Século XX

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 11

12.

A CRISE DA RESTAURACIÓN

No reinado de Alfonso XIII podemos diferenciar tres períodos: a monarquía constitucional (1902-
1923) cunha crise do sistema canovista, a ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) co apoio do rei,
e o auxe do republicanismo (1930-1931) co desprestixio do monarca e a súa caida.

- OS INICIOS DO REINADO E AS PROTESTAS DE REFORMA (1902-1916)


En maio de 1902, con 16 anos, inicia o reinado Alfonso XIII, con forte inclinación por intervir na
política e as súas iniciativas persoais, dentro da Constitución de 1876, excederon a práctica política
esperada dun rei constitucional, non sempre afortunadas, especialmente as do exército, do que era
gran entusiasta. Durante o seu reinado produciuse a progresiva desarticulación do sistema canovista.

• O MANTEMENTO DA QUENDA E O FRACCIONAMENTO DOS PARTIDOS DINÁSTICOS


O asesinato de Cánovas e a morte de Sagasta provoca repercusións nos seus partidos. Os
novos lideres conservadores (Maura) e liberais (Canalejas) non foron capaz de controlalos
e se dividiron en familias moitas veces enfrontadas. A quenda seguiu funcionando, pero
cada vez con menos respaldo parlamentario polo fraccionamento dos partidos, o que
favoreceu o continuo cambio de presidente do Goberno e crecente intervencionismo político
do rei Alfonso XIII a hora de resolver as crises, incrementando o desgaste dinástico. A
fraude electoral e o caciquismo continuaron, pero sendo cada vez máis insoportables para a
opinión pública.

• A CRECENTE CONTESTACIÓN POLÍTICA E SOCIAL


Dende comezos do reinado de Alfonso XIII incrementase a contestación política e social
apoiadas polos obreiros, clases medias urbanas e xornaleiros. A conflitividade laboral, con
numerosas folgas tiveron maior repercusión e atentados anarquistas. Nas cidades os
republicanos manteñen a importancia política rompendo o monopolio dos partidos
dinásticos. En Galicia as tendencias republicanas agrupanse no Casino Republicano.
Chegaron a dominar por ampla maioria o Concello, dandose así unha corporación municipal
con maioría republicana pero con alcalde monáquico. Aumentaron as correntes
anticlericais entre os republicanos e organizacións obreiras socialistas e anarquistas, cun
enfrontamento co catolicismo da Igrexa apoiado polo sistema oficial. Hai un auxe dos
nacionalismos periféricos, sobretodo o catalán, que deu lugar a reivindicacións catalanistas
que ameazaron a unidade de España.

• O INTERVENCIONISMO DO EXÉRCITO E A LEI DE XURISDICIÓNS


Cánovas defendía o non intervencionismo do exército na política, que estivera sometido ao
poder civil. Xeralizáronse as críticas contra o exército o que creou malestar entre os
militares que ampliaron o seu resentimento as autoridades, aos partidos, a prensa…
Considerábanse os salvadores da patria. En 1905 unha guarnición de Barcelona asaltaron
varias redaccións de prensa, nas que se defendía o catalanismo e se criticaba ao exército. O
Goberno non se atreveu a castigalos e se aprobou, co consentimento do rei, a Lei de
xurisdicións que sometían ao código a un xuizo militar ao delitos contra a unidade da patria
e contra o exército. O poder militar impúxose ao poder civil.

• AS REFORMAS DE MAURA (POLÍTICO CONSERVADOR)


En 1907 foi nomeado Maura lider do Goberno, partidario de emprender unha revolución
dende arriba, dende o poder, sen modificar a estructura económica e social, introducindo
cambios na vida política para evitar unha revolución dende abaixo. Moitas das porpostas
non se chegaron a aprobar pola oposición dos grupos dominantes. Reformas:
- Lei de reforma electoral de 1907, que pretendía unha maior efectividade do sistema sen
recurrir ao fraude, pero logrou o efecto contrario co artigo 29 que decía que se non se
presentaban más candidatos que os postos a cubrir, quedaban proclamados sen necesidade
de consulta electoral. Quedaban así privados de votos os electores. Isto fracasa debido a que
non pode co poder dos caciques.
- Lei da administración local que pretendía aumentar as competencias da autonomía
administrativa dos concellos que contemplaba a posibilidade de crear mancomunidades
provinciais, pero non foi aprobada pola oposición da oligarquía local, temerosas de perder o
poder municipal.

