Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 11

UNIDADE DIDÁCTICA 2

1. Maltrato infantil (actividade 2)


1.1 Introdución
Veremos nesta actividade o concepto, tipoloxía e indicadores de maltrato infantil, centrán-
donos nos diferentes protocolos de actuación e no papel da persoa educadora ante as situa-
cións de maltrato.

1.2 As necesidades infantís


Antes de abordar o que se entende por malos tratos, será necesario repasar cales son as ne-
cesidades que deben ter cubertas os nenos e nenas para garantir o seu benestar e o seu óp-
timo desenvolvemento persoal. Non en balde, como veremos máis adiante, as consecuen-
cias que se derivan da súa insatisfacción axudarannos a identificar de maneira máis precisa
as situacións de malos tratos.
NECESIDADES BÁSICAS

NECESIDADES BIOLÓXICAS Son aquelas que garanten o desenvolvemento físico a través da alimentación, o sono, a
hixiene, a actividade física e, en definitiva, o coidado da saúde.

NECESIDADES COGNITIVAS Son todas aquelas condicións que facilitan o coñecemento da contorna e os mecanismos
de comunicación que se conseguen a través da comprensión da realidade física e social, a
estimulación sensorial e a exploración da contorna inmediata.

NECESIDADES EMOCIONAIS E SOCIAIS Comprenden aqueles elementos que facilitan a elaboración de estratexias para expresar e
comprender os sentimentos, as condutas de relación e interacción cos demais: amizade,
compañeirismo, participación en xogos e actividades, etc.; e calquera condición que facilite
o desenvolvemento afectivo saudable e adecuado: sentirse querido, protexido, valorado,
etc.

Estas necesidades normalmente se cobren no seo familiar (os coidadores ou coidadoras do


menor son os responsables diso) dando lugar ao benestar do/a pequeno/a; en cambio, can-
do non están satisfeitas pódense identificar situacións de risco que poden dar lugar a dife-
rentes formas de malos tratos.

1.3 Que entendemos por malos tratos?


A infancia constitúe un período vital especialmente sensible e que precisa dunha especial
atención e coidado.
Baixo o termo xenérico de malos tratos á infancia englóbanse diversos tipos de
situacións, diferentes na súa detección, etioloxía, tratamento e prevención, pero que teñen
como característica común que afectan negativamente á saúde física e/ou psíquica do neno
ou nena e comprometen o seu axeitado desenvolvemento.
Existen múltiples definicións sobre malos tratos infantís. É un concepto complexo, o
maltrato non se refire só a casos e situacións evidentes -por exemplo dano físico-, senón
tamén contempla aquelas situacións que en moitos casos pasan inadvertidas, como poden
ser a desatención ou os malos tratos psicolóxicos, por poñer dous exemplos.
MALOS TRATOS INFANTÍS

O Observatorio da Infancia define os malos tratos "acción, omisión ou trato neglixente, non accidental, que prive ao neno dos seus dereitos e
infantís como o seu benestar, que ameace e/ou interfira no seu ordenado desenvolvemento físico,
psíquico e/ou social e cuxos autores poden ser persoas, institucións ou a propia socieda-
MALOS TRATOS INFANTÍS

de".

Acción: engloba os actos realizados.


Segundo esta definición tres tipos de actuacións son
susceptibles de causar malos tratos
Omisión: comprende todos aqueles coidados e atencións que se deberían prestar e que
non se prestaron.

Trato neglixente: é sinónimo de desatención. Refírese a aqueles coidados que se brinda-


ron de maneira inadecuada e insuficiente.

Dúas condicións que determinarán a existencia de malos tratos. Así, considerarase como
tal cando as accións ou feitos anteriores: que priven ao pequeno/a dos seus dereitos e o seu
benestar. que ameace ou interfira no seu desenvolvemento físico, psíquico e social.
Os/as causantes ou autores/as poden ser:
▪ Persoas: familiares (pais, avós, etc.) ou de fóra do contorno familiar.
▪ Institucións: os malos tratos derívase das institucións, por exemplo a neglixencia da
administración ou os malos tratos institucionais.
▪ A sociedade: prodúcese cando non hai un suxeito responsable directo dos malos tratos,
pero existen unha serie de circunstancias que repercuten negativamente no menor, por
exemplo por mor de vivir nun ambiente de violencia, ausencia de servizos básicos, etc.

