Comentario Economia Siglo 20

You might also like

Download as odt, pdf, or txt
Download as odt, pdf, or txt
You are on page 1of 3

Comentario histórico Desenvolvemento económico español no XIX

A principios do século XX,a economía española seguía sendo principalmente agraria, incapaz de competir no mercado
internacional, e a participación da industria na renda nacional non superaba unha quinta parte do total.As causas que
explican o lento débil desenvolvemento da industria española son varias por unha parte a posición xeográfica de
España, no extremo suroccidental de Europa,que implicaba custos de transporte máis elevados, tanto para a adquisición
de materias primas como para as exportacións. Tamén hai que considerar a escaseza de recursos naturais como o carbón
de calidade ou o ferro,e a falta de recursos hídricos en boa parte do territorio español.Pero, temos outras causas,o atraso
agrario e a falta dunha modernización da agricultura limitaron a capacidade para adquirir produtos manufacturados
dunha gran parte da poboación,cun altísimo número de campesiños con escasos ingresos.A industria tiña demanda
reducida e poucos incentivos para aumentar a producción. Ademáis a gran cantidade de capitais absorbidos pola débeda
pública a un elevado xuro tivo repercusións negativas,xa que noutras circunstancias serían investidos en actividades
produtivas e industriais. Asi mesmo,gran parte da gran burguesia sentiuse máis atraída polo investimento en terras que
pola aventura industrial, converténdose en vividores de rendas e tiñan como residencia habitual Madrid.A burguesía
industrial, basicamente catalá e vasca estaba situada nos seus territorios,ocupada en dirixir ás súas industrias. Lonxe das
esferas do poder, a súa insuficiencia numérica,o escaso poder económico en comparación coas grandes fortunas
terratenentes e financeiras e a súa localización periférica dificultaron que esta burguesía puidese desenvolver un modelo
de sociedade industrial diferente do capitalismo agrario que propugnaba a burguesia terratenente.

Ademais de en Cataluña ou no País Vasco,existían tamén industrias noutras zonas, pero locais, destinadas a un mercado
próximo,con escasa repercusión nacional ou internacional e sen a estrutura económica desas rexións. o
desenvolvemento económico español vaise ver afectado polo déficit que

arrastraban as finanzas do Estado (documento 1), que tiña que financiarse con créditos do exterior ou ben realizando
concesións a grupos estranxeiros a cambio de fondos (como as concesións mineiras).Así Os capitais
estranxeiros,franceses e ingleses preferentemente, penetraron en gran parte da estrutura produtiva e financeira española
e crearon in modelo dependente do exterior. Tamén foi constante a emisión de débeda pública para financiar o déficit da
Facenda.Para tratar de solucionar estes problemas, en 1868 crease unha nova moeda oficial,a peseta,e en 1844 creáronse
dous novos bancos, o Banco de Isabel II e o Banco de Barcelona, e en 1831 comezou a funcionar a Bolsa de Madrid,coa
vontade de financiar as novas empresas españolas a través do aforro privado. Tamén apareceron numerosas sociedades
de crédito, destinadas a xestionar os negocios, e o Banco Hipotecario, especializado en operacións de préstamo a longo
prazo. E a industrialización vasca propiciou o xurdimento dun sector bancario que apoiara o seu financiamento
industrial, nacen o Banco de Bilbao (1856) e o Banco de Vizcaya (1902), que rapidamente se expandiron por toda
España.

O atraso dos transportes na España do XIX era notable con relación a outros países do continente, un país montañoso,
difícil orografía; por iso aos moitos problemas económicos uníase a falta dunha rede de transportes que facilitase os
intercambios entre as distintas rexións españolas. Asi,pois,o ferrocarril viuse como a oportunidade para intentar
vertebrar un mercado nacional que impulsase a economia, tanto pola gran velocidade que alcanzaba, como pola
redución do custo do transporte de mercadorias e pasaxeiros.O primeiro trazado ferroviario español foi inaugurado en
1848 para unir Barcelona e Mataró, pero foi coa Lei Xeral de Ferrrocaris de 1855 (Bienio Progresista cando se abriu
unha etapa de intensa construción (documento 2) esta lei,regulaba e incentivaba a construción das liñas ferroviarias,e
ofrecía amplas vantaxes para as empresas que interviñesen na súa construción. Todo isto atraeu investidores
estranxeiros, sobre todo franceses e británicos. Tenderonse máis de 5000 km entre os anos 1856 e 1865.A crise
financieira de 1866 provocou o afundimento das accións do ferrocarril na Bolsa e a paralización das construcións que se
reemprenderon no período 1876-1885 e que continuaron no século XX.

