Download as doc, pdf, or txt
Download as doc, pdf, or txt
You are on page 1of 10

PROPORCIONALIDADE NUMÉRICA

Unha razón é un cociente de dous números.


De entrada, a idea é NON facer a división.
Unha proporción é unha igualdade entre dúas razóns.

Exemplo:
12 30 Lese: "12 é a 18 como 30 é a 45".
──── = ──── │ └ medios ┘ │
18 45 └────── extremos ──────┘

Ao multiplicar en cruz ten que dar o mesmo: 12∙45 = 18∙30


Ao multiplicar os termos extremos (12 e 45) dá o mesmo que
ao multiplicar os termos medios (18 e 30).

A idea é similar que na equivalencia de fraccións, pero


con dúas diferencias:
- Nas fraccións os numeradores e denominadores son números
enteiros; nas proporcións os termos non teñen por que ser
enteiros.
- Nas fraccións podemos traballar con números negativos; nas
proporcións sempre traballaremos con cantidades positivas.

Exemplo:
1'2 3
───── = ───── Se facemos as divisións, obtemos a
1'8 4'5 constante de proporcionalidade:
1'2 _ 3 _
───── = 0'6 ───── = 0'6
1'8 4'5

Se nunha proporción hai un dato descoñecido, podemos


calculalo. Exemplos:
2'4 X 2'4∙4'5
───── = ───── → 1'8∙X = 2'4∙4'5 → X = ───────── = 6
1'8 4'5 1'8

4 3'5 2'8∙3'5
───── = ───── → 4∙X = 2'8∙3'5 → X = ───────── = 2'45
2'8 X 4

2'4 X
───── = ───── → X∙X = 2'4∙5'4 → X2 = 12'96 → X = 3'6
X 5'4

Chámase magnitude a algo que se poida contar ou medir:


cartos, cantidades de obxectos, distancias, áreas, volumes,
velocidades, temperaturas, …
Dúas magnitudes son directamente proporcionais se ao
multiplicar o dato dunha magnitude por un número, entón o
dato da outra magnitude tamén queda multiplicado por ese
mesmo número.

Exemplos de proporcionalidade directa:


- Situación: Imos nun tren que se move a 150 km/h.
Magnitudes: "Tempo que estamos no tren" e "Distancia
percorrida".
Se multiplicamos por 3 o tempo que estamos no tren, a
distancia percorrida tamén se multiplica por 3.
Tempo Distancia
1 h ------- 150 km
3 h ------- 450 km
Conclusión: Esas dúas magnitudes son directamente
proporcionais.

- Situación: Queremos mercar laranxas a 0'60 €/kg.


Magnitudes: "Quilos de laranxas que mercamos" e "Cartos
que pagamos (en euros)".
Se multiplicamos por 5 a cantidade de quilos de laranxas,
os cartos a pagar tamén se multiplican por 5.
Quilos Cartos (€)
1 ------- 0'60
5 ------- 3
Conclusión: Esas dúas magnitudes son directamente
proporcionais.

OBSERVACIÓNS:
- Nas magnitudes directamente proporcionais, ao multiplicar
en cruz dá o mesmo.
Isto permite calcular un dato que necesitemos.

- Se dividimos os datos que se corresponden das dúas


magnitudes, dános unha constante.
Nos dous exemplos anteriores:
150 km 450 km
──────── = 150 km/h ──────── = 150 km/h
1 h 3 h
Obtivemos a velocidade do tren.

0'60 € 3 €
──────── = 0'60 €/kg ────── = 0'60 €/kg
1 kg 5 kg
Obtivemos o prezo das laranxas.
Dúas magnitudes son inversamente proporcionais se ao
multiplicar o dato dunha magnitude por un número, entón o
dato da outra magnitude queda dividido por ese mesmo número.

