Programa Electoral Ul23

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 53

LIÑAS

PROGRAMÁTICAS
MUNICIPAIS 2023
Estas bases programáticas reflicten os puntos básicos de actuación de Unidade
Local no caso de acadar o goberno municipal

Redactado por Antonio Patiño Pérez e Mónica Montero Borrazás


UNIDADE LOCAL de Arteixo
Decembro a maio de 2023

Permítese a súa reprodución total ou parcial mencionando como autor a Unidade Local, Antonio Patiño
Pérez ou Mónica Montero Borrazás
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

ÍNDICE PÁXINA
SAÚDOS DE ANTONIO PATIÑO 4

PRESENTACIÓN 5

A VÍA MUNICIPALISTA, DEMOCRATIZACIÓN DOS CONCELLOS 7

AS COMPETENCIAS QUE TEÑEN OS CONCELLOS E AS NOSAS 13


PROPOSTAS DENDE O MUNICIPALISMO

APÉNDICE: AS NOSAS BASES IDEOLÓXICAS 44

DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS 49

(En español)

Correo electrónico: unidadelocalarteixo@gmail.com


Estamos nas redes sociais:

3
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

Saúdos, veciña, veciño, son Antonio Patiño


Pérez, teño 72 anos e nestes 4 anos pasados fun
concelleiro non adscrito no concello de Arteixo,
preséntome de novo porque unha vez constatei que
os asuntos que un concello debe tratar están sendo
levados a cabo con infinita parsimonia ou desdeixo,
estou convencido que é por pura desidia, tanto pola
parte do xa goberno en funcións como por parte
dunha oposición que esmorece baixo o
convencemento de que en Arteixo manda quen
manda e non hai por onde atallalos, pero, iso non é
motivo para abandonar o traballo, as propostas,
as críticas e si se dera o caso os parabéns, disto
houbo moi pouco e haino que dicir.

Pese a todo, como concelleiro levei a pleno unhas 76 propostas, de carácter


variado, fora por propia inquedanza e investigación ou porque outras veciñas e
veciños mas achegaron, vítimas de políticas municipais que atenden máis a
empresas que á veciñanza, ou a atención só vén cando alguén protestou firmemente
e con razón, as cousas non se fan así...os dereitos deben ser defendidos dende a
institución municipal como se dunha obriga se tratara e a cidadanía non caer no
descrédito só porque unha formación política, a máis votada, ou parte da oposición,
non fagan o seu traballo. Se non protestamos, se non exercemos os dereitos estes
serannos arrebatados sen contemplación.

Por iso, logo dunha longa vida laboral dedicado ó servizo público no INEM como
subdirector e director, sigo insistindo en que temos que unirnos e non desesperar ou
esmorecer, abandonarnos nas mans de quen miran por intereses moi particulares.

Por todo, prométovos que se eu e o equipo de Unidade Local, accedemos ó


goberno de Arteixo, traballaremos dende esas premisas, defensa dos dereitos como
base do goberno, accesibilidade á alcaldía, defensa da clase traballadora por riba de
calquera outra consideración. En fin, veciña, veciño, Antonio Patiño e o resto de
compañeiras e compañeiros vén a demostrar que no municipio podemos facer
DEMOCRACIA.
Recibe un cordial saúdo
Antonio Patiño Pérez
Candidato á alcaldía de Arteixo
Lexislatura 2023-2027

4
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

PRESENTACIÓN

Unidade Local comezou a súa andaina hai xa un ano, froito da reflexión do contexto
político no eido municipal, vendo que se escatima cada vez máis, unha xa minguada
democracia. Nós, como cidadás e cidadáns temos cada vez máis difícil ser atendidos
convenientemente na que debera ser a casa de todas e todos: o concello.

Partimos da base do MUNICIPALISMO, porque é dende os nosos concellos, porta con


porta con cada veciña e veciño, onde a política pode xa, rexenerarse. Somos
conscientes de que o traballo non é doado, porén, todo pode amañarse se contamos
co voso apoio o vindeiro 28 de maio, mediante o voso voto que será respectado ó
máximo no contexto deste programa que se presenta coma un proxecto factible, é
dicir: que partimos de propostas concretas sen ilusionismos nin fantasías, sen
promesas baleiras.

Veciña, veciño, o cambio pode dar certa vertixe, pero non tanta como continuar nun
modelo municipal que non te ten en conta, non nos ten en conta, por iso creouse
Unidade Local, co convencemento de que a unión favorécenos para levar a cabo as
demandas sociais que emenden tanto dano feito.

Que é o que está mal no teu concello? Pois, sinceramente, case todo, máis o que
non se ve... aquilo que pode mellorar a túa vida nos momentos de necesidade, eses
que igual agora non sofres, pero ninguén estamos libres de, por exemplo, ter a unha
persoa dependente na casa... e iso non se está atendendo como se debera. O
urbanismo, as obras son un caos que vivimos xa con certa resignación e NON
DEBERAMOS, hai que ser parte desas decisións.

Por iso propoñémosche que nos apoies, CAMBIA o teu voto a UNIDADE LOCAL, dá o
teu apoio ás veciñas e veciños que traballamos arreo para que as nosas propostas se
fagan realidade, propostas que xa estivemos demandando nos concellos nos que nos
presentamos, porén... sendo moitas veces aceptadas acabamos vendo como se
executan en signo contrario ó proposto, ou peor, non as executan. Ese desprezo por
parte dos actuais gobernos é inaceptable, sobre todo porque... se non se
consideraron malas propostas, que é o que impide levalas a cabo?

Comprometémonos a que a lexislación se cumpra, para que serven as leis se logo


non se orzamentan nin poñen en marcha? Porque aínda que sexan insuficientes
son un marco legal que permitirían levar a cabo máis cuestións. Cuestións que
mellorarían o noso día a día, ou mesmo, facer dos nosos núcleos urbanos espazos

5
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

máis fermosos e sans. Por iso nos presentamos, porque participar é un dereito,
incluso -diríamos- un deber, tomar partido polo ben común é o mellor que
podemos facer para conseguir unha boa vida.

Destacamos que este marco lexislativo permitiría:

• mellorar a democratización do concello


• maior equidade no trato e atención
• a mellora ambiental
• a creación de emprego público de calidade
• a elaboración do PXOM
• a creación de empresas públicas
• municipalización de servizos
• etc

Queremos que o noso concello chegue a formar parte do que se denomina “ cidades
en transición”, cidades na vangarda que miran pola integración dos avances
tecnolóxicos, polo benestar da cidadanía e pola calidade ambiental, respecto os
ecosistemas e, como non, a establecer entre a veciñanza relacións máis sans.

Relacións máis sans e sen violencia, con medidas sociais, económicas e políticas que
nos fagan ter orgullo de vivir nun concello onde pola vontade da maioría, mediante o
voso voto, poñamos en marcha o inicio do fin do medo cara unha sociedade máis
xusta.

Veciñas e veciños, vótanos, non perdades a ocasión, non vos amedrentedes ante a
peticións interesadas (e que xa aburren) do “voto útil” ese que só sirve a quen leva
aproveitándose do sistema toda a vida, hora é de que un goberno municipal
GOBERNE, porque gobernar non é facer favores, gobernar é levar a cabo as
melloras que nos beneficien a todas e a todos.

O domingo 28 de maio tes unha cita nas urnas,


VOTA UNIDADE LOCAL.

6
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

A VÍA MUNICIPALISTA, DEMOCRATIZACIÓN DOS


CONCELLOS

2.1. As bases dos nosos gobernos:


1. Loita contra as discriminacións. Isto significa que todas as persoas
deben ser tratadas atendendo a que tódalas persoas temos a mesma
dignidade, liberdade e acceso igualitario aos dereitos, sexan a educación , a
cultura ou calquera dos servizos públicos, con independencia do sexo ,
orixe étnico, a relixión, a discapacidade, a orientación sexual, ou a idade.

2. Defensa dun modelo económico xusto que garanta os dereitos sociais


e laborais. O crecemento baseado en valores significa que a
sustentabilidade medioambiental, a dignidade humana e o benestar son
fundamentais para a creación de riqueza. Esta nova economía debe
fomentar o progreso social que mellora a calidade de vida. O sector
público xoga un papel esencial neste novo sistema económico.

3. Defensa da lingua e cultura galegas e do noso patrimonio


fomentando a lingua e a cultura galegas, así como o seu patrimonio non só
como unha herdanza que cómpre conservar e transmitir, senón como
obriga da súa preservación que cada xeración debera asumir pois é a
memoria tanxible das sociedades que nos precederon, tendo en conta que
tamén é creadora de riqueza económica para a sociedade actual e as de
por vir.

4. Protección do ambiente Impulsando a recuperación con criterios


sustentables do medio natural, tan alterado no último século XX e no que
vai de XXI, protexendo a natureza para as xeracións actuais e futuras
posto que dela depende a nosa saúde e, por suposto, como recurso
económico posto que podemos obter materias primas diversas de forma
continuada sempre que a súa explotación sexa racional, planificada e
sustentable.

5. Benestar animal. Garantir a saúde dos animais que conviven con nós
posto que a súa compaña ofrece para nós enormes beneficios, garantindo,
asemade, a súa alimentación e o seu estado emocional como
responsabilidade que se adquire cando se introducen no noso eido familiar
e como sociedade. Canto á fauna salvaxe o coidado vén mediante a
restitución dos ecosistemas, concello libre da caza ou só cando sexa

7
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

necesaria para o control de individuos con enfermidades ou


extremadamente perigosos que non poidan ser controlados doutro xeito
máis compasivo. Entre outros a creación dunha canceira municipal .
Parques para que as familias con cans poidan levar ós animais. Coidados
veterinarios asegurados en caso de familias sen recursos para evitar o
abandono. Etc.

6. Máis autogoberno e mellor vertebración territorial Promover a


confianza nos nosos recursos, riqueza e capacidade para o
desenvolvemento económico. Asi como traballar para mellorar a
Organización e cohesión no territorio, entendido como a construción social
dun espacio determinado.

7. Defender o establecido no programa actuando como representantes


de todas as veciñas e veciños, polo que respectaremos as decisións
tomadas nas consultas públicas democráticas en base as premisas da
convocatoria.

8. promover dende o minuto cero do goberno de UNIDADE LOCAL espazos


de participación que melloren a calidade das decisións políticas.

9. os cargos electos e os de libre designación asumiremos os acordos,


garantindo a transparencia, a rendición de contas e a revogación no caso
de incumprimento non xustificado dos acordos

10. facer públicas as axendas, os bens e ingresos das e dos


representantes. Así como calquera outro dato que mellore a transparencia
cara a cidadanía, para evitar conflitos de intereses.

11. Evitar a acumulación de cargos, os nosos alcaldes comprométense a


non ser deputados, ese cargo caerá na persoa que o alcalde designe como
máis conveniente, en base á súa situación persoal, laboral e de
posibilidade de dedicación.

12. fomentar a participación das parroquias e barrios, sexa en espazos


físicos ou virtuais, ca presenza dun ou varios cargos electos, cando menos
cada semestre, trasladando as peticións sexan do tipo que sexan ó
goberno que deliberará e ca obriga de contestar nun espazo de tempo
acordado na dita xuntanza.

13. dotarnos dun código ético que rexa toda a nosa actuación política,
en especial tendente a amosar o camiño para garantir que as persoas que
asumamos o goberno sexan intachables en canto a cuestións como :

8
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

relacións igualitarias entre homes e mulleres, observar comportamentos


non violentos no exercicio do goberno e fóra del, etc.

14. no caso de reivindicacións sociais, loitas obreiras que sucedan no


territorio dos nosos concellos, sendo causas xustas que estean en
sintonía cos principios dos que nos dotamos, os cargos públicos da
UNIDADE LOCAL comprométense a participar e propiciar espazos de
solución en canto ós conflitos que orixinaron as vindicacións ou, no seu
caso, a poñer en marcha medidas políticas, no exercicio das competencias
municipais, para solucionar as causas do mesmo, sempre en beneficio da
clase traballadora.

15. estableceranse mecanismos destinados a xestionar as dificultades ou


contradicións que se puideran dar entre os concellos gobernados por
Unidade Local, entre estes e os axentes socias, parroquias, etc.

16. uso, difusión e mesmo creación de ferramentas informáticas de código


aberto, do mesmo xeito que partimos da municipalización como base
teórica do noso goberno, a democratización das ferramentas informáticas
é outra das cuestións que o poden favorecer.

17. manter contacto habitual con colectivos en situación de


vulnerabilidade e ter presente os informes técnicos do concello e/ou
Xunta ou calquera outro organismo, para a toma de decisións, promovendo
que eses informes sexan veraces, transparentes e non manipulados

18. garantir que no caso da toma de decisión sobre aspectos de especial


impacto no ámbito social, ambiental ou urbanístico, o goberno de
UNIDADE LOCAL facilitará ferramentas como os referendos municipais,
facilitando a información necesaria para tomar a mellor decisión

19. comprometémonos a poñer en marcha iniciativas cidadás que dentro do


marco legal vixente melloren o noso concello e a calidade de vida nel.

20. Comprometémonos a facer máis accesible as nosas alcaldías, nun modelo


onde as citas previas sexan máis flexibles, con máis días, máis ou
menos fixos na semana a tal fin, sempre que non existan impedimentos
institucionais. En calquera caso a cita previa só pode realizarse para ser
máis eficientes e non deixar a ninguén agardando á porta.

2.2. Transparencia, contas claras e finanzas éticas

9
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

1. transparencia na xestión, publicando e desagregando os datos


referentes ós ingresos e gastos do concello

2. elaboración de auditorías ó inicio da toma de posesión do novo goberno

3. Publicar e limitar as doazóns privadas a Unidade Local, de tal forma


que esta práctica non cree relacións caciquís, asignación de contratos
espurios que coarten a liberdade e independencia de Unidade Local e os
seus gobernos.

