Sumario Galego Pra ABAU

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 38

Sumario Galego pra ABAU

Sociolingüística:

Tema 1 (O galego no primeiro terzo do século XX: características lingüísticas


fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística):

Palabras clave: lingua maioritaria, usos cultos, substitución lingüística, normalización,


diferencialismo.

Nas primeiras décadas do século XX o galego segue a ser a lingua maioritaria de Galicia
(lingua da clase baixa, 90% pobación). O idioma amplía os usos cultos, pois aparece en
ámbitos nos que nunca estivera ou desaparecera: toma pulo na literatura, na prensa, no
discurso político e na investigación. Non obstante, aumenta a perda de falantes, xa que
o castelán avanza como lingua habitual, especialmente nas clases urbanas, e acelérase o
proceso de substitución lingüística debido ó éxodo rural e ó papel castelanizador da
Igrexa e o ensino. Isto contribúe a difusión de prexuízos negativos.

Neste tempo xorden iniciativas moi relevantes política e culturalmente para Galicia que
actúan como normalizadoras da lingua. A primeira é a creación das Irmandades da Fala
no 1916, por iniciativa de Antón Vilar Ponte. Estas asociacións galeguistas, que xorden na
Coruña e que axiña espallanse por toda Galicia, centráronse na defensa da lingua e da
cultura galegas e na afirmación de Galicia como nación. No seu afán por estender o uso
do galego a todos os ámbitos e establecer un estándar lingüístico, impulsaron o seu
emprego en novos xéneros e crearon editoriais , revistas e xornais, conscursos,
compañías teatrais e coros.

Vinculados a Irmandade da Fala de Ourense nace o chamado Grupo Nós. Os seus


membros levaron a cabo a renovación da prosa. Tamén fundaron en 1920 a revista Nós
co propósito de universalizar a cultura galega, e con ela ampliaron os usos cultos da
lingua. Nas súas páxinas publicaron artigos de investigación sobre diversos campos de
coñecemento, ensaios, traduccións e colabroacións con intelectuais europeos.

A investigación foi un labor desenvolvido polo Seminario de Estudos Galego, unha


institución fundada en 1923 por estudantes e profesores da Universidade de Santiago. O
seu obxectivo era estudar o patrimonio cultural galego e divulgalo utilizando a lingua
galega no ámbito científico.

A última institución importante foi o Partido Galeguista, fundado no 1931 cando se


disolveron as Irmandades da Fala, que co paso do tempo comezaron a promover
iniciativas de carácter máis político vinculadas ó nacionalismo. Este partido, con
persoas como Castelao, conseguiu a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia en
1936, no que se recoñecía a cooficialidade do galego e a súa introducción no ensino.
Porén, non entrou en vigor por mor do estourido da Guerra.

En canto as características limgüísticas, nesta época aínda non existe un modelo de


lingua único e continúan os intentos de crear unha norma, sobre todo a partir da
fundación das Irmandades. Os autores superan o dialectalismo anterior, comezan a fixar
determinadas convención ortográficas e esfórzanse en marcar a diferenza do castelán .
Para iso recorren a: arcaísmos, hipergaleguismos ou hiperenxebrismos, vulgarismos,
voces diferencialistas e outros estranxeirismos.

Este períodod é coñecido como galego enxebrista ou diferencialista.

Resumo:

Nas primeiras décadas do século XX o galego é a lingua maioritaria de Galicia, e comeza


a ter presenza en diferentes ámbitos. Pese a isto, o Castelán segue avanzando grazas á
Igrexa, o ensino e diferentes prexuízos negativos. Neste tempo, xorden iniciativas como
as Irmandades da Fala (1916) de Antón Vilar Ponte que provocarán a creación do Grupo
Nós e a súa revista no 1920, estos ocupados de normalizar o galego levándolo a novos
espazos. Tamén, xorde o Seminario de Estudos Galegos en busca de estudar a cultura e
historia de Galicia e do galego no 1923. E por último, destacar ó Partido Galeguista (1931)
que conseguiu a aprobación do Estatuto de Autonmía de Galicia que non entrou en
vigor pola Guerra. Cabe destacar que a este período se lle coñece como Galego
enxebrista ou diferencialista polo seu afán de non parecerse ó castelán (para iso
recurrirón aos vulgarismos, hipergaleguismos e arcaísmos entre outros).
Tema 2 (Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos):

Palabras clave: estereotipos, prexuízos, conflito lingüístico, normalización, substitución


lingüística.

Cando conviven dúas linguas na mesma sociedade prodúcese un conflito lingüístico,


pola tensión que hai entre elas por asumir o maior número de funcións e de falantes
posible. Esto dá lugar a unha situación diglósica, é dicir, un dos idiomas (a lingua
dominante/hexemónica/ lingua A) vai ocupando os ámbitos sociais de presitxio
(laboral, institucional, cultural…) e o outro (lingua dominada/minorizada/lingua B) vai
perdendo espazo social e queda relegada a un uso coloquial e familiar.

