Música A Morte

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 11

O ser humano poñemoslle música a calquera moomento crucial na noosa

vida: festividade, conmemoración ou tráxica. A morte é indudablemente o


momento máis trascendente na visión relixiosa imperante en occidente.
Por iso dende os primeiros rexistros da historia da música, esta trata da
morte como un dos seus grandes tópicos. Para chorar aos mortos,
homenaxear ao difunto, chorar a desaparición do ser amado ou recordar a
fugacidade da nosa existencia. Un dos procesos máis emotivos e
dramáticos fomentan a creatividade. Algunhas das tipoloxías de cancións
para ter mellor morte poderían ser: Requiems, Stabat mater, marchas
fúnebres, lamento ou Tumbau.

Requiems

A palabra requiem procede da primeira frase da misa: Requiem aeternam


dona eis Domine. Concédeles Señor el descanso eterno. Os requiems son
misas polos mortos, a máis dramática das liturxias. Son pezas moi
descriptivas porque os textos da misa latina son moi poderosos e falan do
abismo do inferno. Tamén teñen partes consoladores porque é unha música
emotiva que tamén pretende dar descanso. Os textos orixinais son do
século I ao III isto fainos un material único. Tamén é certo que na historia
da música os requiems foron desacralizándose e creándose xa para
concertos non para misas, pois conéctanos con algo tremendamente
mundano e atemporal que é a morte.

Requiems estaban pensados para o canto gregoriano pero logo tiveron


versións polifónicas orquestais e operísticas. O requiem conta coas
seguintes partes, aínda que non todos os requiems teñen todas as partes,
cada autor elixe para darlle caracter tráxico, macabro ou máis liberador:

- Introito: pídeselle a Dios que lles dé eternoo descanso e luz perpetua


- Kyrie: pídeselle piedade a cristo
- Gradual: recordan que a persoa actuou con xusticia
- Tracto: pídeselle que absolva os pecados das almas
- Secuencia: fálase do día da ira, cando todo sexan cinzas
- Ofertorio: Pídeselle a cristo que libere as almas dos mortos das
llamas infernales
- Santo: exaltar a grandeza do Señor
- Agnus dei: piden ao Cordero de dios que dé descanso eterno aos
mortos, outra vez
- Comunión: para pechar pídese que a luz eterna ilumine aos difuntos.

Stabat mater

É un poema medieval, un himno católico datado do s. XII. Unha plegaria


que comeza coas palabras “estaba la madre sufriendo” e medita sobre o
sufrimiento de María, nai de Xesús durante a crucificción. É unha das
composicións literarias ás que máis se lle puxo música, sobre todo no
Renacemento e Barroco.É unha das plegarias devocionais máis populares
e chegou a ser admitida no oficio da Igrexa católica como Virxe dos
dolores no s. XIII

As marchas fúnebres
Acompañamiento musical dos cortexos fúnen tono menor, empregando o
senza misure lenta, e imitandoo o ritmo solemne dunha procesión Fúnebre.
Empréganse en funerais e outras ocasións sombrías.

PERGOLESI (1710-1736)

- Morreu moi novo, aos 26 anos


- Compositor, violinista e organista pertencente á escola napolitana.
- Era un músico moi querido e popular en Nápoles porque compoñía
no idioma comprendido polo pobo, no dialecto napolitano e non en
italiano. Precisamente por iso, compuso varias óperas que por ser en
dialecto pasaron ao esquecemento.
- Gran expoñente da ópera italiana e da ópera bufa y un dos
suscitantes da “Querella dos bufóns” que foi esa disputa en Francia
entre os defensores de seguir a corrente francesa seria ou de abrir
horizontes e italianizar a ópera francesa. Entre Rameau e Rousseau.
Naturalidade e simplicidade da opera bufa.
- Músico ao servizo dun duque.
- Enfermo foi cando compuxo o Stabat Mater, posiblemente a súa
mellor obra.
- Foi un autor ponte, o Stabat Mater mostra rasgos de distintos estilos.
Comeza cun expresivo Stabat Mater no antigo barroco e pon fin a
obra empregando moitos contrapuntos no coro final de AMÉN. Pero
a súa afinidade coa ópera cómica vese en varios movementos como
o movemento 12 , o 4 ou o 7. Tamén vemos momentos que nos
recordan á ópera sacra de Mozart, pois emprega adornos armónicos.
- Emprega tamén baixos camiñantes (que falan dos pasos que da Jesus
coa cruz) e unha linguaxe e frases melódicas que mostran a
simplicidade do seu estilo operístico e unha apertura ao estilo
galente. Vese expresividad operística e equilibrio entre el estilo
galante y el estilo más contrapuntístico que fue siempre sello de la
mejor música sacra.

