Apuntes Tema 4 - Servicios Educativos

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 5

Servizos educativos e culturais na Educación Social Curso 2015/2016

BLOQUE IV: O papel das educadoras e educadores sociais nos equipamentos e


servizos educativos e culturais.

Cando falamos de xestión relacional (a nivel de servizos ou a nivel de


equipamentos) hai 3 cousas que debemos ter en conta:

- Interdisciplinariedade
- Interprofesionalidade: as profesións se complementen e a acción socioeducativa
é máis rica na medida na que poidamos coordinarnos con outras miradas.
- Interdepartamentalidade: romper esta estrutura tan ríxida de departamentos

Funcións profesionais do educador/a social: (en clave relacional)

- Analítica: que ten que ver co diagnóstico (ver a realidade, que necesidades hai...).
É unha función básica e compartida con outras profesións, como o traballo social.
- Planificadora e avaliativa: desenvolvemento de accións planificadas en función
do diagnóstico, que se avaliarán como proceso e como resultado.

Aida Ramos 1
Servizos educativos e culturais na Educación Social Curso 2015/2016

- Educativa: é o que nos distingue doutras profesións sociais, o diagnóstico que


facemos, a planificación, a avaliación... están sempre impregnadas desa mirada
educativa que non ten un traballador social.
- Orientadora:
- Organizativa: de recursos humanos e materiais.
- Mediadora: traballo de ponte entre o concello e o sector asociativo, entre o
concello e os veciños, etc. É moi importante na perspectiva relacional, posto que
actúa como enlace, como punto de diálogo. Por iso os horarios non deben ser
cerrados (8:00-15:00), deben ser flexibles porque, se buscas espazos de
cooperación, necesitas estar dispoñible.

Presenza das/os educadoras/es sociais na administración local:

- ACCIÓN SOCIOEDUCATIVA MUNICIPAL NA PROVINCIA DE A


CORUÑA (1995):
o Clase política (responsable dos ámbitos de formación e cultura) pouco
formada no ámbito.
o Competencias sen soporte orzamentario: non había correspondencia
entre as competencias asignadas e os recursos económicos.
o Profesionais do social: escasos, inestabilidade laboral, falta de traballo en
equipo
o Departamentalización e descoordinación: cada departamento facía o
seu, sen coordinación entre eles.
o Índice elevado de burocratización e despilfarro: debido precisamente á
falta de coordinación.
o Planificación e avaliación de programas: escasa, actuábase segundo ían
tendo recursos ou segundo ían xurdindo ideas.
o Baixo índice de actividade educativa: apenas había iniciativas,
programas, etc. a nivel educativo, había máis a nivel cultural.
o Escasa participación comunitaria: moi escasa relación entre
administración local, tecido asociativo, colectivo... Entre a administración
local e os centros educativos, etc.
o Orzamento moi reducido: nas áreas de educación e cultura.

Aida Ramos 2
Servizos educativos e culturais na Educación Social Curso 2015/2016

o Organización orzamentaria por partidas e capítulos, non por


programas: o que imposibilitaba que houbera certa estabilidade.

- A ACCIÓN MUNICIPAL EN CULTURA, DEPORTES E XUVENTUDE NA


PROVINCIA DA CORUÑA (2002): (perspectiva dos técnicos)

A metodoloxía de empregado baseouse en cuestionarios específicos para técnicos


de cultura, deportes e xuventude (70% da mostra); ficha descritiva xeral do concello
(44% da mostra); entrevista semi-estruturada aos políticos das tres áreas (111
entrevistas en 85 concellos); fontes secundarias (páxinas web, anuarios, censos,
materiais divulgativos municipais, etc.). Algúns datos:

o Dos responsables políticos de cultura, deporte e xuventude na provincia:


 LEXISLATURAS NO CARGO:
 60% unha
 19’1% dúas
 13’9% tres ou catro.
 7% máis de catro

 TIPO DE DEDICACIÓN:
 27% exclusiva
 9’6% media xornada
 47% sen dedicación estipulada

 IDADE:
 Media: 43’2 anos
 O 5’2% ten máis de 65 anos (adoitaban ser os que levaban
máis de 4 lexislaturas)

 XÉNERO:
 75’5% homes
 24’3 mulleres

Aida Ramos 3
Servizos educativos e culturais na Educación Social Curso 2015/2016

 NIVEL DE ESTUDOS:
 20’9% primarios
 28’7% medios
 20’9% diplomados
 27’8% licenciados

A medida que se incrementa o número de habitantes, faino o nivel de estudos dos


concelleiros, diminúe a súa idade e aumenta a presenza de mulleres

o Perspectiva dos políticos:


 ORZAMENTOS:
 O 25% descoñece o orzamento da súa área
 Destácase a inestabilidade de orzamento.

Grande dependencia orzamentaria da política de subvencións. As achegas


recibidas por esta vía igualan, e mesmo duplican, os recursos económicos destinados polo
concello.

 PLANIFICACIÓN:
 64% non sabe o que é un plan estratéxico.
 9’5% afirma que se utilizan instrumentos diagnóstico da
realidade como base da planificación.
 Moitos concellos viven ao día, sen plans a curto, medio e
longo prazo

o Perspectiva dos técnicos:


 O 44’5% dos concellos carece de persoal técnico:
 Persoal moi heteroxéneo en formación e situación laboral.
 Perfil tipo:
o Entre 1 e 7 anos no cargo
o Contrato a tempo completo de carácter temporal.
o Acceso por proceso de selección de persoal,
oposición ou “libre designación” (20%)
o Predomina a figura de “monitor”

Aida Ramos 4
Servizos educativos e culturais na Educación Social Curso 2015/2016

o O 41% nunca acudiu a actividades de formación ou


reciclaxe profesional.
 Normalízase a situación en canto a infraestruturas e equipamentos.
Carencia en variedade e especialización.
 Excesivo peso do criterio temporal nas programacións.
 0 19% dos concellos carece de biblioteca pública. Un 27% non a
ten inscrita na Rede Galega de Bibliotecas.
 Predominio da acción cultural de “espectacularización” fronte a
programas de corte sociocultural.

- POLÍTICAS EDUCATIVAS E DEPARTAMENTOS MUNICIPAIS DE


EDUCACIÓN EN GALICIA: (2011)
o 13 concellos contan cun departamento con, a lo menos, un técnico adscrito
(4% dos concellos galegos): A Coruña, Ames, Betanzos, Boqueixón,
Lugo, Narón, Oleiros, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela,
Sanxenxo, Vigo, Vilagarcía de Arousa.
 6 cidades e 7 vilas; 11 delas no corredor atlántico
o Perfil técnico e político: mediana idade, formación universitaria,
dedicación exclusiva.
o Moitas diferenzas en recursos humanos e materiais entre uns municipios e
outros. Principal demanda: recursos humanos
o Principais liñas de acción:
 Programas de conciliación
 Actividade extraescolares
 Uso das escolas fóra de horario lectivo
 Programas de coñecemento do medio
o Relación intensa dos DME (Departamentos Municipais de Educación) con
outros departamentos; escasa con outros niveis da administración.
o Problemas dos DME en Galicia:
 Ambigüidade lexislativa.
 Carencia de recursos.
 Inexistencias/inestabilidade dos DME.

Aida Ramos 5

You might also like