Manifestacións dos malos tratos á infancia


Como vemos, o concepto de maltrato infantil agrupa diferentes accións ou omisións que
ameazan a seguridade dos nenos e nenas. Habitualmente identifícanse cinco subtipos de
maltrato que fan referencia a dous criterios:
▪ se as accións que os constitúen implican unha acción ou unha omisión
▪ se tales accións poñen en perigo as satisfacción das necesidades físicas ou emocionais
do/a menor
Isto pode quedar reflectido no seguinte cadro:
MALOS TRATOS INFANTÍS

MALTRATO INFANTIL ACCIÓN ( activo) OMISIÓN (pasivo)

Físico Maltrato físico Abandono físico


Abuso sexual

Emocional Abandono emocional


Maltrato emcoional

Ademais destas cinco tipoloxías, existen outras situacións que poden poñer en perigo a
saúde física e/ou psíquica do/da menor. Estas non se contemplan no cadro anterior por non
axustarse de maneira estrita aos criterios de categorización utilizados. Son as seguintes:
– Explotación laboral.
– Mendicidade.
– Corrupción.
– Maltrato prenatal.
– Síndrome de Munchaüsen por poderes.
– Maltrato institucional
A continuación preséntase a definición de cada unha das tipoloxías de maltrato.
MALTRATO FÍSICO

calquera acción non accidental por parte dalgún adulto/a que provoque dano físico ou enfermidade no neno/a ou o sitúe en grave risco de padecelo

Tales accións poden provocar no neno/a as seguintes - Contusións ou negróns; fracturas.


lesións - Queimaduras.
- Torceduras ou dislocacións.
- Feridas ou raspaduras.
- Sinais de mordeduras humanas.
- Cortes ou picadas.
- Lesións internas
- Asfixia ou afogamento.

ABANDONO FÍSICO OU NEGLIXENCIA

Aquela situación na que as necesidades básicas do/da menor non son atendidas temporal ou permanentemente por ningún membro adulto do
grupo co que convive”.

Tales necesidades básicas fan referencia ás seguin- -Alimentación.


tes áreas -Vestimenta.
- Hixiene.
- Coidados médicos.
- Supervisión e vixilancia.
- Condicións hixiénicas e seguridade no fogar.
- Área educativa.
- Protección ante as agresións internas.

O máximo grao de neglixencia é o abandono, situación na que o pai/nai, titor/a legal ou


persoa responsable do benestar do/a menor, aínda tendo a posibilidade de exercelas, rexei-
ta total ou deliberadamente as obrigas parentais (son exemplos de abandono: deixar un
neno/a nunha porta ou deixar un neno/a sen intención aparente de volver).
MALTRATO EMOCIONAL

Hostilidade verbal crónica en forma de insulto, burla, desprezo, crítica ou ameaza de abandono; constante bloqueo das iniciativas de interacción
infantís (desde a evitación ata o encerro ou confinamento) por parte de calquera membro adulto do grupo familiar”.

As condutas incluídas nesta categoría son as seguin- Rexeitar ou non aceptar as iniciativas de interacción do neno/a, excluílo de actividades
tes: familiares, expresarlle unha valoración negativa de si mesmo/a e impedirlle evolucionar
cara a unha maior autonomía e independencia.

Aterrorizar: ameazar ao neno/a cun castigo externo e concreto ou vago pero sinistro,
provocarlle un medo intenso, de ameaza impredicible, ou manter expectativas irrealizables
e castigalo por non acadalas.

Illar: privar ao neno/a das oportunidades para establecer relacións sociais.

ABANDONO EMOCIONAL

Falta persistente de resposta por parte dos pais/titores ou figura adulta estable, a certos sinais ou expresións emocionais do neno/a (pranto, sorriso,
...) ou aos intentos de aproximación, interacción ou contacto”.