4. traballar ca banca ética para garantir a independencia e coherencia co


programa e para afastar o perigo que sobrevoa sobre a banca en xeral .
Tendo en conta que a “banca ética” non mercadea con produtos contrarios
ós principios dos que nos dotamos.

5. as retribucións tanto dos cargos electos como do persoal de libre


designación farase en contas da banca ética que deberán abrir a tal fin,
promovendo no posible a eliminación das contas en entidades bancarias
que forman parte dos problemas sociais actuais (venta de armas, futuros,
paraísos fiscais...)

6. publicación cada verán dos ingresos persoais logo da declaración do IRPF

7. promoverase a creación de empresas municipais e evitaranse as


contratacións externas sempre que a lexislación actual o permita.

8. tódalas contratacións externas serán transparentes e promoverán


empregos de calidade, o uso de banca ética, servizos de calidade, etc
que se detallarán no prego de condicións e que serán obxecto de
exposición pública nas ferramentas das que se dote o concello.

9. non se aceptarán tratos de favor, renunciaremos ós agasallos e/ou


privilexios, realizarase un prego público onde se regulará este aspecto,
para poder levar a cabo un proxecto político independente e evitar os
clientelismos, cunha cultura política onde a cidadanía entenda que os
gobernos municipais están para atender a toda a veciñanza de forma
obxectiva e equitativa

10. velarase porque o funcionariado tamén traballe dende a premisa anterior,


onde os agasallos ou calquera vantaxe que se ofreza para axilizar calquera
trámite sexan erradicados do noso concello.

11. Promoverase dende o goberno de Unidade Local, un modelo de


campañas electorais máis transparentes mediante a limitación do

10
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

gasto electoral. Facilitaranse espazos de transmisión dos diversos


proxectos políticos que se presenten de forma igualitaria,

12. comprometémonos a facer público o gasto da campaña e a un uso


coherente e axustado

13. mediante tódalas ferramentas posibles que permita a lexislación


combateremos o lucro capitalista na provisión de bens e servizos,
recuperando a xestión directa dos servizos privatizados.

14. compromiso de non duplicar soldos, nin remuneracións extra por asistir a
xuntanzas

15. no caso de imputación xudicial cesarase inmediatamente á persoa que


ostente un cargo electo sexa no goberno ou oposición, só non será de
aplicación no caso dos chamados “delitos de odio” posto que pode atentar
á liberdade de expresión, é dicir, só se aplicará en casos flagrantes e con
datos obxectivos evidentes.

16. Poderanse percibir compensacións monetarias polos gastos de


transporte, alimentación e aloxamento derivados da función pública,
mentres o gasto estea convenientemente documentado e sexa xustificado
con anterioridade ou posteriormente en casos claros de gasto motivados
pola función pública non programados e necesarios.

17. promover a conciliación entre a vida privada, política e laboral, atención


especial ás representantes sen emprego que dediquen un número de
horas (por determinar) á función pública, baremarase unha vez se tome o
mando do goberno municipal, de consenso ca oposición .

2.3. A defensa do municipalismo na oposición:


1. asumiremos o compromiso de impulsar accións, vixiar e demandar
reformas estruturais canto ós gastos e contratacións públicas,

1. denunciaremos as prácticas abusivas, inmorais e as incompatibilidades


cominando a facer un uso racional e transparente dos recursos
públicos,

2. propoñeremos iniciativas, de acordo co noso programa, que melloren as


condicións de vida da veciñanza, en calquera das dimensións da política
municipal, tendo en conta os orzamentos, a viabilidade e idoneidade.

3. Facilitaremos a participación nos plenos e xuntas á cidadanía cando


o goberno municipal non o permita, sendo a súa voz.

11
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

4. Unidade Local estará, pois, dispoñible a calquera veciño e veciña que


teña propostas, demandas ou problemas que non estean sendo atendidos
polo goberno municipal, Xunta ou calquera outra administración, poñendo
a disposición horarios, teléfonos e correo electrónico, así como as redes
sociais.

5. Vixilancia e dispoñibilidade para mediar en materia veciñal, para


evitar e/ou denunciar prácticas abusivas de veciños ou veciñas cuxas
accións sexan prexudiciais, abusivas ou contrarias á boa veciñanza en
calquera das dimensións da nosa vida municipal cando o concello non
actúe ou actúe de forma equivocada, lesiva ou desdeixada.

12
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

AS COMPETENCIAS QUE TEÑEN OS CONCELLOS E AS NOSAS PROPOSTAS


DENDE O MUNICIPALISMO:

UNIDADE LOCAL gobernará atendendo ás competencias que lle corresponden


en base á lei de réxime local (7/1985 de 2 de abril) tendo en conta que é un
concello con menos de 50.000 habitantes e polo tanto non pode asumir todas as
competencias, sendo a Deputación da Coruña, Xunta e en última instancia o
Estado Español o que deben asumir as eivas que a lexislación impón.

3.1 ARTIGOS DA LEI E AS NOSAS PROPOSTAS:

“Art. 1. El Municipio, para la gestión de sus intereses y en el ámbito de sus


competencias, puede promover actividades y prestar los servicios públicos
que contribuyan a satisfacer las necesidades y aspiraciones de la comunidad
vecinal en los términos previstos en este artículo.”

3.2. CREACIÓN DE EMPRESAS MUNICIPAIS:

As empresas que se citan a continuación son un exemplo de todas as que se


poderían desenrolar con obxectivos que van máis aló de crear emprego de
calidade, tales como a soberanía enerxética, alimentar, dereito a vivendas
dignas... etc. A creación sería paulatina, en base a criterios que marca a lei de
réxime local, na primeira lexislatura de Unidade Local, abordaremos a posta en
marcha da empresa municipal de enerxía, biomasa, valorización do lixo e a agro-
forestal. Deixarase así mesmo, encamiñada a creación do resto de empresas que
se mencionan neste punto.

• Empresa municipal de enerxía, podendo ser de forma autónoma ou en


colaboración con outros concellos, trátase de obter enerxía barata e
subministrala de forma democrática, partindo do principio de equidade é
dicir primeiro as familias máis desfavorecidas ata acadar o 100% de
actuación no territorio municipal. Isto é buscando a soberanía enerxética.
Asemade crearase emprego de calidade e duradeiro no tempo.

• Empresa municipal de xestión da biomasa do noso territorio, así como


de tódolos residuos orgánicos que xeramos cada familia, con varios
obxectivos, por unha banda a limpeza dos montes, xeración de biogás e
incluso biodiésel, produción de estrume (“compost”) e creación de postos
de traballo.

13
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

• Empresa municipal de valorización de lixo, tanto para separar


axeitadamente como para recuperar metais preciosos de aparellos,
plástico para realizar novos produtos... é dicir trátase dun proxecto a
grande escala que se cadra habería que levar entre os concellos da
contorna, un separa, outro recicla metais, outro elabora subprodutos,
restauración de mobles...

• Empresa municipal agro-forestal, recuperando os terreos a baldío,


abandonados, comunais... para a produción de produtos do agro e xestión
dos montes. Vai en paralelo ós mercados.

• Empresa municipal de transformación de produtos agrarios, trátase


de dar continuidade á produción agraria, mediante a transformación dos
produtos ou envasado dos mesmos (conxelación, secado,
transformación...)

• Municipalización de tódolos servizos privatizados, limpeza,


mantemento, xardíns, etc

• Minimizar as externalizacións de servizos, obras, etc, e nese caso


incluír pregos de condicións que esixan unhas óptimas condicións laborais .
O concello debe pagar estes servizos de forma dilixente pois moitas
empresas/autónomos de pequeno tamaño acaban afogadas polas
demoras.

“Art. 2. El Municipio ejercerá en todo caso como competencias propias, en los


términos de la legislación del Estado y de las Comunidades Autónomas, en las
siguientes materias:

a) Urbanismo: planeamiento, gestión, ejecución y disciplina urbanística.


Protección y gestión del Patrimonio histórico. Promoción y gestión de la vivienda
de protección pública con criterios de sostenibilidad financiera. Conservación y
rehabilitación de la edificación.”

1. PXOM, PEPRI, ARI, no caso dos concellos sen PXOM remediar esta situación,
así como usar calquera outra figura do noso planeamento para mellorar a
calidade de vida das e dos habitantes. Deben levar implícitos os criterios
de:

▪ respectar os valores orixinais do rural como patrimonio natural,


cultural, etnográfico, ambiental e recuperar a produtividade agraria,
forestal e gandeira, baseados en principios ecolóxicos

14
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

▪ restaurar antes que novas construcións con criterios que unan


os valores patrimoniais da nosa arquitectura e os contemporáneos,
evitando actuacións irreversibles que anulen o carácter orixinal e
estraguen as nosas paisaxes. Como base deberamos iniciar unha
aposta pola BIOCONSTRUCIÓN, tanto porque abarata os custes
como porque asegura espazos máis sans e porque en caso de
abandono os materiais son compatibles co medio. Acabar cas
urbanizacións, non dando máis permisos de construción, posto que
son un atraso e require moitos recursos para pagar o capricho de
sentir que se vive na “natureza”. En todo caso poderanse permitir
propostas de construcións (por exemplo agro-turismo) que non
impliquen modificar o terreo ou facelo sen case impacto (sobre
piares) sempre que os materiais de construción sexan compatibles
co medio natural, basicamente: madeira, palla, adobe e que
ademais contemplen a restauración dos valores ambientais do
bosque atlántico, non permitir a entrada a vehículos a motor,
autosuficiencia enerxética e acceso a mananciais.

▪ Víais: Camiños, rueiros, iluminación, contedores... reverter as malas


prácticas froito dun “desenrolismo” sen conciencia nin planificación,
evitando o asfaltado, substituíndo nos rueiros por pedra
(“adoquíns”) mentres que nos forestais sexan de xabre ou pedra
(por exemplo na recuperación de tramos empedrados), soterrando
os tendidos eléctricos e de telefonía, Soterrado de contedores ou
realizando actuacións para facelos menos visibles salvo que se
leven a cabo outros sistemas de recollida, etc. Con proxectos que
teñan en conta todas estas condicionantes.

▪ Empresa municipal de obras, para a rehabilitación de vivendas


en casos de necesidade, é dicir, cubrir a persoas que non poden
permitirse os custes e evitar as infravivendas, no caso posible
deberán participar nas obras. Así mesmo levar a cabo as obras de
mantemento do concello sen ter que recorrer a empresas do sector
cando estas obras non excedan as capacidades propias das que se
doten.

▪ Patrimonio Cultural: arquitectónico, arqueolóxico, etnográfico,


dotar ós espazos museísticos, se os houbera, de contido e medios
tanto económicos como humanos, se non houbera, crear mediante
intervencións intelixentes, mellor sempre rehabilitando espazos

15
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

abandonados e crear ciclos didácticos, expositivos... que conecten


tódolos concellos da contorna.

▪ VIVENDA PÚBLICA: avanzar na consecución dun parque de


vivenda pública de verdade, de calidade, con criterios actuais de
construción e/ou rehabilitación, para acabar ca infravivenda,
chabolismo e mendicidade e ter alternativas en caso de
desafiuzamentos, nesta cuestión haberá que ter 2 liñas de traballo,
1 preventiva e asesoramento para as persoas que poidan estar en
circunstancias adversas que leven a desafiuzar e 2 en caso de que
ocorra, buscar alternativas, agás en caso de maltratadores e
delincuentes. Neste caso as empresas municipais de construción
poden ter un papel fundamental, nun modelo semellante ó de
Marinaleda (Andalucía) onde a construción ten unha parte feita por
quen será quen logo as habite (agás impedimentos obxectivos) e
por profesionais para que os acabados sexan de calidade.

▪ RESERVA DO DEREITO DE COMPRA en tódalas ventas de


inmobles, sexan do tipo que sexan, con varios obxectivos, o máis
importante é aumentar o patrimonio dos concellos de tal xeito que
os e as habitantes desliguen o dereito ó seu uso (usufructo) da
tenencia individual, uso respectuoso dos recursos, baixar o prezo de
vivendas e alugueiros, e finalmente ter un parque de vivendas
sociais que realmente beneficie á clase traballadora.

“Art. 2 b) Medio ambiente urbano: en particular, parques y jardines públicos,


gestión de los residuos sólidos urbanos y protección contra la contaminación
acústica, lumínica y atmosférica en las zonas urbanas.”

• Empresa municipal de xardinería: emprender proxectos de xardinería


máis sustentable, crear “xero-xardíns” é dicir un paisaxismo que teña en
conta o aforro de auga, a incorporación de especies autóctonas antes que
foráneas, prohibir incorporar especies con potencialidade invasora .
Erradicar as invasoras (pampa, tradescantia, mimosa, acacia
melanoxylum, etc), crear programas e xardíns botánicos, evitar ó máximo
os xardíns efémeros por outros máis estables. Incorporar o sistema de non
labrar.

• O agro na cidade: recuperación de espazos urbanos degradados, solares


e ruínas abandonadas, con proxectos de cultivos que teñan en conta

16
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

aspectos como o de ancianidade activa, ensinar ás crianzas,


autosuficiencia... etc. A estrutura pode ser xestionada entre o concello e a
quen se lle asigne as 2parcelas, podendo incorporar os “bancais elevados” .

• Desterrar o uso de produtos de síntese: praguicidas, hebicidas,


funxicidas, fertilizantes, etc... substituíndo por produtos naturais, tales
como puríns de ortiga, cola de cabalo... vinagre, e os fertilizantes pola
incorporación de estrumes de calidade (sistema de cultivo sen labrar)

• Árbores e outra vexetación: evitar a talla, unha árbore na cidade axuda


a procesar o CO2 e regula a temperatura, a escolla de árbores caducifolias
ou perennes dependerá da situación, evitar as podas continuadas e
extremas, posto que envellecen enormemente as árbores, non son ningún
beneficio para elas. A vexetación debe “invadir” toda a cidade, pois dela
depende a nosa calidade de vida.

“Art. 2. c) Abastecimiento de agua potable a domicilio y evacuación y


tratamiento de aguas residuales.”

