Download as odt, pdf, or txt
Download as odt, pdf, or txt
You are on page 1of 2

Kant e o imperativo categórico (ética do deber ou deontolóxica)

En Kant o punto de partida, como ilustrado que é, é o concepto de Razón.


Razón en Kant é sempre Razón finita, humana, que procede sempre de
maneira receptiva con respecto a algo que vén de fóra, sexan impresións
sensibles ou sentimentos. Polo mesmo é razón limitada pero é xustamente
isto(que hai límites) o que lle vai permitir sobre base da delimitación do que é
coñecemento ou decisión buscar a validez, a lexitimidade do coñecemento e a
lexitimidade da decisión moral.

En Kant a decisión é irreductible a coñecemento e o coñecemento a decisión.


Quere isto dicir que o coñecemento non sabe o que é unha decisión, pode
saber o que é unha conducta (concreta) pero non o que é unha decisión. A
Razón práctica en Kant é un ámbito diferenciado da Razón Teórica. O
coñecemento réxese pola causalidade (está determinado causalmente) a
decisión é o producto da liberdade e ésta non está determinada causalmente.

Kant , ao igual que no coñecemento , vai buscar no ámbito da razón práctica


unha moral que sexa universal e necesaria: que sirva para todas e cada unha
das persoas que conforman a humanidade e que poda aparecerse en todas e
cada unha das decisións posibles.

Ao igual que para o coñecemento o enunciado xeral é o xuízo (A é B) para o


ámbito da moral o enunciado é a máxima (quero A, logo fago B). En principio
unha máxima non é máis que a regra de conducta que todos nos damos.
Queremos un fin (A) tomamos unha decisión (B). En principio unha máxima ,
por si mesma, non é universal e necesaria: hoxe adopto unha máxima, mañá a
contraria. X adopta unha máxima por placer e Y tamén pero X e Y non se
poñen de acordo sobre o que é o placer etc. É universal (haina sempre, témola
todas as persoas) pero non é necesaria.

É posible unha determinación da vontade que sexa universal pero tamén


necesaria? Esa é a pregunta de Kant. Sí: e hai dous pasos.

Primeiro paso: hai unhas máximas que sempre adoptamos cando a nosa
vontade é chegar a fins prácticos que teñen valor universal e necesario: Se
queres auga combina H e O. Se queres curar coñece a enfermedade. Se
queres matar coñece os velenos. Etc. Pero non son xuizos da moral. Son
xuízos do coñecemento con valor práctico. Son imperativos hipotéticos sostidos
na habilidade técnica ou na sagacidade. Para Kant a moral ten que sosterse
ao marxe do coñecemento, das consecuencias da acción ou dos sentimentos
que nos produza a nosa acción. Ten que ser unha moral autónoma, universal e
necesaria.Segundo paso: hai unha forma de imperativo que cumpre estas
condicións; alí onde a máxima da nosa conducta réxese por deber, polo deber
que nos damos a nós . Pola obriga moral que nos impoñemos. Kant chamará, a
esta forma de imperativo, imperativo categórico:

Obra según unha máxima tal que podas querer ao mesmo tempo que se torne
en lei universal.

Obra de tal modo que uses a humanidade tanto na túa persoa coma na dos
demais sempre como un fin nunca como un medio.

O imperativo categórico é formal (por oposición a material e non dice o que hai
que facer), autónomo (por oposición a heterónomo, é autoimposto pola
persoa), é universal (para todas as persoas da humanidade pode estár
presente, é posible para calquera persoa), é necesario (para todas as decisións
está presente como posibilidade).

Según isto, aquilo que é materia do imperativo categórico (a decisión moral) non é
materia do coñecemento e ,polo mesmo, o que é obxecto de coñecemento posible non
é o que se enxuíza según o imperativo categórico. Acéptase que hai un criterio moral
mais retíraselle a calquera a pretensión de ir pola vida facendo de xuíz moral. Sendo
que a coerción si é materia de coñecemento se sigue que nada que sexa inherente a
unha forza coercitiva pode basarse no imperativo categórico. Toda instancia
potencialmente coercitiva debe absterse de toda pretensión de xuízo moral. Para Kant
o dereito ten que ser, obrigatoriamente, positivo, material e externo á moral; só hai un
principio “a priori” no dereito: o recoñecemento da posibilidade de que cadaquén faga
o que queira coa condición de que ese “facer o que queira” sexa baixo condicións tais
que poda valer (sexa compatible) para calquera outra persoa nas mesmas
condicións .Podería resumirse así: todos os dereitos son abstractos, sen contido, e a
censura a tales dereitos ten que ser concreta. A liberdade de expresión é un principio
abstracto (sen contido material e válido para toda persoa), a censura a ela ten que
estar tasada, materialmente determinada (tal e como fai por exemplo, o código penal).

You might also like