Tema 2

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 58

Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Técnicas de soporte vital básico

1 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Signos de compromiso vital


Son varias as situacións que poden orixinar unha urxencia vital. Referímonos, fundamentalmente, ás
enfermidades cardiovasculares e aos accidentes de tráfico, que supoñen dúas das tres primeiras
causas de mortalidade en España. Outras causas de morte súbita menos frecuentes son as
enfermidades respiratorias, as cerebrovasculares, a inxestión de produtos tóxicos (drogas, alcol)...

A consecuencia destas situacións pódese chegar a producir un paro cardiorrespiratorio que, en


ocasións, é reversible.

No ano 2005, o Consello Europeo de Resucitación (ERC


nas súas siglas en inglés, de European Resuscitation
Council), publicou unha serie de recomendacións sobre o
protocolo de actuación na resucitación
cardiopulmonar básica (RCP). Estas recomendacións
marcan unhas directrices amplamente aceptadas de como
se debe levar a cabo a reanimación, de forma segura e
efectiva. O protocolo de actuación que imos ver axústase Sirius. Uso educativo-nc. Elaboración propia.
ao establecido para persoas sen coñecementos médicos.

2 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Parada cardiorrespiratoria

Presenciaches algunha vez como unha persoa entra en


parada cardiorrespiratoria? Isto é pouco probable, pois os
enfermos máis graves atópanse nas salas de urxencia
dos hospitais. Se te encontras nesta situación nalgunha
ocasión, lembra que existe a posibilidade de salvar a
persoa cos primeiros auxilios adecuados.

A parada cardiorespiratoria (PCR) defínese como o


cesamento do funcionamento do corazón e da roteshaar. CC by-nc. Procedencia.
ventilación pulmonar. Ao cesar a achega de osíxeno,
prodúcese a morte das células cerebrais nun tempo aproximado de catro ou cinco
minutos. Nese tempo, temos que recoñecer o paro cardiorrespiratorio e alertar e iniciar
as manobras de reanimación. Un socorrista non sanitario pode recoñecer o paro durante
a avaliación inicial se constata:

A perda de consciencia.
A ausencia de respiración (ou presenza de boqueadas agónicas).

As técnicas de resucitación cardiopulmonar básicas consisten na substitución da


respiración e da circulación espontáneas sen necesidade de empregar ningún tipo
de instrumental. Deben ser aplicadas canto antes e por calquera persoa cos
coñecementos necesarios. O seu obxectivo é proporcionar a achega mínima de osíxeno
que evite a morte por mor dunha lesión irreversible do cerebro. A súa principal utilidade é
a de permitir a aplicación dos desfibriladores e da RCP avanzada unha vez que a vítima
estea en mellores condicións.

A resucitación cardiopulmonar avanzada realízana os equipos médicos e para iso


empregan diversos medios materiais (respiración asistida, vías intravenosas,
medicación…).

O soporte vital básico (SVB), un concepto máis amplo ca o de RCP, é o conxunto de actuacións
que se levan a cabo sen un equipamento especial, e implica o seguinte:

Coñecer as técnicas de RCP.


Coñecer o sistema de emerxencias.
Coñecer as accións básicas que hai que realizar en situacións de emerxencia.

A morte clínica consiste na detención do latexo cardíaco e da respiración.

Cando a consecuencia da falta de osíxeno morren células cerebrais, prodúcense lesións que chegan a
ser irreversibles. Neste caso, falamos de morte biolóxica, que supón a imposibilidade de recuperar
a respiración e a circulación. Prodúcese entre catro e seis minutos despois da parada
cardiorrespiratoria. É posible atrasar a morte biolóxica se se consegue facer chegar ao cerebro
sangre osixenado suficiente como para que este órgano non sufra lesións importantes.

Só un médico pode certificar a morte dun paciente.

3 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

4 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Trastornos do ritmo cardíaco

A arritmia cardíaca é un termo que escoitamos


ocasionalmente no noso ámbito familiar, social ou laboral.
Pero sabes en que consiste? É sempre unha aceleración
do ritmo cardíaco? En todos os casos atopamos un
problema asociado a unha enfermidade cardíaca?

A regularidade no latexo do corazón é o que define o


ritmo cardíaco. En caso de perderse esta
.. , ^ & ICE DESERT & ^ , .. CC by-nc.
regularidade, estamos a falar de trastornos do ritmo
Procedencia. cardíaco ou de arritmias.

Cando o ritmo cardíaco está anormalmente acelerado (por encima de 100 latexos por
minuto), co paciente en repouso, fálase de taquicardia. Pola contra, un ritmo cardíaco
lento, inferior a 60 pulsacións por minuto en repouso, constitúe unha bradicardia. Nin a
taquicardia nin a bradicardia constitúen enfermidades por si mesmas, senón que son
signos clínicos dalgunha patoloxía cardíaca subxacente. A fibrilación é outro trastorno
do ritmo cardíaco caracterizado por latexos rápidos e non coordinados.

Fibrilación ventricular

A fibrilación ventricular (FV) é unha


condición na que hai falta de coordinación
da contracción do músculo cardíaco dos
ventrículos do corazón. O efecto é que se
produce un tremor, en lugar de conseguirse
unha contracción eficaz. É un ritmo
cardíaco seriamente anormal, rápido e Andersat. Dominio público. Procedencia.

caótico. O corazón perde a coordinación e deixa de ser eficaz no bombeo do sangue.


A morte súbita cardíaca pode producirse en cuestión de minutos.

Este ritmo pode ser revertido a un ritmo eficaz mediante o uso dun desfibrilador
aplicado precozmente.

De todas as situacións de emerxencia sanitaria, a parada cardiorespiratoria non


esperada vese como unha situación única, na que o obxectivo é recuperar a vida, e
evitar ou minimizar as secuelas. Unha das causas máis frecuentes de parada
cardiorrespiratoria no adulto é a fibrilación ventricular (FV).

Taquicardia ventricular rápida

A taquicardia ventricular é unha taquicardia, ou ritmo cardíaco acelerado, que se


orixina nun dos ventrículos do corazón. Trátase dunha arritmia potencialmente mortal,
xa que pode conducir á fibrilación ventricular e á morte súbita. Unha taquicardia
extrema pode facer que os ventrículos se contraian tan rapidamente que non
alcancen a encherse de sangue en cada ciclo cardíaco, co cal se produce choque e,
eventualmente, a morte.

A taquicardia ventricular orixínase nos ventrículos e adóitase asociar a unha


enfermidade cardíaca, normalmente á cardiopatía isquémica.

Asistolia

A asistolia defínese en medicina como a ausencia completa de actividade eléctrica

5 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

cardíaca. Identifícase a asistolia co ritmo correspondente á liña plana no monitor.

Cando un paciente presenta asistolia,


o tratamento de elección é unha
Glenlarson. Dominio público. Procedencia.
inxección de epinefrina e atropina e as
compresións torácicas. Neste caso, o corazón non responderá a un desfibrilador por
atoparse xa despolarizado.

6 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Soporte vital básico en adultos

O soporte vital básico (SVB) é un concepto máis amplo ca o de resucitación cardiopulmonar (RCP).
O primeiro fai referencia ao conxunto de actuacións que teñen como obxectivo o mantemento da
vida coas menores secuelas posibles. Polo tanto, inclúe aspectos como o recoñecemento da
situación de urxencia vital, o aviso aos servizos de emerxencias e a aplicación de técnicas de RCP.

As técnicas de RCP teñen como obxectivo manter a permeabilidade da vía aérea e o soporte da
respiración e da circulación, pero sen equipamento. Utilizarase unicamente, e no caso de que o
haxa, un mecanismo protector.

Para a unificación do protocolo de actuación en técnicas de RCP, creouse en Europa o Consello


Europeo de Reanimación. A súa principal ferramenta é a utilización dun esquema de actuación que
permite a aprendizaxe e a automatización das técnicas de RCP. Este esquema de actuación estúdase
nos seguintes apartados da unidade.

7 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Obxectivos e prioridades do SVB


Son moitos os casos nos que unha persoa se salvou
grazas á rápida intervención de alguén que soubo actuar
nunha situación de emerxencia (socorristas nunha praia,
compañeiros de traballo, outros condutores nun accidente
de tráfico...). Seguramente poidas lembrar algunha
situación deste tipo...

Sirius. Uso educativo-nc. Elaboración propia.

Para conseguir ese obxectivo xeral é prioritario:

Recoñecer a situación que require o inicio do SVB.


Activar os servizos de emerxencias.
Iniciar as técnicas de reanimación cardiopulmonar (RCP).
Favorecer a recuperación do funcionamento cardíaco (desfibrilación).

As vítimas de parada cardíaca


necesitan unha resucitación
cardiopulmonar precoz que lles
achegue un pequeno fluxo de
sangue ao corazón e ao
cerebro, algo fundamental
neses momentos.