Outras decisións estatais, derivadas da Lei Xeral de Ferrocarrís,condicionaron a historia económica de España nas
décadas seguintes: a) Consolidouse a estrutura radial da rede ferroviaria española,con centro en

Madrid, para consolidar un Estado centralizado. b) Estableceuse un ancho maior entre carris que o de case todas as liñas
europeas para instalar caldeiras de vapor máis grandes, que aumentasen a potencia das

locomotoras para superar pendentes maiores. Isto dificultou os intercambios por ferrocarril co resto de Europa,xa que
había que transbordar as mercadorias na fronteira,co conseguinte aumento de custos e tempo.

c) Autorizáronse as compañías a importar libres de aranceis todos os materiais utilizados na construción ferroviaria
e,por iso, ata 1887,a importación realizouse sen gravame ningún.O aumento da demanda sobre o sector siderúrxico e de
maquinaria, que a construción do ferrocarril poderia ter reportado como ocorreu noutras economías europeas, non tivo
lugar aquí.

A pesar das limitacións da súa construción, da deficiente explotación e das concesións a compañías estranxeiras,o
ferrocarril resultou indispensable para dotar a España dun sistema de transporte masivo, barato e rápido que puidese
favorecer o intercambio de persoas e mercadorias e aumentar o comercio interior. O principal problema para articular o
mercado interior foi o escaso

desenvolvemento industrial de moitas rexións españolas e o feito de que nelas predominase unha economía agrícola
cunha produtividade moi limitada e unha escasa capacidade adquisitiva dunha boa parte do campesiñado español. Esta
falta de demanda dificultou o crecemento da produción e reduciu o volume dos intercambios interiores.

Na segunda metade do XIX, a siderurxia foi o sector que acompañou o téxtil no desenvolvemento da industria en
España. Estivo moi ligada ao desenvolvemento ao desenvolvemento da minaría do ferro e do carbón. Os primeiros
intentos desenvolvéronse a partir de 1826 en Málaga,aproveitando o ferro de Ojén.Durante trinta anos, a produción
siderúrxica andaluza foi hexemónica na Peninsula,ata que fracasou polos elevados custos do carbón vexetal, entrando
en decadencia a mediados do XIX.O seu lugar será ocupado pola hulla de Asturias, que a converteron no centro
siderúrxico de España entre 1864 e 1879 (documento 3).As súas minas de carbón favoreceron siderúrxicas, a pesar do
escaso poder calorífico da hulla asturiana. a localización das

A chegada a España do carbón galés, a finais do XIX a España,de gran poder calorífico, fíxolles perder competitividade
ás empresas asturianas, e o seu lugar será ocupado por Biscaia,que posuía extensas minas de ferro e unha tradición de
ferrerias,coa chegada do carbón de coque galés a Bilbao, afianzouse a industria siderúrxica no País Vasco grazas á
consolidación do eixe comercial Bilbao-Cardiff, baseado na exportación de mineral de ferro a Gran Bretaña e na
importación de carbón galés para os altos fornos vascos.Nas últimas décadas do século constituíronse as grandes
empresas vascas:en 1880,a empresa Altos Fornos de Biscaia, en 1882 creouse a Sociedade Anónima Altos Fornos e
Fábrica de Ferro e Aceiro de Bilbao. No 1885, Altos Fornos de Biscaia instalou primeiro convertedor Bessemer de
España, que fabricaba aceiro en serie a partir dun lingote de ferro,e a finais da década púxose en marcha o primeiro
forno Martin Siemens que producía aceiro de gran calidade.Deste xeito, a produción de ferro de Biscaia, que entre 1861
e 1879 supoñía un 20% do total nacional, a finais de século pasou a representar case dous terzos do total. A influencia
deste eixe comercial Bilbao-Cardiff deixouse notar tamén en Cantabria, onde se constituíu, en 1899, Nova Montaña
S.A.

A expansión da industria moderna na España do XIX iniciouse en Cataluña co sector algodoeiro.A importancia desta
industria téxtil reside en que, desde o seu nacemento, foi un sector dedicado a producir para o mercado e non para o
autoconsumo,a diferenza da inmensa maioria do resto de actividades manufactureiras entón existentes. As razóns da súa
localización en Cataluña devénse a existencia previa dunha importante manufactura dedicada á produción de
indianas,con presenza de empresarios dispostos a investir e de capitais procedentes da agricultura e o comercio,
facilitou o tránsito cara a unha economía industrial.Cara 1780 introdúcense as novas máquinas de fiar inglesas (Spining
Jenny e Mule Jenny).Pero a consolidación definitiva da moderna industria algodoeira non tivo lugar ata 1802, cando
España prohibe a entrada de algodón fiado, este impulso viuse freado pola guerra da Independencia (1808-
1814),despois ainda que as colonias se independizaron de España,o ritmo expansivo da produción renovouse con
rapidez,claro indicio de que o principal mercado da industria téxtil era o interior.

