Moul 2

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

OPERACIÓNS BÁSICAS DE LABORATORIO. T.

5: Separacións difusionais: extracción, absorción e adsorción

SEPARACIÓNS DIFUSIONAIS: EXTRACCIÓN, ABSORCIÓN E


ADSORCIÓN

3 ADSORCIÓN

A adsorción é un fenómeno superficial na que un fluido (líquido ou gas) queda


retido sobre a superficie dun sólido. O método consiste en poñer en contacto o
fluido co sólido adsorbente. A adsorción aumenta coa superficie específica do
sólido. Ó diminuír o tamaño das partículas aumenta moito a súa superficie exterior,
polo tanto o número de centros activos por unidade de volume é moito maior, e en
consecuencia aumenta a súa capacidade de adsorción.
É un proceso reversible, o proceso inverso chámase desadorción e consiste na
recuperación do soluto para rexenerar o adsorbente. A desadsorción realízase para
a rexeneración do material adsorbente para unha nova utilización, xa que queda
inactivo cando se supera a súa capacidade de adsorción.
Non se debe confundir la ADSORCION coa ABSORCION, xa que a absorción
consiste na penetración dunha substancia no seo doutra, sendo, en cambio, a
adsorción un fenómeno de superficie, de modo que unha substancia absorbente
retén a un soluto na súa superficie, sen que este entre na súa estrutura Por o
xeneral, canto máis polar é un composto, máis fortemente retido ou absorbido
queda na parede da substancia absorbente.

A adsorción pode ser:


- Adsorción superficial externa: cando o soluto queda retido na
superficie.
- Adsorción superficial interna: cando queda retido nos capilares ou
grietas do sólido.

Defínense dous tipos de adsorción:

1
OPERACIÓNS BÁSICAS DE LABORATORIO. T. 5: Separacións difusionais: extracción, absorción e adsorción

- Adsorción física/Fisisorción: é a máis xeral e é un proceso reversible.


As forzas que reteñen o adsorbato son de natureza física (forzas de Van
der Waals).
- Adsorción química/Quimisorción: ten lugar unha verdadera reacción
química, de tal forma que a primeira capa queda adsorbida
irreversiblemente. Despois as seguintes capas se fisisorben.

O corpo retido chámase adsorbato e o corpo que retén chámase


adsorbente.

3.1 Isotermas de adsorción

As isotermas de adsorción son funciíns que representan o equilibrio entre a


concentración de soluto na fase líquida ou gaseosa e a cantidade do mesmo
adsorbida polo sólido a temperatura ambiente.
Unha gran maioría dos procesos de adsorción seguen a Isoterma de
adsorción de Freundlich:

Onde
x = g de soluto adsorbido
W = g de material adsorbente
c = concentración de substancia adsorbida que hai na disolución
K e b = características do adsorbente e do soluto a unha temperatura dada
respectivamente
Entre o material adsorbente (W) e a disolución do soluto (de concentración c),
parte do cal será adsorbido (x) prodúcese un equilibrio.

Tomando logaritmos na ecuación anterior resulta:

2
OPERACIÓNS BÁSICAS DE LABORATORIO. T. 5: Separacións difusionais: extracción, absorción e adsorción

O adsorbente debe ser inerte coas substancias que se van separar e non actuar
como catalizador en reaccións de descomposición, isomerización ou hidrólise.
A adsorción e desadsorción empréganse para separar un ou máis compoñente
dun fluido cando as cantidades a separar son tan pequenas que non xustifican
económicamente o emprego doutras operacións como a destilación, cristalización,
etc. Por exemplo, as aplicacións dos adsorbentes no laboratorio e na industria son:
decolorantes de sustancias, separación de mesturas de gases, recuperación de
disolventes, depuración de augas potables ou industriais, etc.
No laboratorio, o proceso de adsorción é moi simple. Consiste en engadir o
material adsorbente sobre a disolución, mantense a baixa temperatura por un
tempo determinado e, finalmente, fíltrase para separar a disolución do sólido
empregado. O proceso realízase en matraces Erlenmeyer e vasos de precipitados.

3.2 Tipos de adsorbentes

- Carbón activo: son carbóns de orixe vexetal sometidos a un proceso de


activación con axentes físicos e químicos.

O carbón activo é un produto extremadamente poroso: unha culler de


café de carbón activado pode ter a superficie dun campo de fútbol. Posúe
unha estrutura cristalina, na que os átomos de carbono na superficie do
cristal son capaces de atraer moléculas de compostos que causan cor,
cheiro ou sabor indesexables. Por iso utilízanse amplamente na
industria, cando se desexa remover unha impureza orgánica que cause
cor, cheiro ou sabor indesexable.

- Terras decolorantes: son terras arcillosas activadas con ácido


clorhídrico, como son as terras de Batán, que se empregan para
decolorar aceites e graxas.

- Xeles activos: materiais a base de hidróxido de aluminio, de ferro e de


silicio que presentan capacidade de adsorción. Empréganse
frecuentemente no tratamento de augas, bebidas e gases.

3
OPERACIÓNS BÁSICAS DE LABORATORIO. T. 5: Separacións difusionais: extracción, absorción e adsorción

4 ABSORCIÓN

A absorción é coñecida como a disolución dun gas nun líquido e pode servir
para separar un ou máis gases dunha mestura. O líquido disolve determinados
compoñentes do gas, que queda libre dos mesmos.
A absorción pode ser física ou química, segundo se o gas disólvese no líquido
absorbente ou reacciona con el dando un novo composto químico.
A operación contraria denomínase desorción (eliminar un líquido dun gas).
A solubilidade dun gas nun líquido depende da natureza do gas, tipo de líquido
absorbente, temperatura e presión. A solubilidade aumenta coa presión e diminúe
coa temperatura; ven dada pola lei de Henry:

C=K·P
C = concentración do gas na disolución, en moles de gas/moles totais.
P = presión parcial do gas a disolver, en atmósferas.
K = constante, que depende do gas e da temperatura

Os factores a ter en conta para conseguir unha absorción de gas en líquidos óptima
son os seguintes:
a) a maior temperatura, menor solubilidade do gas no líquido
b) é necesario manter unha diferencia grande de concentración entre a
corrente de gas e o líquido na substancia a absorber, para así conquerir
unha grande eficiencia no proceso
c) a maior superficie de contacto, maior rendemento no proceso.

No laboratorio, son escasas as aplicacións da absorción. Algunhas delas son as


seguintes:
- Obtención de ácidos por burbulleo do anhídrido na auga (ácido
clorhídrico).
- Obtención de algúns reactivos comerciais: disolución de amoníaco gas
en auga (amoniaco).

You might also like