Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

Dende o inicio somos sensación,

sensación conectada á Unidade,


logo do Un nace o dous, o tres
e as múltiples formas.

Medrando imos separándonos,


damos nome, dividímonos,
multiplicámonos,
fixamos maneiras e crenzas,
volvémonos pequenos.

Pola sensación emprendemos


o camiño de regreso a casa:
a certeza de formar parte do Todo
e ser amados polo Un.
Un espacio aberto a indagar na conciencia a
través do corpo, en interrelación cos outros e co
mundo. Apoiándonos nos principios da
biodinámica e o bodyweather.

INGREDIENTES:
Escoita meditativa: a atención ó momento
presente como base e fundamento de toda a
práctica.
Traballo corporal: entrenamento M&B (mind
and body, muscles and bones)
Exploración sensorial: explorar a propia
sensibilidade, recoñecer patróns de percepción,
recuperar espacios adormecidos ou esquecidos,
descubrir novos lugares e perspectivas, o outro e
a paisaxe como movilizadores do mundo
interno...
Do espacio sensible ó espacio creativo como
progresión natural: descubrirnos na expresión que
xurde espontánea cando o corpo se entrega ó
impulso da vida que o atravesa.
Manipulación bodyweather/sesión biodinámica:
acompañar ó corpo do outro hacia un lugar de
reparación, apertura e descanso.

FACILITA: Mónica Gago Portas


Historiadora da Arte e instructora de Ioga.
Levo 25 anos traballando co corpo a través de
diversas disciplinas que o contemplan dende a súa
globalidade (Ioga, Tai Chi, meditación, bodyweather,
morfoanálise, biodinámica...), conectando o creativo e
o terapéutico.
Achegueime ó bodyweather a través de Hisako
Horikawa e Andrés Corchero e á biodinámica con Kiril
Yurievich Yarhó.

You might also like