A rápida intervención tamén


aumenta a probabilidade de
que un choque co desfibrilador
poña fin á fibrilación ventricular
e que lle permita ao corazón
retomar un ritmo eficaz. A
masaxe cardíaca é fundamental
cando non se pode aplicar un
choque antes dos 4 ou 5
minutos posteriores ao ataque. Sirius. Educativo non comercial. Elaboración propia.
A desfibrilación interrompe o
proceso descoordinado de despolarización e repolarización que ten lugar durante a FV.
Se o corazón aínda é viable, os seus impulsos eléctricos normais retomarán o seu
funcionamento e producirán un ritmo eficaz, o que renovará a circulación. É posible que
nos primeiros minutos posteriores a unha desfibrilación con éxito o ritmo sexa lento e
ineficaz, polo que é necesario practicar compresións torácicas ata que o funcionamento
cardíaco volva á normalidade.

Como se ve no esquema de actuación para un adulto, ao detectar que a vítima está


inconsciente ou non responde, pedimos axuda e abrimos a vía aérea. No caso de que
non respire con normalidade (hai que ignorar a respiración entrecortada ocasional),
avisamos os servizos de emerxencias e iniciamos a reanimación.

8 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

O procedemento para comprobar as constantes vitais estudouse na unidade PPAA 01,


dedicada á valoración da asistencia en urxencias.

O esquema lémbranos o procedemento estudado e complétase coa resucitación para o


caso de que non respire. A reanimación iníciase coa masaxe cardíaca e con trinta
compresións torácicas, seguidas de dúas insuflacións.

Utilízase unha única relación de compresión/ventilación de 30:2, no caso dun único


reanimador. Así conseguimos aumentar o número de compresións e diminuímos as
interrupcións. Ao deter as compresións torácicas, o fluxo coronario descende
substancialmente e, ao retomalas, son necesarias varias compresións para que o fluxo
coronario recupere o seu nivel anterior. Con frecuencia prodúcense interrupcións
innecesarias na masaxe cardíaca, polo que é importante sinalar que han de reducirse ao
mínimo.

9 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Compresións torácicas

No momento en que sexas consciente de que unha


persoa está sen respiración, hai que avisar en primeiro
lugar os servizos de emerxencias. Pero, que hai que facer
a continuación? Débese iniciar a ventilación ou convén
empezar coa masaxe?

Sirius. Uso educativo-nc. Elaboración propia.

Esta técnica é máis efectiva e orixina menos complicacións:

Se se escolle correctamente o punto de aplicación.


Se se colocan adecuadamente as mans para facer a masaxe.
Se se comprime o esterno co ritmo e coa presión adecuados.

Hai que axeonllarse á beira da vítima, retirar a roupa e as pezas


que dificulten a realización da masaxe cardíaca, así como os
aneis, reloxos ou pulseiras que levemos nas mans e que poidan
resultar molestos.

Escolleremos o punto de masaxe cardíaca, situado no centro


do peito, aproximadamente no terzo inferior do esterno.
Colocaremos o talón da man nese punto e asegurámonos de
que non o colocamos sobre o abdome.
Colocaremos o talón da outra man encima da primeira.
Entrecruzaremos os dedos e asegurámonos de que non
exercemos presión sobre as costelas da vítima.
Sirius. Uso educativo-nc.
Para realizar a masaxe cardíaca, a vítima ten que estar en posición Elaboración propia.
decúbito supino; é dicir, boca arriba coas pernas e cos brazos
estendidos.

O socorrista axeónllase ao carón da vítima e colócase en


vertical sobre o peito da vítima, cos brazos rectos (hai que
evitar flexionar os cóbados).

Trátase de comprimir o esterno cara a abaixo entre 4 e 5


cm. Tras cada compresión déixase recuperar o tórax, sen
Sirius. Uso educativo-nc. Elaboración propia. perder o contacto entre as mans e o esterno da vítima.
Estas compresións deben levar unha frecuencia dunhas
100 compresións por minuto. Hai que procurar que a compresión e a descompresión
duren o mesmo.

10 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

A medida que realizamos as compresións, ímolas contando en voz alta e, unha vez que
chegamos a 30, realizamos dúas insuflacións.

Cada vez que se renova a masaxe cardíaca, o reanimador ha de colocar inmediatamente


as mans no centro do tórax.

En caso de que existan dous socorristas, un ocuparase das insuflacións e outro da


masaxe cardíaca. Se é posible, cada dous minutos substituirase o socorrista que realiza
as compresións para evitar a fatiga. Nestes casos, é especialmente importante que se
sincronicen para reducir as interrupcións da masaxe cardíaca.

11 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Ventilación artificial (I)


De acordo cos protocolos anteriores ao 2005, había que iniciar a resucitación coas
insuflacións. Este protocolo modificouse para comezar a resucitación coa masaxe. Podes
imaxinar cales son as razóns que xustifican este cambio? Que vantaxes pode supoñer
empezar coa masaxe e non coas insuflacións?

Inmediatamente despois dunha parada cardíaca,


sempre que non se deba a unha asfixia, o sangue
aínda contén unha alta porcentaxe de osíxeno. É
fundamental conseguir que este sangue osixenado
chegue ao cerebro. Durante os primeiros minutos, as
Sirius. Uso educativo-nc. Procedencia.
compresións torácicas teñen máis relevancia que a
ventilación. Esta é a razón de que se recomende que
nos adultos a RCP comece polas compresións.

A recomendación actual é que os reanimadores realicen a insuflación en


aproximadamente 1 segundo, co volume suficiente para facer que se eleve o tórax
da vítima, pero evitando insuflacións rápidas ou fortes.

A ventilación boca-nariz é unha alternativa eficaz á ventilación boca a boca. Pódese


practicar nos casos en que a boca da vítima estea gravemente ferida ou non se poida
abrir, ou ben cando sexa difícil selar a boca da vítima.

Continuando o algoritmo de actuación iniciado nos


apartados anteriores, despois das 30 compresións
torácicas e coa vía aérea aberta:

Tapamos o nariz da vítima, pechándoo co índice e


co polgar e apoiando a man na súa fronte.
Inspiramos unha vez e colocamos os beizos ao
redor da boca da vítima, selándoos con forza.
Insuflamos o aire na boca da vítima, mentres Sirius. Uso educativo-nc. Elaboración propia.
observamos se se eleva o peito. Esta insuflación ha de durar aproximadamente un
segundo.
Coa cabeza da vítima inclinada cara atrás e o queixo elevado, retiramos a nosa
boca e observamos se o tórax descende ao expirar o aire.
Inspiramos normalmente para insuflar na boca da vítima outra vez, co fin de
conseguir dúas respiracións boca a boca efectivas.
Volvemos poñer as mans inmediatamente na posición correcta sobre o esterno e
continuamos con 30 compresións torácicas máis.

12 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

cardíaca. Cómpre reparar en que para localizar correctamente o punto de masaxe

Se a ventilación boca a boca inicial non fai que o peito da vítima se eleve coma na respiración
normal, antes de tentalo outra vez:

Comprobaremos que non hai nada na boca que obstrúa a súa ventilación.
Axustaremos a vía aérea para comprobar que está aberta.
Non tentaremos facer máis de dúas insuflacións cada vez, antes de volver ás compresións
torácicas.

13 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Ventilación artificial (II)

No momento de socorrer un descoñecido que require os


primeiros auxilios, é probable que te preguntes se será
perigoso para a túa saúde realizar a ventilación boca a
boca. Como cres que actuarías se te atopases nesa
situación?

Tanto os profesionais coma os socorristas sen formación


sanitaria recoñecen que son remisos a realizar a
Sirius. Uso educativo-nc. Elaboración propia.
ventilación boca a boca en vítimas descoñecidas dunha
parada cardíaca. Diferentes estudos avalan que unha RCP só con compresións torácicas
consegue mellores resultados de supervivencia ca se non se aplica ningún tipo de
resucitación.

Se a vía aérea está aberta, as boqueadas ocasionais, e mesmo os movementos do tórax


durante a masaxe, poden conseguir un pequeno intercambio de aire. En caso de non
poder aplicar a ventilación ou se non nos atrevemos a aplicar a ventilación boca a boca,
levar a cabo a masaxe cardíaca é preferible a non realizar ningún tipo de reanimación.

Pódese optar por facer unha RCP soamente con


compresións torácicas se non se pode ou non se
quere facer a respiración boca a boca e, nese
caso, realizaranse 100 compresións por minutos de
maneira continuada.

Unha vez iniciada a resucitación, débese continuar


ininterrompidamente. Deixarase de facer a RCP se:
Sirius. Uso educativo-nc. Elaboración propia.

Chega a axuda profesional.


A vítima empeza a respirar normalmente.
O socorrista queda esgotado.

14 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

15 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Dificultades durante a realización da


resucitación

Unha reanimación pode complicarse con distintos


problemas. Un dos máis frecuentes é a presenza de
substancias ou obxectos na cavidade oral. Como se pode
actuar nestes casos?

Algunhas das situacións que poden dar lugar a


problemas durante a reanimación son:

Obxectos estraños na cavidade oral Sirius. Uso educativo-nc. Elaboración propia.

