Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

EXERCICIOS SOBRE PRONOMES

1. Introduce un pronome de solidariedade nestes enunciados:


– Non me gusta nada esta historia.
– Hoxe vai moito frío.
– Xosé tróuxome esta marioneta de Praga.
– Dóenme moito as moas.
– É un asunto complicado.
– Este rapaz é moi divertido.
– A película pareceume interesante.

2. Identifica os pronomes de interese e solidariedade:


– Hoxe vaiche moita calor.
– O meu fillo écheme moi listo.
– Díxenche que non me saíses da aula.
– Gústancheme moito os melindres de Allariz.
– Non che sei que roupa poñer.
– Téñolle moitísima présa.
– Non me entres na cociña, que acabo de fregar o chan.
– Évos unha boa idea, a de saír á mañanciña.
– Téñoche ganas de ver a Minia.

3. Coloca no lugar adecuado o pronome átono. Escribe todas as posibilidades:


– Contarei o argumento desta novela. (che)
– Nunca antes vin por aquí. (te)
– Xa contaches este conto vinte veces. (me)
– Deron xa a noticia? (che)
– Sempre atopamos no parque. (nos)
– Díxenche que chamaría mañá. (te)
– Xa dixen que non tiña intención de ir ao
concerto. (che)
– Deron unha alegría cando dixeron que irían.
(lle, lle)
– Entregou ás irmás os regalos que deran para
elas. (lles, lle)
– Dixen que non deitases ao sol. (che, te)
– Ninguén dixo que non chamara. (me, te)
– Liches a carta que mandei? (che)

You might also like