- Emprega moitas disonancias en segundas menores e canons tamén


por segundas, recursos cos que consigue transmitir un profundo
dolor.
- Segue moito o texto. Describe como a Jesús lle daban os paos na
cruz cos violíns, xusto cando a melodía fala de eso. Pizz do violín
como gotas de sangue que caen de Jesús e gotas de lágrimas que
caen de súa nai.
- A peza está concibida para orquestra de corda e baixo continuo, con
dous violíns distribuidos en dous grupos e soprano e alto solistas.

MOZART (1756-1791)
A Mozart enmarcámolo no contexto do Clasicismo. É un autor que vai
expreser claramente todas as características do clasicismo: a sinxeleza,
claridade e orde.
No clasicismo, como ben sabedes:
- o ritmo é sinxelo e constante.
- As melodías son simples e cantables normalmente cadradas (frases
ben divisibles en 4-8-16).
- Harmonía máis sinxela xeralmente diatónica.
- Emprégase sobretodo textura homofónica.
- Desaparece o baixo continuo.
- Colle moito poder a música instrumental…
- Desenvolvese con grande poder a forma sonata
- Orquestra clásica, orquestra a dous, máis músicos

Mozart

- Un dos músicos máis importantes e influintes da historia da música


- Foi un neno prodixio que viaxou por toda Europa dende moi
pequeno mostrando as súas dotes
- Foi nomeado maestro de concertos polo arzobispo de Salzburgo,
pero durou moi pouco. Asentouse en Viena
- Morreu con 35 anos e a pesares de iso, ten na súa obra máis de 600
pezas de todos os estilos: la sinfonía, la ópera, el concierto para
solistas y la música de cámara:
E estas pezas supieron avances na sofisticación técnica e o alcance
emocional de todas elas.

REQUIEM DE MOZART

A obra é un dos grandes misterios da música. Sábese que foi un encargo


do conde von Walsseg, que era un músico aficionado que pedía obras por
encargo e logo facíaas pasar por súas, e isto pretendía facer coa de Mozart.
Este encargo afectou moito a saúde mental do compositor, que xa estaba
enfermo e non puido superara a premonición de estar compoñendo o seu
propio requiem.

O requiem de Mozart está dividido en 14 movementoos e 8 seccións


litúrxicas. Cada unha das partes ten un final e dependendo da
interpretación e do director a pausa entre eles é maior ou menor.

- Emprega timbres sombríos, acentuado polos trombóns e corni di


bassetto (clarinetes bajos);
- O carácter solemne que aporta la tonalidad de re menor;
- Emprega cromatismos moi acentuados e inclúe elementos barrocos
(seccións polifónicas e fugadas, moitos contrapuntos) que casan a
perfección co contigo da obra e co momento vital no que estaba o
compositor. Esto estaba pasado de moda neste momento do
Clasicismo, pero si que se mantivo na música relixiosa.
- A música está ao servizo do texto.
- Inspiración no Messias de Haendel.
- Composta para orquesta sinfónica, coro e voces solistas e dura 50
min.

Centrándonos na Lacrimosa, que é o tema que escoitaremos:

Sensación angustiosa, tempo desenfrenado, motivos que


ascenden e descende

As seccións das trompetas é moi agresiva.

O tema vólvese cada vez máis intenso e dramático

Plagado de disonancias que lle dan caracter máis dramático

Progresións ascendentes que provocan tensión.


