobreza e a grandeza
de alma senón co diñeiro non son de proveito ningún nos tempos difíciles e penosos, por moito que se merezan. Os homes atrévense
máis a ofender ao que se fai amar, que ao que se fai temer, porque o afecto non se retén polo mero vínculo da gratitude, ao paso que o
medo á autoridade política mantense sempre co medo ao castigo inmediato, que non abandona nunca aos homes. No entanto, o príncipe
que se fai temer, sen ao propio tempo facerse amar, debe evitar que o aborreza, xa que cabe inspirar un temor saudable e exento de odio.

Adaptado de: N. Maquiavelo, O príncipe. 1513.

— Busca información nunha enciclopedia sobre o autor deste texto e redacta unha breve biografía.
— Fai un resumo do contido do texto e suxire un título.
— Maquiavelo tiña unha visión moi pesimista do ser humano. Identifica os fragmentos do texto en que este
feito queda claramente expresado.
— Segundo Maquiavelo, por que convén que o gobernante sexa temido sen ser odiado?
— Que opinas sobre o feito de que o gobernante debe ser temido antes que amado?
— Busca nun dicionario o termo maquiavélico e explica o seu significado.

2. Jacques-Bénigne Bossuet foi un crego e intelectual francés defensor da teoría da orixe divina do poder para
xustificar o absolutismo. Le o seguinte texto e responde as preguntas.

O príncipe é a imaxe de Deus que, sentado no seu trono no alto dos ceos, fai ir toda a natureza. En fin, reunide as cousas tan grandes e
augustas que dixemos sobre a autoridade real. Vede un gran pobo reunido nunha soa persoa; vede este poder sacro, paternal e absoluto;
vede a razón secreta que goberna todo o corpo do Estado pechada nunha soa cabeza: estades a ver a imaxe de Deus nos reis e tede
presente a maxestade real.

J. B. Bossuet, Política sacada das Sagradas Escrituras. 1679.

— Como xustifica Bossuet o poder do rei?


— Que características lle atribúe ao monarca?
— Que relación había entre a xustificación de Bossuet e a política aplicada por Luís XIV?

3
2

Unidade
TAREFAS: REFORZO/AMPLIACIÓN
A época borbónica
1. As reformas borbónicas foron, en moitas ocasións, mal acollidas polos españois. Un dos episodios máis
famosos é o motín de Esquilache, en marzo de 1766. Le o seguinte texto e contesta as preguntas.

Carlos III veu a España rodeado dalgúns dos seus máis fieis colaboradores napolitanos. Entre eles estaban Grimaldi e Es-
quilache [...]. Esquilache foi feito inmediatamente ministro de Guerra e de Facenda; home impetuoso, amigo de arranxalo todo
pola vía rápida, fíxose axiña antipático para os españois pola súa condición de estranxeiro e polo seu afán reformista. O que el
quería era un país máis limpo, máis ordenado, máis racional [...].
Pero a medida que colmou o vaso da antipatía popular, como todo o mundo sabe, foi a que tentou cambiar a indumentaria dos
madrileños. A orde de trocar a capa longa e o chapeu de á ancha pola capa curta e o chapeu apuntado non foi un ca- pricho de
Esquilache, senón un medio de acabar cos típicos embozamentos nocturnos, que predispoñían a toda clase de abusos e dificultaban
a acción policial. [...]
Non é fácil explicar como os tesoirazos da rúa do Arenal mobilizaron en poucos segundos toda unha multitude, e como ao mesmo
tempo estalaron motíns semellantes nunha quincena de cidades españolas, e menos aínda —se o movemento foi espontáneo— por
que se repartiron a noite anterior bolsas de diñeiro polas tabernas de Madrid, ou por que apareceron encubertos no motín
personaxes como o duque de Alba —segundo se dixo—, membros do alto clero e algúns xesuítas.

Traducido de: J. L. Comellas, Historia de España moderna y contemporánea (1471-1967). Rialp, 1972.