Esta situación de conflito lingüístico pode resolver de dúas formas: a través da


substitución lingüística da lingua minorizada pola lingua hexemónica, ou a través da
normalización lingüística da lingua minorizada (recuperación progresiva do uso e
funcións que lle foron arrebatados pola lingua A ata volver a converterse no vehículo
normal de comunicación), esto consíguese mediante medidas políticas, sociais e
lingüísticas como:

● Iniciativas para fomentar la creación e a difusión de contenido audiovisual


dirixido principalmente pola mocidade.
● Iniciativas para concienciar ás familias de que educar ós fillos en galego é a única
maneira de garantir que sexan galegofalantes ou bilingües, posto que o castelán
xa se aprende por outras vías.
● Lexislación que garanta o uso do galego no ensino.
● Creación de dicionarios, vocabularios técnicos e outros recursos específicos
sobre distintos campos para que os falantes que o desexan poidan desempeñar a
súa actividade académica ou laboral en galego.

No marco de conflito lingüístico xéranse os estereotipos (crenzas simplificadas sobre as


linguas e os seus falantes) e os prexuízos (xuízos de valor preconcebido sobre as linguas
e os seus falantes sen unha base obxectiva e baseados nos estereotipos).

Algúns prexuízos son:

● Falta de utilidade do galego


● Relacionar o galego coa pobreza e o atraso
● O uso do galego como sinal de descortesía ou mala educación
● Relacionados coa pretendida imposición do galego
● Caracterización pexorativa do galego e incompetencia dos seus falantes
● O galego como marca ideolóxica ou profesional
Non todos estes prexuízos xurdiron ó mesmo tempo, están os prexuízos tradicionais
derivados da imposición do castelán a partir do s. XV e os prexuízos novos xurdidos nas
últimas décadas:

● Prexuízos tradicionais: estéticos (“é de monte”), socioeconómicos (“é de pobres e


aldeáns”), socioculturais (“é de mala educación responder en galego”, “non serve
para a ciencia e a tecnoloxía”).

● Prexuízos novos: contra o proceso de normalización (“imponse en Galicia”),


contra os falantes “non tradicionais” (“se falas galego eres nacionalista ou profe”),
sobre a competencia do falante (“os galegos non falan galego, falan castrapo”).

Estes prexuízos supoñen un obstáculo para a normalización porque transmiten ideas


negativas, estas ideas aséntanse nos falantes, promovendo o autoodio e favorecendo a
substitución lingüística.

No caso do galego, o proceso de substitución lévase desenvolvendo dende os Séculos


Escuros e agravouse durante o s. XX. No século pasado, o castelán afianzouse como
lingua de cultura e ascenso social e os galegofalantes tiñan que usar esta lingua se
querían acceder ós ámbitos de prestixio. Este feito provocou a ruptura da transmisión
interxeracional e a diminución de galegofalantes novos.

Resumo:
Cando dúas linguas conviven dase un conflicto lingüístico coñecido como diglosia, é
dicir, unha lingua A (dominante)vai ocupando os ámbitos de prestixio social e a lingua B
(minorizada) queda relegada ó ámbito familiar e coloquial. Para acabar con esta
situación pódese realizar a substitución lingüística (lingua A por B) ou un proceso de
normalización da lingua B para volver a ser o vehículo normal de comunicación, para
este último existen diferentes iniciativas. Tamén, esta situación diglósica crea
estereotipos e prexuízos, normalmente de carácter negativo (estes poden clasificarse).
Cabe destacar, que non todos os prexuízos xurdiron ao mesmo tempo e pódense
diferenciar entre tradicionais (socioeconómicos, socioculturais e estéticos) e novos
(contra a normalización, cara a neofalantes, sobre a competencia do falante). Isto,
provoca un obstáculo na normalización promovendo o autoodio e favorecendo a
substitución lingüística, ademais de que provocou a ruptura da transmisión
interxeracional.
Tema 3:

Palabras clave: represión, uniformación, diglosia, prexuízos lingüísticos, galego


protoestándar.

A vitoria do mando sublevado na Guerra Civil supuxo o inicio dunha forte represión e
censura. Algúns intelectuais galeguistas foron asasinados (Alexandre Bóveda, Ánxel
Casal…), outros tiveron que exiliarse (Castelao, Florencio Delgado Gurriarán…) e os que
quedaron tiveron que cesar a súa actividade cultural, algúns destes foron
expedientados (Otero Pedrayo) e outros pasaron polo cárcere (Carballo Calero).

O réxime da ditadura supón unha uniformación lingüística e cultural que bate co


proceso de normalización do galego do primeiro terzo do século. O castelán pasa a ser
o único “idioma oficial” e o único utilizado na vida pública (administración, escola…),
mentres que o galego queda relegado ós usos privados, familiares e coloquiais
(diglosia). O seu uso público estaba prohibido. Como consecuencia desta situación,
créase o prexuízo consistente en que o castelán (lingua superior) representa poder,
riqueza e cultura; e o galego o contrario: identíficase co rural, pobreza, incultura, mala
educación. Algúns destes prexuízos seguen vivos a día de hoxe, o que explica algúns
comportamentos relacionados, como, por exemplo, cambiar ó castelán cando alguén
che fala nese idioma.