CHOPIN (1810-1849)

Romanticismo:

Os compositores considéranse xenios e comezan a independizarse


dos mecenas. Compoñen con total independencia.
- A música é o seu vehículo para expresar os sentimentos
- Vese un gusto polos temas históricos, fantásticos, e a expresión
de sentimentos intensos e apasionados. Por iso hai tantos
requiems.
- Inspíranse na natureza e en lugares exóticos.
- Aparecen novos xéneros como o lied, o poema sinfónico e o
drama musical.
- As melodías son expresivas e intensas e teñen moita
importancia dentro de composición.
- Moita dinámica. Tempo fluctuante. Cromatismos e cambios de
tonalidade.

Chopin:

- Pianista e compositor polaco considerado un dos máis importantes


da historia e un dos mellores representantes do virtuosismo musical.

- A súa técnica e refinamento estilístico e a súa elaboración armónica.

- Como outros nenos prodixio tamén comezou a dar concertos aos


nobles e burgueses da época aos 8 anos.

- Viviu en moitos sitios e fixo moitas xiras ata que decidiu asentarse
en Viena, pero aí noon tivo moito éxito e decide ir a París. Alí
conoce a Victor Hugo, Balzac, Rossini, Liszt, Schumann
- Comezou a dar clases e facer moitos concertos.

- El dicía de si mesmo que era un compositor de piano e case todo o


que compuxo tiña piano

- Tiña un estilo persoal tocando, porque era un pouco autodidacta.


Obsesionáballe ter un sonido e unha técnica única. Dicíase que tiña
unha sensibilidade extrema tocando, unha pulsación única pero
pouco volume. Impresiomaba polos matices e os contrastes.

- Tiña preferencia pola balada e polo nocturno, pero tamén ten


sonatas, concertos e preludios.

- Tamén se pode enmarcar dentro do nacionalismo musical, compuxo


varias polonesas e mazurcas, adoptando as formas folcloricas e
reivindicando sobre todo o pobo polaco nos tempos de ocupación
rusa. De feito realmente el de adolescente estivo moi vinculado a
música folclorica e mesmo tocaba algún instrumento folclorico. Por
iso din que as súas polonesas son moi reais, están feitas con
coñecemento.

- Gran cultura literaria. Pero non poñía referencias extramusicais as


súas obras. De feito moitos editores cambiábanlle o nome das obras
e el enfadábase moito. En vez de Nocturnos op9 aparecían como
Murmullos del Sena.

- Empregou a melodía acompañada. E creaba melodías moi expresivas


e potentes. Desenvolveu moito a harmonía, moi innovador no ritmo
harmónico, nas modulacións, nos cromatismos sutiles, etc.

- Non tivo distintas etapas compositivas pero si que xa nos últimos


anos se lle pode ver un lirismoo máis profundo e máis moderacióon
no gesto.

- Empregou o pedal de sostenimiento de maneira innovadora


- Empregaba acelerados e ralentizandos

Marcha fúnebre foi adicada as mortes polas revoltas en 1830 dos polocalos
reprimidos polas autoridades rusas.

- Esta marcha atópase como terceiro movemento da sonata en Sib


menor composta en 1839 e editada en 1840.

- Acordes graves pausado, que evocan o son das campanas nas


procesións.
- Modulación súbdita a maior dá de repente un caracter heróico.

- Na parte intermedia hai un copás sorpresivo e móvese de un


ambiente escuro a unha cálida calma. Pero ese raio de esperanza
aplástase brutalmente co retorno do tema que termina cunha
cadencia.

