Apuntes Historia Da Educación.

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

TEMA 1: A educación antiga e clásica.

1. As primeiras culturas escribas.

1.1. Primeiras culturas.


- A especie homosapiens non adquiriu a súa configuración actual ata o ano 35.000 a.C.
aprox.
- Na primitiva cultura humana os progresos nas técnicas de fabricación de ferramentas
foron en paralelo coa capacidade de abstracción (debuxos, pinturas rupestres [13.000
a.C]).
- A lingua falada supón un esforzo de abstracción e posibilita a comunicación e a
transmisión das ideas.

FALA + REPRESENTACIÓN GRÁFICA= SIMBOLISMO DA ESCRITURA E O


CÁLCULO.

1.2. Civilizacións antigas. Mesopotamia.


- Nas terras do «antigo oriente» os poboados sedentarios iniciaron cultivos máis
eficaces, con novas ferramentas (sacha, fouciña), mellores técnicas para pulir a pedra,
domesticación de animais, sistemas para regar. Será o Neolítico(6000-3000 a.C.).
- Co descubrimento do cobre mellorou a fabricación de armas e ferramentas para a
agricultura. Inventaron a tracción animal, arado, sistema para regar e a roda.
- Os poboados convertéronse en “cidades” e unha parte da poboación liberouse para
dedicarse a outras actividades: artes e servizos.
- En paralelo desenvolveuse unha rede de rutas (fluviais e por terra) para comerciar con
ouro, pedras preciosas, madeira, utensilios, animais.
Nace a tradición mítico- literaria sobre a creación e o diluvio universal para explicar a súa
existencia. Unha idea que os une unha orixe común (é algo anterior ao cristianismo).

1.3. O templo. Primeiro lugar de instrucción.


- O saber transmítese de forma oral ata que aparecen sistemas para rexistrar e
documentar datos e feitos. Non antes do 3000 a.C.
- A mesma persoa exerce os oficios de Rei e Sumo sacerdote. É un mediador entre a
divindade e as persoas (que lle fan ofrendas e pagan tributos ao templo).
- A acumulación de riqueza fixo necesaria unha labor de administración e control que
exercerán os sacerdotes.
- Outra misión do templo era a de regular o calendario. Os sacerdotes elaboraron un
calendario lunar con coñecementos de astroloxía vencellados á predición e a
propiciación.

1.4. Inicios do cálculo e da escritura.


- A riqueza do Templo obrigou a levar certa contabilidade. Marcas e signos
convertéronse nun primitivo sistema de notación.
- Este tipo de escritura leva o nome de «cuneiforme» porque as incisións no barro
teñen forma de cuña (en latín cuneus).
- A escritura cuneiforme, obra dos sumerios, mantívose tres mil anos. Outros pobos
adoptárona para a representación gráfica das súas linguas.
- O contido das «tablillas» que se teñen descodificado son:
- De tipo comercial: contas, contratos, fragmentos de códigos xurídicos, listas de
produtos e de convenios do templo.
- Tratan de cuestións lingüísticas e históricas.
- Listas de nomes e de palabras. [primeiro indicio de material educativo].
1.5. Organizar a transmisión da cultura.
- A transmisión do saber era una prerrogativa sacerdotal vencellada ao Templo
[Zi-gu-rat] ou ao palacio.
- Os sacerdotes son os encargados de «gardar» o coñecemento:
•Transmisión oral para as tradicións máis importantes.
•Escritura criptográfica (mesturando acadio e sumerio) para certos secretos.
•Escritura para os coñecementos da vida cotiá que serán o contido da formación
xeral do escriba que estudiará os símbolos da escritura cuneiforme desde a infancia.

1.6. A soberanía e a orde pública.


- O Código Hammurabi foi en Mesopotamia o elemento xurídico básico. Distinguía
entre «homes libres», «libertos» e «escravos».
- Xerarquía sacerdotal como organización do Templo
•O Rei, como Sumo Sacerdote, delega parte da súa autoridade nos vicerreis
(normalmente os seus fillos –nepotismo frecuente e lexítimo na época-)
•Grandes Sacerdotes. Catro graos ou categorías: –Shangu(supervisores ao mando)
–baru(adiviño)–Kalu(cantor) –ashipu(exorcista).
•Sacerdotes menores e persoal administrativo do Templo.–escribas –mestres
–letrados
Plan de formación.