Durante a Ditadura intensifícase o fenómeno de desgaleguización que xa se viña


producindo dende o período anterior: acelérase a perda de galegofalantes, aumentan
os falantes monolingües en español e intensifícase a difusión de prexuízos. Esta
situación continúa incluso cando a represión da Ditadura se suaviza a partir dos anos
60. Entre as principais causas están o incremento da emigración do campo á cidade, o
impacto da escola, dos novos medios de comunicación de masas (televisión, radio e
cine), da Igrexa e do Exército (que se desenvolven en castelán e reforzan a transmisión
ideolóxica diglósica) e a emigración a América. Con todo, a maior parte da poboación
continuou tendo o galego como lingua habitual e ó final da Ditadura esta seguía sendo
a lingua maioritaria (75-80%).
Durante os primeiros anos da posguerra, a actividade cultural en galego trasládase ó
exilio americano (destacou Bos Aires), onde estaban refuxiados diferentes intelectuais.
Neste exilio a nosa cultura segue viva grazas a que se seguen publicando obras;
créanse editoriais, xornais e revistas, grupos teatrais e programas de radio;
celébranse conferencias, exposicións etc.

A recuperación cultural en Galicia iníciase a finais dos anos 40. En 1947 publícase
Cómaros Verdes, a primeira obra poética relevante da posguerra, escrita por Aquilino
Iglesia Alvariño, e tamén aparecen novas editoriais e coleccións literarias. En 1950
fúndase a editorial Galaxia, que será moi importante no restablecemento da cultura
galega, mediante a recuperación dos autores silenciados ou exiliados que se unirán a
novas xeracións. Ademáis xurden revistas como Grial.

Na década dos 60 a Ditadura suaviza a represión contra o galego e revitalízase a


actividade político cultural: xorden os partidos nacionalistas (PSG: Partido Socialista
Galego e a UPG: Unión do Pobo Galego); creánse asociacións culturais que loitan polo
noso idioma e cultura (O Galego en santiago, O Facho na Coruña etc.) e aparecen novas
editoriais (Edicións do Castro) e revistas. Recoñecemntos dende a esfera oficial:
● En 1963 a RAG instaura o día das Letras Galegas.
● En 1965 creáse a Cátedra de LIngua e LIteratura Galegas na Universidade de
Santiago.
● En 1971 fúndase o Instituto da Lingua Galega (ILG), que será clave na
normativización da lingua e na súa investigación científica.
● En 1974 TVE-Galicia comeza a emitir en galego o programa Panorama de Galicia,
un importante paso na normalización do idioma.
É importante subliñar tamén a de grupos e solistas que contribúen a normalizar o
galego no ámbito musical. Destacan o colectivo Voces Ceibes, o grupo Los Tamara, Ana
Kiro, Andrés do Barro, Juan Pardo…

En canto ós seus trazos lingüísticos, a lingua culta desta época caracterízase, sobre
todo, por:
○ a simplificación ortográfica: supresión de apóstrofos, guións, acentos
circunflexos e graves… (ortografía inspirada no castelán)
○ a tendencia ó purismo lingüístico para afastarse do castelán: rexeitamento
de castelanismos; incorporación de neoloxismos e cultismos; mantemento
de vulgarismos, hiperenxebrismos e arcaísmos con afán diferencialista…

Neste período aumenta a conciencia da necesidade dunha norma culta que apoie a
normalización do galego. Esta etapa coñecese co nome de galego protoestándar.
Resumo:
Durante a censura lévase a cabo unha represión cara o galego onde moitos autores son
perseguidos, asasinados, silenciados ou marchan ó exilio o que provoca unha parálise na
producción literaria e cultural galega.
Este rexime dictatorial quería impoñer o castelán relegando o galego a nivel familiar e
coloquial (párase o proceso normalizador) pola prohibición do seu uso e a gran
cantidade de prexuízos negativos que se lle atribuiron, mentres que o castelán acadou
os ámbitos de prestixo.Isto xunto coa emigración, a influencia da escola, da Igrexa, do
Exército e dos medios de comunicación causou unha perda de falantes e a parálise da
transmisión interxeracional.
Debido ó anterior, a cultura galega trasladárase ó exilio americano, onde a manteñen
viva grazas á publicación de obras, e a creación de xornais, editoriais, grupos teatrais e
programas de radio. Aínda así, no 1947 regresa a cultura a Galicia coa pubñicación de
Cómaros Verdes, de Aquilino Iglesia Alvariño, ademais de que no 50 creáse a editorial
Galaxia que traerá de volta a autores silenciados ou exiliados que formaran partes das
novas xeracións.
Nos 60 o galego volve ó ámbito político, xorden o PSG e a UPG, ao mesmo tempo
creánse asociación culturais e aparecen novas editoriais (Grial). Tamén aparecen
recoñecementos oficiais como: A RAG crea o día das letras galegas (63), crease a Cátedra
de Lingua e Literatura Galega en Santiago (67), fundase o Instituto de Lingua Galega (71)
e na RTVE Galicia emitese un programa integro en galego (Panorama de Galicia)(74).
A lingua desta época caracterízase pola simplifiacación da linguaxe e pola tendencia o
purismo lingüístico para afastarse do castelán. A esta etapa coñecese como GALEGO
PROTOESTÁNDAR, onde se comeza a ter conciencia sobre a necesidade dunga norma.
Tema 4:

No proceso de normalización dun idioma é básica a normativización lingüística, que


consiste na elaboración e fixación dunha norma fónica, ortográfica, morfosintáctica e
léxica que sirva para o uso correcto da lingua. En comparación con outros idiomas, a
normativización do galego comezou tardiamente. Dendo o s.XVI o galego estivera
reducido ó ámbito oral e cando volve ser empregado na literatura os escritores do
Rexurdimento (s.XIX) encóntranse cunha lingua fragmentada e cun vocabulario limitado
que tomaba como modelo o castelán. É neste momento cando se inicia o proceso de
normativización.