Se ao tentar as insuflacións vemos que non conseguimos elevar o peito, é posible


que se deba á presenza dalgún obxecto ou substancia na cavidade oral. Abrimos
a boca da vítima e miramos se hai algún obxecto estraño á vista. Esta
comprobación debe repetirse cada vez que sospeitemos que se poida producir un
vómito. No caso de que observemos algún obxecto claramente visible e fácil de
alcanzar, tentaremos a súa extracción. A limpeza da cavidade oral efectúase
introducindo un dedo en forma de gancho que metemos pola comisura da boca.

Hiperventilación

A hiperventilación (é dicir, insuflar un volume excesivo de aire ou realizar


demasiadas ventilacións) provoca diversos problemas, como pode ser a entrada
de aire ao estómago. A medida que o estómago se dilata pódese orixinar o vómito,
o que impide a correcta realización da RCP.

Doutra banda, o estómago dilatado actúa comprimindo o diafragma e, por tanto,


os pulmóns, o que dificulta as insuflacións.

As insuflacións han de ser suficientes para a elevación do tórax da vítima. O


volume é aproximadamente o dunha inspiración normal.

Vómitos

A aparición do vómito nunha persoa inconsciente pode crear graves problemas;


por exemplo, que parte do contido do estómago pase ás vías aéreas e que se
obstrúa o paso do aire e que as irrite.

Se ocorre isto, hai que colocar lateralmente a vítima para favorecer a saída do
vómito e limpar a cavidade oral, mediante a técnica do dedo en gancho cun pano.

16 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

17 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Desfibrilación externa semiautomática

Como viches ao estudar a fibrilación ventricular, esta é unha das causas máis frecuentes de parada
cardiorrespiratoria. Este ritmo pode ser revertido a un ritmo eficaz mediante unha descarga eléctrica
conseguida cun aparello eléctrico chamado desfibrilador aplicado precozmente. O desfibrilador tamén
pode conseguir un ritmo útil nos casos de taquicardia ventricular rápida.

A desfibrilación é o terceiro elo da cadea de supervivencia.

Lembremos brevemente este concepto. A cadea de supervivencia é unha serie de accións ordenadas que fan
máis probable a supervivencia dunha persoa e que consta dos seguintes elos:

Primeiro elo: recoñecemento precoz da urxencia médica e chamada de auxilio.


Segundo elo: RCP básica precoz, realizada polas testemuñas.
Terceiro elo: desfibrilación precoz.
Cuarto elo: soporte vital avanzado precoz e coidados posteriores á reanimación.

O socorrista que ten o contacto inicial co paciente, identifica a parada


cardiorrespiratoria, alerta os servizos de emerxencia e inicia as manobras de
reanimación no lugar do suceso. Á súa chegada, os equipos de soporte vital avanzado
aplican as manobras máis específicas, incluída a desfibrilación, para manter e/ou
recuperar o paciente, e garanten o traslado ao hospital.

Os desfibriladores semiautomáticos externos (DESA) son instrumentos ou dispositivos


sanitarios capaces de analizar o ritmo cardíaco e de recoñecer a presenza ou a ausencia
de fibrilación ventricular, recomendando unha descarga e procedendo a realizala en caso
de ser necesaria.

Coa aparición dos desfibriladores semiautomáticos externos (DESA) e a súa instalación


en lugares de pública concorrencia (colexios, estadios, centros comerciais…), pódese
reducir o tempo para a aplicación da desfibrilación. O uso dos DESA está autorizado para
persoal non sanitario sempre que estea debidamente cualificado.

18 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

19 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Funcionamento e mantemento

Se te preguntaches que pasaría se os DESA se instalasen en


lugares de pública concorrencia, seguro que pensaches tamén,
por exemplo, en que garantías hai de que non se lles apliquen
descargas a persoas que non o necesitan ou a quen lle
corresponde o mantemento do aparello.

Funcionamento

O funcionamento do desfibrilador baséase en emitir un impulso


de corrente continua ao corazón. Simultaneamente,
despolarízanse todas as células miocárdicas, e isto permite
poder retomar o ritmo eléctrico normal ou outro eficaz.
Stevenfruitsmaak. CC by-sa.
Procedencia.
O DESA é totalmente ineficaz na parada cardíaca con asistolia,
pois neste caso o corazón, ademais de non bombear o sangue, non ten actividade
eléctrica. E tamén resulta ineficaz na actividade eléctrica sen pulso, onde hai actividade
eléctrica, que pode ser mesmo normal, pero sen eficacia mecánica. Nestes dous últimos
casos, unicamente se debe realizar compresión torácica mentres se establecen outras
medidas avanzadas.

Os DESA estándar poden usarse en nenos a partir dos 8 anos. Para nenos de 1 a 8 anos deben
empregarse parches pediátricos, de menor tamaño, ou un modo pediátrico. Se isto non pode ser,
utilizarase o DESA normal.

Os DESA son fáciles de utilizar, sensibles e fiables e, ademais, almacenan a información tomada
durante todo o evento. Isto, unido a que o seu custo non é moi elevado, fai que se estean instalando en
multitude de lugares.

Os programas de desfibrilación de acceso público mellorarán a supervivencia da parada cardíaca se se


establecen en lugares onde a parada cardíaca presencial sexa máis probable (cunha ocorrencia, polo
menos, dunha vez cada dous anos), como poden ser os aeroportos, instalacións deportivas, casinos e
outros lugares concorridos. No entanto, o 80 % das paradas cardíacas extrahospitalarias danse en
ámbitos privados ou residenciais, o que limita significativamente estes programas.

O persoal non sanitario autorizado para utilizar un DESA debe reunir uns requisitos mínimos,
requisitos que se regulan en cada comunidade autónoma e que han de garantir que se posúan os
coñecementos mínimos e básicos necesarios para o seu uso.

De forma xeral, debe acreditarse a realización dun programa de formación, tanto inicial coma
continuada, para o persoal non sanitario, que será organizado tanto polas comunidades autónomas
coma por entidades públicas ou privadas debidamente autorizadas.

O programa de formación deberá desenvolver, polo menos, os seguintes contidos:

20 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

1. Identificación das situacións nas que se poden usar desfibriladores.


2. Utilización do desfibrilador semiautomático externo.

Mantemento

Os DESA teñen a vantaxe de que realizan unha autocomprobación e de que alertan de calquera mal
funcionamento, así como do estado da batería.

Segundo queda regulado no artigo 7 do Real decreto 365/2009 que regula o uso dos desfibriladores
fóra do ámbito hospitalario, “os organismos, empresas e institucións públicas e privadas que
instalen un DESA serán responsables de garantir o seu mantemento e conservación, de acordo
coas instrucións do fabricante”.

As comunidades autónomas establecerán, de acordo coas súas competencias, os mecanismos de


inspección e control oportunos para asegurar o cumprimento do establecido neste real decreto.

21 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Protocolo de utilización
Utilizar un desfibrilador semiautomático pode parecer fácil. Pero canto tempo coidas que se
necesitará para aprender a utilizalo? Malia que se pode aprender o seu uso básico en poucos
minutos, é imprescindible contar coa formación adecuada para empregalo, e isto tanto por razóns
legais coma pola nosa propia seguridade.

Existen distintos tipos de desfibriladores semiautomáticos con distintos mandos, pero todos teñen as
mesmas funcións. Todos contan cun botón de acendido (habitualmente verde) e outro de
desfibrilación (normalmente de cor vermella).

Velaquí o protocolo de utilización dun desfibrilador semiautomático:

1. Se a vítima non responde e non respira normalmente, hai que lle pedir a alguén que chame
ao teléfono de emerxencias e que vaia buscar o DESA, se o hai no local.

2. A continuación, quitaráselle a roupa de cintura para arriba, e se é preciso cortarase.

3. Iniciarase a reanimación cardiopulmonar, de acordo coas recomendacións de soporte vital


básico.

4. Tan pronto como chegue o desfibrilador, hai que acendelo e fixar os eléctrodos.

En caso de que o paciente estea mollado, hai que levalo a un lugar seco e secarlle o
tórax. A razón é que, se está mollado, a descarga será menos eficaz, xa que esta se
transmitirá pola auga que empapa a pel. E se o chan está tamén mollado, a descarga podería
transmitirse ao reanimador.
Os eléctrodos hai que colocalos debaixo da clavícula dereita e na zona inferior e esquerda
do tórax.
De tratarse de nenos de entre 1 e 8 anos (de entre 9 e 25 kg) con paro cardíaco
prehospitalario, a American Heart Association (AHA) recomenda usar o DESA con eléctrodos
de menor tamaño pediátrico, e con doses pediátricas. A partir dos 8 anos, utilizarase o de
adultos. E, no caso dos menores dun ano, a AHA non o recomenda nin o desaconsella.

5. Para iniciar a análise, hai que seguir as directrices de voz e/ou visuais do aparato. E convén
asegurarse de que ninguén toca o paciente no momento da análise para evitar interferencias.