• A SEMANA TRÁXICA 1909 DE BARCELONA E A OCUPACIÓN DE MARROCOS


A cuestión marroquí foi un problema de gran magnitude para os gobernos españois, con
grandes tensións políticas, militares e sociais. España trataba de compensar a perda de Cuba
e Filipinas coa ocupación de Marrocos onde xa posuía Celta e Melilla. Os acordos hispano-
franceses garantía como zona exclusiva de influencia española o norte de Marrocos (o Rif e
Yebala). Para facer efectivo o dominio os gobernos enviaron tropas a Melilla e Ceuta,
avanzando cara o interior. En xullo de 1909 hay unha gran derrota en Marrocos, a do
Barranco do Lobo. O Goberno de Maura considerou que estes ataques ameazaban o
prestixio internacional de España, aunque o que estaba en xogo eran intereses económicos
dos capitalistas. Para facer fronte aos ataques do Rif decretou a mobilización de militares
que xa non exercían como tal, o que fixo que a opinión pública e as organizacións se
manifestaran en contra. O embarque das tropas en Barcelona provoca o inicio dunha fokga
xeral convocada por socialistas e anarquistas, o cal foi un éxito, contruindo barricadas nas
rúas e queimándose edificios relixiosos como protesta, sendo durante unha semana as masas
populares donas da cidade. A falta de obxectivos comúns e unha dirección clara, xunto co
envío de reforzos militares por parte das autoridades fixo que a insurreción popular fose
dominada cunha forte represión.
A semana tráxica tivo consecuencias políticas: a crise levou a caida de Maura, a volta ao
poder do Partido Liberal de Canalejas. Favoreceu a reagrupación de forzas opositoras á
monaquía, que favoreceu a elección de Pablo Iglesias Posse como deputado en 1910. Os
anarquistas formas a Confederación Nacional do Traballo (CNT) que desenvolverá a
primeira folga xeral en España en 1911.

• AS REFORMAS DE CANALEJAS
A partir so 1910 o lider do Partido Liberal, Canalejas propuxo unha serie de reformas para
ampliar a base social dos sistema da Restauración atraendo as clases populares:
- Lei de asociacións relixiosas que limitaba o establecemento de novas ordes relixiosas en
España. Fracasa pola oposición dos sectores católicos.
- Lei de mancomunidades provinciais para complementar as competencias dos concellos e
canalizar as revindicacións rexionalistas mendiante a formación de mancomunidades cunha
autonomía rexional.
- Lei de recrutamento que establecía o servizo militar obrigatorio, abolendo a redención de
quintas, indo tanto pobres e ricos a guerra. Establecéronse os soldados de cota que mediante
pago reducían o tempo de servizo militar.
Intentou introducir melloras nas condicións de traballo nos convenios salariais. Asesinado
nun atentado anarquista e a oposición dos conservadores fixo que as propostas tiveran pouca
trascendencia. A súa desparación incrementou o proceso de disgregación dos liberais.
13. A CRISE DE 1917, OS GOBERNOS DE CONCENTRACIÓN E
A GUERRA DE MARROCOS

- A QUEBRA DO SISTEMA DA RESTAURACIÓN 1917-1923


En 1917 prodúcese o deterioro progresivo do funcionamento do sistema e a existencia de crises
políticase sociais cada vez máis graves que minaron a monarquía constitucional e facilitaron o golpe
de Estado militar de 1923.

