A Romanización de Hispania

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

A Hispania romana (II)

2) A Romanización de Hispania

Chamamos Romanización ao fenómeno de adaptación das poboacións indíxenas ao modo


de vida dos romanos, non só a nivel político, senón tamén relixioso, lingüístico e de vida
cotiá.
Como consecuencia deste proceso os territorios conquistados experimentan un cambio
radical tanto nas estruturas económicas como sociais e culturais.

A conquista da Península Ibérica durou moitos anos, e polo tanto o proceso de romanización
foi moi lento e non tivo a mesma intensidade en todo o territorio. Cando Augusto remata a
conquista do Noroeste no 19 a.C. xa facía douscentos anos que a área mediterránea estaba
plenamente romanizada. Ademáis, está zona xa facía tempo que estaba poboada por fenicios,
gregos e cartaxineses, pobos que xa tiñan un estilo de vida urbano e en contacto permanente
co resto de culturas mediterráneas; por este motivo a romanización destes lugares foi moito
máis doada.

2.1 Factores da romanización

Na romanización de todos os territorios do Imperio, e polo tanto tamén do noso, influíron


varios factores:

1. O exército: é o primeiro en manter relacións cos indíxenas. Estas relacións non sempre
son de hostilidade; moitas veces prodúcense intercambios comerciais e establécense
mesmo parentescos. Xoga un papel fundamental no proceso de asimilación porque
moitos hispanos intégranse nel. É un dos principais medios de adquisición da cidadanía
e a lingua latina. Algunhas cidades, como León ou Astorga, naceron a partir de antigos
campamentos romanos.
2. As cidades: Roma crea cidades que se converten en centros de poder político e
económico. Os indíxenas pouco a pouco van abandoando as súas aldeas e adaptándose
ao modo de vida urbano ou semiurbano. Nalgunhas zonas de Hispania, como por
exemplo na Gallaecia, a aparición das cidades constituía unha novidade; noutras, sobre
todo na área Mediterránea, as cidades romanas non son máis que a evolución de antigos
centros urbanos que xa existían anteriormente.
O sistema de goberno das cidades creadas por Roma era semellante ao da Roma
republicana. Cada unha delas ten un Senado, composto polas persoas principais das
cidades, e dous maxistrados que gobernan anualmente. Estes maxistrados recibían o
nome de duunviros e eran elixidos pola asamblea de cidadáns.
3. As vías: As vías que Roma constrúe favorecen os desprazamentos e polo tanto os
intercambios comerciais e culturais. Sobre estas vías levantouse boa parte do sistema
de carreteras actuais. As chamadas mansións viarias eran lugares de descanso para os
viaxeiros. Moitas poboacións actuais naceron a partir de antigas mansións.

1
No seguinte mapa podemos ver algunhas das principais cidades da antiga Hispania e as vias
que as unían.
Mapa 10

2.2 Consecuencias da romanización

Como noutras partes do imperio, os cambios que se produciron na Península Ibérica a partir
da chegada dos romanos foron enormes:

1.- Cambios político-sociais

• Todo o territorio peninsular pasou por primeira na súa historia a formar parte dun
mesmo Estado. Antes da chegada dos romanos a península estaba controlada en parte
polos cartaxineses, pero basicamente constituia un mosaico de diferentes pobos con
linguas e culturas distintas.
• Roma organizou o territorio en provinciae e conventus1 (mapa 11), poñendo en relación
directa territorios que antes non tiñan practicamente ningún vínculo entre eles. Está
división administrativa tivo moita importancia na historia e dela todavía quedan algúns
restos, por exemplo na división eclesiásticas das dióceses.
• Na sociedade produciuse nun primeiro momento unha enorme brecha entre os que
tiñan a cidadanía romana e os que non. Paulatinamente todos os habitantes da
península foron accedendo á cidadanía ou estatus xurídicos case equiparables, como o
Ius Latii. Moitos cidadáns das Hispanias chegaron a alcanzar posicións moi altas na
sociedade romana, ata o punto de chegar algún deles a emperador. Por outra banda,

1
Os conventus eran territorios dentro das provincias creados para acercar a administración aos cidadáns.
Cada un deles tiña unha capital á que cada certo tempo viaxaba o gobernador da provincia ou os seus
representantes. No Noroeste había tres conventus: Lucensis, Bracarensis e Asturicensis con capitais en
Lucus Augusti (Lugo), Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga) respectivamente.

2
Hispania converterase, como o resto do imperio, nunha sociedade cun gran número de
escravos e tamén de libertos.

2.- Transformación do hábitat

• A civilización romana estableceuse fundamentalmente en cidades. No caso da Península


Ibérica, hai que facer notar que na área mediterránea xa existía unha cultura urbana
previa, produto das colonizacións grega, fenicia e cartaxinesa. Nestes lugares os
romanos ocuparon as cidades que xa existían previamente, como por exemplo Cartago
Nova.
• No resto do territorio os cambios foron máis profundos, xa que o tipo de hábitat era de
poboados pequenos e dispersos, moi sinaladamente na área noroccidental, na que son
moi característicos os castros. Aquí a fundación de novas cidades supuxo que o centro
de gravidade comercial e administrativo pasase a xirar en torno a elas. Pero non todos
os castros foron abandoados; moitos deles continuaron habitados durante todo o
periodo romano, e moitos outros foron abandoados nun primeiro momento e
reocupados máis tarde, nos periodos de crise do imperio romano.
• A creación de cidades fixo necesario tamén un enorme esforzo en infraestruturas para
abastecelas e facelas habitables. Acueductos, vias e pontes son boa proba dese enorme
traballo.
• No ámbito rural hai que destacar a aparición das villae, enormes residencias que eran
centro dunha produción agrícola a gran escala. Na Península Ibérica temos moitísimos
exemplos.

3.- Incremento da actividade económica

• Os romanos explotaban os recursos dos territorios que incorporaban ao seu imperio. No


caso da Península Ibérica son moi destacables as explotacións das minas de ouro no
noroeste, pero tamén de prata, chumbo e bronce no sur. Ademáis dos metais, Hispania
era unha gran produtora de aceite, salazóns e do apreciado garum2, entre outras moitas
cousas.
• Ademáis os hispano-romanos convertéronse á súa vez en consumidores de mercancías
procedentes doutros lugares do imperio, como cerámicas de luxo, especias, tecidos...

4.- Cambios culturais

• O principal cambio cultural foi a substitución paulatina das linguas prerromanas polo
latín. Todas elas, a excepción do euskera, acabaron desaparecendo probablemente
antes da caída do imperio romano.
• Tamén foi moi destacable a adaptación das crenzas relixiosas. Produciuse un fenómeno
coñecido co nome de sincretismo, consistente na mestura das deidades grecorromanas
coas dos indíxenas. Finalmente, a incorporación ao mundo romano supuxo tamén que
a partir dos séculos III e IV o cristianismo fose impoñéndose progresivamente en todo o
territorio hispano.

2
O garum era unha salsa feita de peixe moi aprezada na cociña.

3
• En canto á cultura material houbo tamén importantes cambios, que se concretan sobre
todo nunha maior sofistificación dos estilos de vida, moi visibles por exemplos na
calidade e variedade da cerámica, así como en obxectos de vidro, obras de arte...

Mapa 11

You might also like