Infografías Mulleres Republicanas

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 12

ANTONIA

FERRÍN
MOREIRAS
Carmela Pazos Pampillón - 2ºESO B

O Carballiño (1914) -
Compostela (2009)
Trasladouse a Compostela coa
súa familia cando era nova
para estudar Ciencias,
Matemáticas e Química na USC.
Foi profesora de matemáticas
e astrónoma.

Profesora
Foi axudante na sección de
Ciencias do Instituto Xelmírez,
e profesora de matemáticas
noutros centros, como o
colexio "Nosa Señora dos
Remedios".

Astrónoma
Axudou no Observatorio
Astronómico de Santiago. Os
resultados das investigacións
recóllense en artigos ao seu nome
ou a nome do D. Ramón María
Aller, con quen traballou alí.

Guerra Civil
Debido a este conflito, tivo que
cancelar os seus proxectos.
Recibiu unha denuncia anónima
no 1937 e tivo que deixar o seu
posto no instituto onde traballaba.
Esta sanción anulouse máis tarde
e volveu a exercer o cargo.

Máis información en:


http://culturagalega.gal/album/
AURORA LISTER
A LEITEIRA DE CALO
Ameneiro (1916-1984)

Mocidade
Traballou de leiteira herdando o oficio da
súa nai, xa dende pequena axudaba a
muxir e a vender leite por Compostela.
Esta etapa estivo marcada pola guerra
civil.

II República
Os sete irmáns crearon o Sindicato de Oficios Varios
en Teo, na época da República.
Na guerra civil o irmán, Enrique Lister, combateu o
fascismo loitando no bando republicano.
Posteriormente loitou acadando o cargo de Mayor
General no exército roxo (URSS) e por mor disto foi
maltratada polos fascistas que estaban na busca
dos seus irmáns.

Militancia política
Ademais de ser leiteira foi activista
axudando os seus irmáns e a xente
perseguida pola ditadura.
No 1982 foi candidata do Partido
Comunista ao Congreso pola
provincia da Coruña.

Elsa Chordi Rodríguez


2º ESO B
Concha Castroviejo
1.
Santiago de Compostela 1910-Madrid 1995

2.
A súa infancia e xuventude discorren
entre Compostela (Vedra), períodos
estivais na Retirosa (Cangas) e no
internado do colexio de freiras de
Praceres (Marín).

3.
A pesar da oposición do pai, ela
realiza o Bacharelato para poder
acceder á universidade onde
estuda Filosofía e Letras e entra
nos círculos da mocidade
entusiasta coa II República.

4.
Tras o golpe militar de 1936,
marcha para Bordeos. Estivo
exiliada en México, onde traballa
en Campeche, Tijuana, e logo en
México D.F, como profesora en
distintos centros de ensino.
No 1949, chega A Coruña e dende o
5. 1951 ata o 1953 traballa en La
Noche, o diario vespertino de
Santiago de Compostela, onde
asina como Asela. Ao mesmo
tempo, realizou estudos para
conseguir ter o carné de xornalista
e marcha para Madrid a traballar
nun diario. É columnista e dirixe o
suplemento infantil entre 1962-
1966.

Escritora e xornalista. É a única 6.


muller que neses anos forma parte
do xurado dos honoríficos e
prestixiosos Premios da Crítica.
Publicou obras literarias, traducidas
a varios idiomas,como "Los que se
fueron", onde aborda o éxodo
republicano e o exilio en México.
7.
Traballou na axencia EFE ata a súa
xubilación.

Laura e Emma 2º Eso C


MARUXA
MALLO
VIVEIRO(1902)-MADRID(1995)
Estudou na academia de Belas Artes
de Madrid, onde coincidiu e se
relacionou con distintos poetas e
artistas como Lorca, Buñuel, Dalí,
Concha Méndez, etc. Algúns destes
pertencerían á xeración do 27.

GRAN ARTISTA
Nos seus anos vivindo en Madrid
creou a súa propia linguaxe artística,
atenta ás distintas vangardas que
comezaban a chegar a España.

EXITOSA
En 1928, Ortega e Gasset bríndanlle
os salóns da Revista Occidente
para realizar a súa primeira
exposición. En 1931, viaxa a París co
seu pai, onde está varios meses e
expón a súa obra, que valoran con
entusiasmo artistas como Picasso.

EMIGRANTE
Tras a guerra civil, foxe a Sudamérica,
onde dará numerosas conferencias e
realizará a súa obra pictórica
" Arquitectura humana". Seguirá
creando arte con dous temas
principais: o mar e a terra .

O FINAL DA SÚA VIDA


Recibe a medalla de ouro de Belas
Artes no ano 1982. O CGAC
inaugurouse en Compostela cunha
exposición retrospectiva de Maruxa
Mallo, o 29 de setembro de 1993.