• A CRISE DE 1917
Aunque España foi neutral na Primeira Guerra Mundial o conflicto tivo impacto na
sociedade española, dende o punto de vista ideolóxico como económico, xa que España
suministraba todo tipo de productos a países belixerantes, dándose o incremento industrial e
productivo pero tamén o aumento de prezos que escaseaban polas masivas exportacións.
Como os salarios non subían ao mesmo tempo que os prezos deteriorouse o nivel de vida
das clases medias e populares acentuándose o malestar social e político. En 1917 dase a
crise máis fonda do sistema da Restauración con tres tipos de conflitos: militar, político e
social.
- A crise militar: as Xuntas de Defensa, asociacións de carácter coorporativo formadas por
oficiais de media e baixa graduación para defender a materia económica. Á perda do poder
adquisitivo dos salarios e a precaria situación económica engádense outras reivindicacións:
defensa dos militares ante as críticas, represión do anarquismo, socialismo…
O Goberno de Dato disolveu as Xuntas e os seus dirixentes foron detidos, pero a reacción
aberta a rebelión obrigou ao Goberno a recoñecelas. O conflito puxo en evidencia a
debilidade do poder civil fronte ao militar. A partir de entón os militares interviron en
asuntos políticos e os máximos garantes da orde pública ademáis das reivindicacións sobre
os salarios e ascensos por antigüedade, pero os problemas do exército seguiron sen
solucionarse.
- A crise política: a Asamblea de Parlamentarios. Aproveitando as Xuntas de Defensa, o
e desprestixio do rei, a división dos partidos dinásticos… O movemento rexionalista de
Cataluña fixo presión para conseguir a autonomía de Cataluña. Trátase a cuestión territorial
coas posturas independentistas. O nacionalismo busca a descentralización. Pediuse a
inmediata reunión das Cortes para que deliberasen sobre a autonomía rexional municipal. Se
o Goberno non accedía os parlamentarios reuníanse nunha Asamble extraordinaria que
representara a vontade do país. Celébrase a Asamblea de Parlamentarios, a pesar da súa
prohibición, formada por un número reducido de parlamentarios que representaban aos
catalanistas, os republicanos e os socialistas. Foi considerada polo Goberno ilegal, sediciosa
e separatista, e fracasou pola falta de apoios e polas divisións internas dos seus
protagonistas.
- A crise social: a folga revolucionaria. A masiva exportación de productos pola Gran
Guerra en 1914 xerou a alza de prezos e un incremento do malestar social que levou a
protestas e manifestacións. A UXT e a CNT convocaron unha folga xeral de vinte e catro
horas que foi seguida pola clase traballadora. Coincide coa celebración da Asamble de
Parlamentarios en Barcelona, o conflicto estendeuse e a UXT e o PSOE convocaron unha
folga xeral revolucionaria o 13 de agosto de 1917 para derrocar o réxime e conseguir a
convocatoria de Cortes. A folga contou cos republicanos e da CNT cunha incidencia
desigual no Estado. O Goberno con axuda levou a cabo unha forte represión. A folga
fracasou polo Goberno e pola falta dunha estratexia clara a seguir, os obreiros volveron ao
traballo.
• A QUEBRA DA QUENDA
En 1917 a inestabilidade política e social foi en aumento manifestándose na debilidade dos
gobernos, acompañada do desprestixio da política. O fraccionamento e as tensións entre os
líderes dificultaba a duración dos gobernos. A quenda deixou de funcionar e o rei recurriu a
formación de gabinetes formados por representantes de varios grupos políticos que non
puideron facer fronte aos problemas.

• O AGRAVAMENTO DA CONFLITIVIDADE SOCIAL E POLÍTICA


A conflitividade social e política foi aumentando igual que as forzas opositoras ao sistema.
Afectados pola crise económica da Gran Guerra e estimulados pola revolución bolxevique
en Rusia, os obreros deron lugar a folgas e conflitos sociais, sobretodo en Barcelona, e
numerosas revoltas campesiñas en Andalucía e Extremadura. A radicalización e a violencia
foi en aumento. Os atentados anarquistas seguiron sendo frecuentes e alcanzaron tanto a
autoridades do Estado como a empresarios e eclesiásticos. A pesar da división os
republicanos aumentaron e acentuaron a critica ao sistema e mantiveron a Conxunción
republicano-socialista. A falta dun programa común deron organizacións republicanas
autónomas cun compoñente nacionalista. Xurdiron novos líderes, entre os que destacou
Lerroux, fundador do Partido Republicano Radical, anticlerical, inimigo dos rexionalismos e
cunha forte influencia nos obreiros. En Galicia seguiu destacando a presenza republicana en
Coruña, onde mantiveron unha organización independente do resto do Estado e conservaron
a maioria no Concello. Déronse movementos rexionalistas e nacionalistas periféricos
tanto en Cataluña como nas provincias vascas e Galicia. As reivindicacións contribuiron a
situación política.

• A CUESTIÓN MARROQUÍ E O DESASTRE DE ANNUAL


En 1912 España e Francia delimitaron a zona de influencia no norte de Marrocos e crearon o
protectorado para o cal era preciosa ocupalo e pacificalo. No Rif as tropas avanzaban con
dificultade entre a resistencia da poboación e as dificultades do terreo. Os gastos
incrementáronse creando corpos específicos: a Lexión e os Regulares. En 1921 para obter a
victoria definitiva realizouse unha manobra arriscada entrando no Rif coas tropas para
ocupar Alhucemas pero non aseguraron a retagarda. Foron atacados pereceron a maioría dos
soldados en Annual. Mal adestrados, dirixidos por xenerais ineptos, aterrorizados,
retroceden os militares ata Melilla. Os rifeños tomaron o control e declararon a República do
Rif, que deu a derrota total e absoluta. O desaste de Annual repercutiu na opinión pública es
acentuou a impopularidade da guerra e do exército. Abriuse unha investigación sobre o
comportamento dos militares e sospeitouse que detrás do xeneral estaba o rei Alfonso XIII,
o que incrementou a oposición a monarquía. Ante isto o réxime só tiña dúas posibilidades
para sobrevivir, democratizarse ou por unha solución usando a forza encabezada por un
ciruxán de ferro que puxese remedio aos males de España. A incapacidade do réxime a
transformarse favoreceu en 1923 a imposición dunha ditadura militar.
14. A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA (GOLPE DE ESTADO E ETAPAS:
DELIMITACIÓN TEMPORAL E CARACTERÍSTICAS PRINCIPAIS

