Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 9

Grao en Pedagoxía

Curso 2022/2023

Pedagoxía Familiar

Profa. Dra. Anaïs Quiroga Carrillo

Práctica 3: Análise de boas prácticas

Calviño Bugallo, Elba

Estévez Souto, Serxio

García García, Jésica

García García, Lucía


Índice

1. Resumo das prácticas 2


2. Puntos fortes e aspectos de mellora. 3
3. Proposta de mellora 5
4. Referencias bibliográficas 8

1
1. Resumo das prácticas

1.1. Actividades de Acogida y Despedida

Estas actividades pretenden achegar o colexio a todos os membros da comunidade


educativa, para sentir este espazo como común e propio. Coas actividades referentes á
acollida cando un/a alumno/a entra ao centro establécense as bases da participación e a
convivencia entre a vida escolar e a contorna. Mentres que coas actividades de despedida
preténdese outorgar unha valoración de toda a vida académica do escolar. Estes procesos
requiren da actuación da asociación de nais e pais (ANPA) en colaboración cos/as docentes
do centro nas festividades, actividades ou momentos de inicio e fin de curso.

1.2. Las escuelas de padres y madres.

Esta iniciativa pretende servir de nexo conector entre familia e escola, a través da que
informar a pais e nais sobre aspectos relevantes do centro e da relación deste co alumnado.
Ten metodoloxías de traballo variables, así como horarios amplos, para poder chegar a
todas as familias e permitirlles a estas conciliar co seu horario laboral. As actividades
impartidas serán dinamizadas polo profesorado e estarán dirixidas aos pais, nais ou
titores/as legais do alumnado, buscando sempre facer partícipes ás familias, dentro duns
límites, das decisións do centro.

1.3. Prevención de conductas agresivas

Tras a detección dunha serie de conductas violentas entre o alumnado do IES N°5 de
Opole, en colaboración coas familias, o centro decide elaborar un programa de prevención
coa fin de ofrecer ao propio alumnado a sensación de seguridade. Esto intenta acadarse
mediante a realización de actividades e reunións onde se analizan os problemas e se pon
en marcha o sistema de intervención correspondente. Nestas actividades participan todos
os axentes educativos: profesorado, con maior presencia do Director, Xefe de Estudos e
Orientador, alumnado e familia do alumnado.

1.4. ¡Es cosa de hombres!

Tendo en conta que a implicación da figura paterna é un factor chave á hora de determinar o
desenvolvemento académico e persoal dos fillos, o proxecto “¡Es cosa de hombres!”
pretende incentivar –coa orientación do profesorado e co apoio material e institucional do
centro– a participación dos pais na vida escolar, en xeral, e no proceso de aprendizaxe da
lectoescritura, en particular, dos seus fillos ao longo dun período de dez semanas.

2
2. Puntos fortes e aspectos de mellora

2.1. Actividades de acogida y despedida

● Puntos fortes:

○ Subida da autoestima do alumnado e maior comunicación entre este e as


familias.

○ Potencialización da responsabilidade das familias.

○ Maior participación das familias na educación dos/as seus/súas fillos/as.

● Aspectos a mellorar:

○ Motivar máis a todas as familias a participar nas actividades conxuntas.

○ Levar a cabo actividades que sexan integradoras entre familias e non só


entre familias e fillos/as.

○ Crear unha maior vinculación entre os/as fillos/as, as familias e o centro.

2.2. Las escuelas de padres y madres

● Puntos fortes:

○ Traballa poñendo o foco nos pais e nais con menor nivel educativo.

○ Busca mellorar a relación familias-escola.

○ A participación dos/as pais/nais será chave para o éxito desta iniciativa, de


xeito que se non existe implicación non haberá bos resultados.

○ Serve como rede de apoio ás familias que non contan cunha propia.

● Puntos a mellorar:

○ Faltan outros axentes educativos nesta iniciativa, faltan perspectivas para


mellorar a situación do centro.

○ Demasiada amplitude de temas, podería dificultar chegar a afondar


realmente nas problemáticas presentadas.

2.3. Prevención de conductas

● Puntos fortes:

○ Participación plena de todos os axentes educativos implicados (profesorado,


alumnado e familias) conformando un Comité Escolar contra o Maltrato
Escolar.

3
○ Elaboración dun folleto informativo sobre as bases do programa entregado ás
familias.

○ Canle de comunicación directa para o alumnado en caso de estar exposto a


actos de violencia.

○ Formar ao profesorado e ás familias sobre aspectos psicolóxicos da conduta


violenta mediante obradoiros.

● Aspectos a mellorar:

○ Carencia de formación directa dos principais axentes afectados, o alumnado,


mediante actividades e prácticas nas que este desenvolva as súas
habilidades sociais, é dicir, educar en temas de violencia.