Precisamos cambiar o modelo de como usamos a auga, incorporando proxectos


como:

• Creación de depósitos soterrados para acumulación de pluviais que


servirán para o rego no verán ou incluso creación de estanques con
circuítos pechados que melloren o aspecto dos nosos centros urbanos e
melloren a calidade ambiental, posto que no verán axudarán a baixar a
temperatura... etc

• Fomentar a recuperación das augas grises no urbano e no rural con


proxectos desenvolvidos dende o concello, sexa con estanques de
decantación, ou sistemas soterrados. Así mesmo pode iniciarse proxectos
piloto con sistemas de tratamento doméstico das feces, tales como os
innovadores váteres que incineran ou os máis coñecidos váteres secos.
Deste xeito poderase chegar a eliminar o sistema de sumidoiros
(planificación a “X” anos). Nos edificios públicos plans pilotos para
substituír o sistema tradicional do váter polos indicados.

• Aseos públicos en espazos públicos, paseos, etc. Hai unha carencia


enorme deste servizo, dando lugar a zonas onde ouriños e feces, papeis...
dan unha imaxe penosa das nosas vilas e peor aínda, son focos de
insalubridade.

17
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

“Art. 2. d) Infraestructura viaria y otros equipamientos de su titularidad.”

Pasar a modelos onde o asfalto sexa desterrado:

• adoquinado, sobre todo nos pasos de peóns, nunha ampla zona que
obrigue a reducir a velocidade moitos metros antes.

• No rural substituír o asfalto dos rueiros por adoquíns ou outros sistemas


máis duradeiros, levando a cabo proxectos de revalorización das nosas
aldeas, da mesma forma facelo nos centros urbanos “zonas vellas” que
son ademais as que máis xente atraen. Completar con mobiliario urbano
acorde.

• Camiños forestais, camiños de servidume ás leiras, etc: selar o


acordo de que o tratamento das superficies sexan sempre con xabre ou
materiais compatibles ca contorna rural, recuperación de tramos
empedrados, etc. Prohibindo a circulación de tráfico para evitar as
estradas, é dicir, que terán só acceso os vehículos autorizados para os
traballos.

• Gabias laterais: “cunetas”, hai que comezar a desfacerse delas, sobre


todo nas estradas onde hai camiñantes da contorna de forma habitual, son
un perigo para vehículos e viandantes, ademais precisan dun mantemento
continuado, hai que ir a sistemas de drenaxe que permitan convertelas en
beira-rúas e que eviten inzarse de maleza. Implica canalizar as pluviais de
forma racional e eficiente.

• Iluminación: hai que acabar ca contaminación lumínica, realizar proxectos


onde ademais se incorporen sistemas autosuficientes, pero que poidan
secuenciarse, e incluso apagado nocturno a certas horas. Incorporar
sistemas de reflectantes nas estradas rurais, sobre todo en zonas
perigosas.

• Ruído: hai que facer que as nosas áreas habitadas sexan máis silenciosas,
traballaremos para que a autoestrada sexa cuberta cando estea preto de
aldeas, zonas urbanas, ou con paneis que amortezan o ruído acompañando
de pantallas verdes que melloren a faciana desas vías de comunicación . Ó
mesmo tempo solicitarase a creación de pasos para a fauna silvestre
cando se teñan feito cortes nos montes. Esta xestión comezarase no
primeiro ano do noso goberno. En canto ó resto de ruídos farase un mapa
para coñecer polo miúdo a presión auditiva sexa por tránsito rodado, locais
de ocio, etc. As verbenas terán que baixar os decibelios a un nivel que
sexa óptimo para quen estea no campo da festa e o suficientemente baixo

18
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

para quen queira descansar. Non se permitirá o barullo nas rúas a partir de
certa hora, ese horario será de consenso ca corporación ou de non habelo
tomará Unidade Local a decisión.

• Pasos de peóns, actuar para mellorar a seguridade viaria de peóns,


ampliando o espazo destes pasos, situando a liña de parada de coches a
maior distancia, quitando atrancos que quiten visibilidade como o
mobiliario urbano, contedores etc, mellorando o sistema de semáforos,
adecuándoos á realidade, xa que en moitas ocasións a situación en plano
non se corresponde co que finalmente facemos á hora de atravesar as
rúas. No rural hai unha ausencia total destes pasos ou de mellorar as
zonas onde se veñen facendo os cruces de estradas e rueiros. Mellorar a
súa iluminación e poñer máis semáforos con sinais auditivas.

• Zonas 20 e 30, aumentaranse en poboado, vixilancia de que se cumpre.


As zonas rurais non son lugares para correr. Mapearase todo o concello
para coñecer os puntos febles en canto a seguridade viaria. Mellorar a
sinalización.

• Beirarrúas, acabar ca cor branca posto que deslumbra e afecta moitísimo


á calidade de visión, é unha tortura para a xente con problemas visuais,
ademais precisan máis mantemento. A cor gris clara si se trata de
baldosas de cemento ou pedras máis escuras son a mellor opción. Acabar
cos bordillos, sexan altos ou baixos, son un perigo, así como as zonas de
baixada para cruzar os pasos de peóns con pequenos desniveis que
acaban moitas veces en pequenos accidentes. Utilizar as beirarrúas como
parte superior ou tampas para colocar abaixo conducións sexa de auga,
cableados, ou calquera outro servizo que poida ser soterrado e con
sistemas de apertura que eviten as continuas e desesperantes obras, así
como a perda de capital que podería ir para outros asuntos.

• Patinetes, bicis, hai que sacalas das beirarrúas, son un perigo, o seu
sería crear carrís- bici, pero de verdade, ben sinalados e marcados en
planta.

• Policía Local ou patrullas de vixilancia ad hoc para evitar conducións


temerarias, mediar en disputas por accidentes, tomar nota das eivas...
actuando máis para fomentar a boa convivencia antes que accións
punitivas que se deixarán para situacións que así o requiran e que haberá
que definir.

19
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

• Fomentar as rúas de única dirección semi-peonís, regular o tráfico,


(ver apartado g) ) facer o tráfico máis fluído e baixar a velocidade máxima
a 20km/hora ou 30km/h segundo o tipo de vía, por exemplo, se hai unha
zona de xogos para crianzas debera ser de 20km. As arterias de maior
tráfico regulalas segundo os usos, por exemplo se hai numerosos pasos de
peóns deben ter menor velocidade máxima, se non hai podería
aumentarse.

“Art. 2. e) Evaluación e información de situaciones de necesidad social y


la atención inmediata a personas en situación o riesgo de exclusión social .”

Dotar realmente de recursos, reclamar ó resto de administracións o necesario


para levalo a cabo.

• Mendicidade: crear en tódolos concellos refuxios para transeúntes sen


recursos, para as persoas que “vivan” nas rúas dos nosos concellos levar a
cabo proxectos de pisos compartidos, etc, e dende logo acabar ca
estupidez de que non poidan durmir máis de “x” días nos refuxios.

• Refuxios: creación e municipalización

• Mulleres vítimas de violencia: se son desprazadas doutros


concellos/provincias, hai que habilitar vivendas para elas, a ser posible de
forma individual, ou compartindo sempre que non sexa algo que se
estenda no tempo. Se son do concello, o que hai é que BOTAR ó
maltratador, porque é unha dobre inxustiza na que viven, por unha banda
a violencia seguramente física e que sempre ascende en virulencia e polo
tanto en risco de acabar en morte e por outro que sempre son elas e non
os maltratadores quen deben abandonar a vivenda. Se queremos concellos
onde homes e mulleres convivan en liberdade e harmonía hai que ter máis
medios e dende logo agallas. Os violentos, fóra.

• Pobreza: atender de forma real, con medidas que realmente teñan


impacto positivo, evitar as medidas esmoleiras, as que quitan dignidade ás
persoas que sofren pobreza, tales como a infame “manía” de dar cupóns
para comprar certos tipos de produtos alimentarios en certos
supermercados... NON, hai que dotar dunha paga, o noso concello ten
recursos, e senón, debe pelexar para que o resto de administracións fagan
esta labor, hai que fomentar que se compre nas tendas locais, sobre todo
produtos frescos, algo que parece que non existe... e dende logo hai que
sacar a Cáritas e calquera outra asociación desta ecuación, acabar cas

20
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

colas da fame, é indignante que isto aconteza. Ó mesmo tempo hai que
dar apoio laboral. Se é unha familia monomarental (nai con crianzas)
ademais ofrecer apoio como o comedor escolar, actividades
extraescolares, coidadora por horas para que a nai poida incluso saír se
non tivera apoio familiar... etc.

• Escolas abertas no verán: para familias que non teñen quen atenda ás
nenas e ós nenos, incluíndo o servizo de comedor.

• Ancianidade: atender realmente ás e ós anciáns dos nosos concellos, sen


aparcalos, foron parte activa da sociedade e todo o mundo acabará sendo
ancián (isto haino que repetir porque parece que imos ser xoves de por
vida), actuar cando en caso de enfermidade grave e/ou terminal dando
apoio á familia e sobre todo se vive en soidade de forma INMEDIATA, é
indignante que isto non se cubra e, é máis, acabar cos formularios que
preguntan aspectos que nin veñen a conto. A meirande parte das familias
que solicitan estas axudas é porque non posúen recursos! Isto debera
indignarnos a todos. E isto permítese porque ó final son as mulleres da
familia (de forma aplastante) as que asumen estas labores a costa da súa
propia calidade de vida e incluso tendo que deixar os seus empregos,
dobremente indignante, pois. O mesmo acontece se hai persoas non
anciás ou crianzas en situación de dependencia. Os nosos concellos deben
marcar un antes e un despois nisto.

f) Policía local, protección civil, prevención y extinción de incendios.

Quen traballe que cobre un soldo, non podemos seguir con voluntariado para
temas tan sumamente serios. Hai que profesionalizar os corpos de protección
civil e incluso con especializacións.

• Protocolos de actuación en catástrofes, adecuados a cada concello,


tendo en conta tamén as posibles afeccións pola proximidade de
potenciais perigos aínda que sexan noutros concellos da contorna.
Especialmente importante en Arteixo e Coruña dado que está a refinería
de petróleo.

• Inundacións e sistemas de baixas presións perigosos, ciclóns etc,


tanto na costa como na terra, pechando estradas, centros de traballo, etc...
na actualidade non existe nada disto.

21
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

• Pandemias, ninguén previu a declaración dunha nos nosos tempos, ter á


xente pechada foi un erro e supuxo para moitas mulleres e crianzas un
risco tremendo porque tiveron que compartir espazo durante todo o día co
maltratador. Nese período aumentaron os delitos sexuais contra meniñas e
meniños, que pasaron un horror. Ademais deuse un curioso fenómeno, o
dos homes que ían ó supermercado aumentou. Mentres no rural puidemos
gozar de certa liberdade, pois podiamos ir ó monte a pasear os cans... as
máscaras tamén xa din que foron un fiasco, o reparto de alimentos tamén,
os desafiuzamentos tamén aumentaron posto que sen ingresos non se
puido pagar o alugueiro, todo foi un despropósito. Persoas con doenzas
diferentes ó COVID 19 non se trataban, toca pois facer plans de actuación
que toquen tódolos aspectos que conflúen. E que deben ser editados para
que toda a veciñanza os coñeza.

• Especialización da policía local: dado que hai delitos de diferente orixe


e tipoloxía a policía local debe estar capacitada para tratar con todo tipo
de xente, moi especialmente en delitos nos que persoas vulnerables
estean afectadas, sexa por violencia contra as mulleres, infancia, anciás, e
incluso en delitos contra a natureza e animais domésticos.

“Art 2. g) Tráfico, estacionamiento de vehículos y movilidad. Transporte


colectivo urbano”.

Non só na Coruña, aínda que especialmente, senón no resto dos concellos onde
UL se presenta hai un problema de estacionamentos, un problema de tráfico e
dende logo un moi deficiente servizo de transporte público.

• Aparcamentos, faltan aparcamentos soterrados, en Arteixo non hai, a


procura de zonas de estacionamento é case toda unha experiencia que
acaba en frustración e condutas irresponsables, como aparcar en paradas
de buses... hai que facer unha análise da situación e crear estes espazos, a
parte superior poden ser prazas, zonas de xogos ou edificios de uso
municipal. Hai que sacar os coches das rúas, pero facilitando zonas de
parada puntual, sexa para descarga de produtos ou para deixar persoas.
As nosas rúas deben ser máis harmoniosas e humanizadas.

Art. 2. h) Información y promoción de la actividad turística de interés y


ámbito local.

• Dotar ós concellos máis pequenos de servizos de información de


verdade de tipo turístico, con información de calidade que debe comezar

22
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

polas webs dos concellos, sendo todas realmente precarias, contar con
rutas diversas, con profesionais que saiban explicar ese patrimonio,
material e/ou inmaterial.

• Afastarse do turismo de masas: os nosos concellos deben atraer un tipo


de turismo cultural, ambiental ou de relax, que ten maior poder adquisitivo
e valor social, mediante propostas que o propio concello faga ou
traballando co sector directamente relacionado. Por outra banda, debe ser
un sector en igualdade de condicións que o resto, non pode ser que toda
unha xeración se dedique a “poñer copas” ou servir mesas... e nese caso
deben ser totalmente profesionais. Implementar a “taxa turística” para
solucionar os posibles danos que estas visitas en masa poidan ocasionar.
Avaliar de onde proceden os e as turistas para mellorar a oferta e facela
máis accesible. A maiores fomentar o turismo educativo, con grupos de
estudantado, pero para iso é preciso ter un concello que poña en valor a
súa historia e Patrimonio Cultural, non podemos seguir con “eslóganes”
baleiros, se queremos turismo temos que crear un concello que amosar.

• Hostalería: realizar inspeccións de tódolos locais, con auditorías en canto


ó cadro de persoal, para cumprir estritamente os dereitos laborais,
asesorar para mellorar a calidade do servizo e das instalacións, a empresa
municipal de obras que contará con profesionais da decoración poderá
realizar proxectos para negocios en graves situacións que xunto con
asesores poidan levantalos para que non pechen.