— Busca información nunha enciclopedia e redacta unha breve biografía de Leopoldo de Gregorio, marqués
de Esquilache.
— Cales foron as causas do motín? Foi unha reacción popular e espontánea ou foi algo organizado
de antemán?
— Quen cres que tiña interese en paralizar as reformas ilustradas?

2. A través das sociedades económicas de amigos do país, os ilustrados españois deron a coñecer as súas
teorías para mellorar o desenvolvemento económico, cultural e científico do país. Le o seguinte texto e
contesta as preguntas.

A Sociedade Económica debe estar composta, para que poida ser útil, da nobreza máis instruída do país. Ela é a que posúe as principais e máis
pingües terras e ten o principal interese en fomentar a riqueza do pobo, cuxa industria dea valor ás súas posesións [...]. A agricultura, a cría de
gando, a pesca, as fábricas, o comercio, a investigación no seu maior aumento, en canto ás reflexións científicas de propagar estes ramos,
deben formar a ocupación e o estudo das Sociedades Económicas de Amigos do País.
P. Rodríguez de Campomanes, Discurso sobre o fomento da industria popular. 1774.

— Busca información nunha enciclopedia e redacta unha breve biografía de Pedro Rodríguez, conde
deCampomanes.
— Por que as sociedades deben estar compostas pola nobreza máis instruída?
— Cales son as actividades que deben fomentar as sociedades?

4
3

Unidade
TAREFAS: REFORZO/AMPLIACIÓN
A Francia de Napoleón
1. Observa este cadro no que o pintor J-L. David representa o momento no que Napoleón, despois de coroarse el
mesmo, disponse a coroar a súa esposa Xosefina emperatriz de Francia. A cerimonia faise en presenza do papa Pío VII,
que bendí a coroación.

— Que representa o cadro? Parécese a unha escena da Revolución Francesa ou do Antigo Réxime? Por que? Cando
tivo lugar?

— A que grupos sociais pertencen as persoas que aparecen na cerimonia? Como van vestidos os personaxes
principais? Identifica a cada grupo. Localiza a Napoleón, a emperatriz Xosefina e o Papa.

— Como interpretas o feito de que Napoleón se coroase a si mesmo?

2. Le o seguinte texto sobre Napoleón escrito por un contemporáneo e despois responde as cuestións:

Bonaparte, como a raza dos príncipes, só quixo e buscou o poder, e chegou a el a través da liberdade, porque apareceu no escenario do
mundo en 1793. A Revolución, que era a ama de cría de Napoleón, non tardou en converterse nunha inimiga [...]. Bonaparte non é
grande polas súas palabras, nin polos seus discursos, nin polos seus escritos, nin polo seu amor ás liberdades, que nunca tivo [...]. É
grande por crear un goberno regular e poderoso [...] por facer renacer en Francia a orde dentro do caos; por reducir á orde os demagogos
furiosos, sabios orgullosos, voltairianos ateos, oradores de prazas, asasi- nos de prisións e de rúas…
Traducido de: F. Chateaubriand, Memorias de ultratumba.

— Segundo o autor, cal era o principal obxectivo de Napoleón?

— Que cres que significa a frase: «... chegou a el a través da liberdade»? Cres que Napoleón podía chegar a ser
emperador sen a Revolución? Razoa a túa resposta.

— O autor deste texto, é partidario de Napoleón ou crítico con el? Por que?

5
Unidade
TAREFAS: REFORZO/AMPLIACIÓN
4
A máquina de vapor
1. A invención da máquina de vapor e a súa aplicación en diferentes sectores industriais e nos transportes
foron esenciais para o desenvolvemento da Revolución Industrial.
A invención da máquina de vapor foi o resultado dun lento proceso de perfeccionamento dunha serie de
enxe-ños que tentaban aproveitar a forza do vapor como enerxía motriz. Este proceso arrincou en época da
Grecia clásica e desembocou a finais do século XVIII grazas ao talento de James Watt.

— Busca información sobre os seguintes personaxes. Redacta unha breve biografía e ordénaos
cronoloxicamente.