Exemplos de proporcionalidade inversa:


- Situación: Imos percorrer 600 km en tren.
Magnitudes: "Velocidade do tren" e "Tempo que estamos no
tren".
Se multiplicamos por 2 a velocidade do tren, entón o tempo
que estamos no tren queda dividido entre 2.
Velocidade Tempo
150 km/h ------- 4 h
300 km/h ------- 2 h

Conclusión: Esas dúas magnitudes son inversamente


proporcionais.

- Situación: Queremos gastar 9 € mercando laranxas.


Magnitudes: "Prezo dun quilo de laranxas" e "Quilos de
laranxas que mercamos".
Se multiplicamos por 3 o prezo de cada quilo de laranxas,
entón a cantidade de quilos de laranxas que mercamos queda
dividido entre 3.
Prezo Quilos
0'60 €/kg ------- 15
1'80 €/kg ------- 5

Conclusión: Esas dúas magnitudes son inversamente


proporcionais.

OBSERVACIÓNS:
- Nas magnitudes inversamente proporcionais, ao multiplicar
en os datos que se corresponden das dúas magnitudes, dá o
mesmo.

Nos dous exemplos anteriores:


150 km/h ∙ 4 h = 600 km
300 km/h ∙ 2 h = 600 km
Obtivemos a distancia que imos percorrer.

0'60 €/kg ∙ 15 kg = 9 €
1'80 €/kg ∙ 5 kg = 9 €
Obtivemos os cartos que gastamos en mercar laranxas.

Isto permite calcular un dato que necesitemos.


Podemos ter situacións nas que non haxa proporcionalidade
(nin directa nin inversa).

Exemplos (situacións sen proporcionalidade):


- Situación: Temos un cadrado.
Magnitudes: "Lonxitude dun lado" e "Área do cadrado".
Se multiplicamos por 3 a lonxitude de cada lado, á área do
cadrado nin se multiplica por 3 nin se divide entre 3.
Lado Área
10 cm ------- 100 cm2
30 cm ------- 900 cm2

Conclusión: Esas dúas magnitudes non son proporcionais.

- Situación: Un taxista cobra 5 € por facer cada viaxe, máis


un euro por cada quilómetro.
Magnitudes: "Lonxitude do traxecto en taxi" e "Cartos que
costa a viaxe".
Se multiplicamos por 4 a lonxitude da viaxe, o coste da
viaxe nin se multiplica por 4 nin se divide entre 4.
Lonxitude Coste
1 km ------- 5 + 1 = 6 €
4 km ------- 5 + 4 = 9 €

Conclusión: Esas dúas magnitudes non son proporcionais.

- Situación: Unha botella de aceite costa 4 €, pero se levas


tres botellas só che cobran dúas.
Magnitudes: "Cantidade de botellas de aceite" e "Cartos a
pagar".
Se multiplicamos por 3 a cantidade de botellas de aceite,
os cartos a pagar nin se multiplican por 3 nin se dividen
entre 3.
Botellas Coste
1 ------- 4 €
3 ------- 8 €

Conclusión: Esas dúas magnitudes non son proporcionais.


As situacións de proporcionalidade directa pódense poñer
como proporcións ou como "regra de tres":

Exemplos:
- Situación: Imos nun tren que se move a 150 km/h.
Tempo Distancia 150 450
1 h ------- 150 km ───── = ─────
3 h ------- 450 km 1 3
Notación de regra de tres Notación de proporcións

En calquera caso, ao multiplicar en cruz ten que dar o


mesmo: 1∙450 = 3∙150

- Situación: Queremos mercar laranxas a 0'60 €/kg.