Inclúese nesta categoría a conduta de indiferencia, referida ao estado de non dispoñibilidade dos pais/titores cara
ao neno/a; é dicir, o pai/titor está preocupado por si mesmo e é incapaz de responder á
conduta e demandas do neno/a

ABUSO SEXUAL

Calquera clase de contacto sexual cun neno/a menor de 18 anos por parte dun adulto desde unha posición de poder ou autoridade sobre o/a
menor”. Neste caso considéranse aquelas situacións nas que o/a menor é utilizado/a por un adulto para satisfacer desexos sexuais. Non é necesa-
rio que haxa un contacto físico para considerar que existe abuso sexual.

Os tipos de abuso sexual son Abuso sexual con contacto físico: – Incesto: contacto físico sexual ou realización do acto sexual por
varios un parente de consanguinidade (pai/nai/avó/avoa) ou por un
irmán/a, tío/a, sobriño/a. Inclúese tamén o contacto físico sexual
con figuras adultas que estean exercendo de xeito estable o papel
de figuras parentais (vg. pais adoptivos).
ABUSO SEXUAL

– Violación: contacto físico sexual ou realización do acto sexual por


unha persoa adulta, exceptuando os casos sinalados no apartado
anterior como incesto.
– Vexación sexual: conduta sexual cun o cunha menor cando o
contacto, estimulación ou interacción ten por obxecto a
gratificación das necesidades ou desexos sexuais do adulto

Abuso sexual sen contacto físico – Solicitude indecente a un neno/a ou sedución verbal explícita.
– Exposición dos órganos sexuais a un neno ou nena co propósito
de obter excitación e/ou gratificación sexual, agresión,
degradación ou propósitos similares.
– Realización do acto sexual intencionadamente na presenza dun
ou dunha menor co obxecto de buscar a excitación ou
gratificación sexual, agresión, degradación ou propósitos similares
– Masturbación en presenza dun neno/a.

EXPLOTACIÓN LABORAL

Aquela situación na que “os pais ou titores asignan con carácter obrigatorio ao neno/a a realización de traballos (domésticos ou non) que:

- Exceden os límites do habitual no contexto socio-cultural no que se desenvolve o neno/a.


- Deberían ser realizados por adultos/as.
- Interfiren de xeito claro nas necesidades sociais e/ou escolares do neno/a.
- Asígnanse ao neno/a co obxectivo fundamental de obter un beneficio económico ou similar para os pais/titores ou a estrutura familiar”.

MENDICIDADE

O neno/a é utilizado habitual ou esporadicamente por adultos para mendigar, ou ben o neno/a exerce a mendicidade por iniciativa propia.

CORRUPCIÓN

Condutas dos adultos que promoven no neno/a pautas de conduta antisocial ou desviada, especialmente nas áreas da agresividade, a apropiación
indebida, sexualidade e o tráfico ou consumo de drogas”.

A corrupción pode manifestarse de dous xeitos: Os pais ou titores facilitan e reforzan pautas de conduta antisocial ou desviadas que
impiden a normal integración do neno/a.

Os pais ou titores utilizan o neno/a como “axuda” ou “tapadeira” para a realización de


accións delitivas (roubos, transporte de drogas, etc.).

MALTRATO PRENATAL

Situacións e características do estilo de vida da muller embarazada que, sendo evitables, prexudican o desenvolvemento do feto.

Comprende: o consumo de drogas, alcohol ou outros hábitos tóxicos da nai durante o embarazo (que
provocan que o bebé naza cun crecemento anormal, patróns neurolóxicos anómalos, con
síntomas de dependencia física de tales sustancias, ou outras alteracións derivadas do seu
consumo), embarazos sen seguimento médico, alimentación deficiente,…