• Artesanía, produtos locais: incentivar a artesanía local, recuperando


incluso tradicións pasadas como valor local, aí está o exemplo de Buño...
imbricado co proxecto agro-forestal, tanto para produtos frescos como
envasados e/ou transformados. Cómpre investigar sobre gastronomía
tradicional para saírse do típico marisco, indo a preparacións que ademais
sigan as propostas de reducir o consumo de carne e peixe polos beneficios
que ten para a saúde. Niso a recuperación de variedades locais vai ser
fundamental, sexan froitas, hortalizas, etc.

Art 2. i) Ferias, abastos, mercados, lonjas y comercio ambulante.

• Feiras e feiróns: Foron un dos nosos modos de venta tradicionais, sendo


agora un “totum revolutum” onde se vende calquera cousa e de calquera
lado. Hai que recuperar estes espazos unicamente para a produción local ,
ou produtos de interese galegos, españois, portugueses, segundo sexan de
máis lonxe deberan estar de forma máis marxinal ou creando un espazo

23
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

para iso, cumprindo sempre a regra de sustentables, artesanía, comercio


xusto, entre outros que poidamos concretar no seu momento. O agro, a
artesanía deben prevalecer. Incluso facilitar que quen teña unha horta
poida vender excedentes por moi pouca cousa que sexa, animando a
cultivar máis variedades horto-frutícolas.

• Feira histórica 1900: a súa xestión será municipal, contratando


directamente a profesionais, trátase de recrear con verosimilitude o 1900
en Arteixo. A creatividade debe poñerse en valor sen caer nas fórmulas xa
tan copiadas.

• Mercado de abasto: en Arteixo é unha materia pendente. Intentaremos


que a lexislatura acabe ca inauguración do mercado, ou polo menos a súa
licitación. Xa temos case seleccionado o lugar, será unha construción
innovadora, contará con aparcamento soterrado en 2 ou 3 niveis, mentres
que a parte superior será un parque-xardín. A forma de concesión de
postos terá en conta a situación laboral, social de quen solicite, servizos
sociais pode animar a que persoas en risco de pobreza poidan facerse
cargo dun posto. Evitaranse os grandes postos, acaparar varios deles e
calquera outra cuestión que exclúa a persoas en situacións económicas
difíciles. Poden animarse con xornadas concretas, que salienten produtos
de tempada e incluso preparacións...

• comercio ambulante: relacionado cas feiras e feiróns, cando este


participa destes espazos, sendo máis habitual a súa presenza en aldeas
aínda que case exclusivo da venta do pan e peixe. Pode ser unha vía máis
para que xente desempregada poida ter un modo de vida, poñendo en
contacto pequenas explotacións agrarias con posibles vendedores/-as para
que a súa produción non acabe no lixo.

Art. 2. I) Protección de la salubridad pública.

• Lixo: a aparición de vertedoiros ilegais debe desaparecer, no proceso de


descomposición de tódolos materiais poden darse acumulación de
substancias perigosas, no caso de alimentos e/ou plantas a súa podremia
pode dar lugar a pragas, sexan de insectos ou de roedores. No caso dos
últimos, existen métodos máis compasivos do control de natalidade. Hai 2
anos a existencia dunha praga de moscas que se deu en varios concellos
da Coruña está por investigar ou por coñecer a súa orixe, pero, o que está
claro é que faltan os seus depredadores, tales como as ras e sapos, entre
outros.

24
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

• Roedores, colonias de gatos: o seu control é imperioso, pero debe


facerse seguindo as recomendacións de animalistas. A esterilización é
fundamental.

• Síndrome de Dióxenes: persoas que acumulan o que cren teñen


pertenzas valiosas cando son lixo posto que xamais fan uso delas, Non ten
por que ser exactamente o síndrome, senón que polo que sexa no rural os
alpendres están abarrotados de trebellos, isto acontece en parte porque
non hai inspeccións, bandos, nin un servizo real de recollida deste lixo,
polo menos en Arteixo é moi deficiente e moi puntual pois só recollen
pequenas cantidades. Hai que facer proxectos para un “rural bonito” e iso
pasa porque non haxa acumulacións de lixo. No eido urbano hai que
animar a que baixos, pisos... non teñan trastos e outra vez é a recollida
dese lixo o que importa.

• Seguridade nas beirarrúas: non só se trata de hixiene, as nosas


beirarrúas son focos de perigos, dende buracos, baldosas soltas e os
postes que se erguen no lado equivocado ou mesmo chanzos de entrada a
vivendas que se erguen no lado público. Por outra banda no verán a cor
branca pode causar danos na vista, e déixanos a moita xente medio
cegadas e aumentar así os accidentes. Os bordillos tamén son causa deles.
Pero tamén o é que no verán non haxa SOMBRA, as nosas cidades son
como eiras ó Sol, un erro maiúsculo e máis se nin sequera hai fontes de
auga potable á vista nin asentos con sombra.

• Centros médicos deshumanizados: todos, tratan ás e ós doentes como


gando, xa dende o recibimento, sentados en salas tristes, ateigadas... logo
está o rural que sen servizo de bus a xente non vai cando debera, ou se
ten que ir é á conta de pagar un taxi que está moi caro. Ou ben facemos
acordos cos taxistas ou ben poñemos un servizo de bus realmente óptimo.
Trataremos de mellorar e dotar con persoal suficiente, estaremos na Xunta
os días que fagan falta ata conseguilo.

• Plans de continxencias: precisamos plans BEN elaborados, que permitan


ás autoridades actuar de forma ben organizada e sen incoherencias,
cómpre avaliar os recursos do propio concello e os que se poden compartir
na comarca. Hai que facer tamén nos concellos con grupos de poboación
significativos simulacros! Comezando polos colexios.

• Alimentación: preventiva, a alimentación pode ser saúde ou pode ser


froito de numerosas doenzas, organizar obradoiros nos colexios e institutos

25
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

con profesionais da nutrición elaborar os menús, con produtos locais e


ecolóxicos. Nos centros médicos tamén debera haber profesionais
nutricionistas e hai que comezar a esixir que se fagan análises de
intolerancias, glute, DAO, tiroides (en ambos casos con protocolos moi
antigos que deixan ás e ós doentes desanimados e desesperados).
Debemos esixir que todos eses protocolos se modernicen porque moita
xente gasta cartos na privada por non ter quen atenda axeitadamente
creando ademais culpas que non merecen e que dan idea de que na SS
todo está moi obsoleto. A obesidade é unha doenza que ten moitas causas
e a peor é a pobreza.

• As empresas, os parques industriais: non queda outra máis que


inspeccionar, saber que se fabrica e como, non só é que o cheiro poida
molestar, é que o cheiro pode ter detrás substancias perigosas como as
dioxinas, que acaban nos cultivos, roupa, acuíferos e nós... os análises do
ar deben ser periódicos, senón diarios. Así mesmo esixir que non se
acumulen lixos ou que se boten en lugares non axeitados ou peor, que se
queimen. A produción non pode interferir na boa saúde das poboacións
dos nosos concellos.

• A auga: estándares estritos de potabilidade. Zonas de augas estancadas


como lagoas como a de Arteixo deben modificarse podendo convertelos en
estanques salubres, con sistemas de mobilización de augas (osixenación)
incluíndo especies de animais capaces de limpar estes ecosistemas. Evitar
a creación de zonas asolagadas como as canteiras, pois esa auga acumula
gran cantidade de substancias en disolución, tales como arsénico, incluso
uranio (cuxo gas produto da súa degradación é o radón). Control da
calidade de augas que desembocan nas praias, acabar cos sumidoiros que
verten no mar, agás sexan só de pluviais. Nos ríos é necesario modificar o
que, incriblemente, fai Augas de Galicia, pois canta máis materia orgánica
en suspensión leve un río ou canta máis vexetación teña, menos osíxeno
hai... cantos máis depósitos de sedimentos sexa areón ou terras vexetais
peor é a vida dese río, de feito as troitas e outras especies desapareceron,
hai que restaurar o equilibrio destes acuíferos. As praias, non buscar a
“bandeira azul” senón realmente merecela, en fin... evitar os vertidos,
controlar o crecemento das algas pois son signo de saúde da costa cando
están en cantidades “normais” e deixar de “limpar” a area delas pois son
alimento de moitas especies e na súa descomposición engaden nutrientes
ó mar, a limpeza das praias debe ser só dos nosos refugallos ou se hai un

26
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

crecemento anormal de algas. Faltan papeleiras con sistemas que eviten


que o lixo saia, pero poderían facerse programas para que a xente deixe
de levar á praia trangalladas, debemos volver ó sistema de alugueiro de
cousas como cadeiras, parasois... casetas de praia...

• Ximnasia/ ioga ou tai-chi ó ar libre, ximnasia para todas as idades, para


buscar a mellora da mobilidade e recuperación de problemas de costas,
pescozo... máis que para “adelgazar” andar, moverse ben é unha
aprendizaxe. Por iso facer programas con profesionais para que os parques
se enchan con xente facendo este tipo de exercicios, o equipamento con
aparellos acordes debe aumentar, podendo incorporar sistemas de
acumulación de electricidade como xa se fai noutros lados. Nas escolas
debemos animar a que se cambie o modelo actual por un que ensine unha
rutina saudable, quen non tiña cualidades para a ximnasia foi sempre
obxecto de burla, en xeral, todo o mundo sae con frustración da materia de
ximnasia e logo unha vez se remata o instituto quen non gusta diso
abandona toda práctica deportiva. Hai experiencias nas que se inclúe nas
aulas o ioga por poucos minutos e mellora a capacidade de concentración
das crianzas, polo que as nosas escolas deberan experimentalo.

• Saúde mental, afectiva, psicosocial: se queremos unha sociedade san


debemos atallar os problemas que fai que moita xente sucumba ás
depresións, auto-odios, etc, a saúde mental vén da nosa sociedade
individualista, por iso hai que acabar con esa lacra e fomentar a
solidariedade e os servizos de atención que son moi deficientes en número
de persoal e incluso de calidade e tempo dedicado. Detectar familias
disruptivas e ter plans de actuación flexibles (pois dependerá do tipo de
problema), acosos (laboral, escola, rúas). As casas dos nosos concellos
deberan fomentar relacións laborais respectuosas entre as e os
funcionarios, persoal laboral e veciñas e veciños. Canto ás persoas con
discapacidades por doenzas mentais hai que crear proxectos que
realmente dignifiquen a estas persoas.

• Discapacidade na mobilidade: axudar a que non haxa barreiras


arquitectónicas e urbanísticas, non só favorece a mobilidade destas
persoas, senón de toda a veciñanza, o que polo tanto, nos convén a todos.

• A pobreza como enfermidade social grave, afecta a tódolos niveis, é


unha situación sobrevida e nunca escollida, como ten múltiples causas
haberá que ver cal é a da persoa que demanda axuda dos nosos concellos ,
pero ademais o concello debe ser quen inicie de forma activa a procura

27
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

destas persoas, para traballar o mellor xeito de acabar con esta lacra
social. En caso de familias con menores pode acabar nos servizos sociais
ca retirada da custodia, un auténtico atentado contra a dignidade e que
non soluciona nada, ó contrario crea un novo problema. Os problemas ou
se atacan de raíz ou non se acaban nunca.

• A prostitución: o SISTEMA PROSTITUÍNTE, é un xermolo de doenzas de


transmisión sexual, pero ademais é outra das graves enfermidades do
sistema, que afecta enormemente a mulleres, nenas e nenos. Neste
sistema os proxenetas son os carceleiros, pero os puteiros son os
verdugos, estes homes (unha cantidade en aumento e cada vez máis
novos) son transmisores de enfermidades, unha delas a da violencia. As
prácticas que solicitan son cada vez máis duras (aprendidas na
pornografía) polo que cómpre de Unidade Local unha férrea política de
abolición, non interesa de ningún modo que siga existindo, degrada á nosa
mocidade e fai que contraian enfermidades... o papiloma humano sabemos
que pode acabar en cancro de cérvix para as mulleres, porén son os
homes quen o transmiten e curiosamente os plans de vacinación son para
as mulleres cando os mozos tamén poderían poñela! Hai que mudar isto,
nas mulleres ademais esa vacina non é segura estando detrás de
numerosas denuncias incluso ante a UE en Bruxelas, se os homes non
teñen prácticas seguras e respectuosas que sexan eles quen se vacinen ,
iso sería o xusto. Canto ás mulleres prostituídas hainas que sacar dos
prostíbulos (campos de concentración de violacións) e darlles alternativas
laborais, médicas, psicolóxicas (moitas sofren síndromes de estrés
postraumático) e de vivenda. Canto ós prostíbulos, hainos que pechar e
derrubar. Se queremos unha sociedade xusta, haino que demostrar.

Art. 2. k) Cementerios y actividades funerarias.

• O modelo máis xusto sería o totalmente público. Un servizo funerario


básico con 1 día de velorio ronda os 3.000€ cantidade que non todo o
mundo ten e cando o ministerio compensa cuns ridículos 45€. Pero como
aquí hai moito negocio, debera comezarse por ofrecer ás familias
empobrecidas apoio nestes momentos.

• Cemiterios laicos: non é normal que os cemiterios nos concellos rurais


estean aínda en mans da Igrexa católica, afeando, todo sexa dito, a
contorna das nosas igrexas que son pequenas obras de arte rural; un xeito

28
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

de ir poñendo fin a isto é ofrecer cemiterios que sexan á vez parques


fermosos, onde se fomente a incineración, sen capelas, pero si edificios
para xuntar ás familias e amistades, dando este servizo por menor custe , e
aumentando en caso de inhumación. Fomentar ademais que sexa 1
cemiterio por concello, no caso da Coruña xa está Feáns que é onde
ademais se fan as incineracións (cun custe de 300€). Aínda que non como
proposta, podemos estudar se co tempo convén poñer un imposto á
inhumación nos cemiterios parroquiais, tendo en conta o impacto
ambiental (posibles problemas de salubridade) e dende logo o paisaxístico.
O cemiterio municipal debe estar conectado mediante buses cun horario
suficiente,

• Apoio psicolóxico: ter un programa deste servizo municipal creado con


anterioridade por si se deran sucesos de grande impacto emocional ,
grandes accidentes, catástrofes, asasinatos... e mantelo mediante
actualizacións anuais.