- A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA (1923 – 1930)

O 13 de setembro de 1923, Miguel Primo de Rivera, militar contando co apoio de personalidades


políticas e militares deu un Golpe de Estado en Barcelona. Os protagonistas o xustificaron:
- Fracaso da guerrra de Marrocos cun descrédito do exército.
- Críticas ao rei pola súa responsabilidade do desastre de Annual.
- Radicalización das manifestacións catalanistas (nacionalismos) pola ameaza á unidade do
Estado.
- Auxe do terrorismo cun elevado número de victimas e algunhas cun forte impacto na sociedade.
- Medo á subversión social e política (revolución) pola inestabilidade e incapacidade dos
gobernos.
O Goberno de García Prieto, intentou que o rei aprobase a destitución dos xenerais sublevados e a
convocatoria das Cortes, pero a falta de apoio do monarca provocou a súa dimisión en pleno.
Alfonso XIII chamou a Primo de Rivera para que asumise o poder, aceptando o Golpe de Estado e a
dictadura. En países de europa con problemas similares déronse gobernos fascistas. Trátase dun
período xeral do sistema liberal.
O Golpe de Estado non foi rexeitado pola poboación polo elevado malestar político e social de
España, como unha medida excepcional e transitoria para solucionar os problemas. Os socialistas
non se opuxeron abertamente e incluso colaboraron. Só o Partido Comunista e os anarquistas da
CNT mantiveron unha total oposición á dictadura. Primo de Riveira presentouse como o
rexenerador e o ciruxián de ferro, o que o país necesitaba para solucionar os problemas: caciquismo,
corrupción política, pensamento simplista e inxenuo… O réxime foi autoritario, populista,
paternalista e excesivamente optimista.

- O DIRECTORIO MILITAR (1923 - 1925)


O primeiro goberno estivo formado só por militares. Gobernou mediante decretos e os seguintes
aspectos:

➢ O desmantelamento do sistema político da Restauración co obxectivo de acabar co


caciquismo e rexenerar a vida política.
- Suspensión da Constitución de 1876 poñendo fin a monaquía constitucional.
- Destitución das autoridades vixentes e substituídas por outras adictas ao novo réxime.
Os partidos non foron suprimidos, pero perderon influencia.
- Creación dos delegados gobernativos, encargado de informar sobre as deficiencias dos
concellos.
- Reforma da normativa electoral que reducía os anos para poder votar dos 25 aos 23 para
poder votar e a concesión do dereito ao voto restrinxido ás mulleres. Pero estas medidas non
se chegaron a aplicar porque non se convocaron eleccións.
- Elaboración de novos estatutos municipal e provincial obra de Calvo Sotelo, director
xeral da Administración, que aumentaban a democratización.
- Formación dunha organización cívica: a Unión Patriótica cunha finalidade confusa,
apoiou a propaganda á ditadura sen significado político concreto, e o partido único do novo
réxime, porque os militares descinfían da política.

➢ O restablecemento da orde pública, que trata de controlar o movemento obreiro, cun


estado de guerra ata 1925, quedando restrinxidas as liberdades públicas: prohibidas as
reunións, persecución dos vinculados a CNT e ao PCE. O número de folgas e atentados
diminuiu. Fíxose o Somatén, de orixe catalana formada por paisanos armados baixo a
autoridade dos mandos militares, colaborando coa Garda Civil no mantemento da paz
pública e na defensa da propiedade privada.

➢ A defensa da unidade da patria, actuando contra todo o que puidera ser un perigo para a
unidade de España. Campañas de signos nacionais, reivindicacións e manifestacións
nacionalistas que implicaban: a prohibición de bandeiras, símbolos e himnos que non fosen
españois, clausura de institucións e diarios nacionalistas… Isto obrigou aos nacionalismos
periféricos a refuxiarse nas manifestacións culturáis pero tamén propiciaron a radicalización
das súas posturas.

➢ A fin da guerra de Marrocos. Primo de Rivera era partidario de abandonar a guerra pero
os militares obrigarono a continuar ata conseguir o dominio do protectorado. O lider
indíxena pensou que España estaba derrotada e atacou as posicións francesas, facendo que
España e Francia coordinaran a súa actuación e a súa actuación foi máis efectiva. Grazas a
un desembarco español permitiuse a conquista do Rif facendo que as derrotas obrigaran ao
líder indíxena a asinar a rendición, rematando a guerra en 1927.