Distínguense varias etapas da historia da normativización do galego:

● Galego popularizante (1810-1880, autores do Rexurdimento):


Aínda non existe unha intención clara de elaborar unha norma. Caracterízase por ter
como referencia o galego oral popular (con vulgarismos, dialectalismos e castelanismos).

● Galego enxebrista (1880-1936, Irmandades da Fala):


Os autores comezan a sentir a necesidade de crear unha norma. Caracterízase pola
busca dun galego supradialectal e polo afán diferencialista con respecto ó castelán. Para
isto, elimínanse os castelanismos e introdúcense arcaísmos, vulgarismos,
hiperenxebrismos, etc. O portugués é o modelo da lingua culta na escrita.

● Galego protoestándar (1936-1982, autores de Galaxia):


Medra a conciencia da necesidade dunha normativa que apoie a normalización da
lingua. Caracterízase pola simplificación ortográfica inspirada no castelán (eliminación
de apóstrofos, guións, acentos…) e pola moderada preservación do influjo do castelán
nos restantes planos.

● Galego estándar (1982-actualidade):

As investigacións e estudos permiten atopar solucións para as interferencias e


desviacións das etapas anteriores, dando lugar a unha normativa común para os usos
cultos. Caracterízase pola busca dun galego supradialectal, coherente coa etimoloxía e
coa tradición literaria e harmónico coas linguas próximas. En 1982 apróbanse as
“Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego” (NOMIG), elaboradas pola RAG e
o Instituto da Lingua Galega (ILG), que son a normativa oficial vixente na actualidade. A
oficialización dunha normativa provocou certo rexeitamento por parte dos falantes, que
o consideraban un “galego inventado” co que non se sentían identificados, e fortes
discrepancias entre os partidarios do rexeneracionismo (que defenden a identidade do
galego actual como lingua autónoma) e do reintegracionismo (que defenden que o
galego se reintegre no portugués, xa que no pasado eran a mesma lingua). As Normas
foron reformadas levemente no 2003, que integraba solucións das normativas
rexeneracionista e reintegracionista.

A pesar da normativización do idioma, a expansión do castelán nas esferas públicas e


privadas provocou a presenza de moitas interferencias entre as dúas linguas.
Denomínanse interferencias lingüísticas á introdución nunha lingua de elementos
ortográficos, fonéticos, morfolóxicos, sintácticos e léxicos procedentes doutra
coexistente a ela. Trátase dun fenómeno das linguas en contacto que afecta maiormente
ó idioma socialmente máis débil. No caso do galego, a semellanza estrutural que hai
entre este e o castelán e a ausencia histórica dunha normativa favorece este fenómeno,
dando lugar á penetración de castelanismos en tódolos planos da lingua:

● Castelanismos ortográficos:
Destacan a confusión de grafías (b/v, uso/non uso do h…) e a acentuación incorrecta
das palabras.

● Castelanismos fonolóxicos:
Afectan á pronuncia das vogais de grao medio abertas e pechadas, do x e do n velar.

● Castelanismos morfolóxicos:
Son os máis variados e afectan a cuestións como o xénero e o número dos substantivos
e adxectivos (o viaxe, a labor), as formas verbais (tempos compostos) e as formas
pronominais (te e che…).

● Castelanismos sintácticos:
Destaca especialmente a colocación incorrecta dos clíticos.

● Castelanismos léxicos:
Son os máis abundantes e consisten na substitución de palabras galegas por outras
castelás (rodilla, cuchara, silla) ou na adaptación de palabras do castelán á forma do
galego (antoxo, axuntamento, carreteira).

Ademais das interferencias, tamén se detectan desviacións da norma, é dicir, voces que
non se axustan á normativa por varios motivos.
● Porque non pertencen ó nivel culto: vulgarismos (verdá, ialma…) e
dialectalismos (tu, calai, camiones…).

● Porque non son palabras de uso actual: arcaísmos (vegada, conquerir…).

● Porque son inventos motivados indirectamente pola presión do castelán:


hipergaleguismos (primaveira, inconvinte, semán…).
Tema 5:

Cando se producen contextos diglósicos, existe unha lingua, a dominante, que goza do
prestixio social e se emprega para os usos formais, e outra lingua, a minorizada, que se
reserva para a comunicación coloquial e que adoita sufrir numerosos prexuízos
lingüísticos. Esta situación acostuma provocar o inicio dun proceso de substitución
lingüística da lingua minorizada, que só se pode reverter grazas á súa normalización.

A normalización é o proceso levado a cabo nunha comunidade lingüística para promover


o uso e igualdade funcional da súa lingua con respecto a outra coa que está en contacto.