Art. 2 L) Promoción del deporte e instalaciones deportivas y de ocupación


del tiempo libre.

• Edificios: teñen uns problemas realmente insufribles, por unha banda


adoitan ser fealdades, por outro están dotados con instalacións moi
básicas e logo o tema do ruído, insoportable para quen ten problemas
auditivos ou no caso de querer facer exhibicións ou ximnasia con música,
problemas todos de fácil solución.

• Deportes: unha vez máis só se pensa nos deportes de equipo e polo tanto
son nenos e mozos quen realmente aproveitan este servizo, aínda que vai
habendo equipos de nenas e mozas non é equiparable. Pero a parte... que
se ensina con eses deportes? É a competición o que realmente queremos
ensinar? Ou non será mellor promover outro modelo de práctica
deportiva? Hai que, ademais, actuar con pais e nais, que poñen nas
crianzas expectativas que son foco de problemas familiares e de relacións
sociais (violencia verbal, física nas disputas futbolísticas). Nos colexios hai
que acabar cas zonas de fútbol, son acaparadas polos nenos e relegan ás
nenas ás periferias. O concello debe promover outro lecer na hora dos
recreos. Levar o deporte ás prazas tal e como se indica no apartado de
saúde. O deporte debe ser para todo o mundo.

29
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

Art. 2. m) Promoción de la cultura y equipamientos culturales.

Sen cultura non hai sociedades avanzadas, só grazas á cultura evolucionamos ,


por iso:

• Patrimonio cultural material: realizar proxectos que rescaten da desidia


o noso patrimonio, dotando ós edificios onde se expón de medios humanos
para que a “posta en valor” sexa real e efectiva, estas ofertas culturais
deben xerar ingresos suficientes para que ou ben se sustenten sen custes,
ou sexan custes moi exiguos ou dean beneficios económicos. As escolas e
institutos incluíndo FP, deben ser parte desta oferta, é dicir, os proxectos
integrarán ás escolas, institutos PÚBLICOS, nos destinatarios con visitas
programadas periódicas, unidades didácticas que deberan incardinarse cas
materias de estudo para reforzar eses coñecementos. Crear rutas na
comarca, pois é terrible a falta de coñecemento da nosa xeografía e como
se articula administrativamente o noso territorio. Os valores da memoria,
respecto polo patrimonio, as leccións do pasado... etc deben estar tras
toda exposición. Recuperar a edición de material didáctico para tódolos
públicos, fomentando a investigación. Así mesmo, ou ben crear a figura do
ou da arqueóloga municipal ou ben da asistencia técnica. Recuperar tamén
camiños sexan reais ou carreiros tradicionais é esencial e a parte da súa
memoria servirán para actividades ó ar libre, programadas ou de uso
independente como rutas que logren abstraer do barullo urbano. Trátase
pois, de que o patrimonio mellore a calidade de vida de toda a veciñanza.

• Patrimonio inmaterial: lingua, lendas, música, etc... non se trata de levar


a cabo o que di do anuncio desa marca de supermercado tan coñecida,
pois non se trata de “ser como” senón simplemente de “ser”, un pobo que
rexeita o seu pasado e o positivo da súa cultura ou de facer análise crítica
da mesma para superar as eivas é un pobo esmorecente, sentir vergonza
pola nosa lingua é unha aberración, posto que as linguas per se non teñen
carga algunha negativa, son unicamente canles de comunicación, todas as
nosas corporacións deben expresarse sen medo en galego, iso non implica
que poidan incorporarse outras linguas do estado segundo a quen nos
dirixamos, pero o galego non é ningún perigo nin para o castelán nin para
procurar emprego, nin é signo de incultura. Canto a lendas, mitos, contos...
hai que coñecelos contextualizados, non se pode acceder de xeito acrítico
a este material cultural.

• Festas patronais: hai que comezar o camiño da laicidade, aínda que son
parte da nosa cultura, o dito enriba prima: deben estar pasadas pola criba

30
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

e coñecemento crítico, contextualizar para que non se asuman como unha


verdade estrutural, porque non só non o son, senón que agochan ritos e
crenzas ancestrais que se descoñecen. Cada quen pode crer no que
considere, porén, precisamente por iso, non se debe impoñer unha crenza.
Por outra banda, a maior parte das nosas festas entroncan con fenómenos
agrarios, sexa a sementeira, a colleita, ou con outros de tipo astrolóxico,
sexan os solsticios ou outros... todos teñen unha parte laica, a festa, as
verbenas, hainas que re-interpretar, nas últimas décadas vemos o
fenómeno de auxe de orquestras onde o SEXISMO impera, pero tamén os
decibelios e a pólvora... debemos levar a cabo un “saneamento” de todo
isto, ademais a veciñanza xa non é parte activa, son meros espectadores
que quedan apampados ante o espectáculo, hai que volver ó baile, pois
ten moitas cousas positivas, pero dende logo non se poden bailar temas
sexistas... ademais está o tema da SGAE e os seus crispantes impostos,
habendo como hai, grupos musicais que están fóra desa caverna, ademais
hai que optar por grupos que collendo ritmos diversos adáptanos con
letras comprometidas cun mundo mellor, apoiar a esta xente é crucial,
convidar a bailar tamén. Queda o tema da violencia e do alcohol , os
fenómenos do aumento do acoso e violacións a mulleres é unha epidemia
que debemos frear, apelar ó CIVISMO, os “bochinches” deben ser
municipais e evitar que o alcohol impere, da mesma forma hai que
ERRADICAR o “botellón” un fenómeno que atordea á nosa xuventude. Por
outra banda os horarios deben ser diferentes, comezar antes para que
haxa propostas para tódolos públicos e rematar antes para que haxa
descanso, de aí o de baixar os decibelios. Canto ós foguetes hai que ir a
modelos de espectáculos luminosos e de son, ou outros igual de
impactantes pero menos ruidosos, a queima de pólvora debe ir rematando .
Nas festas parroquiais rurais, onde non hai cartos hai que recuperar a nosa
música tradicional, con orzamento municipal e se cadra a cargo das
escolas de música e grupos de baile galegos, que conviden a participar á
veciñanza. Canto ós orzamentos para as festas deberían baixar... sen que
a calidade o faga, imos a poñer a creatividade no centro do lecer. .

• Festas/feiras temáticas: o fenómeno das “feiras históricas” son, para


historiadores/-as un acto cultural FALLIDO, son pastiches terribles que non
informan nada dese pasado que se quere ensinar, así que hai que
recuperar o espírito orixinal e realmente sirvan para coñecer feitos dese
pasado, sexa medieval, ou de calquera outra época, rigor histórico,
coherencia e o mínimo que se debe pedir, as empresas de tempo libre que

31
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

se presenten ós concursos públicos deben axustarse ós pregos de


condicións, ademais dos históricos, os laborais... etc. Os obradoiros e
ventas de produtos tamén. Hai que baixar os prezos dos postos, pois
impiden que moitas e moitos artesáns poidan participar, incluso poderían
ser gratuítos segundo a situación económica do ou da artesá. Deben ter
pois finalidade social, cultural e de lecer. Paralelamente pode haber
charlas, películas ou calquera cousa que axude a aprender sobre esa
época con coloquios para que a visualización non sexa acrítica.

Art. 2. n) Participar en la vigilancia del cumplimiento de la escolaridad


obligatoria y cooperar con las Administraciones educativas
correspondientes en la obtención de los solares necesarios para la
construcción de nuevos centros docentes. La conservación,
mantenimiento y vigilancia de los edificios de titularidad local
destinados a centros públicos de educación infantil, de educación
primaria o de educación especial.

• Se algo nos debera enfadar é o aspecto CARCELARIO das escolas,


institutos e FP, hai que reverter isto. Todos deben ter comedores que non
parezan tamén de cárcere, en fin, hai que conseguir reverter isto.

• Formación profesional: hai que dotar de máis oferta, se imos a


implementar os proxectos agro-forestais, lixo, obras, etc, hai que ter
profesionais ben formadas! No agro cómpre xa ir a outro modelo que se
está a experimentar exitosamente en moitos países, incluíndo España,
trátase do método da “permacultura” e sistemas sen labrar a terra. Para as
empresas de enerxía precisamos tamén técnicos/-as, por suposto acabar
co sexismo, estas profesións pódeas facer calquera persoa, sexa home ou
muller, a idade tampouco debera ser atranco, con horarios que permitan
estudar incluso tendo un emprego. Permitir que persoas que non puideron
rematar no seu momento que o fagan... hai que traballar ca Consellería de
Educación e mesmo co ministerio, para que ninguén que no pasado, sendo
xove, non puidera ter rematado, o consiga, pois é unha fonte de frustración
enorme. Se cadra antes de que se iniciara unha carreira sería positivo que
toda a mocidade aprendera antes un oficio... nos nosos concellos
deberiamos traballar dende esa premisa, pero sobre todo, apoiar que a
mocidade poida estudar o que realmente quere. A cuestión é tamén cara
que mundo imos, que imos necesitar no futuro, e desenrolar ese camiño.

32
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

• Persoas adultas: abrir as escolas para quen no pasado non puido ou non
tivo a madurez para acabar a EXB, ESO... ou para realizar cursiños para
futuras parellas onde aprendan sobre a convivencia, como requisito para
obter a licencia de matrimonio, como criar, como acabar co machismo,
como educar. Cursiños de civismo, para quen ten comportamentos
contrarios, isto irá ligado a unha das novas atribucións da policía
municipal, de vixilancia e sancións ó incivismo, acabar ca condución
temeraria, tamén clases especiais para “puteiros” que saiban que é o que
realmente fan ca súa conduta na que utilizan a seres humanos como
obxectos onde satisfacer os seus apetitos sexuais... en fin, a labor do
goberno municipal como axente do cambio comeza por aquí . Acabar ca “lei
da selva”.

• Informática: cursos para tódalas idades, facilitar ademais o acceso ás


oficinas virtuais das administracións que están fomentando a
discriminación para quen non ten recursos sexan por falta de dispositivos e
dende logo por coñecemento destas ferramentas virtuais ou porque non
son quen de instalar o software necesario. O rural, coma sempre máis
discriminado, posto que nin chega a fibra óptica ou chega de forma parcial .

• Asociacións culturais: apoio institucional para que o seu traballo sirva


para a mellora educativa, pero mediante cesión de espazo, facilitar o uso
de medios, pero non con cartos, quen queira unha asociación que a pague,
os diñeiros públicos deben ser para mellorar a calidade de vida de quen
non ten medios, cando iso se consiga no futuro, que esas corporacións
traten este asunto. Evitar que asociacións con fin espurios poidan espallar
a súa velenosa ideoloxía, por exemplo asociacións abertamente misóxinas
e que captan crianzas nun modelo social onde se supón “escollen” o seu
“xénero”. Tamén se vetarán as charlas que defendan cuestións como a
venta de criaturas na mal chamada “maternidade subrogada”, as que
falan de que a “prostitución é un traballo” que por suposto en ningún dos
casos farán as ricas... tampouco charlas que inciten ó racismo, en tódolos
casos os permisos deben contar cunha análise de quen son e que
transmiten e con que finalidade. Obviamente as de tipo relixioso non
deberán ter cabida agás en mesas redondas onde haxa todo tipo de
opinións (respectuosamente) e cunha análise final de quen, por parte da
nosa corporación, presida a mesa.

• Recuperar a liberdade de opinión: que está sendo atacada, ensinar a


exercela.

33
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

• Lecer cultural: para tódalas idades pero poñendo máis atención nas e nos
menores de idade, sobre todo mocidade que anda perdida e abandonada...
e logo pasan cousas como o de grafiteiros/-as que como non están
canalizados deixan ás veces espantosas pintadas, aínda que noutras fan
auténticas obras de arte en contornas depauperadas, a parte de todo o lixo
que ciscan sen conciencia algunha. Cómpre pois realizar proxectos para
que canalicen forzas, capacidades, frustracións... e non deixar que
esmorezan arredor do alcohol e drogas... Canto a crianzas, da tristura ver
como o seu único lecer está sempre vixiado por nais e ás veces pais... ou
como saltan de academia en academia aprendendo mil cousas porque así
nais e pais teñen unhas horas de “tranquilidade” ou incluso as avoas que
atenden as crianzas mentres as nais e pais traballan. Ampliar o horario da
escola pode servir para que xoguen sen tanta vixilancia, no inverno con
propostas de lecer a cuberto... ó final acabar co horario de tarde foi mala
idea. Así mesmo, unha vez se recuperen os camiños tradicionais e
carreiros poden servir para outras ofertas, como expedicións, ir en bici, etc.

Art. 2. ñ) Promoción en su término municipal de la participación de los


ciudadanos en el uso eficiente y sostenible de las tecnologías de la
información y las comunicaciones.

• Sirve o dito no apartado de cultura e educación, estamos entrando nun


terreo perigoso pola substitución de atención presencial nas
administracións públicas o que supón por unha banda a certa comodidade
pero por outra que afasta á cidadanía que se ve sumida, moitas veces, en
procesos nos que bastaría con unha entrevista co funcionariado para
solucionar, ben, o problema.