No 1830 e durante decenios prosigue o crecement da industria téxtil (documento 4). En 1832 instalase a primeira
máquina de vapor e a mecanización e máis rápida no fiado ca no tecido. Unha das causas da rápida mecanización do
fiado foi a escaseza de man de obra derivada da incorporación ao mercado laboral da xeración nacida durante a guerra
da Independencia, que era pouco numerosa. Isto fixo aumentar o custo do traballo e converteu a mecanización na
opción máis rendible. Ademais,a mecanización supuxo unha notable diminución dos custos e tamén dos prezos de
venda,o cal estimulou unha maior demanda.O desenvolvemento da industria téxtil tivo que facer fronte a dúas
limitacións moi importantes:

a) A escaseza de carbón da minaría catalá e as dificultades do transporte para abastecerse de hulla asturiana.Foi a
carestía de carbón a que estimulou a proliferación de colonias industriais, que se situaban na marxe dos ríos para
aproveitar a enerxía hidráulica e ao mesmo tempo era unha man de obra máis barata e os traballadores non tan

reivindicativos como nas cidades. b) A debilidade do mercado español,composto basicamente por un campesiñado con
pouca capacidade adquisitiva, que suponía unha demanda débil e excesivamente ligada ás flutuacións da produción
agraria. Deste xeito, as industrias textiles convertéronse nun sector que lle esixiu ao Goberno a promulgación de
medidas proteccionistas para facer fronte á competencia dos tecidos estranxeiros.

A fase de crecemento do sector téxtil,iniciada coa mecanización, só se viu interrompida durante a guerra de Secesión
dos Estados Unidos (1861-18659,por mor das dificultades que tiveron os empresarios españois para conseguiren
proverse de algodón (fame de algodón). A partir de 1874,Iniciouse unha nova fase expansiva que veu marcada pola
mecanización do tecido pola renovación da estrutura industrial e polo xurdimento de numerosas colonias industriais. O
crecemento da industria algodoeira conseguiu desprazar, pola súa maior calidade e menor prezo,a tradicional industria
téxtil non algodoeira espallada polo conxunto de España.o tamaño do sector algodoeiro catalán foi suficiente para
industrializar Cataluña, pero non para arrastrar o conxunto da industria Como xa dixemos anteriormente os industriais
téxtiles cataláns pedían medidas proteccionistas, tamén as demandaban os cerealeiros casteláns,o sector carbonífero
asturiano e os siderúrxicos vascos.A relación comercial con Europa fol inseparable da política comercial,centro do gran
debate económico do século XIX entre librecambistas e proteccionistas.Os primeiros defendían que a libre entrada de
produtos estranxeiros estimularía a competitividade e a especialización da industria española, mentres que os segundos
eran partidarios de poñer obstáculos á competencia exterior para fomentar o desenvolvemento da produción interna.A
política arancelaria dos sucesivos gobernos evolucionou seguindo as pautas das nacións máis influentes de
Europa.Dunha primeira etapa de avance do librecambismo ata 1870 (Espartero, Figuerola), pasouse a outra dominada
polo proteccionismo.

Defendeuse que esta política proteccionista obstaculizou a vinculación co mercado internacional, abastecedor das novas
tecnoloxías,e freou a especialización da produción.Deste xeito, o proteccionismo sería unha das causas máis destacadas
da debilidade do desenvolvemento industrial.Pero quizais resulte esaxerado responsabilizar a política arancelaria do
atraso industrial español,que foi motivado por múltiples factores: inestabilidade institucional,subdesenvolvemento
agrario, ausencia de reforma fiscal, apropiación de case todo o excedente por parte sectores sociais improdutivos,etc.
Para rematar, diremos que os trazos que caracterizan o modelo de industrialización en España así como os seus
progresos, foron inferiores aos dos países máis avanzados (Gran Bretaña,USA,Francia, etc) e fixeron que numerosos
historiadores, seguindo a Jordi Nadal, falen dun fracaso da revolución industrial en España. No entanto, para Gabriel
Tortella (documento 5) as coincidencias con outros países mediterráneos (Italia, Portugal) permiten falar dun patrón
latino de modernización caracterizado por:lentitude e tardanza nas transformacións, menor profundidade e repercusión
social e desfase evolutivo,cun atraso no crecemento no século XIX e unha recuperación no XX. Tamén os economistas
e historiadores valoran de distinta forma a politica proteccionista:para uns (Ramón Tamames),o desenvolvemento
económico español foi posible grazas á existencia das taxas arancelarias; polo contrario, outros coma Tortella, entenden
que esa protección arancelaria atrasou o crecemento,a industrialización e a modernización, porque aseguraron os
beneficios ás clases dominantes, evitando os cambios que necesariamente terían que producirse en libre competencia
cos produtos estranxeiros.

You might also like