Apuntes Tema 2 - Servicios Educativos

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 7

Servizos educativos e culturais na Educación Social Curso 2015/2016

BLOQUE II: Equipamentos e recursos educativos e culturais na acción comunitaria.


Tipoloxía, características, funcións e programas.

Un equipamento para a acción sociocultural é un edificio, de uso comunitario,


que dispón dunha determinada dotación e está orientado á prestación de certos servizos.

Constrúense porque hai unha


determinada necesidade e enténdese
que así se poderá cubrir.

Características básicas:

- EDIFICIO OU INSTALACIÓN que permite establecer relacións centro-periferia


(elemento estruturante da cidade)
- ESPAZO DE USO COLECTIVO E COMUNITARIO: é un soporte para a
participación cidadá.
- ESPAZO DE SOCIALIZACIÓN ADAPTADO Á SÚA FUNCIÓN: ofrece
espazos de encontro para compartir iniciativas, experiencias...
- DOTACIÓNS E RECURSOS MATERIAIS, ECONÓMICOS E HUMANOS

Aida Ramos 1
Servizos educativos e culturais na Educación Social Curso 2015/2016

EQUIPAMENTOS: (dúas tipoloxías principalmente)

CENTRALIDADE: PROXIMIDADE:

(P. Ex. Auditorio de Galicia) (P. Ex. CS Fontiñas)

o Edificios únicos: non hai outro o Descentralizados e de servizos


edificio igual próximo coas básicos para a acción local:
mesmas características. podemos encontrar varios no
o Unifuncionais: nacen para cubrir mesmo territorio, que sexan de
unha única función fácil acceso, integrados na
o Centrados en produtos, non en cotidianidade.
procesos. o Xestionados pola Administración
o Carácter cultural. Local.
o Localización singular o Polivalentes: que nelas se podan
o Xestionados pola Administración facer un gran abanico de
(xeralmente máis arriba que o actividades para que poidan cubrir
nivel local). un abanico máis grande tamén de
necesidades.
o Compactación de servizos.
o Participación cidadá.

ATENCIÓN E INVERSIÓN ATENCIÓN AO CIDADÁN

(Busca a rentabilidade económica, que (O edificio ten que ser rentable

dea beneficios) economicamente, pero non buscan


beneficio económico. Buscan
rentabilidade social)

Hai equipamentos que comparten tipoloxía, como é o caso da Bilioteca de Anxel


Casal, a cal pertencería a equipamentos de centralidade xa que é un edificio único de
carácter cultural pero tamén é polivalente e goza da participación cidadá, proximidade.

Aida Ramos 2
Servizos educativos e culturais na Educación Social Curso 2015/2016

Equipamentos:

- Deberían partir da análise de necesidades. Nace para cumprir un obxectivo.


- Non todos as necesidades se cobren con equipamentos. É dicir, non fai falta poñer
ladrillo por todos lados para xustificar que se están facendo políticas educativas.
- As necesidades son diferentes en función do sexo, a idade, os recursos a nivel
económico ou cultural, etc.
- As necesidades son cambiantes.
- Non sempre hai que construír novos edificios, a veces tamén hai que pensar na
rehabilitación de locais (cuarteis, igrexas, escolas...). Recuperación da memoria
histórica.
- Problemas da nova construción: “catálogo de horrores”. Problemas de
funcionalidade que repercuten na súa funcionalidade (Bibliotecas semicirculares
onde non se poden poñer estanterías para os libros; centros socioculturais no baixo
dun edificio de vivendas...).
- Un equipamento non só nace para cubrir unha determinada necesidade, senón que
se funciona ben é capaz de xerar novas necesidades.

Importancia dos equipamentos: ¿que pasaría se desaparecera?

Catro factores para delimitar a importancia súa importancia:

- ESPACIAL:
o Configuran unha estrutura urbana.
o Revalorízase o territorio.
o Revitalízanse diferentes zonas do territorio.

- CULTURAL:
o Espazos de interrelación e comunicación cidadá.
o Redistribución democrática da cultura: facilita que a xente teña acceso á
creación e difusión da cultura.
o Crean un efecto multiplicador de oferta e demanda: se o equipamento funciona
ben ten a posibilidade non só de cubrir as necesidades, senón tamén de xerar
outras novas.

Aida Ramos 3
Servizos educativos e culturais na Educación Social Curso 2015/2016

o Estabiliza as políticas culturais: para ofrecer liñas de traballa cunha perspectiva


de medio prazo, modificando certas dinámicas que nos permitan mellorar a
calidade de vida do territorio.
o Fomentan canles de participación.
o Impulsan a proxección exterior: sobre todo os equipamentos de centralidade,
que coñezan á cidade por ese equipamento (P. Ex. Museo Guggenheim de Bilbao,
a cidade é coñecida por el).

- POLÍTICA:
o Expresión das políticas: non é o mesmo a concepción da política que goberna
os equipamentos de centralidade que os que gobernan os de proximidade.

o Conexión política local, autonómica, estatal: os equipamentos ofrecen


oportunidades de traballo coordinado entre os distintos niveis de administración.