6. Despois da análise, o aparato indicará se está indicada a descarga:

Se está indicada a descarga, hai que asegurarse de que ninguén toca a vítima e pulsar o
botón de descarga, mentres se avisa de que se está facendo. Nos desfibriladores
completamente automáticos, a descarga será inmediata tras a advertencia de afastamento do
paciente.
Se non está indicada a descarga, reiniciarase a RCP inmediatamente coa pauta 30:2.

7. Hai que seguir as indicacións das mensaxes do DESA, ata que:

Chegue axuda cualificada e se faga cargo do paciente.


A vítima empece a respirar de forma espontánea. Neste caso, colocarase en posición lateral
ata que chegue a axuda cualificada.
O reanimador ou reanimadores se cansen.

22 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

23 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Recollida de datos

Sabías que os equipos de desfibrilación almacenan na


súa memoria os datos obtidos durante todo o
procedemento? Que utilidade consideras que pode ter
esta información?

Unha das vantaxes dos DESA é a recollida de datos,


que se realiza desde o momento en que o dispositivo
é conectado.
Stefan-Xp. CC by-sa. Procedencia.
Á vez que se analiza o ritmo cardíaco, a información sobre
todo o proceso, o tipo de ritmo, as descargas producidas e o efecto conseguido vanse
almacenando na memoria do equipo. Nalgúns modelos mesmo se fai unha gravación en
audio do son ambiente. Toda esta información é descargada a un equipo informático e
pode empregarse para a elaboración dunha ficha de datos moi concretos.

As técnicas de soporte vital básico convertéronse nun punto de confluencia de diversas


ramas do medicamento. Necesítase unha variedade de técnicas, especialidades e
organizacións. Esta situación dificulta o desenvolvemento dunha terminoloxía uniforme.
Doutra banda, é difícil comparar os datos obtidos coas diversas técnicas de resucitación,
ao non coincidir termos, criterios de datos relevantes etc.

Na busca dun intercambio de información máis efectivo no ámbito internacional, creouse


o Estilo Utstein, que comprende un glosario de termos acordados e un modelo de
comunicación de datos nos intentos de resucitación durante o paro cardíaco
extrahospitalario. O modelo detalla unha lista de sucesos que deberían ser incluídos nos
informes. Existen diversidade de follas de recollida de datos e en todas se intentan
manter os mesmos datos.

Algúns dos datos esenciais que convén recoller son:

Localización do paro: domicilio, rúa, lugar público, centro de traballo, grandes


aglomeracións, ambulancia, residencia ou outros lugares.
Axente desencadeante: como dato fundamental, débese tentar polo menos
clasificar o paro como “etioloxía cardíaca” ou “etioloxía non cardíaca”.
Estado do paciente á chegada da ambulancia: respiración (si/non), RCP da
testemuña (si/non).
Ritmo inicial rexistrado: FV, TV, asistolia ou outros.
Tratamento: como datos fundamentais, deben rexistrarse o tipo de soporte
ventilatorio proporcionado (boca a boca ou máscara de ventilación, intubación
endotraqueal), o número de desfibrilacións dadas e a medicación administrada.

24 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

No caso dos reanimadores non sanitarios, existe diversidade de follas de recollida de datos e un
procedemento establecido que garante que a información sobre o uso do dispositivo acabe en mans
profesionais que poidan darlle o mellor uso. Como exemplo de procedemento recóllese o seguinte,
indicado na orde que regula o uso dos DESA por persoal non sanitario en Cantabria:

“A utilización do desfibrilador externo semiautomático implicará a obrigación por parte do


persoal que o utilice de cubrir a folla da asistencia prestada ao paciente que presente parada
cardiorrespiratoria, segundo o modelo Utstein previsto no anexo II. Esta folla cuberta, así como o
rexistro informatizado do suceso almacenado no sistema de memoria do desfibrilador, remitiranse,
salvo causa de forza maior, nas seguintes 24 horas, á Xerencia de Atención Primaria 061”.

25 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

RCP pediátrica

Aínda que no caso dos nenos o protocolo é algo diferente ao dos adultos, hai que ter claro que en
caso de dúbida é preferible seguir o protocolo de SVB dos adultos para a resucitación dun neno
antes ca non facer nada.

No texto, a palabra "neno" utilízase para referirse a ambos os sexos e, salvo que se especifique o
contrario, inclúe os lactantes.

As diferenzas existentes entre a actuación para un adulto e para un neno baséanse tanto nas
diferenzas anatómicas coma en que nos adultos a parada cardíaca adoita ser primaria (é dicir, o
primeiro que falla é o corazón), mentres que nos nenos é máis frecuente a parada cardíaca secundaria
a consecuencia dun fallo respiratorio.

As técnicas e os protocolos que se deben realizar son diferentes en función de tres grupos de
idade:

Adultos
Nenos
Lactantes

Considéranse lactantes todos os nenos menores dun ano. No entanto, pode haber ocasións nas que
atenderemos un lactante grande coma se fose un neno; por exemplo, se vemos que coas técnicas
para lactantes non conseguimos unha masaxe cardíaca efectiva.

Existen diferenzas anatómicas relevantes entre os nenos e os lactantes, polo que é necesario
diferenciar estes dous grupos de idade á hora de aplicar as técnicas de reanimación.

26 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

27 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Variacións nas técnicas respecto ao adulto

Para os efectos da reanimación cardiopulmonar, que é o


que se considera un neno?

As características físicas do neno van desaparecendo ao


comezo da puberdade. Parece lóxico considerar falar de
neno ata a chegada da puberdade. A partir do momento
en que o reanimador considere que se atopa ante un
adolescente novo, aplicará as técnicas do adulto. Mesmo
no caso de que se lle apliquen as técnicas do neno a un
ITE. Uso educativo-nc. Procedencia.
adulto novo, o prexuízo sería escaso, xa que nos adultos
novos continúanse os patróns de parada existentes nos nenos (paradas secundarias por
fallo respiratorio).

Unha das principais diferenzas na actuación baséase no esgotamento das reservas de


osíxeno. No caso dos nenos, é moito máis frecuente a parada cardíaca secundaria a
consecuencia do fallo respiratorio ou da obstrución da vía aérea. Nesta situación é
prioritaria a chegada de osíxeno ao cerebro, que é a orixe destas variacións.

Para os reanimadores non sanitarios (sen formación específica en resucitación


pediátrica), a relación de compresións ventilacións será a mesma que para o adulto:
30 compresións/2 insuflacións.

As seguintes modificacións conseguen unha


secuencia de actuación máis adecuada no caso dos
nenos e dos lactantes:

Variacións respecto da apertura da vía aérea:


No caso dos lactantes, hai que buscar a
posición neutra da cabeza. Debido á súa Sirius. Uso educativo-nc. Elaboración propia.
anatomía, é necesario que a apertura da vía
aérea sexa suficiente, pero sen chegar á posición que se alcanza no neno e
no adulto. A cara do lactante queda case en posición horizontal.

Variacións respecto da ventilación:


Realizar cinco ventilacións iniciais (chamadas ventilacións de rescate) antes
de comezar coas compresións torácicas.
Un reanimador único debe aplicar a RCP durante 1 minuto aproximadamente,
antes de buscar axuda. Durante ese primeiro minuto, conséguese unha
achega de osíxeno que é fundamental para a supervivencia das células
cerebrais.
No caso dos lactantes, a ventilación realizámola abarcando coa nosa boca a
boca-nariz do bebé. Se non podemos abarcar a boca-nariz do lactante,
utilizaremos a técnica do adulto pinzando o nariz.
As insuflacións deben ser adecuadas ao tamaño do neno ou do lactante, ata
conseguir a elevación pasiva do tórax. No caso dos lactantes, conséguese
esta elevación con pequenas insuflacións.

Variacións respecto das compresións torácicas:


As compresións torácicas deben deprimir o tórax aproximadamente un terzo
da súa profundidade. Para conseguilo, utilízanse só dous dedos para os
nenos menores dun ano e unha ou ambas as mans para os nenos maiores

28 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

dun ano, o que sexa necesario para lograr unha profundidade de compresión
adecuada.

29 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Soporte vital básico pediátrico

O algoritmo de actuación nun neno ou nun lactante é


basicamente o mesmo ca nun adulto, aínda que con
algunhas diferenzas. A máis importante é a de
realizar cinco ventilacións iniciais de rescate,
seguidas dun minuto de RCP, antes de acudir a
alertar os servizos de emerxencias (para un
reanimador único). Un breve repaso deste algoritmo
adaptado á situación axudarache a memorizar a
técnica:

1. Asegurar a seguridade tanto do neno coma do


reanimador. A premisa “protexer” sempre é a primeira
Sirius. CC by-nc. Procedencia. que hai que aplicar.

