Proxecto Lingüístico Do Centro

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

FACULTADE DAS CIENCIAS DA EDUCACIÓN

Grao en Mestra de Educación Primaria


Ensinanza e aprendizaxe de linguas en contextos multilingües

PROXECTO LINGÜÍSTICO DO CENTRO 2015-2019

CLIS 02 Sheila Lorenzo González

CURSO 2021-2022
O Proxecto Lingüístico do centro xorde para tomar decisións sobre as linguas en calquera
centro de cada comunidade autónoma, xa que vivindo na diversidade, sempre vai existir
un contexto onde exista máis dunha lingua. Aparece no decreto 124/2007 que co Equipo
de Dinamización Lingüística, a súa presenza é obrigatoria en todos os centros. Está
formado por integrantes do centro, polo que o profesorado ocupa un papel decisivo no
desenvolvemento deste. Cada catro anos, deberá remitirse á Inspección Educativa e
actualizarse anualmente. (DOG, Núm. 97,páx 9242).
O proxecto podémolo considerar como unha avaliación completa. É dicir, o propio PLC
é unha avaliación “xeral” das competencias lingüísticas tanto do alumnado coma da
contorna do centro. Primeiramente, vexo a avaliación moi curta para un proxecto
lingüístico que aposta por dinamizar unha lingua minorizada. Ademais, é pouco detallada
e concisa para corrixir e auto-analizar a situación sociolingüística e poder aportar unha
mellora nas condicións da lingua galega.
A avaliación consta de tres sinxelas partes. En primeiro lugar, a avaliación inicial, onde
se presenta e analiza a situación social-lingüística do centro a partir de instrumentos
cuantitativos ou cualitativos. Por exemplo, na maioría de centros faise unha enquisa ás
familias para saber cal é a lingua materna ou dominante. Creo que se pode adaptar á
realidade pero non sei ata que punto permitiría achegarnos ao obxectivo. É dicir, interesa
ver a situación lingüística de cada familia mais, dentro de toda a diversidade dunha aula,
facer unha enquisa para saber cal é a lingua dominante creo que non ten moito que ver
coa dinamización da lingua galega. É obvio que a lingua galega está en desigualdade de
uso en comparación co castelán, polo que elaboraría outro método de avaliación como
actividades prácticas, orais... para buscar unhas solucións máis directas e prácticas.
Deseguido, está a avaliación das propostas de actuación, onde se elaboran as actividades
que se destinan oportunas para dinamizar o uso da lingua minorizada, tendo en conta a
situación lingüística de cada neno e nena. Deséñanse unhas actividades como a
elaboración de carteis en galego, excursións, difusión do Certame Literario así como o
Día das Letras Galegas... mais aínda así, creo que non potenciaría o uso de galego en cada
neno e nena, xa que é algo moi xeral.
Finalmente, está a avaliación do propio PLC (autoavaliación), para que permita unha
reflexión sobre o feito e unha vez debatido nun Claustro de profesores será presentado no
Consello Escolar. No caso de que sexa aprobado estará en vigor durante catro anos, mais
ano por ano estará en “punto de mira” para que a través da práctica, se poidan mellorar
erros e introducir propostas de mellora.
Ao existir varias linguas nun currículo escolar, especialmente o castelán e o galego, é
complexo que as dúas partan das mesmas condicións. Porén, considero que é necesario
un Proxecto Lingüístico cunha avaliación detallada e clara; que teña en conta a
diversidade de alumnado que pode haber nos centros para que a partir da situación, cada
centro se poida adaptar a el. Polo tanto, é necesario que sexa máis amplo no sentido de
dar máis opcións e/ou excepcións, creando así unha avaliación propia de cada institución
educativa. Cada colexio é un mundo distinto pero á vez, cada un é un reflexo da realidade
social.

You might also like