Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

COÑECENDO OS NOSOS RÍOS

Blog Rural-C (Rural Contemporánea)


http://www.ruralc.com/2023/05/proxecto-rios-no-rego-do-candedo-maio.html

O sábado 27 de maio fixemos novamente a actividade "Coñecendo os nosos


ríos" en colaboración coa asociación Euroeume.Voltamos ao rego do Candedo, pero
esta vez noutro tramo do río, un pouquiño máis adiante.Quedamos no Piñeiro,
Vilachá. Primeiro demos un paseo para ver a intervención que estamos a facer no
Outeiro, recuperando o lugar e transformando o que era un bosque de eucaliptos
nun ecosistema máis rico, prantando diversidade de árbores e arbustos e facendo
lugares para que as persoas e animais poidamos estar.Despois seguimos o paseo
até chegar a un prado no río. Fomos diferenciando árbores e paxaros, recoñecendo
a fauna e a flora. E no río, observamos o hábitat e fixemos unhas medicións e
análises, de caudal, ph, nitratos, velocidade da auga. Observamos e anotamos
todas as especies que atopamos vivindo no río, entre elas a ra ibérica, especie
protexida.E a continuación, algunhas imaxes do pasado sábado.

You might also like