- O DIRECTORIO CIVIL (1925 – 1930)


Tras o éxito de Marrocos contrúese un Directorio formado por civís vinculados á Unión Patriótica.
De novo contou co apoio do rei.

➢ Intento de instauración dun réxime corporativo. Rexeitada a idea do parlamentarismo e


ao réxime constitucional xa que Primo de Rivera esta influenciado polo fascismo italiano.
Pretende instaurar un réxime coorporativo:
- Organización Corporativa do Traballo para regulamentar a relación entre obreiros e
patróns a través de comités paritarios, fomados polo mesmo número de patróns que de
obreiros e presididos polo presidente do Goberno. Contaron co apoio de sindicatos católicos
e da UXT.
- A Asamblea Nacional de 1927 de carácter consultivo, elaboran e presentan proxectos de
leis ao Goberno. Formados por diferentes corporacións do Estado (concellos, deputacións),
sectores económicos e da Unión Patriótica. Presentou un proxecto dunha nova
Constitución que establecía: organización territorial unitaria e centralizada, unha Asamblea
tripartita e desigual, a relixión católica como a oficial do Estado, un Consello do Reino
consultivo do monarca para elexir Xefe de Goberno e para aprobación ou veto das leis. Este
proxecto tivo fortes críticas e pola falta de apoio foi retirado.

➢ Elaboración dunha ampla lexislación laboral e social, co obxectivo de mellorar as


condicións de vida dos traballadores, como o Código de Traballo. Adoptáronse medidas
populistas (repartir comida e roupa aos necesitados, casas baratas, subsidios para familiar
numerosas…)

➢ A potenciación do desenvolvemento económico, cunha política baseada no


intervencionismo estatal no capitalismo:
- Proteccionismo arancelario para dificultar as importacións.
- Regulamentación da producción e competencia creando o Consello de Economía
Nacional e o Comité Regulador da Produción Industrial.
- Control do mercado interior e prezos.
- Fomento da produción nacional.
- Formación de monopolios para garantir o subministro de determinados servizos.
- Potenciación das vías de comunicación e das obras públicas.
- Intento de reforma fiscal para intentar incrementa os recursos do Estado.
As medidas víronse favorecidas pola prosperidade económica mundial (os felices anos
vinte) e a paz social polo control da orde pública e a represión dos obreiros. O crecemento
económico foi apreciable, aunque non solucionou problemas de fondo.

➢ O incremento da oposición e a caída de Primo de Rivera. As críticas cada vez eran máis
duras e en ámbitos moi diversos:
- Os políticos liberais quería volver ao sistema contitucional e algúns apoiaron a
conspiración militar de Sanjurjo. O intento fracasou e os líderes foron encarcelados e
multados pero contrinuíu ao desafecto da monarquía.
- Os republicanos foron contra a monarquía, formando a Alianza Republicana. Fundouse en
Galicia a ORGA (Organización Republicana Galega Autónoma)
- Os estudantes acentuaron as protestas polos proxectos do Goberno. Fundaron a FUE
(Federación Universitaria Escolar).
- Os anarquistas, duramente perseguidos, organizaron atentados frustrados contra o rei.
Crean a FAI (Federación Anarquista Ibérica)
- Os nacionalismos periféricos, sobre todo o catalán, radicalizaron a súa oposición.
- Os militares eran contrarios a reforma militar e á política de ascensos que quería levar a
cabo Primo de Rivera. En 1929 dase a disolución do corpo de artillería, dando a ruptura
militar.
Ante estas dificultades e quero contar co apoio do exército para gobernar, Primo de Rivera
falou cos militares os cales mostraron a súa ambigüedade e a falta de entusiasmo. Ante a
falta de apoios o ditador presentou a súa dimisión ao rei en 1930, a cal foi aceptada.