SÍNDROME DE MUNCHAÜSEN POR PODERES

Defínese como “aquelas situacións nas que o pai / nai /titor somete o neno/a a continuos ingresos e exames médicos alegando síntomas físicos
patolóxicos ficticios, ou xerados de xeito activo polo propio pai /nai” (por exemplo, mediante a inoculación de substancias ao neno). Provócanse no
menor síntomas físicos patolóxicos que requiren hospitalización ou tratamento médico reiterado.
Consiste en que un dos pais, xeralmente a nai, induza deliberadamente enfermidades no seu fillo ou filla -por exemplo administrando fármacos,
producindo lesións ou inxectando sustancias nocivas-, ou proporcione aos médicos información falsa acerca da saúde do pequeño/a, inventando
enfermidades ou síntomas que non padece, por exemplo falsificando febres ou engadindo sangue aos ouriños.
A orixe destes malos tratos atópase en problemas psicolóxicos da persoa adulta. Os síntomas desaparecen cando o neno ou nena non está en
contacto coa súa familia.
Requírese unha certa reiteración para que a síndrome poida considerarse presente.
MALTRATO INSTITUCIONAL

Situacións que se dan en centros ou organizacións que atenden a menores de idade e nas que por acción ou omisión non se respectan os dereitos
básicos á protección, o coidado e a estimulación do desenvolvemento.

Indicadores de maltrato infantil


As situacións de maltrato e abandono infantil prodúcense moi frecuentemente no contexto
privado do domicilio, de xeito que é pouco probable observalas directamente.
A súa detección tense que facer sobre a base de manifestacións externas. A continuación
preséntanse unha serie de indicadores que poden servir como primeira chamada de aten-
ción sobre a existencia dalgún dos tipos de maltrato anteriormente descritos. Os indicado-
res refírense a:
– Características físicas no neno/a
– Características comportamentais do neno/a
– Características comportamentais dos pais / titores / coidadores.

Algúns datos sobre os malos tratos á infancia

Etioloxía dos malos tratos na infancia

A orixe do maltrato é un proceso complexo que engloba variables biolóxicas, psicolóxicas


e sociais, descoñecéndose, na actualidade, as causas que provocan, manteñen e favorecen
cada unha das situacións e tipoloxías do maltrato infantil.

Factores de risco

Existen algunhas variables que anteceden ou aparecen asociadas ás situacións de malos


tratos na infancia e que poderían facilitar a súa aparición:
▪ Factores individuais do neno ou a nena. Padecer algunha discapacidade ou defecto
conxénitos, así como problemas de saúde crónicos, problemas de desenvolvemento ou
de conduta, incapacidade de cumprir coas expectativas parentais, etc.
▪ Factores individuais dos pais ou coidadores/as. Efectos herdados de historias de malos
tratos, abusos, falta de afecto e desestruturación familiar. Situacións de ludopatía, al-
coholismo e outras drogadicións, delincuencia ou prostitución. Poucas habilidades para
resolver conflitos, baixa tolerancia ao estrés ou hiperreactividade con respostas despro-
porcionadas (por exemplo cando un neno chora ou xoga). Tamén se poden dar trastor-
nos psicosomáticos ou emocionais: ansiedade, depresión, baixa autoestima, etc.
▪ Factores familiares. Desestruturación familiar, disfuncionalidades nos roles familiares,
fillos non desexados ou conflitos conxugais que en ocasións dan lugar á violencia. Des-
coñecemento das necesidades infantís, estilos de disciplinas extremos (falta de discipli-
na ou exceso dela), falta de interacción entre pais e fillos/as, paternidade/maternidade
adolescente, etc.
▪ Factores socioculturais e económicos. Escaseza de recursos materiais e económicos,
pobreza. Desemprego, situación laboral precaria ou inestabilidade laboral. Falta de vi-
venda, vivenda en malas condicións ou en zonas marxinais. Rede de apoio social defi-
ciente, illamento social ou marxinación. Aprobación social da violencia como método
de resolución de conflitos. Valores e actitudes negativos cara á paternidade, a infancia e
a muller. Tamén se considera o exceso de traballo ou de vida social, cambio frecuente
de domicilio ou tensión laboral.
A presenza destes factores de risco non quere dicir que se vaian a producir malos tratos en
todos os casos. Unha familia maltratadora pode reunir os mesmos factores de inseguridade
que unha non maltratadora. Ben é certo que os factores antes citados inflúen de maneira
directa e indirecta nas familias e na forma na que son tratados os menores polos seus pais,
pero non quere dicir que en todos os casos se vaian producir situacións de malos tratos.