- Lento e sen medida fija

VERDI (1813-1901)

- Viña dunha familia humilde. Con 10 anos coonverteuse no organista


da igrexa do seu pobo, e con 12 comezou a dar clase.
- Marchou pra Milan non poido entrar no conservatorio por ter moita
idade. Despois puxeronlle o seu nome ao conservatorio.
- Casou e morreronlle os dous fillos e a muller estaba deprimido. Fixo
a súa segunda ópera cómica e foi un fracaso. Xurou que non faría
máis pero un empresario presionouno co libretoo de Nabucco. Fooi
un éxito absoluto. Fíxose rico e famoso en todo o mundo.
- Foi un autor moi moi querido en Italia e dos primeiros compositores
que se fan ricos e que teñen moito éxito en vida.
- La traviatta. Estivo en Madrid, presentou unha ópera e entre o
público estaba a Reina Isabel II e Rosalía de Castro. Moi moi
famoso en Italia.
- A súa obra enlaza o bel canto co Verismo (tramas sórdidas) - Outro
autores din que o seu non é bel canto, e chámano “canto de bravura”.
- Verdi vs Wagner: guerra.
- Igual que Chopin, Verdi enmarcarse no romanticismo, por iso vemos
na súa obra a exaltación dos sentimentos e a emotividade.
- Sobre todo compuxo ópera e era un dos xéneros máis populares
porque reflexaba nela os problemas da sociedade da época os
conflictos e as pasións.
- Inspirouse en literatura italiana e historias populares ás que lle deu
dramatismo intensidade e gran carga melódica.
- Verdi ademais loitaba pola unificación do país e a independencia do
dominio de outros países (Anti-napoleón). A súa música converteuse
nun símbolo nacional e eran himnos na historia do pobo italiano.
Tamén foi político.

Obra de Verdi:

- Primeiro período, grandioso: Rexeitamento do refinamento clásico.


Cultivou máis o aspecto dramático que o musical, nono como os
compositores italianos anteriores. Nabucco. Himno para patriotas italianos
que se identidicaban co pobo hebreo ao buscar a unidade nacional frente
ao dominio austríaco.
- Segundo período: Influiu o ben que lle ía, tiña máis cartos. Había
máis censura teatral. Rigoleto (Un bufón da corte que buscan
venganza pola seducción da súa filla por parte dun duque. ) ou La
Taviatra. ( Historia de amor entre un nombre e unha cortesana que
sufre tuberculosis. Retrato realista da enfermidade.)
- Mais tarde adoptou modelos da ópera francesa, empregando
dramas románticos ambientados no medievo con personaxes
contradictorios e complexos. Aida ( Amor entre princesa etíope e un
oficial egipcio. )

No desemnvolvemento da obra de Verdi vese unha crecente preocupación


do aspecto formal das súas óperas e da psicoloxía dos personaxes,
mesturando elementos tráxicos e cómicos de forma moi equilibrada.

REQUIEM DE VERDI

- O requiem non é considerada unha ópera pero si ten moitos recursos


operísticos.
- Foi adicado ao poeta Manzoni, aínda que nun primeiro momento ía
ser un requiem para Rossini, por encargo, finalmente foi para o seu
grande amigo e admirado poeta Manzoni.

- Sonoridade melancólica, que mostra a reflexión sobre a morte, o


misterio e a dúbida.
- Camiño cara a luz pasando pola piedade o medo, o conflicto e a
búsqueda do descanso. Pero non hai optimismo, como nooutros
requiems. Non hai imaxe esperanzadora.
- Novidoso noos requiems é exalta o temor pola condena.
- Comparandoo co requiem de Mozart, que mostraba mais apego
poolas formas compositivas do pasado. O requiem de verdi é mais
romántico e máis dramático.
- Obra para gran orquesta que reflexa un son colosal. Por un lado os
instrumentos graves cos que consigue unha gran pesadez: fagotes,
cornos franceses, trombóns, tubas, que reposan sobre os
contrabaixos e violonchelos.
- E para darlle lirismo están as flautas, oboes e clarinetes.
- O apocalipsis consígueo coas trompetas e a percusión que lle dan
drama e efectismo a peza.
- Ten as seguintes partes:
- Requiem
- Kyrie
- Dies Irae
- Offertorium
- Sanctus
- Agnus dei
- Lux aeterna
- Libera me

O tema que escoiotamos é DIES IREA, no que nos mostra o xuizo final,
con densos silencios, estatismo e intenso dramatismo.

You might also like