1.7. A formación do escriba.


- Os escribas procedían, en xeral, das clases sociais más influentes –reproducindo coa
capacidade de ler e escribir a superioridade social–e constrúen un sistema gremial de
aprendizaxe.
- Algunhas rapazas chegaron a ser escribas.
- Debían especializarse nunha das ramas da burocracia: o templo, o dereito, a medicina,
o comercio, o exército ou o ensino.
- O proceso de formación tiña dúas etapas:
•1ª Instrución elemental impartida en grupos.
•2ª Instrución superior e especializada individual .
- A formación dábase na edubba(casa das táboas).

1.8. Lugar de ensino: a edubba.


- A localización das edubbas deixou de estar xunto ao Templo (Exemplo a escola de
Mari, que constata unha progresiva secularización do ensino).
- Organización xerárquica xeral: •Ummia(director da edubba, autoridade, experto)
•Addaedubba(“pai da casa das tablas”) •Dubsar(Mestre “escritor de tablillas”)
•Dubsar nishid(escriba de contar) •Dubsar zaga (escriba de mensurar-xeometría)
•Dubsar ashaga(escriba de medir-aritmética) •Dubsar kengira(escriba de sumerio)
•Seshgal(axudante do dubsar,“irmán maior” ou aprendiz de mestre)
1.9. Proceso de aprendizaxe dos escribas.
«Los textos de estudio, las “líneas preparadas”, eran reunidos por los dubsarsde las
edubbas(maestros de las casas de las tablas) y organizados en una cierta secuencia educativa.
El principiante sólo tenía que copiar y memorizar una máxima sencilla, utilizando para ello
una bola de barro que se aplastaba hasta quedar convertida en una tablilla lenticular de 5 a 8
cm. de diámetro». (p.39)
- Exercicios de ditado e caligrafía organizados con sentido didáctico e contido moral.
Dúas motivacións principais nos exercicios para aprender a dignidade do oficio son:
as recompensas do éxito e as consecuencias do fracaso (exemplo frases p. 38:) Mi
“padre de escuela” me leyó la tablilla, (dijo) “El … está interrumpido”, y me pegó. El
encargado de … (dijo) “¿Por qué has hablado mientras yo no estaba?”, y me pegó.
- Castigos corporais para asegurar o esforzo dos aprendices.
- Existencia de silabarios bilingües para formar aos escribas en acadio vulgar e
sumerio culto (lingua do templo).
- Os dubsar compuxeron listas de palabras e de frases, agrupadas por temas –por
exemplo, animais, países, cidades, pedras e minerais-que había que aprender [serán o
prototipo dos libros de texto].
- As inscricións facíanse cun estilete de cana, sostido coa man dereita. Escribíase en
liñas paralelas, de esquerda a dereita e de arriba a abaixo.
- Ao finalizar os estudios o novicio adquiría o estatusde dumu edubba ou de dubsar tur
e xa podía comezar os estudios de especialización ou estudios superiores na casa da
sabedoría.

“ Los padres de los escribas (esto es, de los alumnos de la escuela) resultabn ser los
gobernadores, los “padres de la ciudad”, los embajadores, los administradores de los templos,
los oficiales militares, los capitanes de navío, los altos funcionarios de hacienda, los
sacerdotes de diversas categorías, los administradores, los supervisores, los capataces, los
mismo escribas, los archiveros, los contables. En resumen, los escribas eran los hijos de los
ciudadanos más ricos de las comunidades urbanas.” (Kramer, 2010, p.38).

1.10. Escola Sumeria. Eixo da creación literaria.


Textos que relatan a vida dun estudante que ten semellanzas cun escolar dos nosos días.
“O primeiro caso de peloteo” ou “O primeiro caso de gamberrismo” sobre rapaces rebeldes,
desobedientes e ingratos que vagaban polas rúas, … e ata é posible que se organizasen en
bandas a pesar de estar sometidos ao control dun vixilante. (Kramer, 2010, p. 47)

You might also like