Christian Huygens – Denis Papin – Herón de Alexandría – James


Watt John Smeaton – Salomon de Caus – Thomas Newcomen – Thomas
Savery

— A partir da información obtida, elabora a lista cos sucesivos descubrimentos, avances e


perfeccionamentos que se foron producindo até a construción da máquina de vapor.

2. Identifica os seguintes elementos no debuxo e logo explica o funcionamento da máquina de vapor de


Watt.

Árbore de accionamento da bomba.


Bomba de alimentación da caldeira.
Balancín.
Conduto de alimentación da caldeira.
Entrada de vapor.
Válvula de admisión do vapor.
Émbolo.
Camisa de vapor.
Cilindro.
Válvula equilibradora da presión a ambos os
dous lados do émbolo.
Válvula de saída do vapor.
Condensador independente.
Bomba de aspiración do vapor condensado.
Depósito de auga quente para alimentar a
caldeira.

6
5

Unidade
TAREFAS: REFORZO/AMPLIACIÓN

O liberalismo en España
1. En 1854 un pronunciamiento militar, denominado Vicalvarada, puxo fin á década moderada.
— Pescuda por que recibiu o nome de Vicalvarada, que era o Manifesto de Manzanares e por quen
foi impulsado.
— Le o seguinte texto e contesta as preguntas.

Nós queremos a conservación do trono, pero sen a camarilla que a deshonra; queremos a práctica rigorosa das Leis funda- mentais,
mellorándoas, sobre todo, a electoral e a de imprenta; queremos que se respecten nos empregos militares e civís a antigüidade e o
merecemento; queremos arrincar os pobos da centralización que os devora, dándolles a independencia local necesaria para que
conserven e aumenten os seus intereses propios; e como garantía de todo isto queremos e expo- remos baixo sólidas bases a Milicia
Nacional. Tales son os nosos intentos, que expresamos francamente sen impoñerllos por iso á Nación. Nós temos consagradas á vontade
nacional as nosas espadas, e non as envaiñaremos ata que ela estea cumprida.
L. O’Donnell, Manifesto de Manzanares. 1854.

— Segundo o texto, que é o que rexeitan do goberno moderado?


— Cales son os seus obxectivos?
— Explica o significado da frase «Nós temos consagradas á vontade nacional as nosas espadas, e non as en-
vaiñaremos ata que ela estea cumprida».

2. Clasifica as seguintes afirmacións segundo creas que corresponden ao grupo liberal moderado ou
ao progresista.
Moderado Progresista
• Defenden a soberanía nacional representada polas Cortes.
• Están a favor de ampliar o sufraxio censitario, aínda que
sen chegar afacelo universal.
• Apóianse nas clases medias enriquecidas coa
desamortización, a aristocracia e a burguesía comercial e
financeira.
• Defenden a orde pública e o centralismo.
• Están a favor dunha maior liberdade de prensa e de reunión.
• O rei non só ten o poder executivo, senón que posúe o dereito a veto.
• Defenden un liberalismo máis radical.
• Propoñen a soberanía compartida entre as Cortes e o rei.
• Son partidarios do sufraxio censitario, pero moi restrinxido.
• Apóianse nos sectores pequeno burgueses, como
comerciantes, artesáns, militares de baixa graduación e
mestres.
• Están a favor da propiedade privada como principio sacro e inviolable.
• Critican a corrupción do goberno e apoian a supresión
dos consumos(imposto que recaía sobre os artigos de
primeira necesidade).

7
6

Unidade
TAREFAS: REFORZO/AMPLIACIÓN

A Primeira Guerra Mundial


1. Busca información sobre algúns dos acontecementos ocorridos antes do estalido da guerra que tes deseguido e
que foron aumentando a tensión entre as potencias europeas.

anexión de Alsacia e Lorena (1871) – Tánxer (1905)


Bosnia-Hercegovina (1908) – Agadir (1911) – guerras balcánicas (1912-1913)

— Explica as causas destas tensións, as potencias implicadas, os feitos principais e as consecuencias que tiveron
para o estalido da Gran Guerra.