Incidencia e frecuencia do maltrato infantil

Os datos sobre a incidencia e frecuencia do maltrato no Estado Español son os seguintes:


– A incidencia oscila, dependendo dos estudos, entre o 0,04% e o 1,5% do conxunto
da poboación menor de 18 anos. Aínda que en ocasións se asegura que os casos que
saen á luz apenas representan a punta do iceberg do que realmente existe, esta é un-
ha suposición sen fundamento, xa que non se coñecen as taxas reais.
– A forma máis frecuente de maltrato é, con diferenza, a neglixencia (entre o 50% e o
79% dos casos, segundo estudos), seguida do maltrato emocional e o maltrato físico.
As menos frecuentes son o abuso sexual e o maltrato prenatal.
– Entre o 30% e o 50% dos nenos e nenas maltratados sofren máis dun tipo de maltra-
to.
– As situacións de maltrato infantil que son consideradas graves polos servizos de pro-
tección de menores roldan o 20% do total de casos denunciados (o restante 80% son
casos leves, e moitos deles non son considerados sequera situacións de maltrato).

Impacto no/a menor e efectos a longo prazo

Existe unha gran variabilidade individual na manifestación de síntomas, e coñécense moi


pouco sobre a relación entre os distintos tipos de maltrato e as súas consecuencias.
Tampouco se sabe moito sobre a interacción existente entre os malos tratos e a
afectación en función da idade. Nun dos escasos estudos sobre o impacto psicolóxico que
poden provocar as experiencias de maltrato infantil, chégase ás seguintes conclusións:
Non todos os nenos/as maltratados manifestan problemas. Por exemplo, en torno ao
30% dos casos de abuso sexual non presentan síntomas.
Non todos os nenos/as maltratados desenvolven os mesmos problemas, non hai un
patrón cognitivo nin condutual característico do neno/a maltratado.
Os trastornos poden remitir, persistir ou agravarse en función do tipo de maltrato, do
sexo da vítima e da súa idade.
Algúns autores afirman que un dos efectos do maltrato a longo prazo é a transmisión
interxeracional. Isto parece que pode suceder, aproximadamente, nun 30% dos casos, o
que significa que existe unha maior porcentaxe de suxeitos (70%) con experiencias
negativas na infancia que non chegan a converterse en maltratadores.
Pode afirmarse, entón que, aínda que nalgúns casos esta transmisión existe, non se pode
supoñer que todo menor maltratado será un futuro maltratador, nin que todo maltratador
foi maltratado na súa infancia.

Actuación ante situacións de malos tratos


Parece evidente que as persoas que están máis preto dos pequenos/as e pasan maior tempo
con eles son as que teñen máis posibilidades e maior responsabilidade na detección de si-
tuacións de malos tratos. Entre eles están os familiares e veciños do/da menor, os profe-
sionais da sanidade e, por suposto, os profesionais da educación infantil, tanto en contor-
nas formais como non formais.
O coñecemento ou a detección de situacións de malos tratos, activa unha serie de
protocolos ou procedementos de actuación que é imprescindible coñecer e aplicar cando
sexa preciso.
Nos malos tratos infantís estes protocolos estarán destinados a garantir a protección
do/a menor e a satisfacción das necesidades que non ten cubertas, así como facilitar as
funcións e actuacións dos profesionais do centro.
Nestes protocolos séguense unha serie de fases. Na primeira os profesionais da
educación infantil teñen un papel protagonista.
▪ Detección e notificación do maltrato
▪ Valoración e diagnóstico da situación
▪ Actuacións
▪ Avaliación e seguimento

A detección e a notificación son as primeiras condicións para intervir nun caso de malos
tratos á infancia e poder así axudar á familia e ao neno/a que sofren este problema.