- A FIN DA MONARQUÍA (1930 – 1931)


Tras a dimisión de Primo de Rivera, Alfonso XIII encargou ao xeneral Dámaso Berenguer para
formar un novo goberno. Quería restablecer o réxime constitucional de 1876 e as liberdades, pero a
idea dunha España republicana tiña cada vez máis partidarios, e as forzas opositoras se
reorganizaron. En Galicia creouse a Federación Republicana Galega (FRG) estando tamén presente
a CNT.
En 1930 personalidades políticas reuníronse en San Sebastián dándose un acordo verbal, coñecido
como Pacto de San Sebastián. Os reunidos comprometíanse a derroxar á monarquía e establecer a
república parlamentaria, garantir a liberdade política e relixiosa, convocar as eleccións a Cortes
constituíntes, recoñecemento da autonomía política das rexións, un Comité revolcionario como
Goberno Provisional, colaboración cos militares republicanos, diferentes intentos de sublevación.
A lentitude das reformas necesarias para o restablecemento das liberdades, intensificou as protestas
antimonárquicas que consideran un erro a Restauración. Houbo un forte impacto da unión pública e
o rei non tivo máis apoyos que os tradicionalistas católicos e aristócratas vinculados á Coroa.
En 1930 houbo dous intentos de establecer a República pola forza. No segundo intento destacamos
a presencia do comandante Ramón Franco. Os membros do Comité revolucionario foron detidos e
encarcerados.
Ante a axitación política e social en 1931 Berenguer foi sustituido por Juan Bautista Aznar,
Goberno que convocou eleccións municipais e xerais, sendo as municipais o 12 de abril, en favor
ou en contra da monarquía. O Goberno e os militares aceptarían os resultados. No rural
predominaron as candidaturas monárquicas e nas cidades as republicanas. O 14 de abril foi
proclamada a Segunda República.
15. O ESTABLECEMENTO DA II REPÚBLICA (FOTZAS
POLÍTICAS E CONSTITUCIÓN DE 1931

En 1931, a oposición á monarquía é tan elevada que as eleccións municipais do 12 de


abril son interpretadas como un plebiscito a favor ou en contra da República.

- O PACTO DE SAN SEBASTIÁN E AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 12 DE ABRIL 1931


En 1923, cando Miguel Primo de Rivera dá o golpe de Estado, o rei disolve as Cortes e noméao
presidente do Goberno, vinculando así a monarquía coa ditadura. Tras a dimisión de Primo de
Rivera en 1930, Afonso XIII, nun intento de salvala, nomea presidente a Dámaso Berenguer para
retornar ao sistema da Constitución de 1876.
Porén, a oposición á monarquía era clara: en agosto de 1930, as forzas opositoras (republicanos,
nacionalistas e socialistas) asinan en San Sebastián un pacto para derrocala e proclamar unha
república parlamentaria. Comeza a haber sublevacións, como a dos capitáns Galán e García-
Hernández en Jaca, primeiros mártires da II República.
A lentitude das reformas de Berenguer leva á súa destitución polo almirante Aznar, que convoca
eleccións municipais para o 12 de abril de 1931. Dada a situación, as eleccións son entendidas
como un plebiscito a favor ou en contra da República.
Nas capitais de provincia, onde o resultado é máis difícil de falsificar, as votacións deron como
gañadora, en 41 das 50 cidades, á República. Vista a falta de apoios, Afonso XIII exíliase o 14 de
abril de 1931, dando paso á II República, que se establece nunha conxuntura internacional difícil,
coas democracias europeas en crise e tras o crac do 29.

- A PROCLAMACIÓN DA REPÚBLICA
Ante a falta dunhas eleccións lexítimas, estableceuse un goberno provisional deseñado no Pacto de
San Sebastián e presidido por Niceto Alcalá-Zamora. Este executivo tivo que tomar medidas
urxentes:

➢ En primeiro lugar, tivo que abordar o problema catalán. O mesmo 14 de abril, Francesc
Macià (dirixente de Esquerra Republicana) proclamou o Estado Catalán. O goberno, para
reconducir a situación, acordou o recoñecemento da Generalitat como órgano de goberno
provisional e a elaboración dun estatuto.
➢ En segundo lugar, decretou a amnistía e restableceu as liberdades públicas e sindicais.
Ademais, puxo en marcha reformas que precisaban respostas inmediatas, en eidos como a
agricultura, a educación e o exército. Tamén expulsou o combativo cardeal Segura, para
calmar os anticlericais, que queimaran edificios relixiosos en maio de 1931.

Porén, para que a República se lexitimase, era precisa unha Constitución. Por iso, convócanse
eleccións a Cortes constituíntes, nas que, ante unha dereita desorganizada e a abstención dos seus
votantes, gañaron o PSOE mais os republicanos, que se mantiveron no poder, dando inicio ao
Bienio Reformista (abril 1931 – novembro 1933).