2. Le o seguinte texto e contesta as preguntas.

Cando cheguei aquí por primeira vez o único que faciamos nas trincheiras era patear como patos e usar os nosos rifles.
Non pensabamos nelas como lugares para vivir, senón como molestias temporais. Agora traballamos todo o tempo, non só para
lograr maior seguridade senón para mellorar as condicións hixiénicas. Día e noite. Hai que ter sempre en perfectas condicións os
apostamentos de tiro, construír saídas transversais, mellorar as trincheiras de comunicación etc.; logo vén a nosa comodidade
persoal, refuxios e casamentas. [...]
Ás catro da tarde, o gas comezou a saír [...]. Os alemáns permaneceron nun silencio absoluto. Nas liñas de reservas ele- váronse
algunhas bengalas, parecía como se todos os homes da trincheira da fronte morresen. Despois do bombardeo, o xeneral de brigada
enviou a un oficial e vinte e cinco soldados para facer un recoñecemento. Aquela patrulla logrou chegar aos aramados alemáns;
nese momento as metralladoras e os fusís abriron fogo, e só dous homes feridos lograron volver con vida á nosa trincheira. [...]
Non tiñamos mantas, abrigos nin impermeables, nin o tempo nin o material necesarios para construír novos refuxios. Todas as
noites saíamos a recoller os mortos dos outros batallóns.

R. Graves, Adeus a todo iso. 1929.

— Indica se o texto é unha fonte primaria ou secundaria. Razoa a túa resposta.

— Explica as condicións de vida nas trincheiras durante a Gran Guerra. Pescuda como eran as trincheiras, de que partes
estaban formadas, os seus elementos principais etc.

— Infórmate sobre o desenvolvemento da guerra de desgaste: cando se desenvolveu, en que consistiu, cal era o seu
obxectivo... Explica así mesmo o desenvolvemento de dúas batallas que foron un claro expoñente da guerra de
desgaste: a batalla de Verdún e a batalla do Somme.

— Infórmate sobre outros aspectos concretos da guerra como, por exemplo:


• A guerra submarina. • As armas químicas.
• A industria de guerra. • Os ases da aviación.
• A guerra na retagarda. • As armas nas colonias.

8
7

Unidade
TAREFAS: REFORZO/AMPLIACIÓN

A arte no século XIX


1. Observa atentamente a pintura seguinte, identifica a que estilo artístico pertence e analízaa.

Título: O enterro en Ornans Cronoloxía: 1849


Autor: Gustave Courbet Estilo:
Localización: Musée d'Orsay, París

Análise da forma:

Análise do contido:

Análise do significado:

Valoración persoal:

9
8

Unidade
TAREFAS: REFORZO/AMPLIACIÓN

Totalitarismos na época de entreguerras


1. Le o seguinte texto e contesta as preguntas.

O liberalismo negaba o Estado en favor do individuo; o fascismo reafirma o Estado como a verdadeira liberdade do indivi- duo. Este
existe en tanto existe no Estado; está subordinado ás súas necesidades [...].
A concepción fascista do Estado abárcao todo; fóra del non poden existir valores humanos nin espirituais. Así, o fascismo é
totalitarismo, e o Estado fascista interpreta, desenvolve e outórgalle poder adicional á vida enteira dun pobo.
B. Mussolini, Doutrina do fascismo. 1932.

— Cal é, segundo Mussolini, a concepción fascista do Estado?

— Que diferenzas hai, segundo el, entre a concepción fascista e a concepción liberal do Estado?

2. Pon unha cruz en cada afirmación segundo a concepción do Estado á que corresponda.

TotalitarioLiberal democrático
• Desigualdade do individuo ante a lei.
• A soberanía reside no pobo.
• Recoñecemento de todo tipo de dereitos individuais e colectivos erespecto polos
dereitos humanos.

• Personificación do Estado baixo un único e absoluto liderado.