1.3.1.1 Detección do maltrato


Os centros infantís -e de maneira especial a escola- convértense nun lugar privilexiado pa-
ra a detección dos malos tratos infantís, xa que a maioría dos nenos e nenas pasan por ela,
sendo ademais o lugar no que pasan a maior parte do seu tempo. Da mesma maneira, os
educadores/as son as persoas que máis tempo están en contacto con eles, o que lles con-
verte en testemuñas do seu desenvolvemento e comportamento, e en axentes que deberán
contribuír en maior medida á detección de situacións de maltrato.
O maltrato xeralmente prodúcese no fogar, polo que non se pode ver directamente. A
detección deberá facerse en base á observación dos seus indicadores (físicos ou
comportamentais do neno/a ou dos coidadores).
A detección destes indicadores realizarémola a través da observación. Un primeiro tipo
de observación é a que, de maneira informal e atendendo ao sentido común, realizaremos
con todos os nenos e nenas que atendamos no centro. Ante a sospeita de situación de
maltrato teremos que acentuar o rigor na observación, converténdose esta en moito máis
sistemática e continuada. Outro elemento que nos poderá dar algunhas pautas serán os
contactos informais e as entrevistas que o persoal educativo mantén coas familias.

Problemática ante a detección do maltrato

A detección destas situacións non adoita ser fácil e, ás veces, aínda que se detecten indi-
cios máis ou menos claros, pode existir certa reticencia a consideralos como tales, pois,
non hai un punto preciso a partir do cal un comportamento pase da consideración de
"normal" á de maltrato. De todas as maneiras non debe ser a educadora ou o educador
quen diagnostique estas situacións, senón que a súa función é simplemente a de pór en
coñecemento aos servizos especializados de situacións que mostran "indicios razoables
para sospeitar".
Por tanto, ante a sospeita de que estamos ante unha posible situación de malos tratos
infantís teremos que advertir ao Director ou a Directora da escola que será quen notifique
esta situación, a partir dese momento activarase unha secuencia de protocolos destinados a
protexer á vítima.
O Observatorio da Infancia, no documento “Maltrato infantil: Detección, notificación e
rexistro dos casos”, establece as seguintes dificultades na detección e consideración de
situacións de malos tratos:

Dificultades para a detección

▪ Non sempre é fácil o seu diagnóstico, moitos non chegan sequera a sospeitarse.
▪ Dificultade de diferencialos en moitos casos das lesións producidas de forma acciden-
tal.
▪ Utilización de criterios persoais do propio profesional.

Dificultades para a consideración ou a comunicación dos malos tratos

▪ As lesións son consideradas pouco importantes.


▪ Non se sabe con seguridade, aínda que se sospeite, como se produciron (medo a equi-
vocarse).
▪ Medo ao pensar que emitir un parte de lesións equivale a pór unha denuncia.
▪ Preocupacións de índole persoal do profesional: legais (ter que declarar), económicas
(perda de horas de traballo, perda de clientes), comodidade (traslado ao xulgado se ten
que prestar declaración), medo (reacción das familias).
▪ Experiencias anteriores, nas cales a pesar de comunicar a sospeita de malos tratos ás
autoridades, o neno foi entregado aos pais, sen o tratamento social previo pertinente.
▪ Moitos profesionais pensan que comunicar a sospeita do maltrato prexudica ao neno/a
porque:
▪ O agresor ve no neno/a o motivo de que se lle investigue e interrogue e actuará poste-
riormente con máis violencia, tomará represalias contra o el/a.
▪ Pensan que máis valen uns malos pais que unha boa institución.
▪ Consideran que non deben interferir nos asuntos privados doutras familias.

Notificación do maltrato
Enténdese por notificación a comunicación da situación observada á institución pertinente.
No ámbito educativo a persoa responsable da notificación é o director ou a directora do
centro. A notificación dirixirase aos servizos sociais da zona.
Xeralmente séguense as canles seguintes:
Ante casos non graves e non urxentes.

Notificarase aos servizos sociais de atención primaria para que fagan unha valoración máis
profunda da situación.

Ante situacións graves e urxentes.

