Cole de Cea

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

A visita ó cole de Cea foi unha experiencia moi bonita e enriquecedora que recordarei con

gran agarimo, posto que dende a nosa chegada o cole fixéronos sentir como en casa. Por
outra parte sorprendéronme a cantidade de recursos que dispoñían no edificio de
Educación Infantil, contando inclusive con dúas aulas destinada a PT (Pedagoxía
Terapéutica). Outro aspecto que me encantou foi o bo uso que se lle da ó entorno que
rodea o colexio, empregando o medio para desenvolver os proxectos de aula, os cales fan
conxuntamente entre as clases de infantil e incluso cás ensinanzas superiores.

Gustaríame felicitalos pola boa acollida que teñen das experiencias procedentes do
exterior, pola alegría e enerxía coa que lideran o proceso educativo dos nenos, por saber
aproveitar o medio natural como unha gran ferramenta de aprendizaxe e por traballar tan
ben con tan pouco. Tamén me gustaría felicitalos pola unión que presentan como
comunidade educativa, levando a cabo unha aprendizaxe colaborativa entre tódolos
cursos do centro; axudándose os máis pequenos e pequenas nos maiores e viceversa.

Tamén me gustaría agradecerlles habernos amosado que se un se esforza e lle pon


ganas e capaz de levar a cabo unha ensinanza máis enriquecedora e colaborativa que a
ensinanza que temos “normalizada” no noso país.

Alumno: David Cancelas Bermúdez

You might also like