2. Comprobar a consciencia do neno.


Para isto, achegámonos observando
se hai movementos de calquera tipo.
Unha vez ao seu lado, chamámolo en
voz alta e movémolo buscando
algunha reacción.
3. Se o neno responde contestando ou
movéndose:
Controlar o seu estado e pedir
axuda se o consideramos
necesario.
Mantelo fóra de perigo e vixialo
regularmente.
4. Se o neno non responde, a
actuación que hai que seguir será:
Gritar para pedir axuda.
Abrir a vía aérea coa manobra
fronte-queixo (posición neutra
no caso do lactante). Sirius. Educativo non comercial. Elaboración propia.
Manter a vía aérea aberta, e
ver, oír e sentir se a respiración é normal (tempo suficiente pero non superior a 10
segundos).
5. Se o neno respira normalmente:
Observar se se aprecia algunha causa da inconsciencia (posibles caídas, traumatismos,
hemorraxias…). Se hai hemorraxias, hai que actuar sobre elas coas técnicas estudadas.
Colocar o neno en posición de recuperación, sempre que non haxa evidencia dun
traumatismo. Para os lactantes pode ser necesario colocarlles un apoio nas costas que
lles axude a manter a posición (roupa, un coxín etc.).
Avaliar regularmente a respiración e pedir axuda médica se se considera necesario.
6. Se o neno non respira ou ten respiración anormal:
Dar 5 ventilacións iniciais de rescate.
Mentres se realizan as 5 insuflacións de rescate, débese observar a presenza de tose ou
calquera tipo de resposta a esta acción.
7. Retírase a roupa para localizar o punto de masaxe e aplícanse 30 compresións torácicas,
seguidas de dúas ventilacións. Continuamos con esta relación de ventilacións compresións.
8. Se o reanimador está só, deberá realizar 1 minuto de reanimación antes de avisar os
servizos de emerxencias. Se o neno non sufriu traumatismos, pode trasladarse con el para
continuar coa reanimación mentres se comunica co 112.

30 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Cantas ventilacións de rescate se lle dan a un neno inconsciente que non respira?

31 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Ventilación pediátrica

As respiracións de rescate nos nenos maiores dun ano


realízanse como segue:

Abrir a vía aérea.


Tapar o nariz entre os dedos índice e polgar da man que
está colocada sobre a fronte do neno.
Manter a elevación do queixo, colocar os beizos ao redor
da boca do neno.
Realizar unha insuflación de aproximadamente un
segundo, e observar a elevación pasiva do tórax. No
momento en que se consegue a elevación do tórax non é
necesario seguir insuflando. ITE. Uso educativo-nc. Procedencia.
Manter a man na fronte do neno, separar a nosa boca da
boca da vítima e observar como descende o tórax ao expeler o aire.
Repetir esta secuencia cinco veces. Comprobar que o tórax ascende e descende
de maneira similar ás respiracións normais.

As respiracións de rescate para os lactantes


realízanse como segue:

Abrir a vía aérea buscando a posición neutra


da cabeza do lactante.
Coller aire e cubrir a boca e o nariz do bebé
coa nosa boca. Se o socorrista ten dificultades
para abarcar a boca e o nariz do lactante,
pódese utilizar a mesma técnica que para os
nenos maiores dun ano e para os adultos.
Realizar unha insuflación curta ata ver
ascender o tórax. Sirius. CC by-nc. Procedencia.
Manter a man na fronte do bebé, separar a
boca da vítima e observar como o tórax descende.
Repetir cinco veces a secuencia e comprobar en cada caso a elevación do tórax.

Se existe dificultade para conseguir respiracións efectivas, pódese deber a que a


vía aérea estea obstruída e, nese caso, hai que proceder como segue:

Abrir a boca do lactante e retirar calquera obstrución visible. Non realizar un varrido
co dedo a cegas.
Asegurar unha correcta posición fronte-queixo e que o pescozo non estea
hiperestendido.
Dar cinco respiracións de rescate, comprobar a efectividade de cada unha das
respiracións e, se a respiración non consegue elevar o tórax, recolocar a cabeza
antes dun novo intento.

32 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

33 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Masaxe cardíaca pediátrica


A estrutura ósea dun bebé é moito máis flexible que a dun adulto. O pequeno corazón
atópase protexido por esta estrutura flexible que cede baixo a presión con gran
facilidade. Pero con que presión se ha de facer a masaxe cardíaca nestes casos?

O medo a provocar algún dano detivo a moitos reanimadores.


Non debes esquecer que se decides realizar unha masaxe
cardíaca é porque o bebé está nunha situación na que o máis
daniño é non realizar a reanimación.

As compresións torácicas efectúanse da seguinte maneira:

Nos nenos, a compresión hai que facela sempre no terzo inferior


do esterno e debe ser suficiente como para deprimir o esterno
aproximadamente un terzo da profundidade do tórax. Despois de
deixar que se recupere o tórax, repetiranse as compresións
Patrick J. Lynch. CC by. Procedencia.
cunha frecuencia aproximada de 100 por minuto. Tras 30
compresións, realizarase a manobra fronte-queixo e daranse
dúas respiracións efectivas. Continuar coas compresións e a ventilación cunha relación
de 30:2. Aínda que a frecuencia das compresións debería ser de 100 por minuto, o
número actual de compresións será menor ao ter que intercalar as respiracións de
rescate.

O método das compresións varía lixeiramente entre o


neno e o lactante.

Para realizar as compresións nos nenos maiores dun


ano, colocarase o talón dunha man sobre o terzo inferior
do esterno e levantaranse os dedos para asegurar que a
presión non se aplica sobre as costelas. O reanimador Sirius. Uso educativo-nc. Elaboración propia.
deberase colocar vertical ao tórax da vítima e, co brazo
estendido, comprímese o esterno aproximadamente un terzo da profundidade do tórax.
Nos nenos grandes, ou cando o reanimador é pequeno, resulta máis sinxelo realizar as
compresións coas dúas mans, unha sobre outra, e cos dedos entrelazados.

Para realizar as compresións nos lactantes, colocaranse dous dedos no terzo inferior
do esterno, e asegurarémonos de non facer as compresións sobre a parte alta do
abdome. Comprímese o esterno aproximadamente un terzo da profundidade do tórax.

34 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

35 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Resumo das variacións


Na seguinte táboa resúmense as principais variacións nas técnicas de reanimación cardiopulmonar en
función de que se trate de adultos, nenos ou lactantes.

VARIACIÓNS ADULTO NENO LACTANTE

Manobra fronte- Manobra fronte-


Apertura da vía aérea Búscase a posición
queixo. queixo.
neutra da cabeza.

Nos adultos, as Realizar cinco Realizar cinco


comprensións ventilacións iniciais ventilacións iniciais
torácicas teñen de rescate antes de rescate antes de
máis relevancia de comezar coas comezar coas
que a ventilación. compresións compresións
torácicas. torácicas.

Boca a boca, Boca a boca, Abarcaremos coa


colocando os colocando os nosa boca a boca-
beizos ao redor da beizos ao redor da nariz do bebé. Se
boca da vitima, boca da vítima, non podemos,
selándoos con selándoos con utilizaremos a
Ventilación
forza e tapándolle forza e tapándolle técnica do adulto
o nariz co índice e o nariz co índice e pinzando o nariz.
co polgar. co polgar.

Realizar As insuflacións Con pequenas


insuflacións en deben ser insuflacións
aproximadamente adecuadas ao conséguese esta
1 segundo, co tamaño do neno, elevación.
volume suficiente ata conseguir a
para facer que se elevación pasiva
eleve o tórax da do tórax.
vítima.

Se non existe Débese aplicar a Débese aplicar a


respiración, RCP durante, RCP durante,
Alerta chamar ao 112. aproximadamente, aproximadamente, 1
1 minuto antes de minuto antes de
buscar axuda. buscar axuda.

Comprimirase o Deben conseguir Deben conseguir


esterno cara deprimir o tórax deprimir o tórax
abaixo entre 4 e 5 aproximadamente aproximadamente
Compresións cm. Para iso un terzo da súa un terzo da súa
utilizaranse as profundidade. profundidade. Para
torácicas dúas mans. Utilizarase unha ou conseguilo utilízanse
ambas as mans, só dous dedos.
para lograr a
profundidade de a
compresión

36 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

adecuada.

37 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Obstrución de vía aérea por corpo estraño


(OVACE)

Os accidentes nos que a vítima morre a consecuencia da obstrución da vía aérea


por un corpo estraño (OVACE) son pouco frecuentes. Ademais, existen técnicas moi
efectivas que conseguen evitar estas mortes. Apenas o 1 % das obstrucións chega a
terminar coa vida da vítima. Nos nenos e lactantes, a metade dos casos de
atragoamento prodúcense mentres o neno está comendo, e o resto son orixinados por
pequenos obxectos (como moedas) e por xoguetes. Nos adultos, o OVACE prodúcese ao
inxerir alimentos.

É fundamental recoñecer o OVACE desde un primeiro momento. Nos adultos, é moi


frecuente o atragoamento con algún alimento no momento de rir, polo que en ocasións
se confunde cunha broma e tárdase máis da conta en recoñecelo. Podemos identificalo
porque a vítima presenta dificultades respiratorias, en ocasións con ruídos sibilantes,
leva as mans ao pescozo e mostra signos de afogo e grande inquietude.