Naquelas situacións que requiran un procedemento de urxencia, é dicir, cando se sospeite


da existencia de condutas alto risco para a integridade física ou psíquica do menor ou haxa
indicios de abuso sexual, notificarase aos servizos sociais especializados en atención á in-
fancia. Para axilizar os pasos e simplificar os procedementos, cando estas situacións sexan
moi evidentes poderase avisar directamente á policía ou aos corpos e forzas de seguridade
ou presentar unha denuncia no xulgado da zona, o cal se encargará de cumprir con todos o
trámites necesarios.
Naqueles casos en que se presenten danos físicos no menor, os/as profesionais
educativos deberán trasladar ao pequeno/a a un centro sanitario para o seu recoñecemento
ou ingreso se se dá o caso. Desde alí, activaranse os trámites oportunos. Posteriormente
comunicarase dita situación aos pais.
Para notificar un caso non é necesario posuír unha certeza de que a situación de
maltrato se está a producir, senón que é suficiente ter unha “sospeita” razoable.
Por outra parte, polo que respecta á sociedade galega en xeral, merece especial atención
o artigo 22 da Lei 3/1997, do 9 de xuño, Galega da Familia, a Infancia e a Adolescencia,
que sinala o deber de comunicación de toda persoa que teña coñecemento dunha situación
grave de risco para un menor. O mesmo artigo garante a reserva absoluta e anonimato do
comunicante.

Procedemento de notificación

A notificación levarase a cabo utilizando un formulario normalizado ou folla de notifica-


ción de risco e malos tratos infantís no ámbito escolar. (Ao final do tema inclúese unha
copia da folla de notificación).
Na parte superior dereita da folla aparece o primeiro apartado a encher, consta de dúas
opcións e deberase tachar a opción que corresponda: se se trata dun caso evidente de
malos tratos ou se só existe a sospeita.
A parte central da folla consta dun cuestionario ou inventario de síntomas desglosado
por tipoloxías: síntomas de malos tratos físicos, de neglixencia no trato do menor, de
malos tratos emocionais, de abuso sexual ou de violencia entre iguais.
En cada unha destas tipoloxías aparecen en primeiro lugar tres casiñas para determinar
a gravidade da situación. Esta indicarase tachando o «L» se é leve ou se só existe sospeita,
o «M» se é moderado e o «G» se é grave. Despois aparecen os distintos indicadores, dos
que se deberá sinalar se o feito alí mencionado prodúcese de maneira esporádica ou
frecuente. Estes indicadores veñen acompañados cun número, isto débese a que a folla
orixinal vai acompañada dun anexo cunhas notas aclaratorias que é recomendable ler
cando o indicador non resulte evidente.
Finalmente, a folla de notificación incorpora un apartado cos datos do neno ou a nena
susceptible de maltrato e outro cos datos da persoa que o notifica. A información contida
nestes apartados é confidencial e atópase protexida pola lei.
Cando se notifica un caso de malos tratos tamén é conveniente informar os pais de que
se observaron estes problemas e que se activaron os protocolos. Con todo, pode haber
dificultades para facelo naqueles casos en que é esperable unha resposta agresiva ou hostil,
porque se resistan a aceptar a situación ou, simplemente, porque poidan prexudicar ao/á
menor.
A pesar diso é importante apuntar que non sempre son os pais os responsables do
maltrato, por tanto, o seu coñecemento implica reforzar os apoios e axudas que
contribuirán favorablemente á resolución dos problemas que provocaron esta situación.
Tamén é importante subliñar que a notificación do caso, ademais de protexer ao/á
menor, que é o aspecto prioritario no curto prazo, tamén pretende o tratamento e a
rehabilitación dos seus agresores, especialmente se se atopan na familia, coa finalidade de
permitir ao pequeno/a volver á súa contorna familiar canto antes, unha vez se mitigaron os
factores que se consideraron desencadenantes e existan garantías suficientes para a súa
seguridade.
Unha vez recibida a folla de notificación por parte dos servizos sociais correspondentes
comeza a seguinte fase de valoración e diagnóstico.
Outra forma de notificar as posibles sospeitas ou situacións de malos tratos á infancia é
a través da Liña de axuda á Infancia: 116 111. Este teléfono é unha liña gratuíta que
funciona as 24 horas do día durante todo o ano. Ademais deste número tamén se pode
chamar ao 112 de Emerxencias Galicia.