• Substitución do software privado polo código aberto

• boas prácticas no uso de dispositivos, cada vez máis as novas xeracións


acceden de forma acrítica á tecnoloxía, e de aí acceden a imaxes que non
son capaces de procesar, sobre todo o tocante á violencia explícita, e a
usos onde abusan doutras crianzas, se cadra sen sabelo, intercambiando
imaxes, etc... pais e nais non son conscientes do dano, todo para ter ás
criaturas “controladas” (que por certo fai que non medren con suficiente
autonomía)

34
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

• democracia participada: creación de ferramentas para a toma de certas


decisións en políticas municipais, ademais de radio e incluso tv /podería
ser comarcal) por internet ou non, sen embargo non todo é “democracia”
hai que instruír de novo á clase traballadora para que nos dotemos de
coñecementos que eviten converter os medios en censura ou en espallar
ideas contrarias ós dereitos humanos reais, non os “inventados”.

• Cero gasto publicitario: en xornais e medios, o xornalismo debe ser


independente das institucións para que sexa libre, non manipulado e
realmente útil á cidadanía.

• Webs municipais: queda dito, pero reiterar que son horribles, pouco
útiles, farragosas e non cumpren en absoluto os fins para os que se
crearon.

Art. 2. o) Actuaciones en la promoción de la igualdad entre hombres y


mujeres así como contra la violencia de género.

Pese a que hai unha tendencia en aumento en negar a desigualdade entre homes
e mulleres, hai datos máis que obxectivos para rebater isto.

• Enquisas e estudos sectoriais: cómpre facer estudos para avaliar como


homes e mulleres viven nos nosos concellos, publicando estes de forma
que a cidadanía entenda os datos

• Non é o “xénero” é o SEXO: quede claro que a desigualdade vén dada


polo sexo co que nacemos, o xénero son os costumes é dicir, ideas
absurdas que ditan que segundo nazas home ou muller tes que
comportarte de certa forma. Os nosos concellos non poden apoiar ,de
ningunha forma, que haxa comportamentos de homes e de mulleres e que
se alguén o fai ó contrario é que é “trans” os nosos espazos educativos
deben ser seguros para crianzas e mocidade, ninguén avaliará os seus
gustos, se algo hai que mudar é precisamente iso, volvendo pois á “co-
educación”. Cómpre pois, unha declaración institucional neste senso.

• Mocidade: é unha idade perigosa para as mulleres, o auxe da


visualización de pornografía sométeas a prácticas sexuais abxectas,
mentres os mozos asumen a crenza de que deben ser pouco menos que
depredadores para ser “masculinos”. A igualdade nestas idades case
desapareceu, cómpre retomar o traballo educativo neste senso. Nais e pais
deben participar, como queda dito, en charlas que faculten para tomar
medidas para que as fillas non acaben de vítimas e os fillos de violadores

35
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

ou asasinos. O concello debe crear proxectos para tratar mocidade en


ambas circunstancias e acabar con esta lacra.

• Contra o perigo dos “Sugar Dady” e exposición en internet: as


mozas acceden a semellante cousa, é dicir, a que homes adultos as
contacten por redes sociais pero sen ter a sensación de ser captadas como
prostitutas, crendo que teñen o control, falsamente, redes como
“Onlyfans” e outras onde perden a capacidade autocrítica, primeiro son
“agasalladas” por realizar certas prácticas como espirse, todas esas
imaxes acaban como produto visual... agora ademais a aparición de
aplicacións que permiten crear contidos moi realistas cas imaxes moitas
destas mozas acaban en películas porno sen sabelo. Unha vez máis a
tecnoloxía ten unha faciana perigosa.

• CIM: os centros de información á muller quedaron curtos, moitas veces


dependen da boa vontade das psicólogas e/ou asistentes sociais, cómpre
dotalos de máis medios e que se actualicen en canto a coñecementos dos
que dota o feminismo, pois é a única ferramenta que analiza con
profundidade os fenómenos de opresión que a sociedade somete ás
mulleres. De feito é bastante vergoñento ver certos cartaces de campañas
contra a violencia machista, agás non se teña nin idea de feminismo, ou
nin a máis mínima capacidade crítica.

• Centros de autocontrol da capacidade reprodutiva e prácticas


sexuais: antes chamados “planificación familiar” que se desmantelaron,
deixando á mocidade sen recursos ante posibles embarazos non
planificados, e cun aumento de enfermidades por transmisión sexual ,
ademais de una nociva falta de educación sexual onde a tenrura, cariño,
foi substituído pola mecanicidade tóxica do porno. Cómpre volver a
“resucitar” este servizo, e dende logo educar en igualdade en canto ó sexo
e en que este estea baseado no cariño e no respecto. A pornificación da
nosa xuventude é algo que nos debera preocupar e moito.

• A igual traballo igual salario: os nosos concellos deben asegurar que


ser muller ou home non conleva menor ou maior salario. As empresas
municipais ademais, velarán por ter un cadro de persoal o máis paritario
posible, non aducindo desculpas de que se trata de maior cualificación ,
para iso os C.V. deben separarse dos datos persoais, para a primeira criba,
en segundo lugar nunca se preguntará por temas persoais tales como
“pretende ser nai en x tempo”? Ou calquera outra pregunta que implique
que as mulleres están en desvantaxe, Dende logo igual salario. Os nosos

36
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

concellos deben ir a un modelo no que os horarios sexan de 6 horas e 2


quendas de traballo, sendo as 6 horas a xornada completa. Desta forma si
se poderá “conciliar” a vida familiar e a laboral. Esixir ás empresas que
queiran participar dos contratos externalizados as mesmas prerrogativas,
mediante pregos de condicións nos que quede claro todo isto.

• En prácticas: hai que remunerar o traballo, os nosos concellos non poden


abusar desta figura para ter traballadoras e traballadores gratis, por moito
que sexan mozas ou mozos, así mesmo deberase ofrecer formación en
dereitos laborais, sindicatos, igualdade de trato, recoñecer os abusos de
poder e como reclamar os dereitos, etc.

Violencia específica contra as mulleres: xa se vén describindo en todo o


documento, cómpre ser conscientes de que nos nosos concellos está a acontecer ,
hai que ter mecanismos para freala e dende logo protexer ás mulleres e
criaturas. Os CIM son un dos chanzos, pero tamén ante posibles denuncias de
veciños e veciñas. Os nosos concellos non poden amparar ós violentos, no caso
improbable de ser ó revés (mulleres contra homes), tamén, se cadra un dos
xeitos de facelo é expulsando ó violento dos nosos concellos e que quede
sinalado como tal, para que ningunha outra muller teña que sufrilo.

• Creación da Concellería do home: como complemento ó da muller pero


con obxectivos diferentes, sendo o primeiro conseguir que no noso
concello os homes aprendan a relacionarse en igualdade e sen violencia.
No caso de homes homosexuais, procurando que os mozos que teñan un
espazo seguro, medrando sen estigma algún e sen caer vítimas de adultos
“pedófobos” pero en calquera caso como homes que son, tamén será
traballar para que non amosen ningún tipo de comportamento misóxino.
En canto a tódolos mozos, crear as condicións para que non caian nas
redes da drogo-dependencia, alcoholismo, ou ludopatías, ó tempo que se
traballará para que non amosen comportamentos violentos, nin con
mulleres, nin con outros homes nin con animais, sabendo que é na época
da xuventude cando poden adquirir estes, do mesmo xeito no eido da
condución, pois son o colectivo con máis accidentes mortais.
Comezaremos por estudar a realidade social dos homes dende a infancia e
dende ese coñecemento, levar a cabo políticas que emenden os seus
problemas, ben contextualizados.

• Concellería da muller: traballando para que as mulleres tomen


conciencia de forma definitiva que son válidas polos seus coñecementos,
profesionalidade e non pola súa beleza ou supostos caracteres

37
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

“femininos”. Que saiban que os nosos concellos apoiaranas ante situacións


de perigo, afastando ós maltratadores, traballando ademais cas familias
para que aprendan a ver estas situacións e a ser apoio. As familias dos
maltratadores, as máis das veces, xustifican as respostas violentas
aducindo que a muller é “insoportable” ben, pois se iso é así o divorcio é a
solución. Os fillos e as fillas non poden ser a moeda de cambio nin de
vinganza. Temos que tomarmos moi en serio esta cuestión para acabar ca
violencia estrutural contra as mulleres. Traballaremos tamén para que
cada muller sexa dona da súa decisión sobre maternar e como facelo. Na
vellez, apoiaremos cos medios óptimos para que ser muller e anciá non
sexa un problema, sobre todo porque reciben xubilacións máis pequenas,
incluso minúsculas. O apoio será total.

• Pisos seguros: para mulleres doutras partes de España, e traballar a


policía municipal en estreita relación ca Guardia Civil e Policía Nacional .
Dotar a estas mulleres de mecanismos para que poidan desenvolver un
proxecto de vida propio sen a ameaza de ningún home. O noso goberno
podería actuar como parte interesada contra os maltratadores ante os
xulgados.

• Mulleres e islam ou relixión: sabemos que é un problema, elas aducen


que escollen en liberdade os símbolos da opresión e nós sabemos que iso
non é liberdade, posto que se rexeitaran levar eses atuendos serían
rexeitadas nas súas familias. Cómpre pois tratar o tema con delicadeza,
pero pode comezarse por conseguir que na escola ningunha nena vaia con
veo, este póñenllo cando ten a primeira menstruación, cousa que pode
acontecer dende os 8 aniños, polo tanto sería aberrante que iso pasara, as
mozas no instituto sen obriga pero si recomendación e obriga de asistir a
charlas para todo o instituto, no que se fale de forma transversal deste
tema, do tema da vestimenta “europea” que tampouco é “liberdade”, e
nais e pais tocarán este tema en charlas das que xa tratou outros puntos.
Canto ós matrimonios concertados hai que erradicar esa práctica, sen
panos quentes, familia que acorde un matrimonio, familia que será
expulsada dos nosos concellos se non recapacita, o mesmo para prácticas
como a ablación do clítoris ademais da oportuna denuncia ante o xulgado .

• Chantaxe con prácticas máxicas: moi típicas dalgúns países africanos


subsaharianos, con iso manteñen a mozas atadas á prostitución ou
casamentos non desexados, etc... hai que acabar con isto.

38
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

• Rumanas: especialmente no eido da mendicidade, mulleres e crianzas son


usadas para semellante práctica, cada vez vense menos pero de vez en
cando “reaparecen”, tamén hai mozos que son usados para tal cousa.
Ofrecerlles espazos seguros e sen que poidan ser contactadas polos
opresores.

• Xitanas: seguimos sen ser capaces de convivir con persoas de etnia


xitana, pese ós séculos que levan sendo parte da nosa sociedade, en todo
o territorio español, hai que actuar en varios eidos, a muller xitana é unha
muller moi tocada polas opresións patriarcais, porque dende moi pequena
é usada como moeda de cambio, acabar cos matrimonios pactados antes
dos 18 anos, e logo tamén... está o tema do chabolismo, dos furtos, da
venta de drogas, calquera que traballara con xente desta etnia sabe que a
saída do círculo vicioso no que viven pasa por traballar cas mulleres e así
sacar ás crianzas dunha vida miserable, os homes adoitan ser o problema
que non as deixa avanzar, crenzas sociais moi arraigadas deben ser
tratadas de forma que haxa autocrítica, para iso hai que traballar con quen
xa saíu diso e con profesionais dotándoos de recursos, sobre todo mulleres
para que sexan un exemplo para as nenas e os nenos. En xeral é unha
poboación ensimismada que ten moitos prexuízos que só lles serven para
manterse na miseria e logo baten de fronte cos nosos prexuízos, a
pasividade da clase política e a súa minusvaloración.

• Muller e saúde: xa está demostrado que hai violencia obstétrica,


xinecolóxica e da medicina xeral que adoita quitar importancia ós
problemas que as mulleres explican, os nosos concellos deben acabar con
estas situacións. A tendencia ou moda de parir nas casas ten detrás o
medo a ser maltratadas nos paritorios e logo culpan a aquelas que por
mala sorte morren ou lles morre a criatura ou teñen algún problema, como
se nos paritorios iso non acontecera, unha hipocresía tremenda. Os nosos
centros de saúde non teñen moitos medios, ademais, en Arteixo, as
queixas do trato da matrona son constantes, podemos supoñer que está
sobrepasada de carga de traballo, pero iso non quita para que trate con
menosprezo ás mulleres. As mulleres padecen máis doenzas e dores, e
manifestan certas enfermidades de forma distinta ós homes, ben, pois que
se teña en conta e os concellos deben ter mecanismos para que así sexa.

• Explotación reprodutiva: coñecido como “ventres de alugueiro”, non se


permitirá en Arteixo que esta nova escravitude se espalle, non se
permitirán charlas que den os lobbys de explotación reprodutiva e

39
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

estudaranse medidas contra persoas que merquen criaturas como se dun


obxecto se trataran, quitando toda dignidade á nai que levou a xestación a
termo non sabendo nin en que condicións, nin constando como liña de
materna de filiación da criatura. Realizaremos unha declaración
institucional contra a instrución do 2010 que permite o rexistro oficial
destas crianzas, actuaremos con tódolos recursos que a lei nos permita
para que en Arteixo ningunha criatura sexa mercada e ningunha nai no
estranxeiro ou aquí sexa obxecto de explotación reprodutiva.

• Lesbianas: son as enmudecidas no eido LGB, como se non existiran, se


os homes o teñen difícil sendo gays, elas aínda máis, hai que normalizar
que cada quen ten dereito de amar en plano de igualdade a persoas do
mesmo ou diferente sexo, sempre que sexa mutuo e non implique
relacións desiguais.

• O erro do consentimento: hai que desterrar este concepto que está


dando dores de cabeza cas últimas lexislacións, consentir parte da base do
desacordo, consentimos situacións que son claramente abusivas cando
non somos quen de atallalas, sexa nas relacións sexuais, laborais,
familiares...o consentimento está viciado sempre. Nas relacións sexuais só
pode haber mutuo desexo, se non é así estamos ante unha violación, iso
haino que entender perfectamente para poder lexislar e actuar con
coñecemento dos conceptos. Os nosos concellos non poden ser
indocumentados en ningún dos aspectos municipais.