A obstrución da vía aérea pode ser incompleta ou


completa.

En caso de que sexa incompleta, a vítima:


Presenta sibilancias ao respirar.
É capaz de tusir.

É o caso menos perigoso, pois sempre entra algo de aire Alex Anlicker. CC by- na. Procedencia.
ao sistema respiratorio. Aínda que é unha situación
angustiosa, a persoa que a padece non perde a consciencia.

En caso de que se trate dunha obstrución


completa, resulta imposible:
falar

38 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

tusir ou
respirar.

En poucos minutos, prodúcese a inconsciencia da


persoa que a sofre.

Imos coñecer as actuacións que hai que seguir segundo


se trate dun adulto ou dun lactante.
Alex Anlicker. CC by- na. Procedencia.

A actuación será distinta dependendo de se a vítima está consciente ou inconsciente.

39 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Secuencia de actuación da OVACE en adultos

“Neno de once anos que se atragoa con tres moedas que


introduciu na súa boca”. Esta noticia produciuse hai uns meses,
pero é unha situación habitual que por desgraza ás veces acaba
coa morte da vítima.

Como o recoñecemento da obstrución da vía aérea é a clave


do éxito, é importante que non confundas esta emerxencia cun
desmaio, cun ataque ao corazón ou con outra doenza que poida
provocar súbitas dificultades respiratorias, cianose ou perda de
conciencia.

No apartado anterior viches os signos que nos levan a supoñer que


Sirius. Uso educativo-nc.
nos atopamos ante un caso de atragoamento. Para confirmalo,
Elaboración propia.

debemos preguntarlle á vítima se está consciente.

Velaquí o procedemento que hai que seguir en caso de


OVACE, e cómpre mencionar que será o mesmo para os
nenos maiores dun ano ca para os adultos:

Se tose, hai que animar a vítima para que o siga facendo.


Se non tose e dá mostras de ter unha obstrución grave
da vía aérea, hai que facer o seguinte:

- Inclinar a vítima ben cara a adiante.


Sirius. Uso educativo-nc. Elaboración propia.
- Suxeitala polo tórax e golpear co talón da outra man nas
costas (entre as paletas).

- Dar ata cinco golpes bruscos interescapulares.

- Estar atento a se expulsou o obxecto que producía a obstrución despois de cada un dos golpes.
O obxectivo non é dar os cinco golpes, senón conseguir que algún dos cinco axude a desobstruír a
vía aérea.

Se a obstrución non cede, hai que rodear a vítima desde atrás con ambos os brazos. Colocar o
puño dunha man co polgar dobrado cara ao abdome da vítima, na zona da boca do estómago. Inclinar
a vítima cara adiante e comprimir con brusquidade, cara arriba, ata cinco veces. Esta técnica
coñécese como manobra de Heimlich.

En caso de que a vítima quede inconsciente, hai que tendela no


chan e avisar a emerxencias. A continuación, iníciase a RCP, pois

40 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

as compresións torácicas conseguen tamén elevadas presións na


vía aérea. Cada vez que se realiza a apertura da vía aérea,
compróbase se hai algún obxecto na boca.

Está comprobado que a combinación de varias técnicas consegue


mellores resultados ca o uso dunha soa.

Sirius. Uso educativo-nc.


Elaboración propia.

41 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

OVACE nos lactantes

Como imaxinarías polo títulos dos apartados, a


técnica da OVACE é diferente nos adultos e nos
lactantes, pero que ocorre cos nenos e en que
categoría entran?

A principal diferenza está en que aos nenos moi


pequenos non se lles poden aplicar as
compresións abdominais.

Aínda que as compresións abdominais poden causar


danos en todos os grupos de idade, o risco é
particularmente alto nos lactantes e nos nenos moi
pequenos, debido á posición horizontal das
costelas, que deixa as vísceras do abdome
Sirius. Educativo non comercial. Elaboración propia.
superior moito máis expostas a posibles lesións.

En caso de que se produza unha OVACE nun lactante,


hai que observar se se produce tose ou se esta é
inefectiva e, neste caso:

Colocaremos o neno coa cabeza a un nivel máis


baixo ca o resto do corpo e en posición decúbito
prono, para axudar a expeler o corpo estraño.
O reanimador sentado ou axeonllado pode suxeitar
Sirius. Uso educativo-nc. Elaboración propia.
o lactante con seguridade.
Hai que manter a cabeza do lactante e suxeitarlle a boca aberta.
Daranse 5 golpes contundentes nas costas entre as escápulas co talón dunha das
mans. O obxectivo é liberar o corpo estraño con cada un dos golpes, máis que dar
os 5 golpes.

En caso de non conseguir a desobstrución, pasaremos a


realizar compresións torácicas:

Colocar o lactante en decúbito supino coa cabeza máis baixa.


Isto conséguese de forma segura colocando o brazo libre ao
longo das costas do neno e suxeitándolle a cabeza coa man.
Manter o neno que está colocado boca abaixo sobre o noso
colo e viralo sobre o noso brazo ata darlle a volta.
Darlle 5 compresións no tórax iguais ás da RCP, pero máis
fortes e máis lentas.
Despois das compresións torácicas ou abdominais, hai que
reavaliar o neno. Sirius. Uso educativo-nc.
Elaboración propia.
Se o obxecto non foi expelido e a vítima permanece
consciente, debemos continuar coa secuencia de comprensións torácicas na
costas.

Se o neno está inconsciente ou evoluciona cara á inconsciencia, colocaráselle sobre


unha superficie plana e ríxida e procederase a realizar a RCP, empezando pola
inspección da boca:

Abrir a boca e mirar se hai algún corpo estraño e, se está fácil de alcanzar, intentar

42 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

eliminalo facendo un varrido cun único dedo. Non tentar varridos repetidos ou a
cegas, pois isto podería meter o obxecto máis profundamente na farinxe e
aumentar a gravidade do atragoamento.
Abrir a vía aérea coa manobra fronte-queixo e dar cinco respiracións de rescate,
comprobar a efectividade de cada unha das respiracións e, se a respiración non
consegue elevar o tórax, recolocar a cabeza antes de intentalo de novo.
Dar 5 respiracións de rescate e, se non hai resposta (movemento, tose, respiración
espontánea), proceder ás compresións torácicas.
De tratarse dun reanimador único, seguir a secuencia da RCP durante
aproximadamente un minuto, antes de avisar o equipo de emerxencia; isto se non o
fixo antes alguén.
Cando se abra a vía aérea para dar as respiracións de rescate, hai que ver se hai
algún corpo estraño na boca.
Se se ve o corpo estraño, tentarase extraelo coa técnica do varrido cun só dedo.

43 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Atención inicial en patoloxía orgánica de


urxencias

A patoloxía é a parte da medicina encargada do estudo das enfermidades no seu sentido máis
amplo; é dicir, procesos ou estados anormais de causas coñecidas ou descoñecidas.

A patoloxía orgánica estuda a relación entre a enfermidade e as condicións dos diversos


sistemas orgánicos do corpo.

A medicina de emerxencia ou de urxencias é a que actúa sobre unha emerxencia ou urxencia médica,
definida como unha lesión ou enfermidade que supón unha ameaza inmediata para a vida dunha
persoa e cuxa asistencia non pode ser demorada.

Calquera resposta a unha emerxencia médica dependerá fortemente da situación, do paciente e da


dispoñibilidade de recursos para asistilo.

En patoloxía orgánica, fálase de nove sistemas clave:

O sistema cardiovascular
O sistema nervioso central
O sistema endócrino
O tracto gastrointestinal (e a condición nutricional)
Hematoloxía
Microbioloxía (incluído o estado séptico)
As periferias (e a pel)
O sistema renal (e metabólico)
O sistema respiratorio

O sistema cardiovascular, o sistema nervioso central e o sistema respiratorio son os que


adoitan dar lugar ás chamadas patoloxías orgánicas de urxencias.

Nesta unidade desenvolvemos os protocolos básicos de actuación ante algunhas destas


patoloxías, como son:

44 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Trastornos cardiovasculares de urxencia:


Cardiopatía isquémica
Insuficiencia cardíaca
Trastornos respiratorios:
Insuficiencia respiratoria
Asma bronquial
Alteracións neurolóxicas:
Accidente vascular-cerebral
Convulsións

45 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Cardiopatía isquémica

Sabías que en España case o 50 % dos falecementos se


deben a enfermidades cardiovasculares?

A cardiopatía isquémica (ou enfermidade coronaria) é


un conxunto de enfermidades do corazón ou
cardiopatías cuxa orixe radica na incapacidade das
arterias coronarias para fornecer o osíxeno necesario
a un determinado territorio do músculo cardíaco, o
que dificulta o funcionamento deste. Por isto, pola mala
función das arterias, é polo que o corazón enferma.

A consecuencia da cardiopatía isquémica pódense Patrick J. Lynch.