1.3.1.2 Valoración e diagnóstico


Os equipos especializados na atención á infancia iniciarán unha investigación da situación
persoal e familiar do/a menor. Solicitarán toda a información necesaria para verificar se os
feitos son ou non certos e no caso de que o sexan poder establecer o grao de desprotec-
ción. Neste sentido realizaranse as valoracións seguintes:
▪ A veracidade da notificación.
▪ A existencia de risco de maltrato e, se houbo danos, da gravidade destes.
▪ As causas ou factores de risco que orixinaron a situación de risco ou malos tratos.
▪ O grao en que están cubertas as necesidades básicas e os recursos familiares e sociais
dos que se dispón para atendelas.
Así, mediante o estudo das características e da situación do/a menor, da súa familia e da
súa contorna poderase diagnosticar a gravidade da situación e planificar unha intervención
adecuada.
En primeira instancia, a avaliación lévase a cabo desde os servizos sociais básicos,
aínda que en casos máis graves, ou en calquera caso que se considere necesaria unha
intervención especializada, derivarase aos equipos de atención á infancia.
En función do diagnóstico, estableceranse as actuacións e a urxencia da súa execución
e, sempre con base no interese do pequeno/a, poderase reconducir a situación intervindo
no entorno familiar e social, ou se requirirá a separación inmediata, aínda que sexa
transitoria, do/a menor do seu núcleo familiar.
No seguinte tema veremos as actuacións dentro de marco da protección de menores.

1.3.1.3 Pautas de intervención na escola infantil


Na escola infantil podemos intervir antes e despois da situación de maltrato.
▪ Antes: mediante tarefas de prevención dirixidas ás familias e aos nenos/as co propósito
de evitar os malos tratos, promovendo e difundindo valores e condutas que contraresten
a cultura da violencia.
Tamén, buscando a reflexión entre os/as docentes sobre as propias ideas e accións
relacionadas co maltrato que permitan descubrir e superar estereotipos ou actitudes
ríxidas.
Algunhas actividades máis concretas poden ser:
– Desenvolver actividades de difusión e sensibilización no centro sobre os dereitos da
infancia.
– Articular nos currículos actividades dirixidas a revisar criticamente a aceptación da
violencia, a discriminación e os modelos estereotipados na educación dos menores.
– Estimular, por todos os medios, a autoestima e a confianza dos nenos e nenas.
– Para desenvolver con éxito a función preventiva, a escola como institución debe re-
visar as súas propias actitudes cara o control das condutas dos nenos e nenas.
– Ofrecer ao alumnado o espazo e as oportunidades para experimentar formas non vio-
lentas de resolución de conflitos. As asembleas, os consellos de aula e todo medio
que estimule a participación democrática na vida escolar, poden ser uns bos recur-
sos.
▪ Despois: observando e axudando a detectar situacións de maltrato, denunciando os po-
sibles casos. E tendo en conta as seguintes pautas concretas na relacións coas crianzas:
– No caso de que o neno ou nena fale sobre o que está pasando: escoitalo e crer sem-
pre no que o neno/a manifeste.
– Establecer unha relación afectiva cálida que lle proporcione seguridade, pero sen
caer na sobreprotección.
– Comprender ao neno/a e interpretar adecuadamente a súa conduta.
– Non menosprezar nin culpar ao neno ou nena.
– Manifestar interese polos seus problemas, que sinta que nos importa o que lle pasa,
non negarnos nunca a escoitar e axudar.
– Non rexeitar ao neno/a, non mostrarse frío ou distante na relación con el/a.
– Contribuír a atenuar o sentimento de culpabilidade que os/as menores senten ante os
malos tratos.
– Non debemos tratarlle de forma diferente aos/ás demais, debe sentirse igual de acep-
tado/a.
– Censurar o castigo físico e nunca xustificar o maltrato.
– Axudarlle a desenvolver habilidades sociais a partir da interacción cos iguais.
– Non esixirlle nunca por riba das súas posibilidades.
– Estimular, por todos os medios, a súa autoconfianza e autoestima.

You might also like