No caso da lingua galega, despois do período negro que supuxo a ditadura franquista, a
chegada da democracia instaurou un novo contexto. A Constitución de 1978 estableceu
un novo marco legal para o galego: o idioma pasa a ser oficial xunto co castelán dentro
de Galicia. A oficialidade da lingua refórzase no Estatuto de Autonomía de Galicia (1981),
que recoñece o galego como lingua propia de Galicia, e promociónase grazas á Lei de
normalización lingüística (1983), a cal senta as bases para normalizar o uso social do
idioma.

Co fin de apoiar a Lei de normalización lingüística, aprobouse no ano 2004 o exhaustivo


Plan xeral de normalización da lingua galega (non lexislativo), que recolle máis de 400
medidas para normalizar o idioma en sete sectores sociais estratéxicos (administración;
educación, familia e mocidade; economía e industria; medios de comunicación e
industrias culturais ...). Este plan, que non está a ser tido e conta polo actual goberno
galego, propoñíase os seguintes obxectivos:

● Garantir a posibilidade de vivir en galego a quen así o desexe, sabendo que


conta co amparo da lei e das institucións.
● Conseguir para a lingua galega máis funcións sociais e máis espazos de uso,
priorizando a súa presenza en sectores estratéxicos.
● Introducir na sociedade a oferta positiva de atender o cidadán ou o cliente en
galego como norma de cortesía dun novo espírito de convivencia lingüística.
● Promover unha visión afable, moderna e útil da lingua galega que esfarele
prexuízos, reforce a súa estima e aumente a súa demanda.
● Dotar o galego dos recursos lingüísticos e técnicos necesarios que o capaciten
para vehicular a vida moderna.

Existen outros textos oficiais de ámbito internacional que recollen os nosos dereitos
lingüísticos. Son:
A Carta Europea das linguas Rexionais ou Minoritarias (1992)

A Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos (1996)


Para normalizar unha lingua cómpre actuar en 3 planos:

● Plano institucional: no que actúa a Xunta, os concellos, as deputacións etc.


● Plano social: no que interveñen asociacións (A Mesa pola Normalización
Lingüística, Prolingua…), empresas etc. que contribúen á visibilización e uso da
lingua.
● Plano individual: depende da vontade de cada individuo de revitalizar a lingua no
seu día a día.

Algunhas medidas posibles para normalizar a lingua galega poderían ser:

● iniciativas para fomentar a creación e difusión de contidos audiovisuais en


galego dirixidos, especialmente á infancia e á mocidade. Destaca neste sentido a
iniciativa Xabarín, da Mesa pola Normalización Lingüística, ou o proxecto
Youtubeiras
● iniciativas para concienciar ás familias de que educar as nenas e nenos en
galego é a única maneira de garantir que sexan galegofalantes ou bilingües, posto
que o castelán xa se aprende por outras vías. Destaca a campaña Apego
● lexislación que garanta o uso do galego no ensino
● creación de dicionarios, vocabularios técnicos e outros recursos específicos
sobre distintos campos (medicina, xustiza, bioloxía etc.) para garantir que as/os
falantes que o desexen poidan desempeñar a súa actividade académica ou laboral
en galego.

Nestes 40 anos de normalización o galego afianzou a súa presenza no eido cultural, nos
medios de comunicación autonómicos e no ensino, aínda que neste último ámbito está a
observarse un retroceso no seu emprego, en boa parte por culpa da aplicación do
Decreto do plurilingüismo (Decreto 76/2010). Pola contra, a súa presenza aínda é
anecdótica no eido xudicial, no mundo do consumo ou nas aulas universitarias.

Ademais, hai unha evidente falta de compromiso por parte da administración galega e
unha escasa planificación do proceso que atalle a perda de novos falantes da que advirte
o Instituto Galego de Estatística (IGE), o principal reto ao que se enfronta a lingua na
actualidade. Segundo o IGE en 2019 só 3 de cada 10 persoas fala sempre en galego, só un
16,88% das persoas escriben normalmente en galego, fronte ao 83,12% do castelán e un
63,81% da xente que fala sempre en galego cambia ao castelán na escrita. Estes son
datos moi preocupantes para a normalización do galego.
Tema 6:

A fin da ditadura en 1975 e a aprobación da Constitución en 1978 abriron un novo marco


legal e social para o galego. A constitución recoñece a cooficialidade do galego e do
castelán en Galicia. Tres anos despois, o Estatuto de Autonomía (1981) establece que o
galego é “a lingua propia” da comunidade. Este contexto propiciará a entrada do galego
en ámbitos sociais onde estaba vetado.

Para isto, foi esencial a Lei de normalización lingüística (1983), a cal sentará as bases
legais para o emprego do galego na Administración, no ensino ou nos medios de
comunicación autonómicos. No ano 2004 creáse o Plan xeral de normalización da
lingua galega, que recolle máis de 400 medidas para normalizar o idioma en sete
sectores sociais estratéxicos (administración; educación, familia e mocidade; economía
e industria; medios de comunicación e industrias culturais ...).