Creative Commons Attribution 2.5. Procedencia.
desencadear as seguintes situacións:

Anxina de peito: o fluxo sanguíneo coronario diminúe e prodúcese unha isquemia


miocárdica, que se traduce en dor torácica. No entanto, se se restablece o fluxo,
esta situación é reversible.
Infarto agudo de miocardio: o fluxo coronario diminúe totalmente porque a
isquemia miocárdica é total e morren as células miocárdicas. A este proceso
chámaselle necrose, polo que esta situación é irreversible e o tecido morto ou
necrosado xa non se recupera.
Morte súbita.

O síntoma máis habitual é sentir malestar no peito.

É unha opresión no centro do peito, habitualmente acompañada de dor ou de


sensación de ardor.
A molestia pode producirse no centro do peito e mesmo afectar as costas, o
pescozo, os ombreiros e/ou os brazos, e pode estar acompañada de náuseas,
vómitos, suor, afogo ou mareo.
É unha dor profunda, con límites pouco definidos.

Protocolo de actuación

En caso de ter antecedentes de cardiopatía


isquémica, a vítima dispoñerá de medicación
adecuada, habitualmente nitroglicerina sublingual.
Administraráselle esa dose de medicación. Se
persiste máis de cinco minutos o malestar,
alertarase o 112. En caso de non observar
melloría, a dose de nitroglicerina poderá repetirse
cada cinco minutos, ata un máximo de tres doses.

En todos os casos, se a molestia dura máis de 5


minutos, aínda que sexa lixeira, é necesario
alertar o 112 e manter en repouso a vítima. As
punzadas no peito xeralmente non son síntomas
de parada cardíaca. Un dato que hai que ter en
Sirius. Educativo non comercial. Elaboración propia.
conta é que a maioría das paradas se producen
en repouso e nun 75 % dos casos no propio
domicilio. Por regra xeral, a RCP practicada por testemuñas duplica ou triplica a
supervivencia.

46 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

47 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Insuficiencia cardíaca

O corazón bombea case 5 litros de sangue polo


organismo por minuto. Mesmo en repouso, o
corazón latexa entre 60 e 80 veces por minuto.
Estes latexos son provocados por impulsos
eléctricos que se orixinan no marcapasos natural
do corazón. Porén, pode acontecer que o corazón
non sexa capaz de fornecer todo este volume
sanguíneo, e isto é o que se chama insuficiencia
cardíaca.

A insuficiencia cardíaca é unha síndrome, que


Blue0ctane. CC by-sa. Procedencia.
resulta de calquera trastorno do corazón, que
causa a incapacidade deste de encher ou bombear sangue nos volumes
adecuados para satisfacer as demandas do organismo ou, se o logra, faino a
expensas dunha elevación crónica da presión de enchido dos ventrículos.

A insuficiencia cardíaca case sempre é unha afección crónica e prolongada, aínda que
algunhas veces se pode desenvolver repentinamente a consecuencia dunha infección
vírica do corazón.

A insuficiencia cardíaca adóitase pasar por alto debido á falta dunha definición
universalmente aprobada e ás dificultades diagnósticas, en especial se a condición se
considera leve. Aínda coas mellores terapias, a insuficiencia cardíaca está asociada a
unha taxa anual de mortalidade dun 10 %. É a principal causa de hospitalización nas
persoas maiores de 65 anos.

Os síntomas comúns son:

Dificultade respiratoria coa actividade ou despois de deitarse.


Tose.
Inflamación dos pés e dos nocellos.
Inflamación do abdome.
Aumento de peso.
Pulso irregular ou rápido.
Sensación de percibir os latexos cardíacos (palpitacións).
Dificultade para durmir.
Fatiga, debilidade, desmaios.
Inapetencia, indixestión.

Dado que é unha enfermidade de tipo crónico, o tratamento é o indicado polo


especialista médico. En primeiros auxilios, a nosa actuación encamiñarase a resolver os
problemas de aparición brusca que poidan sobrevir, como a parada cardíaca ou
dificultades respiratorias.

48 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Insuficiencia respiratoria

Sabes que coa superficie dos teus pulmóns poderías


cubrir un piso de 70 m2? A superficie dos pulmóns é
fundamental para manter o intercambio gasoso, de aí
esa elevada superficie de contacto. En repouso, unha
persoa realiza un intercambio pulmonar duns 4 litros por
minuto.

Unha vez que o aire penetra no corpo a través do nariz e


da boca, pasa pola garganta (farinxe) cara ao interior
dunha serie de condutos semellantes a tubos que
comezan na cavidade dos órganos de fonación (larinxe)
e na traquea. A continuación, o aire pasa polos dous
bronquios principais, un para cada pulmón. Os
bronquios principais, dereito e esquerdo, divídense
sucesivamente en ramificacións cada vez menores
Sirius. Educativo non comercial. Elaboración propia.
(bronquíolos) a medida que se introducen máis
profundamente nos pulmóns. Os bronquíolos, por último, transportan o aire dentro e fóra
dos sacos de aire (alvéolos), onde se produce o intercambio de osíxeno e anhídrido
carbónico.

En caso de insuficiencia respiratoria, o organismo non é capaz de conseguir o


intercambio gasoso necesario para manter as demandas de osíxeno e a
eliminación de anhídrido carbónico do organismo a un nivel adecuado.

Son diversas as enfermidades que poden orixinar unha insuficiencia respiratoria


grave.

En primeiros auxilios, a síndrome de insuficiencia respiratoria aguda é un tipo de


insuficiencia pulmonar provocada por diversos trastornos que causan a acumulación de
líquido nos pulmóns (edema pulmonar). Esta síndrome é unha urxencia médica que pode
producirse en persoas que anteriormente tiñan pulmóns normais. A insuficiencia
respiratoria pode orixinarse a consecuencia dunha infección grave. Debido á infección,
prodúcese unha inflamación do tecido pulmonar e os pulmóns perden a súa capacidade
de funcionamento normal.

Os síntomas comúns da síndrome de insuficiencia


respiratoria aguda son:

Sensación de afogo.
Respiración rápida e superficial.
Pel de ton azulado.
Xeralmente, sucede tras 24 a 48 horas de
producirse a lesión orixinal ou a enfermidade. Samir. CC by-sa. Procedencia.

A nosa actuación encamiñarase a detectar canto antes a situación de emerxencia,


acomodar a vítima en posición semisentada e alertar sen demora os servizos de
emerxencias médicas.

Cun tratamento adecuado poden sobrevivir ao redor do 50 % das persoas que padecen a
síndrome de insuficiencia respiratoria aguda.

49 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

50 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Asma bronquial
A asma é unha enfermidade en constante crecemento, especialmente nos países
desenvolvidos, onde se alcanzaron incrementos superiores ao 40 % no número dos
pacientes afectados. Ademais, rexístrase un aumento do número enfermos e, por outra
banda, a gravidade das crises parece que cada vez é maior, ao igual ca o número de
ingresos hospitalarios.

A asma é unha enfermidade que se caracteriza


polo estreitamento dos bronquios, debido ao
aumento da reactividade bronquial fronte a
diversos estímulos que producen inflamación.
De todos os xeitos, é unha situación reversible. Pica
sobre a imaxe para vela a tamaño completo.

As persoas que padecen asma reaccionan a


estímulos que non lle afectan a un pulmón normal
Sirius. Educativo non comercial. Elaboración propia.

(pole, ácaros, aíre frío, fume, exercicio,


ansiedade…). Nos nenos, o desencadeamento máis frecuente son as enfermidades
comúns, como pode ser o arrefriado. Ante estas agresións, os bronquios contráense e os
tecidos pulmonares segregan mucosidade. O resultado é que a persoa afectada ten
dificultades importantes para que o aire entre e saia dos seus pulmóns.

A asma pode presentarse desde episodios lixeiros con breve sensación de afogo, ata
tose continua, insuficiencia respiratoria e sibilancias.

Síntomas da asma

As persoas con asma experimentan primeiro afogo, tose ou unha opresión no peito. O
ataque pode desaparecer en poucos minutos ou pode durar horas, ou mesmo días.

Nos nenos, é frecuente a sensación de proído no peito ou no pescozo.

A tose seca pola noite ou durante o exercicio pode ser o único síntoma.

O afogo pode volverse grave durante un ataque de asma e xerar ansiedade.


Instintivamente, a persoa senta e inclínase cara adiante, usando o pescozo e os
músculos do tórax para axudarse a respirar. A suor é unha reacción frecuente ao esforzo
e á ansiedade.

Nos ataques máis graves, resulta difícil falar. As sibilancias poden reducirse debido á
dificultade para conseguir o movemento do aire. A consecuencia da falta de osíxeno, as
vítimas móstranse confusas e adormecidas e coa pel de ton azulado. Trátase dunha
situación de extrema gravidade que require un tratamento urxente.

Como hai que actuar ante un ataque de asma

No caso de pacientes asmáticos diagnosticados, é habitual que


dispoñan de medicación adecuada (sobre todo
broncodilatadores) para tratar un ataque súbito, administrada
normalmente cun inhalador ou cun nebulizador.