• Rexeitamento do liberalismo político e económico.
• Negación da posibilidade dunha paz duradeira. Exaltación dos valo-res de guerra.
• Sometemento do cidadán ao Estado.
• Control das autoridades por parte de xuíces independentes.
• Intervención do Estado en todos os ámbitos da vida económica esocial.
• Xustificación da doutrina do espazo vital que ten como consecuencia a expansión
territorial.
• O poder é exercido por representantes elixidos periodicamente me- diante eleccións.

• Concepción racista e defensa da pureza da raza.


• Negación da celebración de eleccións periódicas.
• Non-discriminación por idade, sexo, procedencia, etnia...
• Sufraxio universal.
• Negación da validez do voto da maioría.
• Igualdade de todos os individuos ante a lei.
• Control da sociedade.
• Identificación do partido co Estado.

10
Unidade
TAREFAS: REFORZO/AMPLIACIÓN
9
O inicio da Segunda República
1. Le os seguintes textos e contesta as preguntas.

11
Ao país:
As eleccións celebradas o domingo (12 de abril) revélanme claramente que non teño o amor do meu pobo […]. Atoparía
medios sobrados para manter as miñas rexias prerrogativas, en eficaz forcexeo contra quen as combaten. Pero, resolta-
mente, quero apartarme de canto sexa lanzar un compatriota contra outro en fraticida guerra civil […]. Espero coñecer a
auténtica e adecuada expresión da conciencia colectiva, e mentres fala a nación suspendo deliberadamente o exercicio do
poder real e sepárome de España, recoñecéndoa así como única señora dos seus destinos.

Afonso XIII. 14 de abril de 1931.

Ao pobo español:
Foi proclamada a República en España. O nefasto Borbón que nos tiña a argola ao pescozo tivo que deixar o poder […].
Non nos entusiasma unha República burguesa, pero non consentiremos unha nova ditadura […]. Se a República ha de
consoli- darse, será indubidablemente contando coa organización obreira, pola contra non será […].
A confederación rexional do traballo declara a folga xeral e está á expectativa dos acontecementos.
Comité Nacional da CNT. 15 de abril de 1931.

Decreto:
O goberno provisional da República tomou o poder sen trámites e sen resistencia ningunha nin oposición protocolaria; é
o pobo quen o elevou á posición en que se atopa, e é el quen en toda España lle rende acatamento e o inviste de autorida-
de. Na súa virtude, o presidente do goberno provisional da República asume desde este momento a xefatura do Estado co
asentimento expreso das forzas políticas triunfantes e da vontade popular.
Primeiro decreto do goberno provisional da República. Madrid, 14 de abril de 1931.

— Anota as diferenzas entre os textos e xustifica cada reacción: a da coroa, a do sindicato anarquista e a dogoberno republicano. Que
intereses se defenden en cada caso?

2. Le os seguintes artigos da Constitución de 1931. Explica como define o Estado español e que dereitos recolle.

12
Art. 1. España é unha República democrática e de traballadores de toda clase que se organiza en réxime de liberdade e de
xustiza. Os poderes de todos os seus órganos emanan do pobo. A República constitúe un Estado integral, compatible coa
autonomía dos Municipios e as Rexións.
Art. 3. O Estado español non ten relixión oficial.
Art. 8. O Estado español […] estará integrado por municipios mancomunados e polas rexións que se constitúan en
réxime de autonomía.
Art. 34. Toda persoa ten dereito a emitir libremente as súas ideas e opinións.

Art. 39. Os españois poderán asociarse ou sindicarse libremente.


Art. 52. O Congreso dos Deputados componse dos representantes elixidos por sufraxio universal, igual, directo e
secreto.
Constitución de 1931.

13
10

Unidade
TAREFAS: REFORZO/AMPLIACIÓN

A descolonización
1. A independencia das colonias supuxo o fin dos imperios coloniais entre 1945 e 1970. Escolle un dos novos Estados
xurdidos tras o proceso de descolonización e elabora unha ficha cos datos básicos que se sinalan deseguido.