Dende estes anos, o galego leva avanzado moito na cultura. No eido literario, contamos
cunha gran variedade de editoriais e de xéneros, e cómpre destacar a importancia da
literatura infantil e xuvenil. Na música, o galego está moi presente no folk, aínda que
tamén atopamos un gran número de grupos e solistas doutros xéneros: CMirazo... En
canto ao cine [A esmorga (2014) e O que arde (2019)], filmes gravados e distribuídos en
galego, con gran recoñemento da crítica.

Nos medios de comunicación audiovisuais, atopamos contido en galego, na TVG e na


Radio Galega. No tocante aos medios impresos, tras o peche de A Nosa Terra (2012) e De
luns a venres (2013), actualmente só contamos cun diario, Nós Diario, íntegro en galego.

Na Internet a presenza do galego é notable. Está dispoñible nas aplicacións máis


utilizadas na rede: navegadores como Chrome; buscadores como Google; as redes
sociais Facebook, Instagram, …, aínda que a súa porcentaxe de uso é baixa. Porén, cada
vez atópase en máis blogs e canles de Youtube.

Igualmente, cada vez está máis presente no mundo empresarial, pois son moitas as
firmas que se decataron de que o galego funciona como marca identitaria e de que os
consumidores se decantan polos produtos propios en moitos casos (Gadis; A Banca). No
lado oposto, é preciso destacar a súa escasa presenza no mundo da xustiza e nos oficios
relixiosos.

As enquisas máis recentes revelan que galego e castelán empréganse case en igualdade,
pero con vantaxe en favor do castelán. En canto aos usos, o castelán é a lingua
maioritaria en Galicia tanto no ámbito familiar, coma no laboral ou amizades, de acordo
cos datos ofrecidos polo INE nunha enquisa realizada no 2021 e cuxos resultados se
publicaron a finais de 2022. A diferenza co galego non é grande, pero resulta
significativa. Mesmo no ámbito familiar, predomina o uso do castelán frente ó galego. Se
ademais sumamos as persoas que empregan cada lingua "frecuentemente", a diferenza
segue a ser moi grande Por riba, a perda de falantes acelerouse debido á rotura da
transmisión xeracional. Segundo os datos da enquisa, só unha pequena procentaxe dos
menores de 20 anos tiveron o galego como lingua inicial.

Esta perda de falantes contrasta co coñecemento que a poboación ten da lingua (sobre
todo despois da súa implantación obrigatoria na escola no 1983, e coas actitudes
positivas que, en xeral, a cidadanía galega mostra cara ao idioma propio). Así e todo, os
datos que revela a enquisa do INE son preocupantes, pois unha porcentaxe dos menores
de 20 anos afirman non poder falar "nada" de galego e outro pouco máis grande di que o
fala "con dificultade"; en total, suman case un 30% de mozos e mozas con serias
dificultades para empregar a lingua galega. O Consello da Cultura Galega publicou no
ano 2017 un informe no que se afirma que as actitudes lingüísticas da mocidade galega
son favorables cara á nosa lingua, mesmo entre as persoas castelanfalantes. Non
obstante, tamén constataba que aínda existen prexuízos lingüísticos e que este grupo
social considera que non ten unha boa competencia lingüística no idioma galego.

Cómpre destacar a importancia que nestes últimos anos están a adquirir os neofalantes.
As persoas neofalantes adoitan ser persoas novas, de ámbitos urbanos e modernas, o
que axuda a desbotar certos estereotipos ligados á vellez ou ao mundo rural.

Este novo contexto que xurdiu para o galego a finais do séc. XX evidenciou a necesidade
de crear un modelo normativo oficial. Este foi establecido nas Normas ortográficas e
morfolóxicas do idioma galego, publicadas no 1982 e revisadas no 2003. Nesta reforma
proponse unha “normativa de concordia”, que integra solucións tanto da normativa
oficialista como reintegracionista. Entre as novidades desta reforma atópanse as
seguintes:
● a + o= ao= ó (a contracción pódese facer de dúas formas)
● Admítese tanto -ble como -bel para as palabras cultas que teñen o sufixo latino
-BILIS.
● Elimínanse os demostrativos esto, eso e aquelo como formas neutras.
● Aglutínanse acotío, amodo, apenas , decontado, decontino, decotío, deseguida,
deseguido, devagar, enseguida e talvez.
● Elimínase anque, entonces, nembargantes, sen embargo.
● Admítese ouvir ao lado de oír.
Por último, en canto ás características lingüísticas do galego actual cómpre subliñar o
seu deterioro: deturpación de trazos fonéticos propios, morfolóxicos e do léxico.
Marcas diferencialistas da lingua:
Vulgarismos, arcaísmos e hiperenxebrismos:

A conflitiva peripecia histórica do noso idioma nos permite comprender por que aínda
hoxe os usuarios do galego empreguen a súa lingua con interferencias do castelán e con
fenómenos de “desviación” ou “deformación” da variedade estándar. Destes fenómenos,
os máis destacados son:

● Vulgarismos: deformacións fonéticas dalgunhas palabras no rexistro coloquial e


que se transmiten por aprendizaxe espontánea. Poden usarse na literatura para
substituír formas que coincidan co castelán:
○ Fenómenos de adición:
■ Prótese: engadir diante: arrodear, adivertirse, apresentar…
■ Epéntese: engadir no medio: aldeia, soio, ialma…
■ Paragoxe: engadir ao final: comere, mullere, Luíse, máise…
○ Fénomenos de supresión:
■ Aférese: suprimir diante, certar, inda…
■ Síncopa: suprimir no medio, espranza, esprito, altismo…
■ Apócope: suprimir ó final, virtú, libertá, maldá, tranquilidá…
○ Alteracións no timbre das vogais:
■ Disimilación ou labialización: fertuna, sagredo, menistro, delor,
tarreo, murmurar, somellar, teléfano, semáfaro, halicótero…
■ Asimilación ou harmonización: bunito, fuciño, polmonía, pidir,
sintir, dazaseis, miniño, vistido, vindimar, torrón, Curuña…
○ Alteracións no consonantismo:
■ Metátese de fonemas consonánticos (cambio de posición): probe,
frabicar, bulra, cocreta, nomina, perdicar, percisar…
■ Vocalización de grupos cultos: ouservar, práitico, aspeuto,
caraiterizar, próuximo, exceicional, redaución…
■ Pronuncia interdental do grupo culto -ct-: práztica, viztoria,
aztuación, aquitezta, impaztar…

● Arcaísmos: son palabras sacadas do galego-portugués medieval, xa que a finais


do x. XIX e a principios do s. XX difundíronse textos liteararios e documentais
daquela época. Estas palabras foron incorporadas a literatura moderna galega
para substituír as palabras que coincidían co castelán. Ex: nascer, merescer,
parescer, ausenza, door, vegada, capíduo, tíduo, cor (corazón), ren (nada),
conquerir (conquistar).

● Hipergaleguisos ou Hiperenxebrismos: palabras creadas artificialmente e usadas


no rexistro culto dende comezos do s. XX. Este fenómeno consiste en modificar
palabras coincidentes en galego e castelán aplicando analoxías que existen entre
os dous idiomas. A finalidade é darlles a estas palabras un aspecto máis galego:
zona-zoa, laborar-labourar, montaña-montana, sombra-soma,
ambiente-ambente, brillar-brilar, oficina-oficiña, sincero-sinceiro…
Cronograma
● 1820-1880-Galego popularizante
○ 1863-Rexurdimento (segunda mitade do s.XIX)

● 1880-1936-Galego enxebrista
○ 1916-Irmandades da Fala
○ 1920-Grupo e Revista Nós
○ 1923-Seminario de Estudos Galegos
○ 1931-Partido Galeguista (desaparecen as Irmandades da Fala)
○ 1936-Estatuto de Autonomía de Galicia (non entrou en vigor)
● 1936-1982-Galego protoestándar
○ 1947-Publicación Cómaros Verdes (Aquilino Iglesia Alvariño)
○ 1950-Creáse a editorial Galaxia
○ 1960-PSG, UPG
○ 1963-A RAG crea o día das letras galegas
○ 1965-Creáse a Cátedra de Lingua e Literatura Galega en Santiago
○ 1971-Creáse o Instituto de Lingua Galega
○ 1974-Na RTVE Galicia emítese Panorama de Galicia
○ 1978-Constitución Española
○ 1981-Estatuto de Autonomía
● 1982-Actualidade-Galego Estándar
○ 1982-Norma Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego
○ 1983-Lei de Normalización Lingüística
○ 1992-A Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias
○ 1996-A Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos
○ 2003-Reforma da NOMIG
○ 2004-Plan xeral de normalización do idioma galego
○ 2010-Decreto de Plurilingüismo
Lingua:

Cohesión Textual:
Os mecanismos de cohesión textual axudan a interpretar a información. A cohesión é a
concreción (por medio de procedementos lingüísticos) da organización textual, baseada
na relación entre unidades sintácticas e de significado.

● Repetición léxica: fai referencia ao emprego do mesmo elemento léxico

● Substitución: alusión dun mesmo elemento en oracións ou enunciados sucesivos


mediante formas referenciais (sinónimos, hiperónimos, paráfrases) que permiten
evitar a repetición:

○ A rapaza => a moza (substitución por sinónimo).


○ O coello => o animal (substitución por hiperónimo).
○ Pontevedra => a cidade do Lérez (substitución por paráfrase).
○ Alicia => ela (substitución por pronome).
○ A praia => alí (substitución por adverbio).

● Elipse: omisión dun elemento coñecido que o receptor pode recuperar sen
dificultade a partir da información xa dada. Tamén se considera un mecanismo
de cohesión referencial:

○ Nominal: elídese un substantivo ou un sintagma nominal.


○ Verbal: elídese un verbo.
○ Oracional: elídese unha oración subordinada. (Propúxolle ir de vacacións,
pero ela non quixo)

● Deíxe: serve para relacionar o texto co contexto e coa situación. Son os


pronomes e advervios. Estes referentes poden ser persoais, espaciais, temporais.

○ Deíxe persoal: pronomes persoais, algúns determinantes, desinencias


verbais e os posesivos (“Ela vive cerca da miña casa”, “chegamos tarde”).
○ Deíxe espacial: demostrativos, adverbios de lugar, verbos de movemento
(“este edificio é novo”, “garda o libro alí”).
○ Deíxe temporal: adverbios de tempo, tempos verbais (“Mañá
comezaremos o tema de historia de España”)
● Conectores ou marcadores textuais: conxunto de palabras e frases que serven
para enlazar e relacionar palabras, frases ou oracións do texto. Son as
preposicións, conxuncións e algúns adverbios, frases e locucións.

