Composición II República

You might also like

Download as odt, pdf, or txt
Download as odt, pdf, or txt
You are on page 1of 3

COMPOSICIÓN ABAU Nº 16 Juan Lago Fernández 2ºA BAC

II República

A presente composición histórica presenta como tema principal o establecemento da II


República

Nun primeiro momento debemos remontarnos a xaneiro do ano 1930, tras a dimisión
do poder de Primo de Rivera, Alfonso XIII lle encarga ao xeral Berenguer a formación dun
novo goberno coa intención de restablecer a normalidade política e as liberdades públicas de
acordo coa Constitución de 1876. Esto non foi ben visto, xa que unha ampla maioría da
sociedade rexeitou a volta ao modelo anterior de goberno, ademais a lentitude de Berenguer
en realizar as reformas fixo que a oposición á monarquía fose aumentando paulatinamente.
O Rei xa non contaba con tanto apoio senón que so de católicos tradicionalistas e
aristocracia

Esta insetabilidade crece progresivamente. Por un lado as consecuencias da crise de


1929 son notables (aumenta o paro, colapsa o comercio…) Por outra banda, a oposición
organízase en contra da Monarquía. En 1930, reúnense en San Sebastián unha serie de
personalidades políticas e establecen un acordoon escrito, denominado Pacto de San
Sebastián, co fin de establecer unha República parlamentaria, garantir a liberdade política e
relixiosa, convocar eleccións a Cortes constituíntes e abrir a posibilidade do recoñecemento
da autonomía política das rexións, ademais da formación dun Comité revolucionario,
encargado de planificar unha sublevación xeral contra a Monarquía.

Ante o panorama español actual coa crecente axitación social, o novo xefe de
Goberno Juan Bautista Aznar decide convocar eleccións municipais como paso previo ás
xerais, ante os resultados claramente republicanos en contra da monarquía das primeiras
eleccións, Alfonso XIII decide, aconsellado polas seus ministros, irse ao exilio, así o axuíza
no primeiro documento, onde manifesta que non é posuidor do amor do seu pobo. A
continuación, dous días máis tarde, proclamaráse a II República
No segundo documento observamos os reultados das eleccións municipais
anteriormente nomeadas, cun claro dominio das forzas republicanas, onde podemos estacar
na esquerda a Acción Republicana (M. Azaña), Partido Radical-socialista (M. Domingo) e ao
servizo da República (J. Ortega e Gasset) os cales eran partidarios da laicidade do estado,
da democritación do exército, da reforma agraria, da autonomía e dos dereitos sociais e
laborais. No centro dereita destacan o partido Radical (A. Lerroux) e a dereita Liberal-
Republicana (N. Alcalá Zamora) e por último na dereita estaban o partido Agrario e a
Confederación Española de Dereitas Autónomas (J.M.ª Gil Robles), partidarios dun Estado
confesional, Privilexios do exército, defensa da propiedade agraria tradicional, contraria ás
reformas liberais e ao estado unitario.

As segundas forzas máis elexidas foron as monárquicas, partidos de dereitas,


partidarios do mesmo que os partidos republicanos de dereitas, so que estes estaban en
contra da República, entre estes detacamos a Renovación Española (J. Calvo Sotelo) e a
Comunión Tradicionalista formada por antigos carlistas.

Tras a proclama do 14 de abril, instáurase un Goberno Provisional no que se


integraron republicanos de tódalas tendencias así como socialistas presidido por Niceto
Alcalá Zamora, estes iniciaron reformas en contra do caciquismo, mellorar a situación do
ensino, agricultura, etc. Nas eleccións a Cortes Constituíntes celebradas en xuño de 1931
saíu gañadora a Coalición Republicano-Socialista

A Constitución de 1931 (doc 3), froito dun acordo entre republicanos de esquerda e
socialistas moderados e non dun consenso de tódalas forzas políticas. Nela recóllese
España como unha República de Traballadores de todas clases, considera España como un
Estado Integral (modelo intermedio entre o centralista e o federal), establece unha República
Parlamentaria (igualando os poderes máis impostantes para que ningún deles predomine
sobre os demais), aparece por primeira vez o sufraxio universal onde as mulleres poden
votar, aparecen unha serie de dereitos e liberdades claramente especificados e establece
tamén por último un modelo económico mixto (garante a propiedade privada e a intervención
do Estado na economía coa intención de limitar os desequilibrios, cosa que causou a
oposición entre os partidos de dereitas.
Unha vez aprobada a Constitución, o Goberno Provisional dimite e as Cortes volven a
escoller a Alcalá Zamora como primeiro presidente da República, quen nomea a Manuel
Azaña presidente do Goberno, que xunto co apoio dos republicanos de esquerda e do
PSOE, vai vai realizar unha serie de importantes reformas encamiñadas a modernizar o país.
De todas formas, a súa actuación vaise ver dificultada pola adversa conxuntura económica
internacional. A Grande Depresión, iniciada en 1929, desembocou nunha grave crise mundial
que influíu negativamente na economía española xa que provocou un retroceso na
produción, un aumento do paro e, en definitiva, agravou as tensións políticas e sociais da
década de 1930.

You might also like