Nome do país:
Capital:
Antiga metrópole:
Data de independencia:
Forma de acceso á independencia: Características do proceso:

Principais líderes políticos:

Outros datos de interese:

2. Le os seguintes textos e contesta as preguntas.

14
Art. 1. A suxeición dos pobos a unha subxugación, a unha dominación e a unha explotación estranxeira constitúe unha
negativa aos dereitos fundamentais do home; é contraria á Carta das Nacións Unidas e compromete a causa da paz e a
cooperación mundiais […].
Art. 3. A falta de preparación nos dominios político, económico e social, ou no do ensino, non debe xamais tomarse como
pretexto para atrasar a independencia […].
Resolución 1 514 da ONU, 1960.

Os homes de todos os países ou son cidadáns dun Estado autónomo e independente ou están para selo. A ninguén lle gusta
sentirse súbdito de poderes políticos provenientes de fóra da propia comunidade […].
Todas as comunidades políticas teñen dereito á súa existencia, á boa reputación, ao debido respecto que merecen, a ma-
nifestar e defender as súas ideas […], polo que cada unha desas comunidades políticas ten por igual o deber de respectar
nas outras todos eses dereitos.
Papa Xoán XXIII, encíclica Pacem in Terris.1963.

— Que é o que denuncian tanto a resolución 1 514 da ONU como a encíclica Pacem in Terris?
— Cales son as razóns que sosteñen esa denuncia?

15
Unidade
TAREFAS: REFORZO/AMPLIACIÓN 11
1.
O Tratado de Roma
Le o seguinte texto e contesta as preguntas. 2
Resoltos a sentar as bases dunha unión cada vez máis estreita entre os pobos europeos,
Decididos a asegurar, mediante unha acción común, o progreso económico e social dos seus respectivos países, eliminan-
do as barreiras que dividen Europa,
Fixando como fin esencial dos seus esforzos a constante mellora das condicións de vida e de traballo dos seus pobos,
Recoñecendo que a eliminación dos obstáculos existentes esixe unha acción concertada para garantir un desenvolvemento
económico estable, un intercambio comercial equilibrado e unha competencia leal,
Preocupados por reforzar a unidade das súas economías e asegurar o seu desenvolvemento harmonioso, reducindo as
diferenzas entre as diversas rexións e o atraso das menos favorecidas,
[…] Resoltos a consolidar, […] a defensa da paz e a liberdade e convidando os demais pobos de Europa que participan do
devandito ideal a asociarse ao seu esforzo,
Decidiron crear unha comunidade europea […].
Art. 3. Para alcanzar os fins enunciados no artigo 2, a acción da Comunidade implicará, nas condicións e segundo o ritmo
previstos neste tratado:
a) a supresión, entre os Estados membros, dos dereitos de aduana e das restricións cuantitativas á entrada e saída das
mercadorías […],
b) o establecemento dunha tarifa aduaneira común e dunha política comercial común cara a terceiros,
c) a supresión, entre os Estados membros, dos obstáculos á libre circulación de mercadorías, persoas, servizos e capitais,
[…]
d) unha política común nos ámbitos da agricultura,
e) unha política común no ámbito dos transportes, [...]
g) a aplicación de procedementos que permitan coordinar as políticas económicas dos Estados membros e evitar os
desequilibrios nas súas balanzas de pagamentos,
h) a aproximación das lexislacións nacionais na medida necesaria para o funcionamento do mercado común,
i) a creación dun Fondo Social Europeo, co fin de mellorar as posibilidades de emprego dos traballadores e de contribuír
á mellora do seu nivel de vida .
Tratado de Roma, 25 de marzo de 1957.

— Explica cales eran os obxectivos do Tratado de Roma.

— Como se pretendían alcanzar eses obxectivos?

— Cales foron os países asinantes do Tratado de Roma?

— En que organismo estaban integrados? Como pasou a chamarse a partir de entón?

— Enumera os países que se incorporaron posteriormente a esta organización europea e en que ano o fixeron.