○ Conectores lóxicos: marcan relación semántica entre frases, oracións ou


enunciados sucesivos. Clasifícanse en:

■ Conectores de oposición: con todo, pola contra, pero, mais, non


obstante, en cambio, a pesar de que, aínda que, de todas formas…

■ Conectores consecutivos (consecuencia): polo tanto, por


conseguinte, en consecuencia…

■ Conectores causais: porque, dado que, posto que, debido a, pois, xa


que…

■ Conectores aditivos (engaden novas ideas): tamén, ademais,


mesmo, incluso, por riba, ata…

○ Conectores estruturais: sinalan as distintas partes do texto e marcan a


relación entre elas. Habitualmente non desempeñan ningunha función
oracioan. Úsanse para estruturar e organizar ideas e axudan ó receptor a
interpretar a mesaxe.

■ Conectores de inicio: primeiramente, ben, o que pretendemos é…


Nos contos úsanse máis: dunha vez, había unha vez…

■ Conectores de enumeración ou de estruturación das partes: en


primeiro lugar, primeiramente, a seguir, a continuación, por
último, para rematar, finalmente…

■ Conectores de tematización: no que ten que ver con,


especialmente, de xeito destacado, con respecto a, no que atangue
a, en relación con, no tocante a…

■ Conectores de transición: por outra banda, pola súa parte, polo


que respecta a…

■ Conectores de finalización: para rematar, finalmente, para conluír,


en definitiva…
■ Conectores de actitude (expresan a consideración que o emisor
ten sobre a mesaxe): con seguridade, con certeza, posiblemente,
sen dúbida, de certo…

■ Conectores de reformulación: é dicir, noutras palabras…

■ Conectores de digresión: por certo, a xeito de inciso, como


información adicional hai que dicir…

■ Conectores de localización temporal: daquela, antes, a seguir, a


continuación…

■ Conectores de localización espacial: ao inicio, atrás, máis adiante…

Coherencia e progresión temática:


Fonética:
Dialectoloxía:
Ditongos, Hiatos e Tritongos.

Cousas a ter en conta:

● Nunca se acentúan palabras agudas rematas en ditongos decrecentes e


homoxéneos. Acentúanse se son crecentes.
● Vogais pechadas tónicas en hiatos sempre se acentúan.
● Cando hai dúas vogais pechadas e a segunda é tónica, pero van precedidas
dos fonemas /k/ ou /g/ forman ditongo.
● A diérese úsase para indicar que o –i- átono non forma ditongo na cuarta
e na quinta persoas do copretérito dos verbos rematados en –aer, - oer,
-aír e -oír (caïades). Non confundir con presente do subxuntivo.

Acentuación Diacrítica.

Semántica

Signo linguístico:
● Significado. Ten dous tipos:
○ Denotativo: o compartimos todos, vén nos dicionarios e é obxectivo
○ Connotativo: é un significado adicional ligado á subxectividade,
cultura…
● Significante: imaxe acústica do que pronunciamos (a palabra en sí).
● Referente: o obxecto, acción, ser, etc. ao que nos referimos.

O significado pódese descompoñer en semas (elementos significativos mínimos),


por exemplo: Poltrona: sirve pra sentarse (sema 1), ten respaldo (sema 2), ten
catro patas (sema 3), ten repousabrazos (sema 4)...

Campo Semántico:
Conxunto de palabras da mesma categoría gramatical que coinciden nalgúns
semas e se opoñen pola presenza ou ausencia doutros. Exemplos do campo
semántico de asentos: cadeira (para unha persoa e sen repousabrazos), banco
(para varias persoas), poltrona (ten repousabrazos), etc…

Relacións de significado:

● Oposición/Inclusión:
○ Oposición:
■ Complementarios: afirmación dun elemento, negación
doutro, non admite gradación. Ex: vivo/morto, falar/calar.
■ Graduais: admiten gradación. Ex: frío/quente,
grande/pequeno, alto/baixo
■ Recíprocos: Esíxenxe mutuamente. Ex: tía/sobriña,
comprar/vender, marido/esposa.
○ Inclusión: o significado dunha palabra está incluído no significado
da outra.
■ Hiperónimos, hipónimos, cohipónimos. (“tipo de”)
■ Holónimos, merónimos, comerónimos. (“pate de”)

● Sinonimia:
○ Absoluta: intercambiables en calquera contexto, pouco frecuentes.
○ Parcial: intercambiables só nalgúns contextos.

● Polisemia/Homonimia:
○ Polisemia: mesmo significante para varios significados distintos.
○ Homonimia: significantes iguais (ou case iguais) pero de diferente
orixe para diferentes significados. Hai varios tipos:
■ Segundo a morfoloxía:
● Absolutos: mesma clase de palabra
● Parciais: distinta clase de palabra
■ Segundo a grafía:
● Homófonos: escríbense diferente, soan igual
● Homógrafos: escríbense igual, soan igual.
Oracións bipolares (en taco taco wey chimichanga)
Particularidades (sen rematar)
Dativo
O verbo (sen rematar)

You might also like