○ Canle de comunicación coas familias. Eliminar o boca a boca e crear unha


boa rede de comunicación con reunións periódicas coas familias que non
participan no comité.

○ Trátase o tema de xeito aislado, en lugar de aportarlle maior transversalidade

2.4. ¡Es cosa de hombres!

● Puntos fortes:

○ Antes de comenzar o proxecto, o profesorado participante recibiu formación


arredor de metodoloxías de traballo na casa.

○ O centro encargouse de entregarlle aos pais o material necesario para levar


adiante o proxecto –algo bastante relevante, xa que moitas veces preténdese
innovar deixando de lado a realidade socioeconómica das familias–.

○ Ofertáronse incentivos para aumentar as persoas interesadas no proxecto.

○ O centro non se limitou unicamente a aumentar a implicación paterna na


educación dos fillos ou nas súas actividades, senón que colabora con
entidades locais co obxectivo de construir unha rede de apoio comunitario.

○ A posibilidade de adaptar o proxecto ao contexto cultural e social dos


participantes.

● Aspectos a mellorar:

○ A carente implicación da figura paterna é un aspecto que non só se observa


entre os alumnos, senón tamén entre as alumnas. Tendo isto en conta
trataríamos de engadir a posibilidade de que estas últimas puidesen
beneficiarse do proxecto.

4
○ Tal e como se recolle na propia guía, o proxecto debería contar cunha
duración maior ás 10 semanas, a pesares de que os resultados obtidos foran
positivos.

○ A pesares de que o profesorado participante no proxecto conte cunha


formación anterior ao comezo do mesmo, consideramos que falta unha
formación previa dirixida aos pais.

○ Orientaríamos o proxecto non só a competencias relacionados coa


implicación no aspecto académico, senón tamén no aspecto emocional e
interpersoal.

3. Proposta de mellora

3.1. Actividades de acollida e despedida:

Tendo en conta que un dos aspectos a mellorar é motivar as familias a participar nas
actividades que realiza o centro en conxunto con todas as familias a proposta de mellora
que suxerimos dar ás familias os aspectos positivos que ten participar nestas actividades na
educación dos/as seus fillos/as.

Por outro lado, detectamos como un aspecto a mellorar a comunicación entre


familias, é dicir, que as actividades plantexadas non se limiten só a mellorar a comunicación
familia-escola se non que tamén se teña en conta a comunicación entre diferentes familias.
Para mellorar este aspecto consideramos oportuno realizar actividades nas que as familias
poidan coñecerse dentro do centro xerando un mellor clima a nivel xeral na contorna. Unha
alternativa a esta mellora podería ser habilitar un espazo no que as familias puideran
reunirse unha vez ao mes, nun horario adaptado á súa vida laboral. Este espazo servirá
para que poidan compartir inquedanzas ou aspectos que eles/as desexen comentar para
recibir consellos doutras familias.

Dentro das actividades de acollida e despedida que se relatan na guía destácase


moito a vinculación dos pais, nais e titores/as legais co centro, mentres que non se
describen intervencións nas que a propia familia se relacione co/a fillo/o dentro deste
espazo. Polo tanto, para conseguir unha mellora nesta cuestión consideramos oportuno
realizar actividades lúdicas a través das que se aumente a comunicación e a relación entre
familias.

3.2. Las escuelas de padres y madres

Debido a que destacamos como aspecto a mellorar a falta de certos axentes educativos
nesta iniciativa, propoñemos a posibilidade de abrir un espazo ao alumnado cuxa familia

5
participa nestas escolas. Estes encontros permitirían ao profesorado comprender outras
perspectivas e detectar necesidades das familias.

Poderíase desenvolver esta acción de dous xeitos: un indirecto, onde o alumnado


traslade as súas propostas e opinións fóra do lugar das reunións e estas se falen entre as
familias e o profesorado, sen estar seus fillos presentes; e outro directo, onde nunha
reunión cada tres, o alumnado se presente a expoñer as súas propias ideas. Entre estas
dúas posibilidades, cada escola debería elixir a máis adecuada ás súas características,
tendo en conta a diversidade que pode existir entre o alumnado e a relación que este pode
chegar a ter coa súa familia.

No caso de que non fora posible chegar a un acordo, tamén propoñemos como
posibilidade que o alumnado realizase unha avaliación inicial de necesidades dentro do
fogar e temáticas que desexaría que se traballaran con eles.

Por outro lado, con respecto ao segundo punto a mellorar, debido á gran amplitude
que pode existir de temas a traballar, proporíamos tamén unha avaliación inicial de
coñecementos para as familias, así como abrir un espazo de peticións sobre determinados
contidos para estas. Deste xeito, poderíanse preparar as sesións con maior antelación e
con dinámicas máis complexas e de interese para os participantes.