Quilos Cartos (€) 0'60 3
1 ------- 0'60 ────── = ─────
5 ------- 3 1 5
Notación de regra de tres Notación de proporcións

En calquera caso, ao multiplicar en cruz ten que dar o


mesmo: 1∙3 = 0'60∙5

Podemos resolver situacións de proporcionalide directa:


Exemplo:
Por 12 litros de gasoil cóbranme 15 €. Cantos litros me
poñerán por 40 €?
Litros Cartos (€) 15 40
12 ------- 15 ──── = ────
X ------- 40 12 X
Notación de regra de tres Notación de proporcións

É unha situación de proporcionalidade directa. Ao


multiplicar en cruz ten que dar o mesmo.
12∙40
15∙X = 12∙40 → X = ─────── = 32 litros
15
Podemos resolver situacións de proporcionalide inversa:
Exemplo:
Vou gastar os cartos que teño en mercar gasoil. Se o
prezo é de 1 €/litro poñeranme 20 €. Cal é o prezo se me
poñen 16 litros?
Prezo (€/litro) Litros
1 ------- 20
X ------- 16
É unha situación de proporcionalidade inversa. Ao
multiplicar en liña os datos que se corresponden, ten que
dar o mesmo.
1∙20
16∙X = 1∙20 → X = ─────── = 1'25 €/litro
16
OBSERVACIÓN:
Ao multiplicar os datos que se corresponden, obteño:
20 litros ∙ 1 €/litro = 20 € ← Cartos que gasto

PROPORCIONALIDADE DIRECTA PROPORCIONALIDADE INVERSA


Ao multiplicar o dato dunha Ao multiplicar o dato dunha
magnitude por un número, entón magnitude por un número, entón
o dato da outra magnitude o dato da outra magnitude
tamén queda multiplicado por tamén queda dividido por ese
ese mesmo número. mesmo número.
Ao multiplicar en cruz ten Ao multiplicar en liña ten
que dar o mesmo. que dar o mesmo.
Ao dividir os datos que se Ao multiplicar os datos que
corresponden, dá unha se corresponden, dá unha
constante. constante.
En moitas situacións trabállase con porcentaxes. Todas as
porcentaxes son situacións de proporcionalide directa cun
dato inicial que vale 100.

Exemplo:
Fixen o 40% do traballo do grupo. Entre todos imos cobrar
6000 €. Canto debo levar eu?
Todos Eu
Porcentaxe: 100 ------ 40 De cada 100, debería levar 40.
Cartos (€): 6000 ------ X Debo levar o 40% do total.
40 ∙ 6000
Despexando X: X = ─────────── = 2400 €
100

RECETA:
40
40% significa exactamente ───── , ou sexa, 0'40.
100
Onde haxa un "de" imos ter un "∙".

Conclusión: 40% de 6000 € = 0'40 ∙ 6000 € = 2400 €


└───┼────────────┘ │
└───────────────┘

OLLO!
É moi importante organizar ben os datos. No exemplo
anterior, non é o mesmo:

Todos Eu
Porcentaxe: 100 ------ 40
Cartos (€): 6000 ------ X

ca:
100 ------ X
6000 ------ 40
AUMENTOS E DIMINUCIÓNS PORCENTUAIS
Supoñamos que fai un ano tiña 3000 € no banco e que neste
último ano a miña cantidade de cartos aumentou un 15%.
Cantos cartos teño agora?

Organizamos os datos:
Cantidade inicial Aumento Cantidade final
Porcentaxe: 100 ----- 15 -----
Cartos (€): 3000 ----- ----- X

Se por cada 100 € iniciais gañamos 15 ao final pasaremos a


ter 100 + 15 = 115.

Cantidade inicial Aumento Cantidade final


Porcentaxe: 100 ----- 15 ----- 115
Cartos (€): 3000 ----- ----- X

A cantidade inicial e a cantidade final son directamente


proporcionais.
Cantidade inicial Cantidade final
Porcentaxe: 100 ----- 115
Cartos (€): 3000 ----- X

Ao multiplicar en cruz ten que dar o mesmo. Despexamos X:


115 ∙ 3000
X = ──────────── = 3450 €
100

Perfecto! Ben feito! Pero a miudo hai situacións nas que


se traballa encadenando aumentos e diminución de
porcentaxes. Esas situacións vólvense moi liosas, a non ser
que traballemos dunha maneira distinta. Primeiro vexamos
cal é esa maneira e despois vexamos un exemplo deses
problemas de porcentaxes encadeados.

