Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

DISCURSO PARLAMENTO DE GALICIA 6 DE XUÑO 2023

CPI VIRXE DA CELA

Introduce Elías Espiñeira 1º ESO


Bo día, os nosos nomes son Alejandra e Elías e somos alumnado do colexio
CPI Plurilingüe Virxe da Cela, que está situado en Monfero, na comarca
do Eume, na provincia de A Coruña.

En primeiro lugar, gustaríanos contarlles cal é a nosa realidade. O noso


centro é un cole do rural no que en cada clase soe haber entre 10 e 17
nenos e nenas, sendo un total de 162 contando Infantil, Primaria e a ESO.
Dentro dos proxectos nos que participamos, atopamos o horto e a radio
escolar. Tamén temos comedor e transporte.

O noso centro ten moitas cousas, contamos cun campo de fútbol, parque
infantil, pavillón, etc. Pero necesitaríamos mellorar a nosa conexión a
internet, porque en moitas zonas rurais a conexión é limitada, non é rápida
e iso dificulta que o noso proceso de aprendizaxe non se adapte ás novas
tecnoloxías, pero tamén ao noso ocio, xa que a baixa conexión e cobertura
fai que sexa difícil incluso ter contacto entre nós.

As vilas e aldeas nas que vivimos os nenos e nenas deste centro, son moi
pequenas. O noso día a día limítase a estudar, axudar na casa, facer tarefas
de campo e tamén deberes. Polo que as nosas xornadas son moi longas e
non nos queda tempo para o noso ocio. Ademais a isto, témoslle que
sumar o tempo que empregamos para chegar da nosa casa ao cole e volta,
xa que as distancias son moi grandes e moitas veces estamos case 1 hora no
transporte escolar.
Alejandra Arnoso (4º EP)
Hoxe queremos contarlles que este curso no noso proxecto de radio que
levamos a cabo en 4º de educación primaria estivemos investigando sobre
un tema que nos preocupa, se os pais e nais xogan o suficiente con nós.
Tamén estudamos o tempo que pasamos xuntos cos nosos pais e nais e a
que xogaban na súa infancia.
Para iso, fixemos entrevistas a unha nai e aos nenos do cole e falamos sobre
se tiñan un horario fixo no traballo, se xogaban cos seus fillos/as e
preguntámoslles aos nosos compañeiros se lles importaba que seus pais
xogasen con eles. Dixéronnos que si.
Do noso proceso de investigación concluímos as seguintes ideas:
1º Algúns pais e nais non teñen tempo para xogar cos fillos/as.
2º Queremos que nos dediquen máis tempo e tamén xogar con eles.
3º Queremos que teñan tempo para traballar, pero tamén para pasar
tempo con nós.
E como solucións propoñemos:
1º Que os pais e nais se axuden para acabar antes as tarefas da casa. E
niso nós tamén podemos colaborar.
2º Que nos escoiten máis os adultos.
3ª Que poidan dedicarlle menos tempo ao traballo.
Elías Espiñeira (1º ESO)
Ademais, o alumnado de educación secundaria queremos falar sobre o
noso dereito ao ocio. A vida no rural ten moitas cousas positivas, pero se
temos en conta todo o que comentamos antes, entenderán o difícil que é
para nós quedar cos amigos ou ter opcións para divertirnos. Sempre temos
que depender de alguén para que nos leve aos sitios, o transporte público é
escaso e moi lento. Iso fai que non teñamos moitas cousas que poidamos
facer. Preto do centro hai moitos lugares que se poderían habilitar para
darnos máis opcións. As antigas escolas ou edificios que están
abandonados e que estaría moi ben habilitar para que nos poidamos
xuntar, facer actividades ou incluso que tivésemos a oportunidade de ter
unha biblioteca para estudar.

No noso colexio e no resto do rural de Galicia temos dificultades para


acceder a cursos superiores como bacharelato, na que a maioría ten que
mudarse de sitio deixando atrás o rural. Non estaría mal que nos CPI se
incluirá o Bacharelato porque realmente aínda que non é ensinanza
obrigatoria é un dos camiños que temos para poder chegar á Universidade
ou mesmo a un mellor posto de traballo. Agora mesmo, quen queira cursar
bacharelato, ten que ter a súa disposición o tempo dos seus titores ou
titoras legais para poder levalos, tempo que poderían investir en traballar
ou no seu propio tempo libre.
Alejandra Arnoso (4º EP):
Aproveitando a ocasión, gustaríanos preguntarlles:
- Se o rural nos ofrece tantas cousas, por que os nenos e nenas que
vivimos aquí non temos as mesmas oportunidades?
- Credes que os pais e nais pasan suficiente tempo cos nenos/as?
- Credes que os pais e nais pasan demasiado tempo no traballo?
- Credes que é xusto que os país e nais do rural invirtan máis tempo
traslandándonos que pasando tempo de calidade con nós?
- Credes que moitas nais teñen máis dificultade que os pais para xogar
cos seus fillos/as?
Moitas grazas por dedicarnos este tempo para escoitarnos.

You might also like