Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

BLOQUE 3.

SÉCULOS XVI-XVII

9. A NOVA MONARQUÍA DOS REIS CATÓLICOS: UNIÓN DINÁSTICA E


REORGANIZACIÓN POLÍTICO-ADMINISTRATIVA

Termos asociados:

 Xuntas do Reino de Galicia: Institución que actuaba en representación do reino de


Galicia ante a Coroa no Antigo Réxime. Estaba integrada polos deputados das cidades
capitais das setes provincias galegas e reuníronse por primeira vez en 1500. As súas
reunións facíanse a petición do monarca para repartir a carga fiscal e as levas militares
concedidas previamente polas Cortes castelás ou para a concesión de donativos propios.
As reunións tamén servían para debater a situación do reino e facer chegar ao rei as súas
peticións. Nas Xuntas estaban representadas as cidades de Santiago, Lugo, Ourense, A
Coruña, Betanzos, Mondoñedo e Tui. Unha das súas principais reivindicacións foi a
concesión a Galicia de voto nas Cortes de Castela, que obtiveron durante o reinado de
Felipe IV (1623). Foron creadas no século XVI e estaban presididas polo Gobernador
Capitán Xeneral de Galicia. Asembleas integradas polos representantes (chamados
procuradores) das provincias do Reino de Galicia.
 Converso: Persoa que acepta unha crenza relixiosa diferente (especialmente o
cristianismo) á que profesaba anteriormente. Moitas das conversións ao cristianismo
non foron por convicción, senón para evitar persecucións; forzados á conversión ao
cristianismo, por exemplo, durante os 4 meses que tiñan de marxe antes de seren
expulsados por mor da orde de expulsión dos Reis Católicos. De modo que os
conversos seguiron practicando os seus cultos en segredo. O incremento do número de
conversos aumentou o odio popular contra eles. Aplícase esencialmente aos
musulmáns e xudeus que se converteron ao cristianismo nos séculos XVI e XVII.
Moitos destes novos cristiáns foron vítimas do tribunal da Inquisición.
 Mourisco: musulmáns que, trala desaparición de Al-Ándalus, tiveron que converterse
ao cristianismo, especialmente aqueles musulmáns que de forma forzada se
converteron tras unha orde dos Reis Católicos en 1502. Eran sospeitosos de seguiren
practicando os seus cultos en segredo, o que provocou a animadversión dos cristiáns.
A súa presenza e cantidade era moi importante na coroa de Aragón, e a produción
agrícola e de regadío nalgúns territorios dependía destes continxentes de poboación.
Foron definitivamente expulsados a comezos do século XVII.

1
BLOQUE 3. SÉCULOS XVI-XVII

Datas clave:

1469 Casamento entre Isabel e Fernando 1492 Conquista do Reino Nazarí de


Granada

1478 Consello da Suprema Inquisición 1492 Expulsión dos xudeus

1480 Consello de Castela 1494 Consello de Aragón

A herdeira ao trono de Castela (Isabel) e o herdeiro ao trono de Aragón (Fernando)


casaron en 1469, quedando unidas as dúas coroas e, como consecuencia, creouse un
novo estado, a Monarquía Hispánica. A unión dinástica, que non foi política -xa que os
reinos conservaron as súas institucións e leis-, entre Fernando e Isabel, coñecidos como
os Reis Católicos, cambiou por completo a organización política e supuxo a entrada de
España nunha nova época, a Idade Moderna, caracterizada por unhas monarquías que
loitan para facérense o máis fortes posible, delimitando o poder dos nobres para construír
unha nova forma de gobernar baseada no poder real.

O obxectivo principal dos Reis Católicos foi o reforzamento do poder real e un dos
mellores medios foi a política relixiosa (uniformidade relixiosa): crearon para iso o
Consello da Suprema Inquisición, que o papado deixou baixo a súa autoridade en 1478;
fomentaron as regalías polas que tiñan dereito a intervir na igrexa do seu país, por
exemplo, no nomeamento de cargos; decretaron a expulsión dos xudeus en 1492;
perseguiron os mudéxares, que acabaron sendo expulsados despois de que en 1492
conquistasen o Reino Nazarí de Granada.

A política institucional tamén se orientou para lograr unha monarquía autoritaria e


forte. Pretendían diminuír os privilexios políticos da nobreza, da Igrexa e das cidades. Para
logralo, reformaron institucións xa existentes, especialmente en Castela: reorganizouse en
1480 o Consello de Castela, que se converteu no principal órgano de goberno. Creáronse
novos consellos, como o de Aragón en 1494. Nestes consellos, os reis fomentaron a
entrada de funcionarios de formación xurídica, o que reduciu o poder decisorio da nobreza
e a igrexa. Establecéronse novos cargos, como os secretarios reais, funcionarios
escollidos polos reis e que facían de intermediarios entre estes e os consellos; e os
vicerreis, representantes dos monarcas nos diferentes territorios das coroas. Reduciuse o

2
BLOQUE 3. SÉCULOS XVI-XVII

papel das Cortes de Castela (institución medieval), na que tiñan poder os nobres e
cregos, xa que os consellos asumiron algunhas das súas funcións.

A nivel municipal, revitalizouse o cargo de corrixidores, persoas que gobernaban


as cidades con competencias administrativas, xudiciais e militares, sendo este cargo tamén
de designación real. O sistema xudicial foi reorganizado para garantir o control dos
monarcas na xustiza, xerarquizando os tribunais: corrixidores a nivel local, audiencias a
nivel rexional, e o Consello Real de Castela (última instancia xudicial).

Creouse tamén a Santa Irmandade (para manter a orde nos camiños), que cando
foi preciso tamén tivo funcións militares.

Na Coroa de Aragón as reformas tiveron menos importancia, debido ao carácter


pactista da mesma e á fortaleza da limitación ao poder real por parte das súas institucións
propias. Destacaron a creación da figura do vicerrei (un en cada reino) e do sistema de
insaculación (elección de cargos por sorteo) para elixir os cargos municipais, e que, como
no caso dos corrixidores casteláns, limitaba o poder das oligarquías locais.

A introdución da Inquisición reforzou o poder real, xa que estaba baixo o control dos
monarcas e tiña moi amplas competencias. Nesta época, o goberno de Galicia estivo
constituído pola Audiencia, as Xuntas do Reino de Galicia e o Gobernador Capitán
Xeneral.

En definitiva, socavouse o poder político da nobreza e aumentou a eficacia


administrativa, reforzando o poder real e o centralismo de carácter autoritario.

You might also like