— En que ano se creou a Unión Europea? Por que Tratado? Que países se incorporaron a ela?

— Cres que a actual Unión Europea alcanzou os obxectivos marcados no Tratado de Roma?

16
Unidade
TAREFAS: REFORZO/AMPLIACIÓN
12
O desenvolvismo económico
1. Na década dos anos sesenta produciuse en España
un gran crecemento económico cualificado polo réxime
franquista como de milagre. Este crecemento estivo
impulsado pola liberalización da economía espa ñola,
iniciada a partir da posta en marcha do Plan de
Estabilización de 1959. Pero, a pesar do crecemento
acelerado ou desenvolvismo, producíronse en España
importantes desequilibrios.
— Observa o mapa da distribución provincial da renda
española en 1969.
• O mapa é de tipo anamórfico. Por que?
• Analiza a información que achega.
• Infórmate sobre asas causas destas
desigualdades no crecemento económico español na
déca-da do sesenta.

2. Le o seguinte texto e contesta as preguntas.

En España, a partir das novas medidas económicas, instauradas en 1959 e baseadas no liberalismo económico, e que con-
sideran o funcionamento do mercado como peza fundamental do sistema, prodúcese unha viraxe nos aspectos da produ- ción:
auméntase enormemente a produtividade, racionalízase a produción [...] e faise pasar todo polo mercado acabando coa autarquía,
mesmo do pequeno consumidor. Para industrializar o país utilízase a fondo e ponse no mercado o enorme exército industrial de
reserva que o campo e rexións atrasadas posúen; así, impúlsase e acelera o movemento da man de obra desde zonas rurais a
industriais [...].
Toda a man de obra que se libera neste proceso non pode ser absorbida pola industria española do momento e, ante o paro que
ameaza como consecuencia do «Plan», facilítase e apoia a emigración aos países europeos, que están febrilmente dedicados á
reconstrución e ampliación de todo a súa poderío económico-industrial. [...]
Con todo, o que foi unha saída de urxencia nuns momentos difíciles, ante a incapacidade do sistema económico español para
proporcionarlle emprego a toda a súa poboación activa, converteuse aos poucos no trazo estruturalmente máis impor- tante da
economía española actual, xa que ademais do sinalado efecto «válvula de seguridade» do emprego, os emigrantes son a fonte máis
importante de divisas netas para o país: parte nos gastos durante as súas vacacións en España moito máis elevados que a media
dos turistas estranxeiros, polos aforros en divisas que logran obter e traen os emigrantes temporeiros e, especialmente, polo gran
chorro delas que diariamente envían a España.

Fundación FOESSA, Estudos sociolóxicos sobre a situación social en España. 1975.

— Cales foron as medidas económicas instauradas en España en 1959 e en que se baseaban? Cal era a política
económica española antes da instauración destas medidas económicas?
— Que se utilizou para industrializar o país? Que ocorreu coa gran cantidade de man de obra chegada desde
as zonas rurais ás industriais?
— Que consecuencias tivo para a economía española a emigración desa man de obra?

17
Xeografía e Historia – 4º ESO

Unidade
TAREFAS: REFORZO/AMPLIACIÓN
13
A nova orde mundial
1. Redactade, en grupo, noticias xornalísticas ao rdor da nova orde internacional como se fósedes correspon-dentes
de prensa. Elixide cada grupo algún dos seguintes feitos.
— A perestroika.
— Caída do muro de Berlín e reunificación alemá.
— Implosión da URSS; independencia das repúblicas bálticas; formación da CEI.
— Conflitos nos Balcáns desde 1991.
— Posición hexemónica de Estados Unidos tras a caída do bloque socialista.
— Ataques terroristas do 11-S contra o World Trade Center de Nova York e o Pentágono de Washington.
— Guerra de Iraq, 2003.
— Situación política e económica das potencias rexionais emerxentes (Brasil, India, China...).
— Enfrontamento entre o Estado de Nixeria e a guerrilla islamista de Boko Haram.
— Terrorismo internacional do Estado Islámico.
Para poder redactar as diferentes noticias propostas, debedes informarvos previamente, de maneira breve, sobre algúns
aspectos, por exemplo, que cambios trouxo a perestroika, cando e por que se construíu o muro de Berlín, cal era a situación
nos Balcáns antes do estalido da guerra en 1991, os antecedentes da Unión Europea etc.