• As nenas: deben medrar sabendo que son iguais ós nenos en dereitos e


en oportunidades, pero resulta, que a partires dos 6 aniños xa se creen con
menos capacidades. Seguimos inducindo a que haxa crenzas nas nosas
escolas e non evidencias, Certamente a falta de referentas é un dos
problemas. A maiores recuperar a co-educación, nenas e nenos que
medren compartindo o valor da igualdade de dereitos entre seres
humanos. Estudaremos a posibilidade de implementar que nas escolas
nenas e nenos leven o mesmo uniforme, iso si, igual de cómodo e práctico,
divertido, nada dos típicos traxes para nenos e saias para nenas, hai que
desterrar iso, un práctico chándal é o mellor atuendo, un para cada
estación, iso si. As familias sen recursos teranos gratis, obviamente nas
escolas concertadas e privadas será unha recomendación, pois quen
queira educación pagada... pague os seus caprichos. Formas de violencia
ás que as nenas son sometidas? Vestimenta sexista, tocala, bicala sen que
o solicite, sometida a iso polos propios compañeiros e cas risas nada

40
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

graciosas de nais e pais que quitan importancia a semellante abuso e que


dende logo non acontece cos nenos nin sería de desexar, enfatizar que
sempre deben estar bonitas, ser doces... etc. Neste senso ós nenos tamén
se lles violenta esixíndolles o contrario, ser audaces, traviesos,
contestatarios, líderes e non chorar... entre outras cousas, a educación non
sexista é moi necesaria, cousas como os xoguetes son determinantes, polo
que se poderían facer proxectos cas xogueterías para que non existan
diferencias e dende logo fomentar os xoguetes sustentables e que
desenrolan a imaxinación.

• Infancia e cidade: non casan, a cidade é moi violenta cas crianzas, non
teñen espazo, son como cachorriños enxaulados, como xa se vén dicindo
ademais os nenos acaparan co xogo do fútbol as prazas, deixando moi
pouco para as nenas, hai que conseguir máis zonas peonís, máis parques e
máis xardíns onde poidan xogar, sen balóns! Precisamos proxectos que
logren que as nenas e nenos xoguen relacionándose en igualdade e sen
que nais e pais ou calquera adulto se meta con eles con cousas como “son
noivos” introducindo conceptos adultos e non deixando que medren libres
de prexuízos. No rural pasa menos, pero moitas aldeas xa non teñen
espazos seguros por mor do tráfico e, como hai poucas crianzas, estas
acaban pasando medio día no coche e indo ós parques de Arteixo, xa non
hai criaturas nin nas rúas nin nas aldeas... estamos facendo moito mal á
infancia.

• O abxecto fenómeno das “mandas”: dende moi novos os mozos e xa


homes adultos están violando grupalmente a mulleres e nenas, o 11 de
abril outra noticia dun ataque así a 2 nenas de 14 aniños, posteriormente
soubemos da violación a unha meniña de 11 anos! Perpetrada por nenos
menores que son expostos á violenta pornografía, de tal forma que para
eles as mulleres perden a condición de “persoas” e son só recoñecidas por
eses nenos e certos homes, como obxectos, estes tipos non amosan
empatía algunha cara as mulleres, nenas... da igual que incluso, teñan
discapacidades mentais, este tema debe ser tratado na concellaría do
home. Poñeremos tódolos medios para que en Arteixo isto xamais pase.

41
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

APÉNDICE:

AS NOSAS BASES IDEOLÓXICAS

FUNDAMENTOS:

MUNICIPALISMO: como ferramenta política para que a cidadanía dos concellos


poida apropiarse de novo do espazo político e, a partires de aí, mesmo acabar
cos sistemas de opresión e desestabilización que operan ás nosas costas. Esixir ó
resto de administracións a dotación económica para facernos cargo daquelas
cuestións que un concello podería levar a cabo de forma eficiente e humanizada .

DEREITOS HUMANOS Facendo efectivos os dereitos dos que nos dotamos e


onde a carta do 1948 da Declaración dos Dereitos Humanos é a noso punto
de partida para levar a cabo un municipalismo onde a progresividade dos
dereitos económicos, sociais e culturais, se fagan efectivos, sendo o Estado quen
debe garantilo a través das súas institucións, asegurar a súa plena realización
mediante a lexislación e a dotación económica suficiente para realizar esta labor
de xeito efectivo.

RADICALIDADE DEMOCRÁTICA A democracia debe prevalecer en todos os


ámbitos da vida para que a cidadanía poida elixir as mellores opcións para o seu
momento presente. Debe garantirse que sexa plural, transparente, realmente
representativa da sociedade e debe facilitar a participación e para iso debemos
dotarnos de novas ferramentas e poñer en valor as existentes como son os
referendos.

LOITA CONTRA A CORRUPCIÓN É fundamental contar con autoridades públicas


honestas cribles en toda a cadea democrática, que traballen en sintonía para
conservar os bens públicos, garantan o interese común e promovan a xustiza e a
solidariedade na sociedade. O bo goberno, o mandato da lei, a responsabilidade e
a transparencia son os piares nos que deben basearse para o exercicio das súas
funcións.

EQUIDADE: en canto a que tódalas persoas somos iguais en dereitos, por tanto
tamén precisamos como base de traballo a máxima de que a cada quen segundo
as súas necesidades.

FEMINISMO. A aceptación deste principio básico supón traballar para erradicar


todo aquilo que impida a lexítima asunción deste principio e poñer as medidas
para que este se exerza sen restricións nos nosos concellos.

SOLIDARIEDADE: grande desaparecida na política formal, quitando os malos


modelos das ONGs e por mor diso a aparición de numerosos conflitos, ademais

42
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

de outros “males” actuais tan graves como o racismo, os abusos, a violencia


estrutural (tamén contra animais).

As administracións municipais deberan fomentar as políticas solidarias pero non


como escaparates absurdos tipo “festa desta ou daqueloutra cultura” , Tamén se
trata de solidariedade entre concellos.

COLABORACIÓN: fronte á competición no que tanto se incide no actual sistema,


debera ser un elemento transversal en tódalas propostas que propoñamos.
Competindo entre nós non imos conseguir nada bo, polo tanto, colaboremos, que
ademais é máis motivador.

COLECTIVIDADE: por riba de individualidade e é obvio que se as políticas


pensadas para o beneficio da colectividade son boas e están ben aplicadas nunca
poden poñer en perigo ningún dereito persoal, claro que aquí dependemos dunha
praxe ética, estou pensando no caso de obra civil que precise dunha propiedade
para facerse, esa persoa ten que ser xustamente indemnizada, e non como se fai
agora… pero tamén penso no caso de promotores pouco éticos… é dicir o BEN
COMÚN ben pensado e sen megalomanías.

SUSTENTABILIDADE: significa aquilo se se sostén, a política que nós


preconicemos debe ser en tódolos aspectos sustentable , durable , se non é así é
que se está a facer o de sempre e este principio debera parir unha serie de
proxectos municipais que fagan a vida cotiá máis doada. Ademais invita a pensar
no futuro e a ter cautela á hora de proxectar, axuda tamén a analizar
criticamente o que temos e, en consecuencia, a aplicar medidas que corrixan os
erros. Outro dos piares, se cadra este punto precisaría de desenrolar estratexias
por tramos ata acadar o óptimo, debe ser un factor transversal en todo
momento.

PERMACULTURA: trátase dunha filosofía que vén a significar a “cultura


permanente” é dicir aquelas accións ou actividades con vocación de perdurar , a
permacultura baséase no deseño sustentable, en tódolos ámbitos, sendo se
cadra o seu aspecto máis coñecido á agricultura. A permacultura é holística, ten
en consideración tódolos aspectos que conflúen en algo e vai á raíz da cuestión .

ANTIMILITARISMO: é obvio que dende o concello non se poden xerar leis que
leven á desaparición das armas e corpos armados, pero si podemos levar a cabo
unha concienciación, ou medidas que impidan, poñamos por caso, que unha
empresa no noso concello constrúa unha fábrica de armas… ca sempre
cacarexada “creación de postos de traballo”, está claro que se temos unha visión
de cambio de sistema non podemos apoiar ningunha fábrica que teña como

43
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

fundamento o futuro asasinato sexa de animais ou de persoas, pois as armas


como sabemos son para iso: para matar. Onde xa hai, promover un cambio de
actividade.

BANCA ÉTICA: o concello debera operar con entidades bancarias que conflúan
cos nosos principios, e dende logo que non comercien nin con “futuros” nin con
armas nin nada que negue os principios básicos que asumimos como necesarios
para mudar os sistema dende o concello.

DEMOCRACIA PARTICIPADA: sabemos que precisa dunha certa capacidade


organizativa para ser levado a cabo, será desenvolvido en tramos, onde os
REFERENDOS municipais será o máximo expoñente desta participación para
aqueles proxectos que modifiquen de forma estrutural o noso concello.

LAICISMO: a laicidade debe ser unha das nosas premisas, non participar en
ningún rito relixioso nin que ningún grupo relixioso sexa o que se encargue
daqueles aspectos políticos que os concellos están delegando (Cáritas etc ). Canto
a preservación da cultura popular, festas parroquiais, etc, apoiaranse aqueles
aspectos que non vaian en contra dalgún dos dereitos fundamentais das persoas
ou animais, propoñendo alternativas laicas.

COMUNIDADES DE PROPIEDADES: froito dos primeiros principios, pero tamén


como políticas que fomenten o común fronte á propiedade privada, usos
compartidos de montes, empresas… cooperativismo e, por suposto, fomentando
que no concello os empregos sexan públicos e minimizando as externalizacións !

ECOLOXÍA: cada parte do Planeta estaba capacitada para soportar e alimentar


os diferentes nichos ecolóxicos, porén sabemos que está tan alterada que case é
imposible recoñecer o autóctono, a gravidade é tal que imos camiño do colapso,
a substitución de especies, o abandono do agro, a mala xestión ambiental, o
urbanismo absurdo, etc… todas as agresións que tamén danan a nosa saúde ,
aínda que só fose por puro egoísmo deberamos tentar recuperar o tan feble
equilibrio natural.

ENERXÍA RENOVABLE DEMOCRÁTICA: fomentar o uso das renovables a través


dunha empresa municipal de enerxía, un dos mellores exemplos é o concello
de Marinaleda con instalacións que fornecen de enerxía gratuíta (ou case) a todo
ese concello,

OUTRAS ADMINISTRACIÓNS: esixir o cumprimento das súas competencias,


tendo en conta que a vida das veciñas e veciños depende diso.

44
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

XUSTA REMUNERACIÓN: escapar do lucro espurio, pero ó mesmo tempo levar


unha praxe política onde non se escatime en recursos a autónomos/-as, acabar
cas subcontratas que se beneficias de sisar ós e ás súas empregadas parte da
plusvalía. Xusta remuneración é tamén ponderar o custe de profesionais de libre
designación.

DECRECEMENTO como xeito de eliminar o estrés que a sociedade actual ten en


canto á súa relación tanto no laboral, económico, político… en canto ós seus
hábitos, sexan de consumo ou horarios laborais. O decrecemento non significa
perda de calidade de vida ou de comodidades, máis ben ó contrario. Todas as
persoas temos que ter presente que a nosa sociedade occidental está sustentada
polos alicerces do petróleo, pero o petróleo é xa un ben escaso, estamos agora
mesmo nun proceso belicista que xa nos está danando sumamente.

TRANSPARENCIA hai ferramentas abondo para que as xestións municipais


sexan transparentes. Pero tamén deben selo as persoas que accedan ós
gobernos municipais, se cadra a través de documentos éticos asinados ante
notario…

VIVENDA fomentar todas aquelas accións que leven a que tódalas persoas teñan
unha vivenda DIGNA e por suposto nunca ser cómplices de ningún banco ou
outro axente que desafiuce pola forza a unha persoa, estudando profundamente
os casos e ver que solucións de verdade se poden levar a cabo en cada caso
concreto. Debemos ter claro que se pode facer cas vivendas abandonadas, as
ruínas, vivendas sen ocupar, etc… ca lei do Solo de Galicia iso é posible .

SANIDADE fomentar a saúde, o trato holístico da persoa doente, posto que a


saúde vai máis aló da ausencia de dor físico. Debe por atallarse dende un punto
de vista da prevención e asunción de hábitos saudables. A descomposición do
sistema sanitario non é unicamente por causas económicas, hai no seu seo unha
contradición que algún día haberá que abordar e dende os concellos onde iso
pode atenderse.

TRANSPORTE COLECTIVO: Galiza é terrible neste aspecto, é incrible o difícil


que nolo puxeron para podernos mover con certa soltura pola nosa xeografía, o
transporte colectivo vai ser necesario porque o pico do petróleo vaino esixir e
temos que ser vangardistas: transporte interparroquial, entre concellos...
eléctrico e onde se poida tren.

LINGUA: a lingua galega é patrimonio inmaterial, pero aínda así nos concellos
sempre é obxecto de ataques ou menosprezo (vía deturpación de toponimia,
textos e webs en español… etc). A súa instrumentalización partidaria non ten

45
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

sentido, debemos normalizar o seu uso sen ter que dar explicacións de por que
nos concellos galegos onde está Unidade Local o galego é lingua vehicular , o que
debera ser innecesario pola obviedade: a linga de Galicia é o galego . Iso non
quita para usar o resto de linguas oficiais no estado español .

CULTURA tanto material como inmaterial, a cultura galega nas súas diferentes
expresións debe preservarse, salvo no caso nos que haxa aspectos culturais que
choquen directamente e neguen por si mesmos dereitos fundamentais , tanto en
persoas como animais ou ca nosa paisaxe, arquitectura... A cultura nunca é algo
estático sempre está en cambio pois depende das teorizacións que derivan da
análise que se faga nun momento concreto da historia. En calquera caso a
preservación do patrimonio material é prioritario. Afastarse de obras
megalómanas (museos hoxe baleiros e outros enxendros) cascas sen contidos e
os cartos nos petos de quen goberna nas sombras. A cultura é riqueza per se,
pero pódea ser tamén económica… precisa iso si de certa sensibilidade e
imaxinación para xestionalo.

