Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

IES AS FONTIÑAS

MÓDULO DE PROCESO INTEGRAL DA ACTIVIDADE COMERCIAL

EXERCICIOS DE PATRIMONIO EMPRESARIAL 2


1. Calcula o resultado empresarial da seguinte empresa durante o primeiro mes de
actividade.
2. Calcula o resultado da tesourería durante o primeiro mes de actividade.

RESULTADO EMPRESARIAL:
Ingresos – Gastos
Pode ser Beneficio ou perda

RESULTADO DA TESOURERÍA:
Cobros – Pagos
Pode ser positivo ou negativo, dando como resultado un aforro de cartos
ou un déficit financeiro que implicaría ter cartos antes do inicio do período
que se están consumindo no período de déficit

A. Catro amigos crean unha empresa aportando cada un deles o mesmo importe coas
seguintes aportacións:
Un vehículo tipo furgoneta valorado en 20.000 €
Uns equipos informáticos valorados en 3.000 €
Unha máquina valorada en 17.000 €
Mercancías para a venda valoradas en 2.000 €
Cartos en efectivo: 2.000 €
Cartos que deixaron na conta corrente que abriron no banco por 16.000 €

Durante o primeiro mes a empresa realizou as seguintes operacións:

B. Recibe un préstamo do banco por valor de 60.000 €, que devolverá integramente dentro
de 5 anos.
C. Compra mercancías por 15.000 € que paga ao contado mediante cheque
D. Recibe unha factura de 6.000 € pola campaña publicitaria realizada para que a empresa
sexa coñecida na cidade. O pago efectuarase o próximo mes por transferencia bancaria.
E. Vende mercadorías por 10.000 €, facendo un desconto por volume incluído en factura de
500 €, cobrando 1.500 € en efectivo ao contado e o resto queda aprazado.
F. Fan unha posta a punto da máquina aportada por un socio. A factura ascende a 200 €,
que se pagarán dentro de 1 mes.
G. Compra dúas estanterías diversas para a oficina por 1.000 € cada unha. O pago faise
mediante a emisión dun pagaré con vencemento dentro de 3 meses.
H. Paga a nómina dos empregados: Salario Bruto: 2.300 €, retención de IRPF de 200 €,
retención de Seguros Sociais de 100 € por transferencia bancaria. O custe patronal de
seguros sociais ascende a 350 €.
I. Recibe a factura do aluguer do local que ascende a 700 €

You might also like