- AS FORZAS SOCIAIS E POLÍTICAS NA REPÚBLICA


A República orixinou o apoio e rexeitamento que dividiron a sociedade española, dando un
ambiente de tensión ata desencadear a Guerra Civil de 1936:
- Unha conxuntura internacional adversa, derivada da crise do crack do 29 e a gran depresión.
Aunque a economía española sufriu menos que o resto pero tivo un estancamento da producción e
un incremento do paro.
- Unha sociedade dividida e enfrontada, con desequilibrios sociais entre os xornaleiros, obreiros e
clases medias que aceptaban as reformas republicanas, e os tradicionáis que non as aceptaban por
limitar os beneficios. A loita de clases agravouse polas diferentes posicións.
- Fragmentación e polarización política, a través da súa participación libre e democrática nas
eleccións, asi como na liberdade de asociación e sindicación.

Pódense diferencias catro grupos políticos e ideolóxicos:


- Por unha banda, atopamos un abano de partidos de dereitas: as fascistas Xuntas de Ofensiva
Nacional Sindicalista e Falanxe Española, unidas en 1934 (FE das XONS) baixo o liderado de José
Antonio Primo de Rivera; os monárquicos afonsinos de Renovación Española, encabezados por
Calvo Sotelo, e os carlistas na Comunión Tradicionalista.
- Á parte destes partidos autoritarios, hai unha dereita católica e conservadora que concorrerá ás
eleccións de 1933 en coalición, formando a CEDA, dirixida por Gil Robles. Tamén hai unha dereita
republicana representada en Derecha Liberal Republicana (Niceto Alcalá-Zamora) e o Partido
Republicano Radical (Lerroux), máis próximo ao centro.
- Por outra banda, atopamos as esquerdas republicanas (Acción Republicana de Azaña, o PRRS
de Marcelino Domingo e a ORGA de Casares Quiroga), destacando a presenza de partidos
nacionalistas (ERC de Macià e Companys).
- Outros partidos de esquerdas, como o PSOE (Indalecio Prieto e Largo Caballero), o PCE
(Dolores Ibárruri) ou a FAI e a CNT (Durruti, Federica Montseny) participan no xogo político, pero
non apoian explicitamente a República.

- O BIENIO REFORMISTA (ABRIL 1931 – NOVEMBRO 1933)


O Goberno provisional iniciou as reformas políticas e sociais a través dunha serie de decretos ao
tempo de convocar eleccións xerais a Cortes constituíntes. Deron o triunfo á alianza republicano-
socialista, polo que non se modificou. O nome de esta etapa dase polas importantes reformas que se
realizaron e polas forzas políticas que gobernaron

• A CONSTITUCIÓN REPUBLICANA DE 1931


Estas Cortes aproban a Constitución de 1931, que proclamaba a España unha república
parlamentaria e laica, tolerante con todos os cultos; un Estado integral que permite a
creación dunha autonomía alí onde se solicite.
A soberanía era popular e con sufraxio universal masculino e feminino (este introducido
nunha reforma posterior). Establecíase unha división de poderes clara: as Cortes, en sistema
unicameral, formaban o poder lexislativo; o presidente da República é o xefe de Estado que
nomea o presidente do Goberno (poder executivo), e o poder xudicial recaía nos tribunais,
introducíndose o xurado.
Finalmente, destaca unha ampla declaración de dereitos, entre os que destacan as liberdades
de reunión e asociación, o dereito á educación e outros de tipo social que conflúen nunha
Constitución claramente progresista.
Combinaba o dereito de propiedade privada co dereito do Estado de intervir en asuntos
económicos. Establecíase unha economía mixta, moi avanzada, que procupou aos de
dereitas, dos propietarios e dos industriais, sen embargo o movemento obreiro esixía máis.
16. AS REFORMAS DA II REPÚBLICA

Durante a II República, un dos asuntos centrais foi buscar solución aos males do país. Neste
sentido, co Goberno Provisional e no Bienio Reformista, foron impulsadas unha serie de reformas
coa fin de pór final aos principais problemas de España. Destacan cinco: as reformas agraria,
educativa, militar, relixiosa e territoriaL.

Tras a proclamación da II República, o 14 de abril de 1931, a Segunda República coñecerá varias


etapas ata o golpe de Estado en 1936:
- Goberno Provisional, 1931
- Bienio de Esquerdas, (1931 - 1933)
- Bienio de Dereitas ou Bienio Negro, (1933 - 1936)
- Goberno de Fronte Popular, 1936

- AS GRANDES REFORMAS
As grandes reformas da República terán lugar nas dúas primeiras:
- Goberno Provisional ou período Constituínte (abril a decembro de 1931),formado por todos os
partidos favorables á república.
- Bienio de Esquerdas ou Reformista (dec.1931-set.33), tras aprobar a Constitución, cun goberno
formado por PSOE e republicanos de esquerda.