O problema anterior tamén o podemos razonar así:


Cantidade inicial Cantidade final
Porcentaxe: 100 ----- 115
Cartos (€): 3000 ----- X

Para pasar de 100 a 115… Por canto hai que multiplicar?


115/100 = 1'15.
A idea é que cada euro de fai un ano converteuse en 1'15
euros agora. Por cada euro gañáronse 15 céntimos, e así
temos o aumento do 15%.
Pois a idea é multiplicar os cartos tamén por ese 1'15.
1'15 ∙ 3000 = 3450 €. (Acabamos de calcular o 115% de 3000 €).
Problema de porcentaxes encadenados.
A finais de 2017 tiña 3000 €. Durante 2018 os meus cartos
aumentaron un 15%. Durante 2019, aumentaron un 20%.
Durante 2020, diminuiron un 40%. Canto tiña a finais de
2020?
Se o queremos facer "normal", de entrada teriamos algo
así:
Finais Aumento Finais
2017 2018 2018
Porcentaxe: 100 -- 15 -- 100+15=115
Cartos (€): 3000 -- -- X

Finais Aumento Finais


2018 2019 2019
Porcentaxe: 100 -- 20 -- 100+20=120
Cartos (€): X -- -- Y

Finais Diminución Finais


2019 2020 2020
Porcentaxe: 100 -- 40 -- 100-40=60
Cartos (€): Y -- -- Z

Temos que facer tres regras de tres unha detrás de outra.


Leva tempo e é doado meter a pata.

Camiño alternativo, moito máis cómodo:


Por canto multiplicamos en cada paso?

Finais +15% Finais +20% Finais -40% Finais


2017 -------> 2018 -------> 2019 -------> 2020
∙1'15 ∙1'20 ∙0'60
Cartos (€): 3000 -------> X -------> Y -------> Z

Durante 2018 os cartos aumentaron un 15%, ou sexa,


multiplicáronse por 1'15. (Por cada euro, gáñanse 15 céntimos)
Durante 2019 os cartos aumentaron un 20%, ou sexa,
multiplicáronse por 1'20. (Por cada euro, gáñanse 20 céntimos)
Durante 2020 os cartos diminuiron un 40%, ou sexa,
multiplicáronse por 0'60. (Por cada euro, pérdense 40 céntimos)

Só necesitamos multiplicar por esos tres números:


3000 ∙ 1'15∙1'20∙0'60 = 3000 ∙ 0'828 = 2484 €.

Par poder traballar así, necesitamos relacionar os


aumentos e diminucións porcentuais co número polo que hai
que multiplicar.
Aumento/Diminución porcentual Número polo que se multiplica
200
+ 200 % 1 + ───── = 1 + 2 = 3
100
100
+ 100 % 1 + ───── = 1 + 1 = 2
100
50
+ 50 % 1 + ───── = 1 + 0'5 = 1'5
100
10
+ 10 % 1 + ───── = 1 + 0'1 = 1'1
100
5
+ 5 % 1 + ───── = 1 + 0'05 = 1'05
100
1
+ 1 % 1 + ───── = 1 + 0'01 = 1'01
100
0
+ 0 % 1 + ───── = 1 + 0 = 1
100
1
- 1 % 1 - ───── = 1 - 0'01 = 0'99
100
5
- 5 % 1 - ───── = 1 - 0'05 = 0'95
100
10
- 10 % 1 - ───── = 1 - 0'1 = 0'9
100
50
- 50 % 1 - ───── = 1 - 0'5 = 0'5
100
100
- 100 % 1 - ───── = 1 - 1 = 0
100
n
+ n % 1 + ─────
100

Poderían incluso poñernos o exercicio anterior sen


decirnos cantos cartos había. E ao multiplicar todo por
0'828 poderiamos decir que no conxunto dos tres anos perdeu
un… 17'2% dos seus cartos.
0'828 = 1 - 0'172 = 1 - 17'2/100

You might also like