3.3. Prevención de conductas

A proposta de mellora desta práctica céntrase en modificar aspectos a nivel de organización


(equipo de traballo e comunicación), de contidos e actividades a desenvolver.

A nivel organizativo, tendo en conta os axentes que participan no comité de


convivencia, propoñemos establecer novos roles ou representantes. Desta forma o comité
estaría integrado por:

- Director/a do centro escolar

- Orientador/a do centro escolar

- Representante do consello estudantil

- Docente coa función de orientación

- Representante do ANPA

Nesta cuestión cabe comentar a forma na que se traslada toda a información


compartida no seo do comité, é dicir, a forma na que se comparten as propostas,
actuacións, actividades, etc., co resto de axentes educativos. A idea é eliminar o boca a
boca e crear unha boa rede de comunicación con reunións periódicas coas familias.

6
A nivel de contidos e actividades, gustaríanos facer cambios no relativo á
formación do alumnado. Tendo en conta que esta práctica non valora a formación directa
dos principais axentes afectados –isto é, o alumnado– propoñemos incluir obradoiros de
prevención nas horas destinadas ás titorías, co obxectivo de aplicar a práctica máis alá da
materia de artes plásticas, mediante accións de información e sensibilización periódicas
durante todo o curso académico. En canto á avaliación, a asistencia, a participación activa e
os exercicios prácticos serán chave para coñecer o grao de aproveitamento da formación.

Finalizando, veríamos relevante engadir unha actividade a maiores: “O buzón


anónimo”. Esta dinámica consistiría en achegarlle a posibilidade aos participantes
–alumnado, profesorado, etc.– de compartir aquelas experiencias de abuso, ou situacións
de risco, ao comité de convivencia de forma anónima a través dun buzón situado na
secretaría do centro, espazo accesible a todos os participantes. Correspondería ao comité
analizar as aportacións realizadas e levar adiante as accións necesarias.

3.4. ¡Es cosa de hombres!

Tal e como indicamos no apartado de “Aspectos a mellorar”, a carente implicación da figura


paterna é un aspecto que non só se observa entre os alumnos, senón tamén entre as
alumnas. Estas últimas experimentan dun xeito máis agudo as situacións de tensión e de
presión vencellada ao ámbito académico (Wiklund et al., 2012).

Tendo isto en conta, trataríamos de engadir a posibilidade de que estas últimas


puidesen beneficiarse do proxecto. Para conseguilo, na seguinte edición do proxecto,
anunciariamos a apertura da actividade a todo o alumnado. Para limitar a cantidade de
participantes, co obxectivo de facer máis manexable a súa posta en práctica, centraríamos
a edición nun dos ciclos da Educación Primaria. Ademais, ampliaríamos a duración do
proxecto durante o curso académico, permitindo a entrada de participantes durante todo
este tempo –incluso se pode desenvolver unha dinámica interna, na que os pais máis
veteranos, orienten e apoien a aqueles de recente entrada–.

Para que os pais participantes no proxecto contasen cunha base sobre a que
fundamentar o traballo cos seus fillos, engadiríamos unha sesión formativa na que
trataríamos aspectos como as dificultades máis típicas na lectoescritura, metodoloxías de
ensinanza-aprendizaxe ou dinámicas de ocio e tempo libre, co obxectivo de aumentar o
impacto positivo no desenvolvemento académico dos fillos.

Á hora de aumentar o impacto do proxecto a nivel persoal entre os participantes,


engadiríamos a necesidade de levar adiante diferentes actividades de ocio –non tan
vencelladas á lectoescritura– para desenvolver o aspecto emocional e incentivar a creación

7
dun vínculo máis forte entre pai e fillo/a. Nestas actividades, sería importante tamén contar
coa presencia da figura materna, para que esta evolución se vexa en ambos proxenitores.

4. Referencias bibliográficas

Roza, M. B. (2003). Guía de buenas prácticas para mejorar la relación familia-escuela.


Centro del Profesorado y de Recursos de Gijón.
https://proyectoscprgijon.es/erasmus/SOFT%20-%20Guía%20de%20buenas%20prá
cticas%20para%20mejorar%20la%20relación%20familia-escuela.pdf

Wiklund, M., Malmgren-Olson, E. B., Öhman, A., Bergström, E., e Fjellman-Wiklund, A.


(2012). Subjective health complaints in older adolescents are related to perceived
stress, anxiety and gender: A cross-sectional school study in Northern Sweden. BMC
Public Health, 12 (993). https://doi.org/10.1186/1471-2458-12-993

You might also like