JUAN ANTONIO
SEOANE GUTIÉRREZ
LOIS GARCÍA ÁLVAREZ
(2º ESO C)
María del Portal Panisse Ferrer

1. Quen é?
Máis coñecida como "Maruxa", foi unha boticaria do século XX
que levou a liberdade á muller. Maruxa naceu o 11 de outubro
de 1914 en á Coruña e faleceu no 2001 en Santiago de
Compostela.

2. Estudos profesionais
María preparou as Oposicións para o Ministerio de
Gobernación, pero estas foron suspendidas polo goberno da II
República, polo que tivo que buscar outras saídas profesionais.
Decidiu que estudaría Bioloxía pero para iso debía trasladarse
a Madrid, así que optou estudar Químicas en Santiago.

3. Unha mestra
Recén licenciada, volve á Coruña onde imparte clases en
diferentes centros. Por cuestións laborais, múdase a Santiago
de Compostela co seu compañeiro, onde Maruxa traballa como
mestra no colexio das Orfas.

4. Nai
Tivo dous fillos co seu home Enrique Ríos Suárez. Educounos
na prefectura de Compostela que foi orixe do colexio Peleteiro.

5. A boticaria da liberdade
A enfermidade do seu home leva a Maruxa a estudar
Farmacia e abrir unha botica na rúa de Fonseca. A súa forma
de traballar fai que a chamen a boticaria da liberdade.

6. A heroína das mulleres


Durante aqueles anos, a represión política afectaba a todos
os españois, pero sobretodo ás mulleres. Estaba prohibido o
aborto e o emprego de métodos anticonceptivos. Foi nese
momento cando Maruxa deciciu saltarse as regras e apoiar a
todas as mulleres. Para iso, Maruxa comenzou a vender
anticonceptivos na súa farmacia, sen receita nin permiso do
goberno, que castigaba o seu uso co cárcere.

Alexandra Pájaro, Alba Rial (2º eso C)


María Tobío

Viveiro 1908/Vitoria 2004


Cursou Filosofía e Letras e foi unha
das primeiras mulleres do seu
tempo en acceder á universidade.
En 1931 trasládase a Madrid e
oposita ao corpo de Auxiliares de
Arquivos, Bibliotecas e Museos.

Durante a guerra civil...


Colabora en Madrid e posteriormente
en Levante na conservación e custodia
dos fondos bibliotecarios.

Avances do fascismo
Tras diversas complcacións embarca
cara á México. Alí, xunto co seu home,
pon en marcha o Instituto Hispano
Mexicano Ruíz de Alarcón. Ela
responsabilizábase da Escuela de
Señoritas.

Regreso a España
En 1948 regresa a España e solicita o
reintegro ao corpo de Auxiliares de
Bibliotecarias, no que fora dada de
baixa en 1939. É readmitida pero
sancionada.

Etapa final
O arquivo xeral de Galicia, a biblioteca
da USC e a biblioteca histórica do IES
Xelmírez I foron algúns dos seus destinos
na súa última etapa profesional.

Xavier Rodríguez Vázquez e Javier García Ruibal 2ºESO A


MARIA PURA
LORENZANA
PRADA
Data de nacemento e

1 falecemento
Foi nada en Vilasante ( O
Saviñao, Lugo) en 1907 e
faleceu en Santiago de
Compostela no 1997.

Estudos
Pertenceu ao escaso 10% de
mulleres galegas que no primeiro
terzo do século XX cursou

2
estudos universitarios. Estudou
bacharelato no instituto de Lugo,
formouse nas carreiras de
Filosofía e Letras e Dereito na
universidade de Santiago de
Compostela. Rematou a primeira
carreira no 1928 cun expediente
de sobresaliente e premio
extraordinario
Proxectos
Colaborou coa Irmandade
da Fala e coa Sección de
Historia do Seminario de
Estudos Galegos.

3
Traballos
Foi profesora de Lingua e

4
Literatura espoñola en Madrid e
Tui. Tamén exerceu como
profesora de Xeografia e Historia
en Ourense, onde tamén
desempeñou diversos cargos
políticos para o goberno de
Burgos

A súa pegada polos institutos


santiagueses

5
Impartiu clases de Xeografia e
Historia no IES Xelmírez e no IES
Rosalía de Castro, do que sera
fundadora e primeira directora ata
o ano 1955. Ademais foi docente
universitaria na Facultade de
Filosofía e Letras.

Historiadora
O seu labor como historiadora consta

6
no seu expediente no que se indican
escavacións prehistóricas galegas e
recollida de folclore

Feito por: Antía Rodríguez De La Iglesia e Lucía Vieites Vilouta

You might also like