Debedes levar a cabo o exercicio seguindo as pautas da linguaxe xornalística. Lembrade que a noticia é o relatodun
feito importante e que, para que o relato sexa completo, ten que responder as seguintes preguntas:

— Quen? Que? Cando? Onde? Por que?

As noticias compóñense das seguintes partes:

— Titular. Resumo esquemático dos datos básicos da noticia. A letra é máis grosa e en negra.

— Encabezamento. Parágrafo no que se presenta a información que se detalla deseguido. Pode ir en negra
ou en cursiva.

— Corpo. Desenvolvemento da noticia con todos os detalles, de maior a menor importancia.

Para que a noticia poida ser entendida con facilidade e permita unha lectura rápida, a linguaxe debe ser clara,concisa
e correcta.

Tamén podedes elaborar unha reportaxe ou inventar unha entrevista, seguindo as pautas.

Reportaxe: noticia ampliada coa que se pretende afondar na presentación duns feitos que, na noticia, só es- tán descritos
parcialmente. O xornalista infórmase dos antecedentes, consecuencias etc. dun feito concreto, e preséntao xunto cun
material gráfico co que completa a información.
Entrevista: consiste nunha serie de preguntas e respostas que un xornalista utiliza coa finalidade de investigar (é unha
maneira de documentarse e preparar reportaxes) ou como xénero (a persoa entrevistada fala da súa vida, do seu
traballo... ou dá a súa opinión sobre cuestións xerais). A estrutura da entrevista inclúe unha breve presentación da
persoa, as preguntas expostas e as respostas correspondentes.

18
Xeografía e Historia – 4º ESO

Unidade
TAREFAS: REFORZO/AMPLIACIÓN
14
Os dereitos humanos e a globalización
1. Le este texto sobre os dereitos humanos na globalización, reflexiona e responde as preguntas.

Existe un grupo dos dereitos humanos que non só se volveu internacional debido á globalización, senón que foi a globalización
mesma a que os orixinou e os forxou. Os dereitos chamados «de terceira xeración » (ou dereitos de so- lidariedade) que son os
que se orixinaron máis recentemente no Dereito internacional, son considerados por moitos como a resposta dos dereitos humanos
aos retos da globalización. Referímonos ao dereito á paz, que é o contrapeso da carreira de armamentos; ou ao dereito a un
ambiente san que chama a atención sobre os perigos da contamina- ción ambiental. Co aumento dos retos da globalización o
catálogo dos dereitos de terceira xeración ensánchase. Os dereitos pertencentes á terceira xeración apenas se están formando en
relación coa resolución dos problemas globais. Son dereitos que non poden ser realizados do todo dentro das fronteiras dos
Estados e que non poden ser concibidos
–ou o son dificilmente– como dereitos subxectivos do individuo fronte ao Estado.
F. Kondorosi. Os dereitos do home nun mundo globalizado, 2002.

— Que son os dereitos de terceira xeración? Cales cita o texto?

— Por que di o texto que estes dereitos se volveron internacionais debido á globalización?

— A partir da lectura do texto, e coa axuda de Internet, elabora unha listaxe de dereitos de terceiraxeración.

— Investiga e define cales son os dereitos humanos de primeira e segunda xeración.

— Que diferenzas e similitudes observas entre as tres xeracións de dereitos?

2. A partir do exercicio anterior e a información recollida, confecciona unha táboa resumo sobre as tres xeracións de
dereitos humanos ao longo da historia.
— Na táboa debes incluír: o período, o tipo de dereitos e os valores promovidos, así como citar algún exemplo.

19

You might also like