Unha vez recoñecida a situación, actuarase:

51 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Sentando o paciente en posición semisentada ou na que


se atope máis cómodo.
Dándolle a medicación, se dispón dela.
No caso de que o ataque non mellore nuns minutos,
alertando os servizos de emerxencias.

Mendel. Dominio público. Procedencia.

52 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Accidente vascular cerebral (I)

Un home novo atópase ultimamente mal e con frecuentes


dores de cabeza. Esta mañá quedou durmido na súa mesa
de traballo e aos compañeiros custoulles espertalo. Pola
tarde, perdeu o control do brazo dereito, que lle colga inerte.
No hospital non recoñecen signos de perigo, pero antes de
que remate o día ten un ataque epiléptico e entra en coma.

Coa denominación de ictus cerebral, apoplexía ou


ataque cerebral facemos referencia a unha enfermidade
cerebrovascular caracterizada polo cesamento do fluxo
de sangue ao cerebro que pode ocasionar a morte das
células cerebrais ou lesionalas debido á falta de
osíxeno. Tamén poden resultar afectadas as células Patrick J. Lynch. CC by. Procedencia.

cerebrais por unha hemorraxia no cerebro ou ao redor deste. As alteracións neurolóxicas


resultantes denomínanse accidentes vasculares cerebrais porque si afectan os vasos
sanguíneos (vascular) e o encéfalo (cerebro).

Un ictus (tamén denominado accidente vascular cerebral) supón a morte de tecido


do cerebro (infarto cerebral) como consecuencia dunha insuficiencia circulatoria, o
que dá como resultado un déficit de osíxeno ao cerebro. Caracterízase porque
aparece de forma brusca e afecta as funcións do sistema nervioso central.

O ictus ou accidente vascular cerebral pode ser:

Isquémico: a circulación dunha parte do cerebro interrómpese debido á obstrución


dun vaso sanguíneo, causada por un estreitamento do vaso ou por un coágulo.
Hemorráxico: prodúcese a rotura dun vaso sanguíneo, o que impide a circulación
normal e permite que saia sangue e que este inunde unha área do cerebro e que o
destrúa.

O cadro clínico é variado e depende da área do cerebro afectada.

Accidente vascular cerebral isquémico

Un accidente vascular cerebral isquémico, tamén chamado infarto cerebral, débese


á oclusión dalgunha das arterias que irrigan o cerebro, xeralmente por
arterioesclerose ou ben por un coágulo (embolia cerebral) que procede doutra
localización, fundamentalmente do corazón ou doutras arterias. A isquemia das células
cerebrais pode ter unha orixe:

Vascular, como o estreitamento das arterias.


Intravascular:
Fórmase un coágulo nunha das arterias que
irrigan o cerebro, o que provoca a isquemia.
Fórmase un émbolo que pode ser
consecuencia dun coágulo formado nunha
vea doutra parte do corpo e que, tras
desprenderse total ou parcialmente, viaxa
cara ao cerebro a través do torrente
sanguíneo, ou ben outro material chegado ao
torrente circulatorio por diferentes motivos.
Ao chegar ás pequenas arterias cerebrais, o
émbolo queda encallado cando o seu tamaño

53 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

supera o calibre destas, o que dá lugar ao


fenómeno isquémico.
Extravascular, como os estreitamentos por se
producir unha compresión sobre a parede vascular,
por mor de abcesos, quistes, tumores etc.

Accidente vascular cerebral hemorráxico

Tamén se denomina hemorraxia cerebral ou


apoplexía e débese á ruptura dun vaso sanguíneo
encefálico debido a unha subida da tensión ou a un
aneurisma conxénito.

A hemorraxia conduce ao accidente vascular cerebral


por dous mecanismos. Por unha banda, priva de
irrigación a área cerebral dependente desa arteria e, por Sirius. Educativo non comercial. Elaboración propia.
outra banda, o sangue extravasado exerce compresión
sobre as estruturas cerebrais, incluídos outros vasos sanguíneos, o que aumenta a área
afectada. Debido ás diferenzas de presión osmótica, o hematoma producido atrae líquido
plasmático, co que aumenta novamente o efecto compresivo local. É por este
mecanismo polo que a valoración da gravidade e o prognóstico dunha hemorraxia
cerebral se demora 24 a 48 horas ata a total definición da área afectada. As causas máis
frecuentes de hemorraxia cerebral son a hipertensión arterial e os aneurismas cerebrais.

54 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Accidente vascular cerebral (II)

Unha vez producido o accidente vascular cerebral, o


fundamental é recoñecelo canto antes e conseguir
axuda médica de inmediato. Algúns síntomas son moi
característicos, como as dores de cabeza e a parálise.

Síntomas

Os síntomas dun accidente cerebral vascular son moi


variados dependendo da zona afectada. Poden aparecer os
seguintes:

Dores de cabeza.
Crise convulsiva.
Asimetría facial; é dicir, desviación da boca apreciable
Rama. CC by-sa. Procedencia.
ao pedirlle que ensine os dentes.
Debilidade ou parálise nun brazo ou nunha perna, ou en todo un lado do corpo.
Perda da sensibilidade ou trastornos desta nun brazo ou nunha perna, ou nun lado
do corpo.
Dificultade coa linguaxe.
Alteracións da visión e/ou dor no ollo.
Confusión, letargo, somnolencia ou estupor.
Dificultade para pensar na palabra adecuada ou para expresala.
Incapacidade para recoñecer partes do corpo.
Irritabilidade, pouco control do temperamento.
Movementos inusuais.
Incontinencia urinaria.
Desequilibrio e caída.

Actuación que hai que seguir

Un accidente cerebral vascular é unha emerxencia médica e a seguir indícase o que se


debe facer:

Avisar o 112 de inmediato.


Se a vítima está inconsciente, mantela en posición lateral de seguridade.
Vixiar as súas constantes vitais.
En caso de crise convulsiva, actuar segundo o indicado no seguinte apartado da
unidade.

55 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

56 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

Convulsións nos adultos e nos nenos


Aproximadamente unha de cada vinte persoas que lean este apartado sufriu ou sufrirá
unha convulsión. O 4 % da poboación sufrirá convulsións nalgún momento da súa vida e
a metade non terá nunca un segundo episodio.

Unha convulsión é a resposta a unha descarga eléctrica


anormal no cerebro.

Non é o mesmo unha convulsión ca unha crise convulsiva,


aínda que adoiten utilizarse como sinónimos ambos os termos.
A descarga eléctrica anormal no cerebro orixina unha
convulsión. Segundo a parte do cerebro afectada, a persoa
pode percibir un cheiro ou sabor estraños ou, se a extensión de
cerebro afectada é maior, pode producirse unha convulsión con
sacudidas e espasmos dos músculos. A persoa pode
experimentar tamén unha breve alteración da consciencia, Xpanzion. CC by-sa. Procedencia.
perder o coñecemento ou o control dos esfínteres ou sufrir un estado de confusión.

Na crise convulsiva, o ataque adoita durar entre 2 e 5 minutos. Cando conclúe, a persoa
pode ter dor de cabeza, dor muscular, sensacións raras, confusión e fatiga extrema (o
que se coñece como estado poscrítico). É habitual que non lembre o que sucedeu
durante o episodio.

Algunhas causas que poden provocar crises convulsivas están asociadas a:

Febre elevada: golpe de calor, infeccións, meninxite, rabia, toxoplasmose…


Alteracións do metabolismo: alteracións nos niveis de azucre, calcio ou sodio no
sangue, insuficiencia renal ou hepática.
Osixenación insuficiente do cerebro: intoxicación por monóxido de carbono, ictus,
afogamento parcial.
Destrución do tecido cerebral: tumor, traumatismo cranial, ictus, hemorraxia cranial.
Exposición a drogas ou substancias tóxicas: alcol en grandes cantidades, cocaína,
anfetaminas, chumbo.
Abstinencia despois dun uso excesivo de alcol, somníferos, tranquilizantes...
Reaccións alérxicas a fármacos.

En caso de que se produza unha crise convulsiva, o obxectivo é evitar que durante
as convulsións a persoa poida lesionarse e para iso:

Procuraremos deitar a persoa nunha zona segura e afastada de calquera obxecto


co que poida danarse.
Alertaremos os servizos de emerxencias.
Se dispoñemos dun coxín ou dunha almofada, colocarémolo baixo a cabeza da
persoa afectada.
Procuraremos afrouxar os cintos e soltaremos a roupa ao redor do pescozo.
Colocaremos a persoa en posición lateral de seguridade.
Vixiaremos as constantes vitais ata que cheguen os servizos médicos.

No caso de que as convulsións se deban á febre, especialmente no caso de nenos ou


bebés, hai que:

Retirar a roupa.
Refrescar con auga morna, nunca con auga fría.

57 de 58 18/01/2019 17:15
Técnicas de soporte vital básico https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/337436/mod_res...

En ningún caso suxeitaremos a persoa durante as convulsións, nin tentaremos


introducir ningún obxecto entre os seus dentes e non lle administraremos ningún
tipo de medicamento.

58 de 58 18/01/2019 17:15

You might also like