ANTICAPITALISMO o capitalismo, fillo do patriarcado é o berce das


desigualdades, así mesmo é a orixe de multitude de problemas como o
desemprego e a ausencia absoluta de solidariedade cas persoas desempregadas
cando o problema vén dado, precisamente, polo modelo económico que nas
últimas décadas leva unha deriva cara un “neoliberalismo” aberrante e
completamente agresivo cara a clase obreira. A súa incidencia negativa pode
paliarse co deseño coherente das propostas e sen ir a aspectos moi concretos
que cada concello ten e dende a perspectiva da xeografía humana, é dicir da
análise que esta disciplina fai da paisaxe, da actividades económicas, da
demografía, e doutros aspectos. Moitas das medidas que pensemos van servir
para calquera concello sexa este rural ou urbano, teña ou non, unha área
industrial, sexa dinámico ou estea en decadencia… O punto de partida para o
deseño ten que ser a diversificación da nosa economía para non caer en
dependencias, non se trata de promover autarquías pasadas pero si afastar
perigos de colapso que cada vez se ven máis preto:

NO RURAL recuperación da economía agraria, o abandono das terras de


cultivo sumiunos baixo a dependencia dos alimentos que veñen de fóra,
cuns custes xa moi difíciles de asumir se moitos deles non estiveran
inflados de subvencións. Incluíndo nesta economía a artesanía ou calquera
actividade que se incardine nos aspectos realmente rurais. O rural non
pode ser un reduto de tempos pasados, a xente do rural ten dereito a
gozar de servizos ou cando menos a que mediante o transporte público a

46
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

proximidade así o facilite. Afastar do rural concepcións postmodernas que


chocan totalmente cos obxectivos ditos.

URBANO partir do paradigma das propostas para as CIDADES EN


TRANSICIÓN, é dicir, os axustes que se van ter que facer si ou si polo
declive do petróleo e que algunha cidade en vangarda xa está realizando.
Pero, a parte, a cidade é un espazo que debera ser máis humanizado, isto
é, que fomente a relación entre persoas, que deixe de ser un lugar onde
durmir e comprar ou ir a espectáculos, a cidade debe poder pasearse,
inzarse de xardíns e parques e iso só se vai lograr mediante unha política
coherente e ben organizada.

47
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS.


1948

Considerando que la libertad, la justicia y la paz en el mundo tienen por


base el reconocimiento de la dignidad intrínseca y de los derechos
iguales e inalienables de todos los miembros de la familia humana ;

Considerando que el desconocimiento y el menosprecio de los derechos humanos ha


originado actos de barbarie ultrajantes para la conciencia de la humanidad, y que se ha
proclamado, como la aspiración más elevada del hombre, el advenimiento de un mundo en
que los seres humanos, liberados del temor y de la miseria, disfruten de la libertad de palabra
y de la libertad de creencias;
Considerando esencial que los derechos humanos sean protegidos por un régimen de
Derecho, a fin de que el hombre no se vea compelido al supremo recurso de la rebelión contra
la tiranía y la opresión;
Considerando también esencial promover el desarrollo de relaciones amistosas entre las
naciones;
Considerando que los pueblos de las Naciones Unidas han reafirmado en la Carta su fe en los
derechos fundamentales del hombre, en la dignidad y el valor de la persona humana y en la
igualdad de derechos de hombres y mujeres, y se han declarado resueltos a promover el
progreso social y a elevar el nivel de vida dentro de un concepto más amplio de la libertad;
Considerando que los Estados Miembros se han comprometido a asegurar, en cooperación
con la Organización de las Naciones Unidas, el respeto universal y efectivo a los derechos y
libertades fundamentales del hombre, y
Considerando que una concepción común de estos derechos y libertades es de la mayor
importancia para el pleno cumplimiento de dicho compromiso;
Ahora, por tanto,
La Asamblea General,
Proclama la presente Declaración Universal de los Derechos Humanos como ideal común
por el que todos los pueblos y naciones deben esforzarse, a fin de que tanto los individuos
como las instituciones, inspirándose constantemente en ella, promuevan, mediante la
enseñanza y la educación, el respeto a estos derechos y libertades, y aseguren, por medidas
progresivas de carácter nacional e internacional, su reconocimiento y aplicación universales y
efectivos, tanto entre los pueblos de los Estados Miembros como entre los de los territorios
colocados bajo su jurisdicción.

48
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

Artículo 1
Todos los seres humanos nacen libres e iguales en dignidad y derechos y, dotados como están
de razón y conciencia, deben comportarse fraternalmente los unos con los otros.

Artículo 2
Toda persona tiene todos los derechos y libertades proclamados en esta Declaración, sin
distinción alguna de raza, color, sexo, idioma, religión, opinión política o de cualquier otra
índole, origen nacional o social, posición económica, nacimiento o cualquier otra condición.
Además, no se hará distinción alguna fundada en la condición política, jurídica o internacional
del país o territorio de cuya jurisdicción dependa una persona, tanto si se trata de un país
independiente, como de un territorio bajo administración fiduciaria, no autónomo o sometido
a cualquier otra limitación de soberanía.

Artículo 3
Todo individuo tiene derecho a la vida, a la libertad y a la seguridad de su persona.

Artículo 4
Nadie estará sometido a esclavitud ni a servidumbre, la esclavitud y la trata de esclavos están
prohibidas en todas sus formas.

Artículo 5
Nadie será sometido a torturas ni a penas o tratos crueles, inhumanos o degradantes.

Artículo 6
Todo ser humano tiene derecho, en todas partes, al reconocimiento de su personalidad
jurídica.

Artículo 7
Todos son iguales ante la ley y tienen, sin distinción, derecho a igual protección de la ley.
Todos tienen derecho a igual protección contra toda discriminación que infrinja esta
Declaración y contra toda provocación a tal discriminación.

Artículo 8
Toda persona tiene derecho a un recurso efectivo ante los tribunales nacionales competentes,
que la ampare contra actos que violen sus derechos fundamentales reconocidos por la
constitución o por la ley.

49
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

Artículo 9
Nadie podrá ser arbitrariamente detenido, preso ni desterrado.

Artículo 10
Toda persona tiene derecho, en condiciones de plena igualdad, a ser oída públicamente y con
justicia por un tribunal independiente e imparcial, para la determinación de sus derechos y
obligaciones o para el examen de cualquier acusación contra ella en materia penal.

Artículo 11
1. Toda persona acusada de delito tiene derecho a que se presuma su inocencia mientras no se
pruebe su culpabilidad, conforme a la ley y en juicio público en el que se le hayan asegurado
todas las garantías necesarias para su defensa.
2. Nadie será condenado por actos u omisiones que en el momento de cometerse no fueron
delictivos según el Derecho nacional o internacional. Tampoco se impondrá pena más grave
que la aplicable en el momento de la comisión del delito.

Artículo 12
Nadie será objeto de injerencias arbitrarias en su vida privada, su familia, su domicilio o su
correspondencia, ni de ataques a su honra o a su reputación. Toda persona tiene derecho a la
protección de la ley contra tales injerencias o ataques.

Artículo 13
1. Toda persona tiene derecho a circular libremente y a elegir su residencia en el territorio de
un Estado.
2. Toda persona tiene derecho a salir de cualquier país, incluso del propio, y a regresar a su
país.

Artículo 14
1. En caso de persecución, toda persona tiene derecho a buscar asilo, y a disfrutar de él, en
cualquier país.
2. Este derecho no podrá ser invocado contra una acción judicial realmente originada por
delitos comunes o por actos opuestos a los propósitos y principios de las Naciones Unidas.

Artículo 15
1. Toda persona tiene derecho a una nacionalidad.

50
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

2. A nadie se privará arbitrariamente de su nacionalidad ni del derecho a cambiar de


nacionalidad.

Artículo 16
1. Los hombres y las mujeres, a partir de la edad núbil, tienen derecho, sin restricción alguna
por motivos de raza, nacionalidad o religión, a casarse y fundar una familia, y disfrutarán de
iguales derechos en cuanto al matrimonio, durante el matrimonio y en caso de disolución del
matrimonio.
2. Sólo mediante libre y pleno consentimiento de los futuros esposos podrá contraerse el
matrimonio.
3. La familia es el elemento natural y fundamental de la sociedad y tiene derecho a la
protección de la sociedad y del Estado.

Artículo 17
1. Toda persona tiene derecho a la propiedad, individual y colectivamente.
2. Nadie será privado arbitrariamente de su propiedad.

Artículo 18
Toda persona tiene derecho a la libertad de pensamiento, de conciencia y de religión; este
derecho incluye la libertad de cambiar de religión o de creencia, así como la libertad de
manifestar su religión o su creencia, individual y colectivamente, tanto en público como en
privado, por la enseñanza, la práctica, el culto y la observancia.

Artículo 19
Todo individuo tiene derecho a la libertad de opinión y de expresión; este derecho incluye el
de no ser molestado a causa de sus opiniones, el de investigar y recibir informaciones y
opiniones, y el de difundirlas, sin limitación de fronteras, por cualquier medio de expresión.

Artículo 20
1. Toda persona tiene derecho a la libertad de reunión y de asociación pacíficas.
2. Nadie podrá ser obligado a pertenecer a una asociación.

Artículo 21
1. Toda persona tiene derecho a participar en el gobierno de su país, directamente o por medio
de representantes libremente escogidos.
2. Toda persona tiene el derecho de acceso, en condiciones de igualdad, a las funciones
públicas de su país.

51
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

3. La voluntad del pueblo es la base de la autoridad del poder público; esta voluntad se
expresará mediante elecciones auténticas que habrán de celebrarse periódicamente, por
sufragio universal e igual y por voto secreto u otro procedimiento equivalente que garantice la
libertad del voto.

Artículo 22
Toda persona, como miembro de la sociedad, tiene derecho a la seguridad social, y a obtener,
mediante el esfuerzo nacional y la cooperación internacional, habida cuenta de la
organización y los recursos de cada Estado, la satisfacción de los derechos económicos,
sociales y culturales, indispensables a su dignidad y al libre desarrollo de su personalidad.

Artículo 23
1. Toda persona tiene derecho al trabajo, a la libre elección de su trabajo, a condiciones
equitativas y satisfactorias de trabajo y a la protección contra el desempleo.
2. Toda persona tiene derecho, sin discriminación alguna, a igual salario por trabajo igual.
3. Toda persona que trabaja tiene derecho a una remuneración equitativa y satisfactoria, que le
asegure, así como a su familia, una existencia conforme a la dignidad humana y que será
completada, en caso necesario, por cualesquiera otros medios de protección social.
4. Toda persona tiene derecho a fundar sindicatos y a sindicarse para la defensa de sus
intereses.

Artículo 24
Toda persona tiene derecho al descanso, al disfrute del tiempo libre, a una limitación
razonable de la duración del trabajo y a vacaciones periódicas pagadas.

Artículo 25
1. Toda persona tiene derecho a un nivel de vida adecuado que le asegure, así como a su
familia, la salud y el bienestar, y en especial la alimentación, el vestido, la vivienda, la
asistencia médica y los servicios sociales necesarios; tiene asimismo derecho a los seguros en
caso de desempleo, enfermedad, invalidez, viudez, vejez u otros casos de pérdida de sus
medios de subsistencia por circunstancias independientes de su voluntad.
2. La maternidad y la infancia tienen derecho a cuidados y asistencia especiales. Todos los
niños, nacidos de matrimonio o fuera de matrimonio, tienen derecho a igual protección social.

Artículo 26
1. Toda persona tiene derecho a la educación. La educación debe ser gratuita, al menos en lo
concerniente a la instrucción elemental y fundamental. La instrucción elemental será
obligatoria. La instrucción técnica y profesional habrá de ser generalizada; el acceso a los

52
LIÑAS PROGRAMÁTICAS DE UNIDADE LOCAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

estudios superiores será igual para todos, en función de los méritos respectivos.
2. La educación tendrá por objeto el pleno desarrollo de la personalidad humana y el
fortalecimiento del respeto a los derechos humanos y a las libertades fundamentales;
favorecerá la comprensión, la tolerancia y la amistad entre todas las naciones y todos los
grupos étnicos o religiosos, y promoverá el desarrollo de las actividades de las Naciones
Unidas para el mantenimiento de la paz.
3. Los padres tendrán derecho preferente a escoger el tipo de educación que habrá de darse a
sus hijos.

Artículo 27
1. Toda persona tiene derecho a tomar parte libremente en la vida cultural de la comunidad, a
gozar de las artes y a participar en el progreso científico y en los beneficios que de él resulten.
2. Toda persona tiene derecho a la protección de los intereses morales y materiales que le
correspondan por razón de las producciones científicas, literarias o artísticas de que sea
autora.

Artículo 28
Toda persona tiene derecho a que se establezca un orden social e internacional en el que los
derechos y libertades proclamados en esta Declaración se hagan plenamente efectivos.

Artículo 29
1. Toda persona tiene deberes respecto a la comunidad, puesto que sólo en ella puede
desarrollar libre y plenamente su personalidad.
2. En el ejercicio de sus derechos y en el disfrute de sus libertades, toda persona estará
solamente sujeta a las limitaciones establecidas por la ley con el único fin de asegurar el
reconocimiento y el respeto de los derechos y libertades de los demás, y de satisfacer las
justas exigencias de la moral, del orden público y del bienestar general en una sociedad
democrática.
3. Estos derechos y libertades no podrán, en ningún caso, ser ejercidos en oposición a los
propósitos y principios de las Naciones Unidas.

Artículo 30
Nada en esta Declaración podrá interpretarse en el sentido de que confiere derecho alguno al
Estado, a un grupo o a una persona, para emprender y desarrollar actividades o realizar actos
tendientes a la supresión de cualquiera de los derechos y libertades proclamados en esta
Declaración.

53

You might also like