Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

Tema 11.

O MOVEMENTO OBREIRO (Sexenio Democrático e Restauración)

A consolidación da sociedade de clases no S.XIX supuxo cambios na estrutura e


organización da sociedade, destacando a burguesía, nova clase que exercerá o poder
político + económico, e a formación d proletariado obreiro, paralelamente á industrialización.

Os principios liberais de liberdade de contratación e salarios, o interese da burguesía por


obter os máximos beneficios e a falta de regulamentación laboral fixeron que os
traballadores industriais estivesen con duras condicións de traballo (longas xornadas,
baixos salarios, man de obra infantil e feminina con salarios aínda menores). Isto xerou
conflitividade social dando orixe ao movemento obreiro.

As primeiras protestas iniciáronse co ludismo pero o seu fracaso levou ós obreiros a


organizarse con asociacións para a defensa dos intereses. Nacendo sociedades de
resistencia e os sindicatos por oficios.
Mais a lexislación liberal prohibía as asociacións → sobrevivir na clandestinidade. Os
gobernos moderados prohibían as asociacións mentres que os progresistas eran +
tolerantes e os demócratas, partidarios da súa legalización.
Así, co Sexenio Democrático (68) e liberalismo democrático, se permitirá o dereito á
asociación, recollido na const.69. E se difunden novas ideoloxías de defensa do mov.
obreiro, o anarquismo e marxismo. Estas ideoloxías competiron polo control do mov. obreiro
polas diferencias ideolóxicas e de estratexia revolucionaria.

O anarquismo defendía a destrución do Estado e autoridade, da propiedade privada e das


diferenzas socioeconómicas. Así a sociedade organizaríase arredor d1 federación de
comunas autónomas onde a autoridade substituiríase por acordos libres entre os
habitantes, esta transformación debía ser polos traballadores.

Os socialistas defendían a loita de clases polo proletariado en sindicatos e partidos políticos


obreiros para conquistarlle poder á burguesía e destruír o sistema capitalista impoñendo
unha ditadura do proletariado como paso previo á unha sociedade igualitaria.

A partir do Sexenio, os sindicatos de oficio deron paso ós xerais e organizáronse partidos


obreiros. En 1864 fundouse en Londres a AIT para potenciar a unión e a loita dos
traballadores do mundo. En 1870, en Barcelona a Federación rexional Española (FRE),
constituída por seccións obreiras e integrada na AIT, seccións que difundiron consignas
anarquistas.
A FRE iniciou unha expansión por España alcanzando o máximo desenvolvemento durante
a I República. Este crecemento provocou o temor nos empresarios e políticos liberais. O
levantamento popular en Alcoi causaron a prohibición das actividades da Internacional,
aínda que seguiu actuando, clandestinamente ata a disolución, 81.

A organización sindical e política mantivo a oposición de socialistas e anarquistas.


O anarquismo, tivo unha gran influencia no movemento obreiro español (Cataluña, Levante
e Andalucía). Desconfiaban da loita política e practicaron a abstención electoral. Como vía
de loita revolucionaria estaban divididos.

Paula Estévez
2 BACH B
- Os partidarios de centrar as actuacións no terreo sindical. Fundaron federacións
locais moi activas a finais S.XIX pero non se fundou o sindicato CNT (Confederación
Nacional do Traballo) ata 1910. Defendían a folga xeral revolucionaria como táctica
principal.
- Os partidarios do emprego da propaganda pola acción (violencia e atentados).
Cometeron numerosos atentados e asasinatos (Cánovas Castillo) → organización
andaluza da Man Negra.

O socialismo centrouse na sociedade socialista utilizando a loita política e a sindical


creando partidos políticos e sindicatos. Nestas organizacións destaca Pablo Iglesias
impulsor destas organizacións. O Partido Socialista Obreiro Español (PSOE), fundado
clandestinamente en Madrid en 1879 por socialistas madrileños e o sindicato Unión Xeneral
de Traballadores (UXT), constituído como federación de sindicatos socialistas en 1888.
Ademais fundáronse sociedades obreiras católicas que defendían a colaboración de clases,
pretendendo lograr a concordia social que defendía a Igrexa.

A pesar das dificultades o mov. obreiro foi conseguindo que o Estado liberal elaborase leis
que regulasen o traballo, os salarios, a xornada laboral…, aprobadas nas primeiras décadas
do S.XX. Destacando a lei de accidentes de traballo (1900), a concesión do dereito á folga
(1909) e a redución da xornada laboral a un máximo de oito horas (1919).

Paula Estévez
2 BACH B

You might also like