• A REFORMA AGRARIA
Para comezar, no tocante á agricultura, a pesar das desamortizacións do século XIX, había
moita terra inculta e a situación dos xornaleiros nos latifundios do sur era precaria. Para isto,
Largo Caballero, ministro de Traballo, xa impulsa medidas no Goberno Provisional,
destacando o Decreto de labor forzoso, que obrigaba o propietario a ter as terras traballadas,
ou o Decreto de Termos Municipais, que prohibía aos propietarios contratar xornaleiros
doutro municipio mentres non houbese paro no seu. Máis tarde, en 1932, xa no Bienio
Reformista, apróbase a Lei da reforma agraria, que permite expropiar as terras incultas e
cedelas ao campesiñado para que as explote. Porén, a escasa colaboración dos propietarios e
a falta de diñeiro para indemnizalos orixinaron o fracaso da reforma e a decepción dos
xornaleiros, aínda máis radicalizados.

• A REFORMA EDUCATIVA E RELIXIOSA


As reformas educativa e relixiosa están moi relacionadas entre si. Por unha banda, a maior
parte da poboación española era analfabeta e, pola outra, a Igrexa tiña unha excesiva
influencia na educación pois controlaba as escolas. Así, durante o Goberno Provisional,
Marcelino Domingo, ministro de Instrución Pública, establece un ensino laico, coa creación
de milleiros de escolas, defendendo a coeducación e eliminando a materia de relixión; tamén
se pechan os centros da Igrexa. Ademais, focalizaranse os esforzos na formación de mestres
para o ensino primario. Alén disto, destaca a creación de Misións pedagóxicas para a
difusión da cultura. Exclusivamente relacionado coa reforma relixiosa, na Constitución
establecíase que España era unha República laica con liberdade de cultos. Así, deixáronse de
dar cartos públicos á Igrexa, disolveuse a orde dos xesuítas pola súa obediencia ao papa,
secularízanse os cemiterios e permítese o matrimonio civil mais os divorcios. Estas medidas
contempláronse como unha persecución do clero por moitos españois, maioritariamente
católicos na época, e será un dos motivos da Guerra Civil.
• A REFORMA MILITAR
Con respecto á reforma militar, o exército español adoecía dunha macrocefalia excesiva e
participaba demasiado na política. Ademais, o seu equipamento era precario. Durante o
Goberno Provisional, Manuel Azaña, ministro da Guerra, impulsa medidas como o
Decreto de retiros, que ofrecía aos oficiais xubilarse conservando o salario; a anulación dos
ascensos promovidos durante a ditadura; o peche da Academia Militar de oficiais de
Zaragoza, ou a supresión da Lei de xurisdicións de 1906. Ademais, en 1932, no Bienio
Reformista, creouse a Garda de Asalto, unha policía urbana e protectora da República. En
xeral, as reformas promovidas por Azaña causaron enfado entre o exército (sobre todo,
africanistas) e a oposición de moitos militares á República, como seu probou co golpe de
Estado fallido do militar Sanjurjo (1932).

• A REFORMA TERRITORIAL
Finalmente, a reforma territorial era precisa debido á existencia de rexións con sentimentos
nacionalistas; de feito, Macià (líder de ERC), proclamara o Estado catalán o mesmo 14 de
abril de 1931, o que levou ao Goberno Provisional a recoñecer a Generalitat como órgano
de goberno provisional e a prometer a elaboración dun Estatuto de Autonomía. Así, na
Constitución recolleuse este dereito. Cataluña obtivo o seu Estatuto en 1932, aínda que se
paralizou no Bienio Negro e se restableceu na Fronte Popular. Os vascos non o conseguiron
ata 1936 e o galego non foi ratificado polas Cortes debido ao comezo da guerra.

- AS REFORMAS NO BIENIO NEGRO E NA FRONTE POPULAR


Como se ve, as reformas xeraron unha forte oposición entre a dereita, co golpe de Estado de
Sanjurjo en 1932; pero tamén entre a extrema esquerda, que intentou impulsar a súa propia
revolución social, como se probou en Casas Viejas. A forte represión que se inflixiu nesta
localidade gaditana levará á dimisión do presidente, Azaña, en 1933, e á convocatoria dunhas
eleccións nas que gañará o bloque antirreformista, comezando o Bienio Negro (1933 – 1936) e a
parálise das reformas. Porén, co triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936, volverán a
restablecerse todas as reformas paralizadas, sen moito éxito: a Guerra Civil comeza en xullo dese
ano.

A análise dos problemas do país era correcta; porén, ao supor que as eleccións de 1931
representaban o país, deixouse fóra a unha parte da sociedade que non estaba de acordo con todas as
reformas. Así, o intento de retomalas na Fronte Popular levará aos militares de extrema dereita a
planear un golpe de Estado.

You might also like