- SIMBÓLICA: moitas veces convértense en símbolos do territorio.

Equipamentos clave:

- De proximidade (CSC, centros cívicos, casas da cultura).


- De centralidade (teatro, auditorio).
- Recuperación memoria histórico/local (museo).
- Produción-creación cultural (fábrica cultural).

¿Que nos aportan estes equipamentos clave?

o Garantir o acceso de toda a poboación á cultura. (CSC)


o Fomentar a difusión das artes e dos espectáculos en vivo.
(CENTRALIDADE)
o Favorecer a identidade colectiva. (PEQUENOS MUSEOS)
o Apoiar aos creadores e á industria. (FÁBRICAS CULTURAIS)

Aida Ramos 4
Servizos educativos e culturais na Educación Social Curso 2015/2016

Características dun modelo de equipamento ideal:

- BOA UBICACIÓN: non ten por que estar no centro, pode estar na periferia, pero
ten que estar ben comunicado e facilmente recoñecible.
- FUNCIONAL: adaptado ao uso que persigue, adaptado ás necesidades.
- ACCESIBILIDADE FÍSICA: sen barreiras arquitectónicas, sinalización... Non
soamente rampas, tampouco portas pesadas, etc.
- ACCESIBILIDADE PSICOSOCIAL: intentar que o traballo dese equipamento
poida chegar a todas as persoas, independentemente do seu nivel cultural,
económico, clase social...
- POLIVALENCIA E FLEXIBILIDADE: sen finalidades ríxidas, que se poda
adaptar a diferentes actividades.
- CALIDADE CONSTRUCTIVA E BOAS DOTACIÓNS: que non teña goteiras,
fallos eléctricos, etc.
- CALIDADE DO SERVIZO: que o servizo que se presta sexa útil, de calidade,
conte cos recursos humanos necesarios e a cualificación suficiente para poder
desenvolvelos, que se adapte ás necesidades...
- RENTABILIDADE SOCIAL.
- COMPETITIVIDADE: que compita con outras iniciativas para que á xente lle
interese a actividade e vai, xerando rentabilidade social (P. Ej. Que haxa unha
actividade á misma hora que un partido de fútbol Barça-Madrid, e aínda así a xente
vaia á actividade).
- PARTICIPACIÓN.

EQUIPAMENTOS DE PROXIMIDADE: na realidade non se están denominando

- CASA DA CULTURA: programación cultural.


- CENTROS SOCIOCULTURAIS: maior polivalencia, traballan tamén cuestións
culturais e deportivas.
- CENTROS CÍVICOS: traballan tamén cuestións culturais e deportivas pero dende
unha perspectiva compactada, incorporando tamén cuestións sociais (SS).

Aida Ramos 5
Servizos educativos e culturais na Educación Social Curso 2015/2016

CENTRO SOCIOCULTURAL CENTRO CÍVICO

o Espazo de encontro, relación e o Nacen na década do 80 (a finais)


intercambio cultural. cunha política moi clara de política
o Instrumento de formación e de descentralización.
información. o Funcionan en rede.
o Difusión cultural e canalizador de o Compactación de servizos.
iniciativas. o Polivalencia de espazos.
o Dinamizador do territorio e o Acción integral.
potenciado do DC. o Participación como eixo de
o Descentraliza a oferta cultural. intervención.

Sitúase nunha determinada


REALIDADE SOCIAL, que hai que
ter en conta.

Na súa xestión incorpora miradas moi


diferentes, porque hai que ter en conta a
perspectiva da cidadanía, das empresas
sociais, das asociacións/fundacións e dos
municipios/administraciós.

Municipios/
Administracións

XESTIÓN Asociacións/
Cidadanía CENTROS
Fundacións
CÍVICOS

Empresas
sociais

Aida Ramos 6
Servizos educativos e culturais na Educación Social Curso 2015/2016

Aspectos a ter en conta na xestión de equipamentos: (especialmente nos de


proximidade)

- POLIVALENCIA:
o Aulas exclusivas (oficinas administrativas).
o Aulas de uso preferente (ludoteca).
o Aulas polivalentes

- COMPACTACIÓN DE SERVIZOS E ACTIVIDADES:


o Rebaixa dos custos.
o Axuste entre oferta e demanda da realidade global, sempre dende unhas
perspectiva aberta.

- FÁBRICAS CULTURAIS:
o Ofertas espazos e servizos a artistas individuais e colectivos.
o Terciarización da economía e desenvolvemento económica da localidade.

Criterios para o deseño de programas: (de equipamentos)

- Vinculación coa realidade social e as necesidades locais.


- Resposta a todos os sectores sociais: necesidade de chegar a todos os colectivos.
- Promocionar programas estables fronte a puntuais.
- Fomentar a calidade das actividades e a comunicación social: mellor pouco e ben
que moito e mal.
- Participación cidadá nas diferentes fases da programación.
- O equipamento como impulsor de iniciativas.

Aida Ramos 7

You might also like